sábado, 31 de julio de 2010

UN GOLEM EN VAL DOS MARCOS (Intento Fallido)



Escribiuse muto do Golem que se paseou polas ruas de Praga, alá polo século XVI.
O pobrino do Golem, despous de ter cumplido coa misión pola que fora creado e despous de morrer o seu creador Rabi Judah Loew , quedou abandonado á súa sorte e foi sacado da vida de maneira bastante ignominiosa .
O Golem fora feito de terra, con forma humana, inda que o Rabí, según se pudo ver, no era precisamente da talla escultórica de Mirón ou Miguel Angel. Parece que a estátua estaba bastante mal amñada. Deule vida á mesma recitando-cantando un feixe de letras hebraicas. Hitler non foi quen de cantar ben, cando quixo facer un exército de golems)
Decia Rabí Judah, que todo estaba escrito na Torah. Por alí , cuando decia nas traducións o latin : “INITIUM ERAT VERBUM ET VERBUM CARUN FATUN EST”.
Polo Val dos Marcos,nunha ocasión xa remota, tres ou catro rapaces dunha idade entre doce e trece anos, tentaron emular a Rabí Judah, ainda que nunca oiran falar del. Foi na Ladeira, na zona da Louxeira . Estaban alí, acompañando a outro rapaz que pastoreaba un magote de ovellas e cabras.
Cando hai varios rapaces xuntos, algunhas veces métese o trasgo no medio e insinúale cousas, que eles sen reflexionar nada, tentan polas a andar.
Un dos divertimentos preferidos a eses anos era aquel que din practicaba un tal Onane. De ahí que o onanismo sexa considerado como a mellor maneira de autosatisfacíón do personal, sobre todo se non hai naide do sexo contrario disposto a participar de maneira voluntária e agarimosa.
En parlamento previo decidiron que, o resultado que brotera de darle o manubrio, tiñan que depositalo nunha cunca feita nunha louxa, que seria tapada con outra, e exposta o sol.
Algún dos presentes oírale a un “vello” que ese era o fundamento. Aquelo mesmo era o que os homes depositaban nunha cunca das mulleres, as que le daban calor a algo que saia dos ósos, hasta que ó fin daba resultado. Para entendernos, era unha maneira de chocar hovos sen casca.
Así foi, o resultado dos traballos manuais, depositeren-no na cunca, tapouse e expúxose o sol nun canto da louxeira.
Quederon en volver os sete dias, pois ese era o tempo considerado “cientificamente” necesário para o desarrollo do embrión de o Golem Louxeiro.
Os sete dias, bastante preocupados e con algo de canguelo, subiron a ver o resultado.
Alí estaban as dúas louxas. Houbo os seus mais e menos entre a rapazada a hora de destapar a cunca. Non sabian moi ben que facer co resultado posible do “chocamento”.
Por fin, despous dun montón de dúbidas, destaparon a cunca. A ansiedade estaba reflexada nas súas fazulas todas bermellas. Observeron, con grande satisfación, que alí non habia nada de nada. Tiñan que habelo suposto antes, pois non sentiran choromiqueos.
Chegueron a conclusión de que o que fallera, fora deixalo tamen de noite, pous calor que se acumulaba polo dia perdiase pola noite.
¡Está bastante claro que a fé e a palabra moven lombeiros! Cousa que seguro os nosos amigos non tiñan.

miércoles, 21 de julio de 2010

UN CONTO PRA LEO



Unha vez, vai xa mutos, mutísimos anos, cuando os páxaros falaban, alá pola terra de Val dos Marcos, no internacional Val do Tuela, aconteceu esta historia que te quero contar:

“Chegou unha primaveira, na que os páxaros teñen como traballo principal, ter fillos que os sustituian a eles, cuando fain os seus nius, e empezan a enchelos de güevos que chocar, déronse conta de que algúén los roubaba.
A primeira en decatarse foi unha charrela. Todolos dias puña un güevo , e nunca tiña no niu ningún. Chegou a pensar nun problema propio dela.
Mais tarde foi a picanza a que tivo o mesmo problema. Polo domingo de Lazareto xa todos os páxaros de Val dos Marcos estaban de acordo en que alguén zampaba os seus ovos.
Foise correndo a voz entre a paxaragada.
Entonces decidiron, algúns, respaldados por todos os que sabian da situación, que habia que avisar o Bufo. Era este un páxaro nocturno que tiña sona de sabio. Era o unico que tiña orellas e uns ollos moi grandes, o denotaba por elo que era sabio.
Cando aquel clamor chegou as orella do Bufo, este entristou, e mandou convocar unha xuntanza de todolos paxaros da comarca no Teixo da touza das Mioquiñas na primeira hora da mañá antes de que o sol arraiera.
O Teixo estaba rodeado de Acivros, Escambrons e unha boa matugueira de Peixemurgos e silvas. Alí non se acercaria ningún home e ningún becho sen plumas.
Cuando chegou a hora, o Bufo scanchouse na galla seca, que dominaba toda a touza. O lado del estaba a Coruxa e a Noutarga con funcións de axudantes.
- Temos que averiguar que rouba os güevos- dixo o Bufo- Vixiaremos todo por parellas pra coller o roubaovos..
- Hai que vixiar todo, e cando sepamos quen é veremos que se pode facer- dixo a Picanza, que xunto coa Vazcoallada, inda tiñan ovos nas leiras de centeo..
- Volvemonos a ver aiqu a noute, o quitarse o sol- dixo unha Bubela..
Descubriuse que o “robaovos” era un raposo de rabo longo, lombo canoso, ollos vivos, e con tantos anos que xa sabia de sempre onde os páxaros puñan os güevos. Descubrirono na Mallada axexando a unha Cotovia-
Pola noite na xuntanza do Teixedal, acordouse pedir axuda a Águia de Valdabutre e os Corvos das Lameiras, pous nadie millor que eles para darle un escarmento a aquel raposo.
A proposta foi do Porcopisco, que xunto co Carrixo, eran os mais pequeniños. Estuveron todos de acrodo e decidiuse que os Vencellos aviseran a Águia, pous eran uns grandes voadores, e os Corvos que foran as Anduriñas, que tamén voaban sen cansarse.
O Tecelán foi o encargado de señalar o lugar no que estaba o raposo, quedando suspendido no aire enriba do raposo, hasta que chegueron os Corvos e maila Aguia Real que chegou acopañada da sua parella.
Os Corvos empezeron a escorrentar o raposo, lanzandose sobre él en picado cos peteiros en ristre, hasta que este cansado xa de tanto fuxir, foi agarrado pola Aguias que empeceron a elevarse no aire cada vez mais altas, e o raposo berrando que non o subiran tanto, pois tiña medo a altura. O parecer sufría de vértigo.
As Aguia dixérole que tiña que prometer que nunca xamais volveria a roubar ovos, por que se non o facia, levarian-o os grande neboeiros e deixarian-o caer desde alí.
O raposo prometeu que nunca mais o faria, e entonces a Aguias deixeron-o caer dunha altura pequena, no medio dun pozo do riu Tuela.
Desde aquela os páxaros poin mais cudado onde poñen o niu, e os raposos pensan-o máis antes de robar güevos.”

Esta é a lista de páxaros que foron a asamblea:
Porcopisco Zorzal
Vazcuallada Pigarro
Pintasirgo Rola
Relixa Pombo
Miorlatruteira Moucho
Alconchón Bufo
Charrela Noutarega
Pradal Pitoverdeal
Raboruzo Chincho
Carrixa Perdiz
Tecelán Ruxinal
Falcón Lavandeira
Corvo Trallón
Ferreiriña Bubela
Anduriña Pato
Vencello Picanza.
Pedimos perdón polos omitidos.

jueves, 15 de julio de 2010

LADRONS DE ESTRELAS



Adoitaba, polas tardiñas entre lusco e fusco, sentarse sobre a parede sur do Sagrado. Desde alí observaba os Cocosrelumbrois, enredados no medio das silvas.
Outra das cousas nas que se entretiña, era na contemplación das estrelas. Naquelas horas víanse xa case todas. Unhas mais grandes, outras mais pequenas, e nalgún momento cintilaban todas. A medida que se facia mais noite alumeaban mais.
Aquela tarde, a súa mai retrasérase en chamalo para cear. Sabido é que os rapaces non entran na casa hasta que os obligan, inda que sexa para comer.
Xa estaba oscuro, cando se decatou de que polo souto dos castiñeiros, relumbraba unha pequena luz de vez en cando. Aquela luz desapareceu hacia o castro. Deixouno a luz pensativo.
Cuando estaban cenando, contou a viaxe daquela luz, preguntando qué e quen sería. Seu pai díxole que seguro que era un dos ladrón de estrelas, pois viña da zona onde se pousaban, e habia homes que se dedicaban a roubalas para telas na súa casa.
Pasou aquela noite soñando con homes que roubaban estrelas. Levavan-as en cestas, en sacos e os mais avaros enchian as alforxas, que logo cargaban no lombo. Eran máus aquele homes, pois ian-as apagado no pozo do Forno onde as metian como se quixeran darle temple. Unha vez apagadas, metian-as en sacos e vendian-as para ferraduras de cabalos.
Unha noite, espertou e seguiu ó home ladrón de estrelas. Camiñou detrás del hasta que chegou o lugar onde vivía, que era nin mais nin menos na Cova de Frades. Alí tiña a súa casa, desconocida para o resto dos homes, pois ¿quen iva a maxinar que a entrada era o trobo dun castiñeiro?
O home entrou por un oco do trobo, oco que unha vez traspasado volveo a pecharse. Acercose o rapaz a husmar, mais non atopou nada por onde entrar. Cando deu a volta co ánimo de marcharse, sentiuse agarrado por un brazo. ¡Era o ladrón de estrelas.!
- ¿Eh, que fais aiqui? ¿Estás espiandome?
- ¡E,.. non….non…, solo queria…!
- Que é o que querias?
- Solo queria ver que facia coas estrelas roubadas.
O home escachou a rir. O bandullo subiale e baixábale coa risa e os ollos anegueronsele de bágoas.
- ¡Con que son un ladrón de estrelas, ¿si? !
Ven, entra conmigo na casa.
Abriuse a porta no medio do trobo e entreron, o rapaz agarrado da mao de xeito agarimoso, polo ladrón de estrelas.
A casa era unha cova, na que habia unha cociña, unha cama e unha mesa de pedra. Nun canto habia un enorme armario, no que le ensinou o que guardaba: Un montón de faroles. Todos tiñan na parte de atrás un espello e unha vela no medio.
Despous abriu un caxón do armario, sacou del unha caxiña e doula o rapaz, decindo: É pra ti, leva pra túa casa, mais non a abras mentras non chegues a cama.
Cuando o neno, xa na casa e enriba da cama abriu a caxiña, apareceu dentro un fermos Cocorrelumbrón, que iluminaba todo o cuarto.
Desde fora da casa viase unha “aureola” moi fermosa arredor da mesma.

domingo, 11 de julio de 2010

¡PRA MORRER HAI TEMPO!



Fóramos de caza. Estuveramos todo o dia escorrentando corzas nas Valiñas. Acabada a xornada volviamos para a casa.
Cando cheguemos a portela de Rebordelo, eu xa traia uns “escalofrios” fortes. Parecia que o catarro que acababa de agarrar era serio
Cuando cheguei a casa a cousa fora a mais, xa tiña bastante febre.
Metinme na cama e pola noite a febre acercouse ós cuarenta graos. Pola mañá foron a buscar o médico pois a febre pasara dos cuarenta graos.
Os sintomas que tiña eran de unha forte dor cando inspiraba, era como se me rasgaran os pulmons, en realidade pensaba que ia morrer de asfixia, pois aqueles pinchazos parecia que non me deixaban respirar.
Chegou o galeno, e despois de auscultarme, receitou, despous de decirme que tiña unha forte pleuritis.
Entrou na cociña a falar cos meus pais, e despedindose marchou.
Dalí a un pouco, entrou miña mai no cuarto, cunha cara de preocupación bastante gorda e titubeando díxome que o médico díxera que era mellor que viñera Don Manuel para confesarme. Botouse a chorar.
Entonces eu dixenle que non queria ver por alí o crego. Non quero morrer, nin penso facelo, mais se ven o cura seguro que palmo.
Tomei os medicamentos durante uns días, mais o mellor de todos era un que me traia o meu amigo Eloi todolos días: ¡Un elta corto!.
A pesar de que cada vez que fumaba pasaba-as “putas”, persistí en fumar un todolos dias cando o”Loi” viña a verme e fumar conmigo a ración diaria.
Pasou a febre, pasou a dor, púxenme ben e volvín a vida normal. Celebrémolo o Loi e mais eu fumando un bos cigarros de caldo de pita.
¡Estou convencido, que, si deixo que Don Manuel entre no meu cuarto a confesarme, palmo de xeito seguro!
¡Non hai nada mellor que querer vivir e non deixarse acollonar!

¡BACORAS DO TUELA!




¡Xa está!. O tesón está preparado. Solo hai que porle uns chumbos rastreiros, e ¡listo!.

Escachouzaremos os gogos nas cachoeiras do fondo dos pastizais de Veigadiz, e despous tentaremos as arraigadas da Rabudeira. As bácoras, nesta época estan asoadas. Asi facemolas marchar os seus nieiros. Alí o tesón xa fai das del.

Fúmonos á cama. Non se podía estar no xergón, era tanto o calor que facía, que as pallas enchumbábanse de suor que volviá o corpo para acabar de amolalo.

Erguímonos cedo pra chegar no arraiar do sol o fondo das Barreiras. ¡Que listos eran os caralláns dos cabaleiros templarios! Na barreira da lado dreito do Tuela, tiñan as viñas, nas que o sol entraba desde a mañá hasta a noute. O viño que facian era de sona na comarca. Mandaban viño, coellos e perdices o castelo templariode Vinhais, e dalí subian as famosas alleiras trasmontanas. ¡Xa podían!

Empecemos cacheando gogos, lastras, e sobre todo as oucas, pois as bácoras adoitaban meterse no medio delas, tamén nas carrizas das bordas.

As camelas atizában-nos nos garlimpantes e liscaban pras arraigadas, onde despois esterlouzaríamos co tesón.. Aquelo tiña boa pinta, pois fuxian moitas.

O tesón estaba preparado con malla ancha, pra que solo quederan nel as desparpadas de mais de dez pulgadas. Habia que deixar as pequenas pra o seguinte ano.

En menos de unha hora, deixemos de trastear, pous xa tíñamos dabondo, habia dous carrelos cunha decena de camelas, de mais de trinta centímetros cada un. Unha vez escabechadas tíñamos peixe para uns dez días. Non facia falta mais.

Zampémonos uns ovos estrelados con patatas fritidas, que levábamos, debaixo dun escambroeiro dos poucos que xa quedan desas dimensiois, bebimos uns grolos de viño e durmimos unha boa sonada, facendo tempo pra que o sol non nos abrasera o cachazo subindo as costas da Mallada.

Cando subíamos crucémonos co gran truteiro de Hermisende, o ti Grabiel, que nos preguntou que qué tal. Enseñémosle a nosa pescata que era boa, ainda que non tiña nada que fose envexado pola del. Preguntoume se collera algunha a mau, dixenle que so unha, que fuxian; entonces él díxome:

¡Hai que entrarles con muto xeitiño, pous non tein pestañas!

lunes, 5 de julio de 2010

¿QUE ESTAMOS FACENDO?



Teño a má costume de tentar informarme de todo aquelo que me preocupa.

Solo son capaz de procesar aquela información que son quen de entender, e inda así teño as miñas dúbidas. ¡Benedictus ille que non dudan!

Imos o meollo da cuestión:

Hoxe fálase desta crise que asoballa o mundo. ¿O mundo todo?.- ¡Non!. Aqueles currunchos que inda non entreron no sistema non teñen crise, mais ¡Oh Zeus! Serán os primeiros en irse o mismísimo carallo-

Para entendernos; eu son daqueles que pensamos que estamos diante dunha crise do sistema(crisis sistémica). Esto acabouse, xa non se poderá vivir de seguir endeudándose, vendendo fume, ou facer cousas invendibles, que ben sendo o mesmo.

Cando este sistema naceo, o factor traballo era importante, inda que fora infravalorado.

Os propietários dos medios de produción necesitaban mau de obra, nunca penseron que esta mesma compraria os seus trebellos e chegarian a saturación.

A cousa empezou co descubrimento de América. Alí despous de prescindir ou aniquilar os nativos, viron que había moita riqueza, tiñan un problema non habia mau de obra dócil.

Mal pensaban os do Mayflower, aqueles que chegueron a Massachusetts en 1620, que aparte de pagar as súas deudas co seu sistema, eran o xérmolo doutro.

O problema residia en que os que mandaban e podian, querian todo para eles a cambio de nada.

Agora teñen problemas para manter o “system”, pois os que poden traballar, non poden consumir. ¿Quén carallo vai mercar os seus cachivaches inútiles?

Darle a volta a tortilla para seguir no machito, vai-les costar moito. Agora xa todos sabemos aquelo de cambiar cousas para que todo siga igual.

Si de min dependera, iríame a Val dos Marcos, e viviría do pouco. Do moito nunca vivin, e a pouca cultura solo me sirve para quentarme a caluga.

¡Polo menos non necisto leña!

¡VIVA ESPARTA!

sábado, 3 de julio de 2010

¡TEIMAS!




Parecian tronos, ou eso foi o que pensei cando me decatei.
Apliquei a orella, e o estrondo estaba alí. Debia ser unha tormenta forte, seguramente estaría centrada no alto do Marabón, e o eco facia que parecese que non habia solución de continuidade na tronada.
Pasados uns segundos decidin abrir as fiestras para enterarme mellor, pois aquelo empezaba a soar raro.
Mellor era sair ó camiño a enterarse. Era estrano, pois habia un sol radiante ainda que eu creia que era de noite.
O ruido era cada vez mais grande, e o raro era que non habia ni unha alma as vistas. Pensando ben, non so non habia xente, non habia cais, nin gatos, ni páxaros. Os vencellos desapareceran e os pardais tamén. Incluso as follas das parreiras non tiñan cor e a figueira do “Loy” estaba esmochada.
O ruido cada vez era mais forte, parecia o dun avión demasiado baixo. Mirei o frimamento e, aquello non tiña pés nin cabeza. Habia un sol pola zona do norte, nembargantes estaba nublado, mais así e todo víanse as estrelas, eso sí a estrela polar estaba enriba da Serra da Escusaña.
Carajo, pensei, o sol camiño de Porto, a polar enriba do Çeive sinalando o sur, ¿Onde estará a Lúa?.
¡Carballo!, ¡Menuda pea debin de coller onte!
Non pode ser levo tres semanas sen beber ni gota. O tratamento con antibióticos é incompatible co mesmo.
Empezou a aparecer por Montemuga. Era un avión que en poucos minutos encheo todo o que se via do firmamento.
Cando prestei atención a todo aquelo, descubrin que o avión non era tal. ¡Eran infinidade de avións pequenos, bailando por enriba e por debaixo das néboas, e por enriba de todo parecía que non estaban suxeitos as leises da gravitación universal, polo menos tal como nola contaban!
Canbiaban de rumbo sen mais, retorcianse, fundíanse uns nos outros. Fusionabanse e fisionabanse sen sentido aparente.
De repente un deles desviouse dos demais a baixou direitiño a min. Despedinme do mundo, pois tal como baixaba cada vez era mais grande. Aquelo ia a aplastarme irremesiblemente. A milimetros da miña fazula cambiou de rumbo, fixo un rouso de cento oitenta graos e desapareceu.
As néboas desapareceron, o sol tamén, a estrela polar estaba de novo no seu lugar, e a lúa, grande como a roda dun carro, facia que se viran todolos corrunchos.
Fixeime na parede do Sagrado, e alí estaban sentados unhas cantas persoas, que algún día o foran. Diante de min estaba un home alto, seco, cunha mirada agarimosa, que agarrandome por o códabo díxome : Alguen dixo que todo era relativo. ¡Volve a cama!
Era o home do Capote Remendado.

miércoles, 30 de junio de 2010

¡TODO CHEGA!




Parece que o tempo, ese que “fuxit”, é inexorable.

Entre onte e tresantonte(no senso figurado), naceron na familia dos da Igrexa, varios infantes e infantas, morreron os patrícios e matricias, e sen solución de continuidade, atopamonos agora no futuro de tresantonte, no actual de hoxe e no pretérito dos seguintes tresantontes.

Parece que esto non para, e a medida que pasa fai que teñamos mais cousas que lembrar, mais recordos e menos porvir.

Ven este preámbulo a conto, porque, desde fai uns días, xa todos os descendentes dos mencionados, teñen vida autónoma.

Xa todos traballan, todos están fecendo proxectos como aqueles que no seu dia fixemos os demais, e espero que todas as súas arelas se convertan en realidades.

A última en incorpporarse o mundo laboral foi “Masé”.

Solo le podo decir desde aiqui, que le desexo o mellor, que seguro será aquelo que ela desexe.

Chegados a este punto, solo me queda decir que, do mesmo xeito que eles van para adiante na vida, nos facemolo de maneira inversa, e ainda que digan que os anos conlevan sabedoria, eu, desde os meus, podo decir que eso non é certo. O mellor temos mais recordos, mais os anos non nos fan mais sabios, coido que mais inútiles e mais torpes.

Bueno, xa chega de retóricas, desexole a “Masé” e a todos aqueles que se vayan incorporando, a esta sociedade que está periclitando, que les sea levadeira, e que tenten mellorar o que nos fumos escarallando.

Unha aperta a todos.

viernes, 25 de junio de 2010

FOI POLA XEABRA



- ¡Era mais bruto que unha porta carral arrastrando!

Estaban os dou conveciños sentados na parede do Sagrado, cos pés colgando enriba das lápidas.

- Si era bruto, si. Supoño que agora que está morto, deberiamos decir que era boa persoa e que Deus le perdoe.
-
- Mira, deixate de tolemias. Era bruto como él solo. E Deus saberá ben se le debe perdoar ou non. O que é seguro, é que o crego xa le perdoou. A fin de contas tiñan moito en común.

- Pobre da primeira muller, as que pasou ó lado del. Os dou querian ter fillos, e o pasar o tempo e ela non quedar preñada, o tiu pasou de bruto a acémila integral. Sempre le tiraba na cara que se non tiñan fillos era porque ela non servia.

- Tamen le afeaba o outro novio que tivera ela, decindole que seguro fora cousa del o asunto da súa infertilidade.

- Si, era moi bruto. Eso que inda estivera un par de anos nun seminario menor.

- ¡Bo, atontouse no 37, cando se apuntou a falanxe. Alí castrában-os.

- ¡Cala. Chegan os da funeraria. Xa chegou a hora.!

Efectivamente, xa chegaba a procesión. Viña diante de todo un rapaz cunha esquila, tocando de maneira que semellaba o toque de sinos. Detrás do rapaz viñan tres homes, dous con farois e no medio outro cunha cruz, xusto detrás o cadaleito a lombo de seis homes mais, e detrás o crego, cantando como un descosido.

A continuación viña a viuva acompañada polo fillo que tivera de solteira. Non tiña cara de pena. Mais ben parecia aliviada.

Os dou amigos, despous de quitarse a boina, e agachar a caluga o paso da cruz, retireronse a un alto desde o que divisaban o sagrado e os movimentos da xente.

Estiveron un pouco calados. Mais ben ensimismados. Supoño que pensando na brevedade da vida, pois tiñan uns poucos anos mais que o finado.

Coñecianho ben, pois eran veciños, mais como decia un, non amigos.

- Despois do que le fixo pasar a primeira muller, tratandoa de machorra, ó fin resultou que o que non servia para o asunto da procreación era él.

- ¡Eu xa te decia, que cando o via camiñar, desde a parte das costas tíñame un algo, así como de… de.. paneleiro doente.!
- ¡Ba, sempre andas coas túas lerias!. Decian que na guerra, estouperale unha granada de man antre as pernas mentras aprendia a manexala-

- ¡Bo, tonterias. Se fose así, aparte de deixalo castrado, estaria sen pernas e seguramente sen parte do bandullo!.

- O que está claro é que a prmeira muller era unha santa, por aguantalo. No segundo casamento quedou demostrado que él era o da culpa.

- ¡Si home si, ou que a segunda non o deixou mollar!

- Xa acaberon, imonos a cantina.

- ¡Vamos!

Encasqueteronse as bilbainas, e coas mans dentro dos bolsos dos pantalois, lisqueron cara a cantina.

martes, 22 de junio de 2010

¡COMO INVENTAN, PARA CHUCHARNOS O SANGUE!



Tentaba eu, esplicarle a Cormanlareiro o de por qué agora tíñamos que apertarnos a cincha.
A miña explicación iba deste xeito:

Habia un tempo, en ilo tempore, en que a riqueza, tanto dos estados como dos seus cidadans ou vasalos, depedendo, a riqueza era, digo, ter algo productivo. Terras nas que algo se producira, gando co mesmo fin, ou oficios que fixeran algo útil para a sociedade.

As sociedades demandaban aquelo que necesitaban e non tiñan, a cambio dó que eles producian e si tiñan.

O diñeiro inventeron-no para que o troque non fose tan dificil de conseguir; era polo tanto unha ferramenta.

O diñeiro evolucionou. Desde os cachos de metal inicial hasta as acuñacións.

O diñeiro foise convertindo en papel. Xa non facia falta levar os petos cargados de ferragachos. Aguén inventara un papel que decia: O banco tal ou cual, pagará ó pòrtador X moedas corrientes. Era o diñeiro de curso legal.

Despois apareceron os pagarés. Nestes xa solo habia unha promesa de pago. Supuñase que o emisor podía facer frente o importe. Eso sí, avalado polas leis de cada pais, e internacionais. Destas últimas xa falaremos algún día, sobre quen as promulga.

Despous tamén tiveron o seu momento aqueles que se dedicaban a prestar papel-moeda a cambio da garantia en bens, os do principio, do que pedia prestado.

Xa naceran as hipotecas. Esto xa nos soa a pan noso de cada dia.

Ofreceronle diñeiro a todo quisque, a cambio de unha hipoteca de bens pasados ou futuros. Colleron-nos polos eggs. (en galego collons)

Os que prestaban non querian recuperar o diñeiro que presteran. Era moito mais rendible seguir cobrando xuros, cada vez mais altos, ainda que tiveran que dar novos créditos para renovar os vellos. Xa estabamos na bola de neve costa abaixo.

Apareceron uns tipos que apostaban, e pagabana ben porque as cousas foran mal. Chamanle algo así como seguro contra, ou a favor de que ti te arruines. Vaya como vaya a cousa eles sempre ganan. Eso si, amparados por leis que le dan a razón. Feitas por amigos.

Como todos estamos empeñados, todos debemos a todos, cada vez nos foden mais(eso si sin besarnos na boca) e cada vez teremos que soltar mais pasta a eses espabilados que nos atraperon polos eggs.

Coido que o mellor é que naide pague a naide, sobre todo a eses que se chaman entes financieiros. Xa se sabe que os entes poden non ser reais.

O mellor seria que eses entes traballen, e produzcan bens como os de antes, e que tenten vendelos. En definitiva que vivan do que produzcan pero tanxible.
Se estes personaxes se funden o mellor o resto flotamos.

Asco de sistema, xa finiquitado, gracias a Zeus.

viernes, 18 de junio de 2010

CAMPAS CON PODERES



Empecera pola portela da Teixeira. Xa levaba alí pousada unha hora.

Viña rexa, potente, coas entrañas cheas. Notábase pola cor do bandullo, plomizo e pesado, mesmo parecia que que queria tragarse todo.

Alguén dixo que seria mellor meterse na casa, no mais fondo da mesma, non fora que…

Eu quedei no balcón da casa do avó. Xusto diante tiña o castañeiro do raigame o aire, e os negrillos da tia Aurora.. Polo carreirón que viña da fonte do souto, estaba entrando o magote da res que tanxia o ti Parrico.

Alumeou un alustro caseque o mesmo tempo o trono, e entre o estrondo da caida do castañeiro, o trono e o berrar das ovellas, xunto cos berros da xente, fixo que casi nadie se dera conta da caida do milenario castañeiro, e da cantidade de rixelos que aplastou na súa caida.

Cheiraba a azufre, e a lá e carne queimadas..

A tormenta inda non cheguera de cheo, aquelo solo era un anticipo do que podia ser. O forte da tormenta estaba baixando por Meixende. Nun par ou tres de minutos, teríamola enriba.

Empeceron a soar as campas, forte e seguido, como apurando os laios, as badaladas incrustabanse no medio do cerebro, e parecia que endexamais sairian dalí.

Os nubeiros escomencerón a racharse polo medio e a separarse, a metade Tuela abaixo e a outra metade marchou hacia Rebordelo. Os tronos pareron e solo caeron catro pingadas de auga.

O pastor estaba machacando as orellas dos rixelos que non estaban machacados polo castañeiro. Tal como le machacaba as orellas con dúas pedras, as mesmas levantábanse e medio atolondradas enfilaban hacia as cortes.

Apareceu miña tia Cecilia, que baixaba do Sagrado. Fora ela a que toquera as campas.
Mirando para min díxo: estan ofrecidas a Santa Bárbara, teñen a virtude de que alonxan as tormentas se se tocan a tempo.

Efectivamente, aquela tormenta rachou xusto cando empeceron a soar.

Uns dias despois subín o campanário, e arredor da campa grande, hay unha inscripción que corrobora o que dixo a miña tia. A campa esta adicada a Santa Barbara, e fala de que alonxará as tormentas.

martes, 15 de junio de 2010

NOSTÁLXIAS



Sentémonos nuns taburetes altos arredor de unha minimesa, tamén alta.
Mentras gorentábamos un viño de Amandi, falábamos de economia (¿Cómo non), de cómo andaba a banca española (o meu interlocuor traballa nela), se debía o que se di ou non, e de súpeto o meu amigo, con cara triste, díxome:
- O can aluaba. Durante a semana seguinte, pasouna toda laiandose. Hoxe fan cinco anos que o meu fillo morreu naquel acidente.
Eu sabía de qué falaba, fora un duro golpe para todos, para él e a súa dona moito mais. Cando morre un parente e moi fodido para os que quedan, e se aquel inda é novo, moito mais.A morte de un fillo debe ser algo para volverse tolo.
Decíame él que os cans teñen un sentido extraordinario, pois a pesar de que non vira o seu dono morto, sentírao como se estivese enterado de todo.
Eu tamén tiven unha experiencia similar cando morreu meu irmán, despois de un tempo, levei a cadela dél de caza. Tivemos que voltar á casa pois non paraba de buscar o dono, e deixarme cada vez mais alicorto a min.
Acabou contádome algo moi íntimo :
- Yo creo en que hay algo más que esto, auque no me convenzan los curas. Desde que murió mi hijo, voy todos los domingos a misa, por una promesa, y mi mayor anhelo es, que, cuando me muera esté él alli esperándome.
Non souben que decirle, pois aquelo deixoume algo lélo. Coido que no é solo a él a quen le pasa, todos temos as nosas dúbidas o respecto.
Un home con dúbidas non debe aconsellar a ninguén, mais inda así dixenle que eu tamén esperaba que toda esta parafernália ,vida, mundos, etc. etc.tivera algún senso, e que mais ou menos eu tiña as mesmas esperanzas.
Tamén le contei unha resposta que un estudiante de bacharelato deu a pregunta da clase de relixión, tempo atrás.
Pregunta:¿Que es fé?
Respòsta: Fé es algo que nos ha dado Dios para poder comprender a los curas.
Digo eu: Que Deus nos de ese algo para o mesmo, e para poder soportar a vida nos peores momentos.

domingo, 13 de junio de 2010

CONVERSA CON CORMANLAREIRO



Sempre que vou a Val dos Marcos, paso unhas horas falando co meu amigo Cormanlareiro. Sempre ten algo que contarme, ese algo é moi interesante para min, e tamén cumplo coa obriga de saúdar a un maís que amigo.
Este fin de semana, non foi a excepción, de feito nunca a hai. Algunha veces as nosas conversas son intranscribibles, e outras son secretas, sobre todo aquelas nas que participa un amigo común: O Home do Capote Remendado. Xa falaremos desto.
Desta vez a conversa empezou dandole un repaso as “camelas” do Tuela. O parecer teñen por norma non pasar pola “cricadeira”.
No medio da nosa conversa contoume algo que le estivo pasando durante unha semana, a cousa merece ser dada a coñecer ó mundo, por se a algún terrícola le axuda nun caso semellante.
Imos alá:
“A primeira noite que pasou- contoume o Cormanlareiro- foi bastante arrepiante. Eu estivera lendo un libriño de Castelao, que falaba duns mortos que se xuntaban no sagrado, e facian as suas trasnadas de caliveras parlantes.
Deiteime dandole voltas a aquela história, e quedei dormido. Como era de esperar soñei cun cemitério onde saian das suas covas as caliveras, con algún que outro óso de apoio, eso sí, sen orden nin concerto, podian estar sobre un fémur, ou sobre un cúbito. Os mais extranos eran os que, enriba da calivera levaban os ósos todos de un pé.
Estaba eu nesas cousas de ultratumba, cando me espertou un forte golpe nos crsitais da fiestra. Pensei que a escacheran.
Quedei escoitando un pouco, hasta que o golpe repetiuse, esta vez cunha repetición triple bastante estrondosa. Daquela acollonei bastante, pois aquello repetiuse catro ou cinco veces mais, hasta que vencendo o canguelo, decidin asomarme e ver que pasaba. Eso si botei man dun “esbirradeiro”, por si era o caso de usalo.
Cando abrin as contras e a ventana, atopeime cunha noite donde unha lúa chea facía que parecese de día, e acrecentese as sombras dos castañeiros dos soutos de maneira fantasmal..
Escoitei alá o lonxe uns laios que puñan os pelos de punta. Aqueles berros cada vez eran mais débiles hasta que desapareceron.
Pechei a fiestra, púxenle unha tranca as contras e asegureime de que as portas todas da casa estiveran pechadas e coa tranca posta.
Volvin a cama, e por algún motivo inesplicable para min, hachei que as mantas non chegaban a toparme no corpo, era como si estiveran levitando. ¡Nunca tal vira!.
Tiven que durmir polo día, pois non podia coa alma, despois de non dormir nada.
A segunda noite, fixen acopio de todo tipo de utensilios de defensa, aparte do esbirradeiro, puxen o lado unha espingarda cargada, un machado, unha fouce rozadoira, unhas estacas de madeira de buxo ben afiada e un mazo de ferreiro.
Repetiuse o da noite anterior, mais eun non fun capaz de ollar a ninguén, a pesar de que os berros eran mais arrepiantes e mais fortes. Tanto que nun momento, pensei ver algo debaixo dun zreixal que tiña cerca, era un bulto negro e informe. Non me encomendei nin a Deun nin o demo, botei a espingarda a cara e ¡zas! Alá foron os chumbos. Escoitei un berro e un gorgolexo, e fíxose o silencio.
Fun debaixo de zreixal, e atopei o can do veciño alí espatarrado. Metin-no nun saco, e pola mañá cedo leveino as cachoeiras do riu.
Aquello fíxome reflexionar durante as outras noites que seguiron, con berros cada vez mais cercanos, que fixeron que tranquera portas e ventás, e non asomei mais o camiño.
Os berros soaban todalas noites pola mesma banda, mesmo parecia que viñan da pallarega.
Polo dia fun a inspecionar a pallarega, e o entrar, saíron en desbandada catro noutaregas. Tiñan o niño nunha das vigas.
Pensei que o mellor era non ter medo, pois ablíganos a facer tolerías. Por culpa do mesmo mateille o can o veciño, pasei varias noites sen durmir, e estiven a piques de mandar para o outro barrio a un cigano que veu pedir.
Desde a inspeción da palleira, as cousas volveron a normalidade.
Xa che contareí o do cigano”
Esto foi o que me contou, nin quito nin poño comas nin puntos, so transcribo.

miércoles, 9 de junio de 2010

¿HAI POSIBILADES!


A sombra negra, emborrallada, estaba diante de min. Aquel monstro acollonaba, tanto que me fixo froxar. Parecia que estaba xa tan escarallado que o mellor sería espallalo os catro ventos.
Como consecuencia delo, tiven que desistir, xa no seu dia, da invasión das terras de Siting Bull por mor de que non teriamos castañas bastantes para manter ós camándulas herdeiros do My Flower. Para os cobrizos, seguro que habia, para os outros non; pronto se quedarian cos castiñeiros, e enriba cobraríanos un canon por telos plantados, un canon por limpalos e un canon por apañar as castañas. ¡No pagaba a pena!. ¡O que queira castañas que escache ourizos!
Xa sei que a Fraga do Rolo faríao casi todo. Mais despois de indemnizar a Portugal polas marcas que deixera, encima, que se quederan cos castiñeiros, era un custo escesivo.
A sombra deume a entender que a idea que me rondaba na caluga, tampouco era a mellor. Seguro que bastante peor.
Efectivamente, cando me decatei que a invasión da Comunidad Económica Europea, podia inda ser mais lesiva para os interese dos Louxeiros, quedei sumido nunha profunda reflexión existencial.
Habia unha cousa clara, eses países de por enriba dos Pineos, non os podia invadir, nin anexionar, co impulso da Fraga do Rolo. ¡E costa arriba!. Non hai pola zona do Tuela enerxia bastante para facela rodar costa arriba.
Ocurriuseme unha cousa; que nos invadiran eles a nos.Non sabia como facelo. Saqueile a lingua, puxenle os cornos cos dedos na testa, fixenle todo tipo de cucamonas, mais todo foi inútil.
De repente ocorriuseme : endeudome hasta as orellas, pido prestado para devolver e endeudarme mais, hasta que a espiral rache. Tamén o tiña claro, eu solo era insuficiente, mais involucrando a toda a Xeabra, como epicentro, e facendo crecer a ola espasiva, o fin conseguiría que nos invadiran eles a nos.
De pouco serviu, eles fixeron o mesmo, e aiqui estamos, coa que está a caer.
Se alguén se anota, tentaremos invadir Vinhais. É esta unha terra, ubérrima, na que fundamentalmente, produce unhas úvas de sona internacionacional, se non que lo pregunten os adegueiros dos bós caldos maduros de Portugal, ou os de vinhos de Oporto.
O problema está en que eles nos deixen. Seguro que estarán un pouco a espectativa por si nos damos demasiado ós figos.
Deixaremosle chegar o Tuela sen mais. Eles inda non se entereron de que inda está en vigor un proxecto que o quere trasvasar ó Bibei .Tamén faremos o posible para que as nosas mulleres merquen mais popelin alí, para as camisas das festas.
Cuando acabei esta pequena escrta, a sombra alrgouse, aledouse, e escachouse.

lunes, 7 de junio de 2010

¡BURRO E APALEADO!





Esto é tan certo como que inda me acordo.
Xa vai un feixe de anos, tantos, que inda había sega de herva e seitura.
Naquel ano meu pai comprérame unha gadaña marca “Toro”, según decian os bos gadañeiros era moi boa.
Efectivamente era moi boa cando a crabuñaba meu pai, se o facia eu a cousa cambiaba un chisco.
Alguén convenceu á miña mai, e ela convenceume a min para ir unha xornada a segar para o pai daquela muller. Non foi o dia mais ledo da miña vida, pero sobrevivin.
O prado estaba en Lagoas, no que despois de camiñar, mais adiviñando o camiño que vendo-o, cheguemos. O pai da referida muller e un fillo da mesma, que daquela tería doceou trece anos. O rapaz tamén levaba gadaña, unha xa recortada, seguramente pola mesma causa que despois fixo recortar a miña.
Empecemos a segar. Liñol vai, liñol ven hasta que o sol empezou a rever os sesos. O rapaz e mais eu seguimos igual que cando non había sol, mais o vello empezou a facer as bordas, decindo que eran mais difíciles. O mellor era casualidade, mais por donde andaba habia as sombra dos carballos e dos amieiros do rigueiro.
Eu xa me mosqueei, o rapaz tamén.
Nun dos liñois que eu dei, o chegar a unha punta, tentei segar o cañoto dun rebolo que estaba escondido entre a herva. A gadaña rachou cerca do couce, uns catro centímetros de fendidura.
Acordeime de case todo o universo do vello. Collín a podadeira do rapaz, crabuñeina de novo e volta a segar.
A hora de comer, unha merenda non demasiado abundante nin apetitosa, o vello despous de uns tragos, soltou a lingua. O rapaz e mais eu comimos algo de xamón, e fartémonos de leituga con cebola.
O vello contounos que, sendo novo, estuvera nunha especie de seminário que había en Verín. O parecer tiñan un parente crego.
Estaba moi cabreado cos do seminário pois o parecer mandera-no para a casa, coa lenda que agora se leva mooito nos colexios NPA(non progresa adecuadamente).
Estaba o ex_ seminarista bufando contra o bispo e os seus adláteres, pois tiña a firme convición dunha cousa que transcribo litaralmente:
“¡Xa non digo para un pobo grande, mais inda xiquera que fose para un pobo, asi..como…como Castrelos!
Acabou o xornal aquel día, eu lisquei despois do verán, e éstas alturas, non sei se meu pai cobrou o meu xornal, e a Gadaña.
Sei que a mai de mau pai era de Castrelos.
¡Tempos aqueles, mais fodidos que os que menciona o meu amigo e paisano, Don Miguel de Saavedra, natural de Cervantes, na Sanabria!

sábado, 5 de junio de 2010



Eran tempos duros. A crise xa chegaba os lombeiros e vales de Tras os Montes.
Corría a voz de que, os do imperio, tenderanle unha emboscada cando ian a falar da mellora das condicions dos cidadans da comarca, para que estes deixaran de fustigar e levarse cousas de comer. As condicións de vida na zona eran tan duras, que mais de a metade dos que nacian, morrian antes dos sete anos, sempre de desnutrición, e os que sobrevivian, estaban abocados a dedicarse a quitarle cousas de comer os que as tiñan.
Estaba moi mal repartida a cousa.
Cando os do imperio decidiron ter aquela xuntanza, pensaban que era a mellor solución, pois contra a fame o mellor era, decian, darle medios os que non os tiñan.
Os deserdados, tamén pensaban o mesmo, foron a xuntanza convencidos de que era o mellor para os seus pobos e comarcas.
Os representantes do imperio encargados das negociacións, quixeron sacar tallada do asunto.
Convoquéronse tres reunións en tres puntos distintos, ós que os paisanos foron confiados. Unha vez alí pasou o que pasou, os representantes do imperio tenderonle unha trampa os paisanos e aniquileronhos.
Salveronse uns poucos, entre eles un que pensaba por si mesmo, xunto con outros poucos, e desde aquela deronle un montón de problemas os do imperio.
Cheguera a voz os castros do Val do Tuela, xunto con todos os dos arredores. Os acomodados, como vivian ben non se involucraron, mais os necesitados si. ¡Eran moitos mais!
O resto da historia xa a sabedes, solo tendes que ler todo o referido a Viriato e os seus seguidores, que o fin foron traicionados por algúns compañeiros que querian todo para eles, ainda que despois, nadie le pagara nada coa disculpa de que “Roma non paga traidores”.
Cando todo pasou, volveron á terra dous ou tres superviventes, con algo de sextercios, pois tiveran sorte, ou apañeranha.
Antes de irse eran apestados, cando volveron eran casi deuses.
Daquela o imperio romano xa tiña unha crise, que acabou cun cambio de sistema.
Como os do imperio xa fixeran as infraestructuras necesárias, a vias que comunicaban Bracara Augusta con Astúrica Augusta por tres sitios distintos, coas suas vias secundárias de comunicación, alí quederon. As mellores comunicacións do imperio sen xente que transitar por elas. (Hai similitude co actual?).
Será cousa de ir pensando que o sistema agora finou, polo que será mellor pensar nhun novo.
Como xa no haberá gasofa para tractores, estou criando e moldeando un par de rabizas, por se é o caso.
O mellor continua………

viernes, 4 de junio de 2010

¡ACABARON OS MODESTOS DE VAL DOS MARCOS!

Hay cousas nesta vida que se ven caer, moitas veces de maduras, e outras veces non por esperadas non deixan de sorprender, e deixar ruin corpo.
Acabo de enterarme de que meu amigo Modestolo-pez, deixounos definitivamente.
Xa non queda ningún Modesto en Val dos Marcos.
Venme agora as mentes un día de caza no fondo do Piñeiro, enriba dos prados de Lagoas de Baixo.
Estábamos alí cazando uns cuantos, entre os que se atoban o Vidal e o Modesto. Xa os dous irán de caza no Alén. Espero que fagan unha boa cazata.
Aquel día, no Piñeiro, eu sen querer case, metinme nunha pocilgada de catorce ou quince xabarins, dos que fun quen de afanar dous.
O Modesto estaba subido nunha pedra, a parte de arriba onde estaba eu, e cando os marraos escomenceron a correr, a maioria cara a min, vin que él puña a escopeta a cara, tiven que berrarle o mesmo tempo que puña corpo a terra, que non disparera, que me podía deixar teso.
Fíxome caso e non disparou. Despois dixo que ben me vira, e que non pensaba disparar, cousa que eu ainda hoxe poño en duda. Se non le berro…… non sei.
Era un bon rapaz, bon compañeiro, mais tiña ese andacio de Val dos Marcos, que está deixando aquello caseque deserto.
Espero que agora descanse, e que o Gran Arquitecto do Universo le de un bon lugar onde facelo.
Un abrazo Modesto!.

jueves, 3 de junio de 2010

¡ESCACHANDO OURIZOS!



¡Chacho!, viñan todolos anos a finais do outono.Era polos anos vinte, porque tiña eu uns oito ou nove anos.
Na cuadrilla dos ciganos, estaba un rapaz, do meu tempo. Caímonos ben un o outro e fixémonos amigos.
Viña pola casa, e saíamos a xogar xuntos. Aquel rapaz non tiña zamancos, andaba sempre descalzo, tanto se chovía como se nevaba. As xeadas non le afectaban para nada, e no tempo que se estivo acercando polo forno, nunca colleo un constipado.
Eu creo que estaba inmunizado contra os catarros.
Corria como un corzo, gatuñaba os castañeiros, metiase na auga coa mesma naturalidade que nos andabamos polo bulleiro cos nosos zamancos.
Tiña os pes tan negros que mesmo parecian embutidos nun cacho de coiro vello.
Un día foi conmigo a apañar castañas, díxenle que se me axudaba a coller as castañas, dábale él as que quixese levar.
Gustabanle moito as castañas asadas. Cando alguén cocia no forno, púñanhas na saida da borralleira e naquela noite cenaban quente.
Fumos as castañas o Carballal. El coma sempre iba descalzo, dixenle que tivese coidado cos picos dos ourizos. Cando me escoitou, foi dreitiño a un ourizo repoludo, e sen pensalo escachouno co talón dos pés, con mais facilidade que eu cos zamancos.
Arrepíouseme o lombo, e pregunteile se non se le clavaran picos nos pés e díxome rindo que non.
-É imposible- dixenle eu- se eu escacho un ourizo, seguro que se clavan na madeira dos zamancos.
Entonces él amosoume a planta do pé.
Aquello era igualiño que o casco dun cabalo. Tiña mais de un centímetro de casco nos dous pés.
Esto contoumo meu pai, nunha ocasión que eu tiven que vir cunha sandalia totalmente rota, que facia que me queixera constantemente. E solo foron uns quinientos metros.
Coido que é certo eso que din de que “ a necesidade crea o organo”.
¿ Haberá hoxe neste noso mundo “civilizado”, alguén capaz de soportar unha cousa semellante?

lunes, 31 de mayo de 2010

"LAFUSIER", PELIGROSA



Xa o xantar pasera pontes. Inda non podía liscar da cociña, porque os mais grandes estaban gorentando o café, e enriba non se podía sair, pois aquelas mesas de subir e baixar tiñan a un engaiolado.
Estaban subindo a mesa, e sonou un asubio no curral. Asomei ó cimo da escaleira e abaixo estaba o meu amigo Pepin. Meteu a mau no bolso, e sacou, entre o indice e o polegar unha caixa de mixtos chea. Fixoa sonar como se fose unha ruxideira.
Fixenle unha señal coa mau, que queria decir espera ahí, e volvin a cociña.
- Podo sair- dixen sen dirixirme a nadie en concreto- está abaixo o Pepin esperandome.
- O Pepin, o Pepin, sempre o mesmo- rosmou a nai- inda ides facer unha das vosas algún día. Acordade non facer ningunha trasnada!.
Baixei brincando os balzois de dous en dous, e fun dreitiño o caixón, onde estaba aquela pistola “Lafusier” de dous cañons, e percutores as vistas.
Era un “esbirradeiro” moi antigo, de avancarga e de disparo con pedernal. Como non tiña perigo ningún deixaban-nola sacar e xogar con ela.
Cada vez que le podíamos afanar mixtos as mais, sempre facíamos o mesmo.No lugar onde o “perrillo” percutía púñamos un mixto, tirábamos do gatillo, baixaba o percutor que o machacar a cabeza do mixto, facia un pequeno estouro, e así estouro tras estouro hasta que deixabamos a caixa sen mixtos.
Tíñamos prohibido facer aquello, pois os mixtos tiñan un precio e os cartos non sobraban. Por eso cada vez que tíñamos “mercancia”, escondíamonos para sortear males maiores.
Decidimos meternos dentro da pallarega de Trasil. Alí non nos buscaría ninguén.
Era polos mediados do mes de Setembro, a pallarega estab ateigada de herva seca, e a rente das pallaregas estaban os palleiros: O da tia Maria-Rosa, o Noso, o da Cecilia e o das tias bichas. Este último tiña mais palla na barriga que sete dos outros.
As mallas inda facía pouco que se acaberan, pois contra o valado onde estaban os palleiros habia feixes de palla e algún de coaño.
Estabamos enfrascados estourando cerillas, e non nos demos conta de que unha caeo o chan. Problema; o chan era de herva e cando nos demos conta habia lume na palleira.
Abafemos o lume botandole herva enriba e pisandoa. As lapas acougueron algo, mais de súpeto un “fllowwm” fixoas chegar o colmado.
A pallarega chea de herva, co colmado de palla, e os palleiros o lado, o desastre estaba cantado.
Houbo desbandada total, lisquei para a casa, mais en lugar de decir o que pasaba, senteime nun canto do banco.
Debía estar de tal xeito, que miña mai escomenzou a preguntar que qué fixera, meu pai tamén desconfiou, cuando as campás empeceron a tocar a lume.
Xa atrapei unha labazada, mentra averiguaban que pasaba. Cando xa estaban todas as xentes do lugar apagando o lume, veu a tia Rosario, preguntandome onde estaba o Pepin. Respondin que quedera dentro cousa que automáticamente fixo que as mulleres se puxera a chorar, pois a pallarega xa casi estaba queimada de todo.
Nunha destas o Modesto da tia Fernanda, empezou a retirar os feixes de palla, cuando debaixo dun deles apareceu o Pepin engruñado como un ratiño daqueles que saian debaixo dos últimos mollos nas mallas.
Hoxe quería deixar aiqui a grande paciencia que tivo todo o mundo con nos, e sobre todo a tia Maria-Rosa, que despous de deixala sen herva, sen pallarega, nunca, nunca se enfadou conmigo. Tamén ás tias bichas
Creo que habia moi pouca xente que me quixera tanto como a tia MR. . Desde aiqui mandole un recordo moi cariñoso.Tamén a familia de tia Fernanda
O palleiros non se queimeron.

domingo, 30 de mayo de 2010

O Rampoño


Aquel ser existía, de eso non tiña dúbida. O unico problema era saber onde estaba, pois sempre aparecía onde menos se esperaba.
Unhas veces estaba debaixo do escano, outras na corte, e tamén nas pallaregas, sobre todo na época na que se enchian de herba.
En todolos lugares que me decian que estaba, eu sempre o intuía mais que velo, hasta aquela vez.
Estábamos a cenar arredor da lareira, os tres sentados, cada un no seu talliño, e co prato enriba dos xeonllos.
A miña avoa mandoume o vasal a por unha pouca de auga, sain da cociña coa xarriña a coller auga do cántaro, e voltei coma un foguete: sentira un ruido no fondo da escaleira.
-Non traes a auga- dixo a avoa.
-Hay algo no curral- dixen eu- teño medo.
-¡Teño medo, teño medo, algunha vez vai vir o Rampoño e vaite levar!- dixo a avoa erguendose a buscar a auga.
-Seguro que o Rampoño, un día cóllete e levate o Castelo dos Mouros- dixo ela.
-Avueliña, non me metas medo. ¿Tan mau é o Rampoño?
- Si que é, escapa cos rapaces que non son bós-
- Mais eu son bon, ¿Non si avuela?
- ¡Si, cando durmes!.
Acabouse de cenar, a avoa púxose a fiar na roca e miña tía a facer na media, enfrascadas cada unha no seu traballo, falando monosílabos de cando en vez-
- Estase apagando o lume-dixo a avoa- baixa o curral e trae uns paus para o lume, para que non se apague.
- Está oscuro- dixen eu- igual vou de cangallas na escaleira.
- ¡Anda, non sexas medica. Baixa que no te pasará nada.!
Non quixe quedar de medica, e baixei o sequeiro a por leña. Cuando xa ia a subir as escaleiras de novo, escoitei detrás de min, no porta da adega :
- Uiii, rapaz, son o Rampoño, voute meter no saco e levarte o Castelo dos Mouros.
Casi quedo morto alí mesmo. O famoso Rampoño metérase no curral a procura de nenos para os Mouros.
Acordeime de que non queria ser un medica, tiña que facerme valente, senón a avoa e a tia sempre me dirian medica.
Agarrei un racho de carballo que lavaba para o lume, e tireino con todalas miñas forzas hacia o lugar de onde procedia a voz.
Sonou un berro, e unha voz que decia .
- Hai rapaz, langrán que me deixeste cego.
- ¿Qué pasa ahí- dixo a avoa baixando polas escaleira co candil na man.
Alí estaba o ti Inacio, o ferreiro, botandose as mans a cara, que tiña toda chea de sangue.
Sain correndo para arriba, e dixenle á miña tia. – Acabo de sacarle un ollo o Rampoño. O Rampoño é o ti Inacio.
Nestas subiron os dous, e miña avoa deciale o ferreiro : Non te preocupes, no te dou no ollo por pouco. Teis un rasguño na cella que sangra moito, mais o ollo está ben.
- ¿ Quen me mandaria a min, escoitar as conversas en casa allea, e meterme cun rapaz.? Ter tería medo, e supoño que eso mesmo foi o que le dou a forza para casi escalabrarme.
Escacheron a rir, mais para min quedou que o Rampoño e o ti Inacio eran a mesma persoa. Desde aquel día, sempre procuraba no atoparme con él.