domingo, 31 de enero de 2010

CONTO (INICIO) A HÉCTOR


¡Cuntame un conto do pueblo!- decíame Hector algunha vez, cando o sono se resistía a pecharllelos ollos.
As veces era o conto de “una vez era una rana y un pez, y al otro dia por la maña era un pez y una rana”, mais él non deixaba de pregar que le contara o conto da águia e mailo anel.
EMPECEMOS:
-Habia unha vez un neno en Brumoso, capital do Val dos Marcos, un rapaz, que daquela tiña sete ou oito anos.
Era por aqueles anos nos que, según os vellos, habia fame. Según decian, fóra dos lombeiros do Val do Tuela, houbera unha guerra, de uns contra outros, sen outro motivo aparente que non deixar arraigar no país a uns homes que tiñan cornos e rabo. Chamabanles “Rojos Comunistas”.
Para min que os motivos foron outros, mais non se atrevian a decilos, porque ian en manifesta contadición coas súas crenzas relixiosas.
Por aqueles anos adoitaban a instalarse no Forno de Arriba, unhas persoas as que os mais grandes chamaban “gitanos”.
Eran familias completas, un patriarca e a súa dona, cos fillos, hirmans, primos é netos.
Metianse no forno porque daquela, os veciños, inda cocian fornadas de pan de centeo. Como o forno estaba quente aproveitaban o calor é pola noite dormian todos xuntos, embrullados enriba do estrado de amasar, e polo chan perto da borralleira.
O rapaz, ó que le chamaremos,O Pinta, fíxose amigo de un dos ciganiños que era mais ou menos do seu tempo. Cada día buscabanse un o outro, e dedicabanse a xogar coa neve, e tentar cazar algún merlo coa “esparrela”. Ninguén le dixo que as “esparrelas” eran para atrapar trallóns, alá polo fin do vrao. Con esto quero decir que nunca pillaron cousa.
Polas tardes, O Pinta, levaba ó seu amigo cigano á casa dos seus pais, e pregaballe a súa nai que les dera de merendar, cousa que a boa da muller sempre facia; Un cacho de pan e unha chouriza, ou unha tallada de touciño, para cada un, é se tiña tempo un ovo estrelado ou unha tortilla de patatas, que comian na mesa da cociña, aquela de “baixar”, na que tan quentiño se estaba.
Acabouse a estadía dos cíngaros no Forno de Arriba, e chegou o tempo da despedida entre os dous amigos.
O rapaz Xitano, pregulle ó seu amigo que fóse con él ó forno pois a súa mai queria despedirse del. Díxole que cando entrera no forno que deberia saúdar o patriarca que era seu avó, pois esa era a súa costume.
Entreron no forno, e alí estaba todo o clan, xa con todo preparado en fardos para marchar de novo a Portugal, pois dalí era a súa procedencia. O Pinta dirixiuse o mais vello o cual le fixo un alomiño, e pondole a man direita sobre a cabeza, dixole que Deus o abenzoera, e mandouno anda a mai do seu amigo que ó parecer tiña algo para él.
Acercouse, e a muller deulle un anel que parecia de cobre, cun amalló largo, que le anoóu ó pescozo co anel como colgante, decindole: “cando sexas mais grande poderás levalo na man, deberás levalo no dedo corazón da man direita, e defenderáte de moitos males”.
Despedironse, é con tristura os ciganos dirixironse por Falgueiras, camiño de Portugal é o noso amigo quedou triste. Foi a casa e ensinoule o anel á súa nai, a que le preguntou se le dera as gracias a mai do seu amigo, decindo tamén que o anel parecia de ouro, mais que o máis importante era a boa intención dos ciganos.
O Pinta era moi aficionado a perseguir os páxaros, verle os “nius”, bulirle nos ovos, é as veces facer rabiar as páxaras que andaban no choco.
Nunha ocasión empezou a perseguir a un zorzal, para ver se le atopaba o “niu”, mais de salgueiro en negrillo, é deste as urces, cando se deu conta estaba nun lugar desconocido para él, pois alí endexamais estievera.
Habia un riu pequeño, cheo de amieiros e chopos polas dúas bandas, é o zorzal perdérasele.
Como ia tan ensimismado seguindo o zorzal, non se decatou por donde pasara, e agora non tiña nin idea por donde era o camiño de volta.
O sol escomenzaba a esconderse detrás dos lombeiros, e percatouse de que pronto seria noite.
Escomenzou a preocuparse, e o medo fixo a súa aparición polo seu caletre; de súpeto acordou que se falaba dos lobos, dos porcos monteses, teixugos e outros seres, que según os vellos era perigosos.
Xa se via acosado por un montón daquelas feras alimañas, que seguramente o acosarian contra un dos pozos mais frondos do riu, é ali mesmo o zamparian.
Escomenzou a tremer, e caseque estaba paralizado de todo. ¡Menos mal que as feras inda no deran señais de vida!
Nestas acordouse do anel que le dera a mai do seu amigo cigano. Recuperou a cor e os folgos pois según a muller aquel anel iao axudar. Agarouno coa ma direita, e con toda a convincion do mundo díxolle: ¡Prégote, por Deus que me axudes, pois estou perdido, é non quero que me coman os lobos, que ia ser de miña mai!.
Volveu meter o anel dentro da roupa. De repente, desde uns vinte metros, unha voz díxole: ¡Eh, rapaz,imos para a casa, pois xa vai ser noite pronto. O Pinta como se aquello fose a cousa mais natural do mundo botou a correr hasta donde estaba o ti Adolfo, que viña do seu prado da Illande.

miércoles, 27 de enero de 2010

¿FOI VIOLACIÓN?

Era pola primavera. Nas beiras doTuela, estaban dúas persoas novas, arredor dos dezanove anos cada unha. So unha diferencia, unha era muller e a outra home.
Xa se sabe que na primavera o asunto hormonal anda requentado. Estas dúas persoas non ian ser distintas.
Non mantiñan unha relación anterior. Simplemente estaban alí, facia calor, o ambiente estaba cargado de feromonas de atración sexual, e pasou o que tiña que pasar.
Pasan quince días. A persoa femia ten un retraso, asustase é fala coa avoa. Contalle o que sucedera na beira do Tuela, é a falta que ten.
A avoa, reflexiona. ¡Carajo!, o rapaz ten terras, prados e vacas. A rapaza non. Ela é o que se chama pobre, él rico.
Convence a rapaza de que o mellor é denunciar ó rapaz, así un xuiz obligarao a casar, e ela ten resolta a vida. (Menuda estúpidez pensou a vella).
Van a xuício, o xuiz interrogaos por separado, é chega a conclusión de que nada daquelo é certo. Foron cousas da mocidade. Mandaos para a casa, é cita ós proxénitores para o dia seguinte.
No interin, o rapaz lisca fora da terra, é o dia seguinte a rapaza tamén.
Non houbo embarazo, so foi unha falsa alarma.
Pasou o tempo. Cada un casou polo seu lado. Pasaron uns cantos anos, cada un acabou separado da súa parella.
Volven un vrao a aldea. Atopanse na beira do Tuela, e repiten o mesmo daquel día. Solo unha diferencia, noteron demasiado a calor, e a fogosidade non foi a mesma. Os boches xa non estaban para tanto trote.
Descansan, non teñen presa, non teñen medo, estan sos en todolos sensos. Repiten a operación. Foi moito mais reposada, disfruteron da tarde e do solpor. Inicieron o regreso a aldea, sen esconderse, ledos é convencidos de que así debia ser.
Naquelas vacacións decidiron que o mellor era vivir xuntos. Perdian pouco por probar, xa non tiña que gardar apariencias, nin demostrar nada.
Xa son vellos, levan cuarenta anos xuntos. No vrao as veces inda vain as beiras do Tuela. O aasunto xa no é como era, mais eso xa non importa. O que importa é que están xuntos, é que queren seguir así hasta que a parca faga liscar a un dos dous.

lunes, 25 de enero de 2010

¡FIN DA CAZA!


Parece ser que o noso pequeno cerebro engananos. Mais hoxe eu estou seguro que non so nos engana a nós, coido que engana a todo aquel que o teña. Seguindo este razoamento, poderia decir que o cerebro enganase a sí mesmo, pois forma parte de cada un daquel que o ten.
Perdoade polo “introito”, mais as vees danle a un ganas de decir paridas. Eso sí mais grandes das habituais.
Todo esto ven a conto, porque quero contar a última andaina miña polos montes, veigas e rios de Val dos Marcos, en busca de algunha proteína con pata ou plumas.
Cheguei o sábado a capital de Val dos Marcos éso das catro e media da tarde, outra vez se eu fose fino, diria as catro p.m., mais non o son nin p.. fata que fai.
Non puide ir de caza esas dúas horas de sol que le quedan ó día, pois en primeiro lugar os cáis marcheranse, e foi ben pois a choiva non deixou nada enxuto.
O domingo despois de decidir con meu irman que eu levaba o carro hasta a Cabeza das Fontes e despois veriamonos por alí. Efecrtivamente cheguei alí, e xusto por enriba da poula do ti Eduardo aparquei.
Cando estaba sacando as cadelas do “maletero” do coche, e metendome dentro do chaleque donde aparte dos cartuchos levaba a merenda e a bota de viño. Estando nesas sentin un pequeño ruido como de perdices que se levantan, e o levantar a vista vi trespor unhas perdices por enriba do prado do Mariquito de miña cuñada Maria, e cheguei a conclusion de que ian para enriba das fontes dos Millais.
Baixei ós prados, é no prado mencionado subín ó monte percorrendoo hacia a portela, volta para riba, volta para baixo, ¡nada non están!. Sube perto da caseta, baixa perto do penedo Mourón e nada. ¡Coño!, enganeronme e sabe Deus onde estarán. Quedábame o caboco sen percorrer, mais pensei que era demasiado cerca da zona do levante, vinte ou vintecinco metros é eso non é normal. Ainda por enriba as urces chegan a unha altura de dous metros, pois a beira do caboco fainas vizosas. Tentado estiven de non achegarme, mais un bon cazador non debe deixar ningún curruncho se esculcar.
Cando xa case estaba no caboco, de súpeto arrancou unha perdiz a que le fixen fogo, con moi pouca sorte para ela pois derrubeina cunha ala rota.
Aforrarareivos os detalles, mais sí quero deixar aiqui constancia do bon facer dunha cadeliña nova, menos de un ano, dos meus primos Modestiño e Marcelino. Desapareceu no monte hacia o caboco, e caboco arriba hasta casi a estrada, como non volvia, chameina, e tiven a ocorrencia de decirle “traila”., e cal no sería a miña sorpresa cando apareceu coa “gallinácea” na boca. Esto foi o mais importante dun dia de caza, no que por certo ví mais caza que en toda a tempada.
Tiven a tiro uns labancos en Veigadiz. Non disparei por respeto eles e o riu. Vi un magote de corzos en Lagoas de baixo, liscando hacia a chaira do Piñeiro. Subindo desde Cancelada hacia Lagoas, a mesma cadela quedouseme plantada diante de unha urces, das que saiu unha fermosa corza, a que deixei liscar, por tres motivos fundamentais e no seguinte orden de importancia: primeiro estaba moi lonxe da carretera, segundo xa estaba canso e non me apetecia andar con ela o lombo, e terceiro estan en veda.
Solo queda un recordo: Esa cadela se non se escaralla será e dará grandes alegrias a algún cazador, que espero ser eu.
Acabou para min a caza por este ano, cunha gran riula de caza portada a cinta, unha codorniz e unha perdiz, eso sí, en semanas distintas e non consecutivas..
Outra cousa importante, deime conta de que inda son capaz de camiñar bastante ben, e se a couse sigue mais o menos, inda podemos darle algún susto a caza no ano que ven.

viernes, 22 de enero de 2010

COUSAS DA MILI


Hoxe acabo de ler unha nova que dí que na Coruña deslocalizaron unha estatua de Millán Astray, da praza do mesmo nome.
Bueno, non vou falar da convenencia ou non de tal cousa, nin tanxiquera dunha especie de pantasma que participara na guerra incivil do 36.
Deste personaxe direi que foi, practicamente o fundador da Lexión, ainda que quén promocionou a idea foi José Villalba Riquelme a sazón Ministro da Guerra.
Tamén direi que se casou con Elvira Gutierrez, comentandose que, cuando estiveron casados ela díxolle que fixera votos de castidad “in aeternis”. Cousa que no sei se foi veridica ou non.De todas maneiras, para aépoca estaba moi ben esa “estoicidade” tanto por unha parte como pola outra.
A raiz de todo esto veume a cabeza un recordo da miña época como militar, na cidade militar de Jaca, alá polos sesenta do século pasado.
Vereis:
Un dia tocoume “vixilancia” pola cidade, o que mais tarde se chamaria policia militar, e que agora creo que non existe.
Cuando le tocaba este tipo de servicio a calquera de nos, aproveitábamos a ocasión para ver algunha pelicula, pois tiñamos entrada libre en calquer cinematografo.
A escuadra que me acompañaba, non era menos, é a última hora da tarde, entremos non local donde proxectaban o filme “Lo que el viento se llevó”
Aquela “peli”,creo que te tiña entretido drante unhas catro horas. Claro que ver a Clark Gable, Vivian Leight, ou Maureen Ohara, era unha delicia daquela.
Acabou a proxeción arredor das dúas da madrugada. O cuartel quedaba a uns dous ou tres kilómetros do centro e saímos fungados para chegar pronto. O virar nunha esquina, démonos de bruces cun militar que levaba as insignias de Xeneral. Saludeino e deille as “novedades”, ó que él contestou, é acercandose a min díxome:¡ mande los soldados al cuartel y acompáñeme a la Ciudadela ¡
Polo camiño deime conta de que estaba acompañando, caseque, a metade dun corpo human. Faltáballe un brazo, un ollo, andaba cunha coxeira bastante pronunciada, mais eso sí, estaba delgado e non sei se áxil. O que notei foi que non pesaba demasiado, pous nos tropezons e resbalons que tivo, o axudalo a non caer, non tiven moito esforzo por mantelo en pé.
O chegar o “cuerpo de guardia”, eu levaba unha duda; ¿abririannos o portalón?. O estar cerca o xeneral dixo: Llame al centinela y dígale que estamos aquí. ¡Espere, espere, no recuerdo el santo y seña!. Eu xa chamera naqueles timbres que tiñan no portalón.
Cuando chegou o centinela, como non recordaba o xeneral o santo e seña, identifiqueime como o cabo da vixilancia, cunha urxencia. O centinela abriu o portal, mais mentras esperabamos que avisara o xefe da guarda, o Xeneral tirou para adiante, o centinela tento detelo, mais o recoñecelo non soubo que facer. Ficou quedo, o Xeneral entrou decindome que o acompañara as depencias, nin no corpo de garda parou.
Axudeino a chegar a súa habitación e cando me deixou saín.
No corpo de garda estaba o xefe da mesma esperandome, coa idea de abroncarme pola maneira na que entrera o Xeneral. Cousa que solventei decindole que se queria, eu daba parte por escrito da incidencia, e da sua protesta, evidentemente con copia o Xefe de Dia, o Coronel do meu Reximento, é a propia oficina do Gobernador Militar da Plaza.
O Brigada de Guardia, mirou para min, e dixo: ¡Creo que es hora de que te acuestes, ya es tarde!
Tan certo como que o Xeneral tiña por nome Buenaventura H. M., é tamén era da Coruña como Millán Astray.

sábado, 16 de enero de 2010

ESCATOLOXIA, CASI RABELIANA


Rabelais, naceu e morreu casi cuatrocentos anos antes que meu pai.
Inda que pareza unha tolería,como é lóxico, tampouco Gargatúa, tivo a oportunidade de coñecer ó meu proxenitor.Igual que o creador de Gargantua.
Se este úlimo o houbera coñecido, seguro que a súa explicación a seu pai Grandgousier, sobre a súa limpeza, é sobretodo das tropecentas maneiras que tentera para limparse o cú; desde chapeus de donas, bufandas, mantos, gatos, paxaros e outros animais, él acabera atopando un animal en especial, que le recomendaba ó pai: Un ganso moi plumoso. Gargantúa decia que metendo ese bicho entre as pernas, aparte de facer o ser-
vicio de lipeza, parece que tamén le daba gusto.
Meu pai coñecía un método moito mais respetuoso cos animais, é de concurso mais simple, pois non se necesita a ninguén.
Contaba o Pepe, que nunha ocasón, un finolis de capital, aterricera por Val dos Marcos, un día saiu o monte cun nativo da zona.
Cando estaban, poñamos que en Rechouso, o fino home de ciudad, encontrouse cunha necesidade. Aiqui, eu, debería decir: unha necesidade fisiológica, mais como tampouco son moi fino, e estamos a falar de un escritor escatólogico como Rabelais, direi que o finolis entreronle ganas de cagar, ou como decian en Val dos Marcos, tiña que tirar o pantalón.
Como estaban en lugar agreste, silvestre é rocoso, o visitante preguntoulle ó paisano, que donde o facia. O noso amigo contestoule, que donde quixera, agregando: mire, nós escondémonos detrás de algunha urz, e alí mesmo.
Pero, ¿y el papel higuiénico?.
Entonces o paisano, xa canso dos remilgos e un pouco retranqueiro, dixole, ¿Qué papel nin farrapos de gaita, aiquí limpase o cú cos dedos.
¿Y donde timpian los dedos?. Bueno carallo, os dedos chupámolos.
Enton o ilustre ciudadadano, escondeuse detrás dun penedo daqueles que hai no castelo
é tirou o pantalón.
Unha vez aliviado o intestino, viuse na necesidade real de limpar o cú. Mirou por todos os lados e non atopando nada que le servira para a limpeza rectal, con certo noxo limpouse cos dedos. Mais, ¡oh cruel destino!, os dedon quederon emboldregados demerda, entonces quixo sacudilos, fixoo cun xesto demasiado enerxico, con tan má sorte que dou un soberano golpe contra un xeixo. O dolor foi tan intenso que instintivamente, fixo que os levera a boca..
Entonces quedou convencido de que aquela era amellor maneira de limpar o cú.

viernes, 15 de enero de 2010

¿BRUXAS NA CALEIRA?



Estaba sentado, no alto da Serra da Escusaña no medio da raia, a sotavento do punto xeodésico que teñen alí instalado os portugueses, un chisco mais arriba da caleira, por donde o tratado de Liboa dí que pasa a fronteira.
No lugar onde estaba sentado habia unha acumulación de pedras, todas de xeixo, era unha morea como as que se fan no camiño de Santiago polos peregrinos.
O dia, ainda que soleado, estaba frio, pois viña unha brisiña, que antes de chagar alí, pasaba polo alto de Monte Muga que daquela tiña neve casi hasta Castrelos.
Andaba de caza por aqueles paraxes, e cheguera a hora de comer. Habia que facer un pequeño lume para asar un cacho de chouriza e unha lasquiña de xamón, beber un grolo de viño para repor forzas.
Habia uns dias que merquera unha petaca, desas de alpaca, para levar un pouquiño de café, que asentera a comida, non fose o caso que co friu cuallera.
Preparei un lumiño cuns gándaros é torgos, é puxenme a asar as viandas. A carón do lume, así como a un dez centimetros do mesmo, deitei a petaca co café para que fora quentando, para o final do banquete.
A comida ia transcurrindo perfectamente. Tiña ante min unha vista preciosa e moi descriptiva do que é o Ladeairo desde a raia. Hermisende desde alí casi non se vei, mais Sancibrao, sí. O pobo mesmo parece un tren subindo por alí arriba. De locomotora facia o edificio da igrexa. Non hai mellor cousa que velos lugares desde a distancia, e como mellor se aprecian. Xa dixo alguén que as árbores non deixan velo bosque.
Todo marchaba perfectamente, cando de súpeto a “Perla”, un dos mellores cans que tiven, levantou a cabeza, e escomenzou a rosmar. A min tamén me parecera escoitar algo indefinido, mais non foi mais que uns segundos.
A cadela acougou, e voltou a meter a cabeza entre as patas. Eu seguin facendole os honores a lasquiña de xamón e a chouriza, que por certo inda eran daqueles porcos cebados na casa. Neste caso na de meus pais.
De repente a “Perla”, deu un chimpo e púxose a ladrar, dun xeito bastante raro. Era como si ela mesma tivera medo.
Desta vez eu tamén sentin un ruido estrano, mais que un ruido, era unha especie de funguido raro é algo ameazante. Non dou tempo a averiguar de onde viña, pois durou pouco tempo.
A cadela xa non se deitou donde estaba, veuse ó meu lado, agachouse é pousou a cabeza enriba das miñas pernas, mirando para min como decindo ¿qué raio pasa?.
Acabei de comer, embrullei as sobras na servilleta, metina no morral, e nestas volveo aquela especie bufido, esta vez mais prolongado, e localizemos os dous, a cadela e mais eu a súa orixe: saia do montón de xeixos que estaban ó noso lado amoreados. Dei un salto, pois seguro que habia por alí algunha vívora, disposta a atacar.
Rebusquei por todalas pedras para ver de atopar algo, mais todo foi en van, por alí non habia nada. Lendas de meigas pola zona eu no coñecia. Aquello xa empezaba a ser mosqueante.
Decidín largarme dalí, baixaria ladeira abaixo hasta Campelo, e despois xa veríamos.
Encasqueteime o chaleco cos cartuchos e coa merenda, e agarrei a petaca para votar un trago do café.
O collela notei algo humedo e quente, quiteille o tapón que era de rosca, e vendo que estaba quentiña dispuxeme a beber un sorbiño de café con xeitiño para non queimarme, mais ¡Oh meigas e trasnos!, a petaca estaba valeira. Alí non habia nada.Estaba valeira.
Examinei o recipiente e descubrin que a parte baixa da bonita petaca estaba separada do resto. Por alí marcherase o café.
¿Quen sabe se non seria unha bruxa chuchona a que se zampou o meu café?
Cando ia a media ladeira, polas Mendreiras abaixo, ia sentindo unha risa socarrona dalguén que xudicaba do meu espirito.
Desde que crucei o Tuela no Fervenzón deixei de escoitala.
A bota de viña estaba case chea.

martes, 12 de enero de 2010

¡INSPECIONADE OS ZAMANCOS!



Esto de escribir, inda que sean chorradas, ten un punto de mistério. As veces, tes tempo para facelo e non se te ocurre nada, e outras acumúlasete o choio.
Teño os bolsos da roupa chea de anotacións, nunha gran vairiedade de papeles, serville-
tas, sobres, papeles dos bancos, etc., inda no se dou o caso de facelo en papel hixiénico. Todo se andará.
A sorte para todos aqueles que leen as miñas chorradas, é que moitos de eses papeles van a lavadora, ou siguen peores camiños. Perdense, olvidaseme o tema é adios moi boas.
Hoxe acordeime de unha anécdota dun home da Teixeira, pai do mellor amigo que tiven e teño, ainda que xa vai un montón de anos que non nos vemos.
Este home, do que non darei o nome un pouco por respeto, pois o que importa e o asunto é non quen o protagonizou, nacera prácticamente co século pasado, polo que podemos decir sen moito fallo que a ación ocurreu polos anos vinte do mencionado século.
Parece ser, que o noso home tiña o que hoxe se chama “un rollito” cunha muller.
De cando en vez, pola noite íale facer unha visita.
Normalmente a enamorada adoitaba deixar a fiestra sen polo pestillo, enton él acedia a mesma a través do louxado doutra casa mais baixa, e introduciase a quentarle os pés.
Nunha ocasión, sen previo negociado coa namorada, subiu o louxado veciño coa idea de introducirse dentro.
¡Oh sorpresa!, no alfeizar da ventana había un par de zamancos, que o seu dono seguramente deixera alí para non facer ruido.
¡Carafio!, pensou o noso amigo, parece que hai alguén mais que le quenta os pés.
Estivo tentado de liscar levandose os zamancos, mais pensouno mellor, e co ánimo de recoñecer o contrincante, tomou a decisión de, cunha pedra afiada, facerle unhas raias nos zocos.
Marchouse coa estufa quente, pois aquela noite non a ia descargar quentandole nada a ninguén.
O dia seguinte era Domingo. Como en todas as aldeas da zona, sempre despois da misa na praza da fonte reunianse os homes a falar das necesidades de arreglar algún camiño, traer algunha auga, ou escoitar algunha monserga do pedáneo enviada desde o Axuntamento.
Mentras durou o intercambio de pareceres do persoal, o home da nosa história, dedicouse a inspecionar todolos zamancos.
Pasaba de uns a outros, con certo disimulo, hasta que chegou a un home que tiña calzados os zocos coas raias que él fixera.
Entón puxose a carón del, e mirandole ós ollos fixamente, díxole:
¡CON QUE SÍ, EH, ERAS TI O DAS RAIÑAS!

Esta história escoiteila varias veces a meu tiu Miguel, pai do meu primo Santos.

Blog de Gerardo Rivas

* 38x38 Gerardo RivasOK
*
GERARDO RIVAS
12/01/2010




Grosso Modo

Recreación cervantina sobre la desventura de Hermann Tertsch

De lo que le sucedió en un bar de copas a don Quijote de Telemadrid que, por su mal, pensó que había sido víctima de la atroz violencia de un moro antifascista y dos descarriadas del mundo del cinematógrafo y de la SGAE

La del alba sería cuando don Quijote de Telemadrid se encontraba en un piano bar, tan contento, tan gallardo, tan alborozado por la satisfacción que le producía el haber cumplido fielmente con las sectarias instrucciones de la emperatriz de Madrid, la sin par doña Esperanza Fuencisla Aguirre y Gil de Biedma, que el gozo le reventaba por las patas del taburete en el que se acomodaba.

En estas estaba, cuando quiso la mala suerte que acertase a pasar por allí un noctámbulo empresario de la hostelería, acompañado por dos mujeres, que a don Quijote de Telemadrid pareciéronle un moro antifascista y dos depravadas del maléfico mundo del cinematógrafo y de la SGAE y, así como los vio, pensó en la ocasión que se le presentaba de hacer un gran servicio a Dios, quitando tan mala simiente de sobre la faz de la tierra.

Así que bajó del taburete y dirigiéndose a ellos levantó la voz y, con ademán arrogante, dijo:

- Gente endiablada, todos han de confesar que no hay en el mundo mujer más liberal que la lideresa de España, la sin par doña Esperanza de Madrid; y si no lo hiciereis, aparejaos para recibir justo castigo por vuestras malas obras y vuestros peores pensamientos.

Y en diciendo esto perdió el conocimiento, o le pareció que lo perdiera, porque cuando recobró su ser ya no se encontraba en el mesmo lugar.

Donde ahora reposaba su malherido cuerpo, había maquinas infernales que pretendían reproducir su costillar en extraños papeles negros y rígidos y, aunque no podía menearse, salió como alma que lleva el diablo de aquel horrendo lugar, no sin antes, maldecir a quien osaba dibujar sus entresijos.

Una vez en su casa, don Quijote de Telemadrid recordó a su manera lo acontecido y, poniéndose, con un grande esfuerzo, al teclado del cibernético correo, le contó, a la sin par doña Esperanza, que había mantenido una fiera batalla con unos terribles enemigos de la Patria; y que, a causa de tan desigual pelea, había caído rodando maltrecho por el suelo, a tres metros de donde se hallara, y sin el debido entendimiento para averiguar la forma en la que el sabio Frestón había vuelto a sus enemigos en hercúleos guerreros para quitarle la gloria de su vencimiento.

Doña Esperanza, y también toda su cohorte de seguidores, dolidos como estaban por lo acontecido, arremetieron contra los causantes de la desgracia del fiel vasallo o, por mejor decir, contra los que a éste le parecieron los responsables de su desventura; de tal manera que moros antifascistas, gentes del cinematógrafo y de la SGAE, y, en general, todos los villanos de siniestro pensamiento fueron execrados y aborrecidos como culpables de la vil embestida.

Y en esta tarea persisten mientras que los que tienen acercamiento a don Quijote de Telemadrid dicen que, desde el alba al ocaso, musita sin cesar: “La razón de la sin razón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura”.

Unos opinan que piensa en doña Esperanza pero, los más, que del poco dormir y del mucho odiar se le secó el celebro, de manera que ha venido a perder el juicio.

Gerardo Rivas Rico es Licenciado en Economía

lunes, 11 de enero de 2010

¿ É LÓ, ESO TERÁ REMEDIO?




¡Axudoulle a montar ,a un rapaz de dezanove anos, un negocio!
¡Non, o rapaz non necesitaba axuda, sabia montar ben!
¡Boh, sempre estás igual, ¡ non sei en que estarás a pensar.
No mesmo que tú.
¡ Porco sempre pensas no mesmo!.
¡Oes!, parece que o home dela deixou o mando por un par de semanas.
¡Si, as mesmas que necesita para romar os cornos!
Seguro que quere seguir mandando.
Seguro, mais hai que confesarse, e esperar a absolución.
Nestes casos, entre a penitencia e a absolución é o que se leva.
¡Estes países católicos, non teñen desperdicio.
¡Xa o decian os vellos, “a jodienda non ten enmienda”!
¡Sí, pero son católicos!
Eso arreglanho tamén, so teñen que pagar, e xa lle perdoarán.
Pois tes razón. É se convén anúlase o sexto.
¡Coño tamen é certo, non pensera nelo!
¡Hasta mañá!
¡Hasta mañá, descansa é non soñes, porcalladas.
Dormiron profundamente, é volveron a votarlle os mesmos.
¡Gustaballe ó que votaban!.

martes, 5 de enero de 2010

¡PREPARADOS PARA EL 2010!



Queridos amigos:
Hoy voy a cambiar mi hábito de todos los blogs. Es serio lo que quiero decir, y, por si mis lectores no saben mi idioma ordinario, lo hago en el extraordinario, por si las traducciones no llegaran a ser fieles.
Quiero comunicaros algo que, ojalá me equivoque, tiene todas las trazas de ser un precalentamiento, para este año dos mil diez.
Parece ser que en el último editorial de The York Times, escrito por el Nóbel de economía del 2.008, un tal Krugman, advierte de que en los EE.UU, cuando se retiren las ayudas estatales, o mejor dicho las retiradas de los planes de estímulo, que en principio están previstas para mediados de año, la crisis volverá, a lo mejor con mas fuerza.
Al Nóbel Krugman se ha unido también el Nóbel Stiglitz, y un profesor de Harvard, un señor llamado Feldestein. No sé donde carajo estarían "estos" figuras de la economía antes de la famosa crisis. Puede ser que nadie les hubiese hecho caso, o puede ser que su bola mágica estuviese averiada.
Si a todo esto le sumamos la advertencia de doña A. Merkel diciendo que no se puede esperar que la recesión termine tan pronto, parece lógico pensar, que blanco y en botella = leche..
Ahora voy yo, y digo: Parece que el personal, cuando digo personal me refiero al pueblo liso y llano, sigue guardando su dinerito esperando mejor ocasión, cosa que me parece muy bien, entonces el consumo no se reactiva, lo que también me parece muy bien, pues ahora mismo la bolsa vuelve a subir y ya veréis como en poco tiempo el Ivex baja por debajo de los 9.000 puntos, pués ahí solo hay especulación, entonces la cosa está casi servida.
No se tardará mucho en que la banca cobre por tener nuestro dinero en sus arcas, igual que en Suiza, pero sin garantías para los cuentacorrentistas
. Ojo a lo mejor habrá que llevar los ahorros otra vez debajo del colchón.
Yo por si es un caso, este año volveré a cultivar en A Porteliña, conseguiré dos cosas: comer más sano, y si se ponen mal las cosas; COMER.

domingo, 3 de enero de 2010

A TECEDEIRA (III)


………………..Despous daquelo, quedemos o señor maior e mais eu, en vernos na súa casa pola tarde-noite, donde me contaria a historia que sucedera uns setenta anos atrás.
Díxome que non la contara nunca a nadie, mais que ó haber visto eu, á súa dona na beira do rio, pois a él non le cabia dúbida ningunha, era unha boa sinal para él, e seguro que para ela tamén.
Pola tarde-noite, arredor da lareira, no escano que a rodea, coa mesa baixada, uns torreznos asados e un bon xarro de viño, na propia casa do Señor Mayor, escomenzou a relatarme unha história ocurrida setenta anos atrás.

“”Estábase a construir a via do tren entre Sanabria e Ourense. Moitos de nos traballábamos nela, por aiqui era a única maneira de levar uns poucos pesos á casa, pois como xa terás observado, a Terra aiqui non dá moito de sí. Catro patacas, unhas minas de centeo, caseque xustas para poder manter a semente do seguinte ano, escaldeirar os prados no inverno e segalos no vrao, para poder ir subsistindo.
A chegada das obras nun principio foi como unha loteria para moitos, ainda que mais tarde foi un inferno para outros.
Eu era “panadero”, é no poblado chamado o “Campamento de Santa Barbara” en Requeixo, a empresa puxo unha panaderia na que traballábamos oito persoas, todos das aldeas dos arredores.
O Campamento, era unha especie de “ciudad”, pois daquela tiña case de todo, cando por a zona inda non habia electricidade, no poblado xa a tiñan. Como nota curiosa direite que, ó pobo de Requeixo, a empresa que facia o tramo da via, ofreceulle poñer electricidade no mesmo, mais o alcalde rexeitouna decindo que era malo para as vacas, pois seguro que se espantaban.
Como sabrás, naquela obra e naquel tempo, parte dos traballadores, eran presos politícos que loiteran a favor da República. Estaban alí a forza e vixiados por efecivos dos carabineros, que tamén tiñan cuartel no campamento.
Houbo unha “revolta” no campamento é alguns dos presos conseguiron esconderse nos montes da zona. Naquel fin de semana, que eu podia ir a miña casa, cando xa estaba cerca deste pobo, ó que chegaba andando pola serra, encontreime con tres homes dos fuxidos. Eles coñecianmme a min ainda que eu so coñecia a un. Dixeronme se les podía proporcionar algo de comida, pois desde o dia que se tiraran ó monte non volveran a comer nada.
Dixenles que sí, que viñeran conmigo hasta cerca da miña aldea, é que xa veria como facer para esondelos unha tempada, hasta que o ruido da fuxida se fose olvidando.
Quederon ahí enriba, nese castro que seguro que xa viches, é pola noite troúxenos hasta aiqui, ó tear da miña dona, que daquela consideremos que era un sitio seguro.
Polas noites, entraban na casa é a dona dáballes de comer, estaban ó lume, é pola madrugada volvian aiqui, donde se agochaban.
Eu mentras tanto, volví o meu traballo como padeiro, no campamento, traballando e facendo unha vida como antes do acaecido. No traballo do forno, daquela faltou para sempre un compañeiro que era do axuntamento de Hermisende, creo que dunha aldea chamada A Teixeira, que pasado ó tempo entereime que fora acusado de “roxo”, levado a Zamora, e morto nos famosos “paseos”.
No fin de semana que me tocaba ir a miña casa, no alto da serra esperábame un rapaz sobriño da miña dona que me dixo, que non debia ir a casa, pois estaba chea de carabineros,é que atoparan ós homes que estaban no tear.
Dixenlle o rapaz que volvera para a aldea, que eu liscaba para Portugal. So foi unha excusa para que ó neno, se o interrogaban, dixera aquelo. Eu tiña idea de acercarme pola noite…..”

viernes, 1 de enero de 2010

A TECEDEIRA (II)


……..As once é media métome na cama e durante un par de horas tento de ler nun libro que me presteron na casa de turismo rural, sen conseguir pasar das dúas primeiras follas. As miñas mentes non paraban. Solo pensaban na “espantada” dos veciños na cantina.
Quedo medio adormilado, e a medida que me vai collendo o sono empezan a mesturárseme imáxes, da casa das silvas, do vello, as vellas tapandose a cabeza e santiguandose, como se o mesmo Lucifer, houbera pasado pola cantina. Empezo a soñar cos arredores da aldea,non teñen neve, está todo frorido, os prados reventan coa herva verde, e na beira do riu hai unha fermosa moza loira, con cara alegre, está a mirar para min cun sorriso nos beizos, cando me acerco a ela torce o xesto é desaparece no riu.
Cuando despertei, xa eran as nove da mañá, tiña tempo para tomar un café de xexún e sair a conversar co señor vello.
Atallei o home vello a medio camiño da casa abandoada. Él saíra un pouco mais cedo ca min, e tiven que apretar o paso para atallalo, levaba un tapabocas que o embrullaba de cintura para arriba, e o verme chegar dixome:
- Non ven vostede vestido para aturar este frio- é decindo eso sacouse a pelliza que levaba debaixo do tapabocas, ofreceumo, decindo. _Teña, póñase esto que boa falta le fará.
Obedecinlle e seguino. Parecia mentira que aquel home puidera camiñar tan depresa como o facia, pesia os anos que xa debia ter.
Cando cheguemos a casa-silveira, deu un rodeo á mesma, é pola parte do oeste, descubrin unha porta debaixo das follas de uns acebros que a cubrian casi totalmente.
Sacou do peto unha chave de uns vinte centímetros de longa, cunha argola ovalada, e na outra punta os enganches para facer correr o carabello.
Despechou, e abriu a porta, non sen esforzo, pois a porta xiraba sobre unha porca de pedra, e o gozne era de carballo de uns dez centímetros de diámetro. Estaba feita de tablóns de carballo beliño. Estes tablóns tiñan un par de metros de longos por cuarenta centímetros de anchos e un grosor de sete ou oito de espesor, polo que o seu peso debía ser considerable. Notábase que aquela porta tiña unha apertura frecuente, é víase que inda estaba ben axustada.
A miña sorpresa foi bastante forte, pois, o rebasar o dintel da porta, atopeime de bruces cun tear manual, daqueles de principios do século pasado.
Non sei por qué, de súpeto, recordei o ruido que escoitera o dia de antes, ruido que tanto se me asemellera o funcionamento do tear.
O vello acercouse a min é díxome:
- Este é o tear onde traballaba a miña compañeira. Está igualiño que estaba o día que a materon. Si se fixa, na urdime que está no tear, hai unha pegada de sangue. Eu veño aiqui todolos días a deixar as miñas oracións. Eso mantenme inda con vida.
Estaba eu mirando a aquel home, e descubrin unha dor moi grande no seu ollar. Era o único sinal.
Eu estaba abraiado co visto é co escoitado. Sacoume do meu ensimismamento o forte aleteo de unha leituza, que cun pequeno gruñido, saiu voando por enriba de nos, pola porta aberta. Desapareceu na beiriña do rio.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

A TECEDEIRA (I)


Estou nunha aldea da Alta Xeabra. Cheguei tres días despois do fin de ano. Faleranme moi ben daquela casiña de turismo rural, pequeniña, enxebre moi acolledora e cuns donos tamén acolledores é hospitalarios-
Aluguei a casa para dous días, mais xa levo nela cinco e sen visos de sair, pois o temporal de neve arreciou, é quedemos incomunicados do resto do mundo.
Hasta a data non faltou nunca a electricidade, é leña teñen dabondo, polo que friu non pasaremos, e fame tampouco, se esto se alonga no tempo, hai comida bastante na despensa dos meus patrons, é tamén no mesón-cantina do lugar.
Esta tardiña, aproveitando unha pequena escampada, saín a dar unha andaina polos arredores, que por certo, son de admirar pola súa beleza. Carballos centenarios, igual que castañeiros, e uns ucedos fonomenais nos arredores. Agora mesmo, cando escribo estas verbas xa o sol tresposo nos cumios dos lombeiros das serras que encerran o pobo, diexandole solo a saida pola beira do riu que corre polo fondo do mesmo, son os camiños que entran , paralelos o mesmo riu.
Cando sain a dar aquela voltiña, na parte norte a un kilómetro aproximadamente da aldea, albisquei unha construcción, que, se un non se fixa ben, mais ben parece un silvaredo grande, pois as paredes e o teito estan cubertas por as silvas e unhas grandes matugueiras de sabugueiros.
Acerqueime, picado pola curiosidade, mais xa escomenzaba a verse mal, o que fixo que desistira decidindo que se mañá, inda estou aiqui, volverei.
Cuando xa me marchaba de cara a casa que tiña alugada, escoitei detrás de min, un forte ruido, que non soupe identificar ben; pareceume un ruido caracteristico dun tear, en plena faena, xusto cando a tecedeira acaba de pasar a lanzadeira, e apretaba a urdime co peine.
Non vi nada é pensei na caida dun cano dalgún castañeiro enriba do carouxo, que xa tiña a neve.
Volvin para a casa, e puxenme a escrbir esto, faceno tempo para baixar a cear. Hoxe iamos cenar todos, os donos da casa e mais eu no mesón da aldea.
Xa son as nove, e estamos entrando no mesón-cantina, donde nos tiñan preparado un caldiño de berzas é un lomo de porco montés asado con unha guarnición de puré de castañas. Todo aquelo acompañado por un estupendo viño tinto das uvas criadas nas ladeiras do Bolo, a beira dunha estufa cargada de torgos, estaba xa tan roxa que caseque o ferro do que estaba feita, estaba a piques fundir.
Durante a cea, estivemos solos co dono do mesón e a cociñeira que resultou ser a súa dona. A eso das dez é media, empeceron a entrar na cantina algúns veciños do lugar, acompañados das mulleres. Agora mesmo estamos sentados arredor da estufa, dezaseis persoas. Alguén dixo que nas casas da aldea só quedabar tres persoas dous irmans, home e muller é un home xa moi vello. Era o mais vello de toda a comarca, e chegou mais tarde sentandose a carón da mesa mais lonxana.
Tomando uns cafés, é uns chupitos de aguardente, recordei o ruido que escoitera no paseo vespertino, referindo ós veciños o que crera escoitar.
Cando terminei de referir todo o que xa dixen, notei algo raro na xente. Miráronse uns os outros, as mulleres ergueronse, cubriron as calugas cos mantóns, é facendo o sinal da cruz sairón da cantina, e os home detrás, so quedemos dentro os cantineiros, os meus pousadeiros e aquel home vello.
Os cantineiros dixeron que xa era tarde, que tiñan que cerrar. Os meus hospedeiros dixeron que era mellor irse, e saímos do mesón.
Acercouse a min aquel home vello, e dandome as boas noites, preguntoume se o dia seguinte podía falar conmigo. Dinxelle que sí, e quedemos en vernos a carón da casa-silveiro.
Camiño da casa rural, os donos dixeron que sobre aquela casa nadie queria falar, eles non sabian o motivo, pois so levaban alí cinco anos é misterio mais grande envolvia aquello é o señor vello co quedera para o dia seguinte. Según me dixerón era un home bastante solitario, apenas falaba coa xente, é moitos decian que si a cabeza non le rexia ben.

domingo, 20 de diciembre de 2009

DE COMO SE PERDE UNHA AFICIÓN

Na miña estadía en Barcelona, collín unha afición, que daquela era bastante popular por alí. Algún sábado pola noite, íamos a ver veladas de loita libre, e algúnha vez ó boxeo, que normalmente era no mesmo sitio: na praza de touros.
A loita libre unha vez que a coñeces, é bastante divertida, pois os loitadores son uns verdadeiros atletas, cunha destreza insuperable no seu traballo. Chaves, golpes, saltos, caidas, etc., son froito de un grande entrenamento, pois caseque todo o que fan enriba da lona, e froito de unha preparación exaustiva, para non ter, entre eles, damasiadas lesións.
Sempre habia un, que nada mais subir o ring, xa se gañaba a atipatía do publico, e o outro, facia de bo. O primeiro facia mil falcatruadas e xogarretas pouco legais, e durante un pouco tempo traia o contrincante, medio apampanado, moitas veces a piques de tirar a toalla, mais, ¡oh, maxia!, de súpeto, é apoiado polo público, o bo collía o mando da pelexa, e con un par de chaves, correctísimas, gañaba o combate, entre o delirio do persoal.
A vestimenta destes loitadores tamén tiña a súa importancia, os malos vestian de maneira estrafalaria e chamativa, é os bos de forma correcta, é bastante elegante, incluso, recordo que habia un, bastante famoso, que sempre ia enmascarado, co corpo tapado desde os pes a cabeza. De estatura mais ben pequena, delgado, e unha figura bastante xeitosa, facía que se correra a voz, de si seria ou non unha muller.
Daquela, habia uns cuantos boxeadore tamén moi populares, e algúns bastante bos, pois eran campeons de Europa, e chegueron un par deles a pelexar polo campeonato do mundo.
Era o boxeo un deporte que me gustaba bastante, pois considerabao bastante deportivo é, digamos que honesto.
Unha noite fun a unha velada na que entre outros saltarian o ring, Urtain, tamén chamado o Morrosco de Cestona, que daquela sempre gañaba por K.O, no primeiro ou segundo asalto, Pedro Carraasco que era campeón de Europa., Sanjosé, tamen campeon de Europa, e dous ou tres combates mais de recheo.
Tanto Urtain como Carrasco gañeron os seus combates por K.O, nos primeiros asaltos. Eran pelexas de trámite sen titulo en xogo.
Sin embargo na pelexa de Sanjosé, éste puña en xogo o seu titulo de campeón de Europa.
O combate era con un representante africano, totalmente desconocido. Escomenzou o combate, e o pobre negro, xa no primeiro asalto caeo a lona dúas ou tres veces. Viase que , ou ben non era bo, o non estaba ben entrenado.
No segundo asalto, nada mais empezar, o africano, volveo a caer, e tardou e levantarse, dandole tempo o árbitro a contar dez, cousa que fixo que Sanjosé gañase o combate.
No público organizaouse un balbordo de mil pares de demos, pois todos dábamos berros de ¡tongo, tongo!, que nos devolvan os cartos. A pitada durou polo menos un cuarto de hora, co persoal bastante cabreado.
Acabaou a velada, volvimos todos os nosos nieiros, e a durmir cada quen o mellor que puido.
O día seguinte, cando lein a prensa, viña en primeira páxina, que a noite anterior, un boxeaor aspirante a titulo de Europa, que pelexera con Sanjosé, non se recuperara dun K.O sufrido, tiveron que levalo o hospital donde xa ingresou cadavre.
¡Xuro que xamais volvin pisar un lugar donde houbera boxeo!, é ¡mira que me gustaba aquel genio do boxeo, americano, chamado nos seus ultimos tempos Ben Alí!, Antes Casius Clay.

viernes, 18 de diciembre de 2009

EMPEZANDO A VOAR EN BARNA.



Asentamento, xa de maneira independiente en Barcelona. Recalo nunha pensión, que en primeiro lugar escollín porque me faleron mal dela. ¡Hai moito roxo ahí, e podes ter problemas!.
Gustoume o sonido do consello, é decidin seguilo ó pé da letra, mais a “senso contrário”.
Nesta pensión a cousa era moito mais liberal. Pagabas a cama e o xexún, podias comer cando quixeras. A comida era a parte, e pagabala se a facias.
A pensión, efectivamente era un pouco “roxilla”, todo o que deixaba a época. Estábamos no ano mil novecentos sesenta é cinco.
A “Maestresa”, era una señora valenciana, culta, e acolledora. Non sei por qué razón, a min colleume un certo cariño, ó que eu correspodia. O que levaba a pensión era o seu marido, que fora capitan do exército durante a República, degradado, sometido a consello de guerra, e non fusilado, solo por casualidade. Ambolos dou superaban os cincuenta anos, é á súa cultura engandian unha hospitalidade fóra do común. Constame que a algúns dos hospedados, non le cobraban. Na pensión residiamos de forma continua arredor de doce ou trece persoas.
Alí hospedabase un inspector de policia, da mesma idade mais ou menos dos patrons. Este home, co que falei en moitas ocasións pesia a diferencia de idade, era un antifranquista convencido e recalcitrante, é mais, estaba en total desacordo co que facia a policia daquel momento, mais era un “poli” de vocación.
Naquela pensión, pasabamos todos, os domingos congregados arredor da TV. Despois de comer, sempre quedabamos ver algunha pelicula, e os programas daquela que non recordo moi ben de que ian, mais que entretiñan. Imaxinade unha mesa rodeada de sete ou oito individuos, casi todo novos, coa TV na cabeceira, é todos xogando, ou ben ó “julepe”, sete e media ou poker. Evidentemente cantidades pequenas, pois o asunto non daba para mais. Acabábase a partida, esmorecia a TV, e indefectiblemente metiamosle man a politica. O reximen imperante caseque non tiña defensores, mais, se entraba algunha persoa que non se coñecera, a conversa quedaba en suspense, pasando automáticamente a falarse de futbol. Neste eido, oasunto era mais peliagudo, pois os que non eran do Barça, eran do Español. As veces habia algún que defendia o Europa, equipo que tamén existía daquela, non sei hoxe.
Os domingos rematábamolos, nun guateque das cercanias, ou nalgunha sala de festas, tal como Piscinas e Deportes, donde, daquela, empezaban a cantar dous chavales que se facian chamar “O Duo Dinámico”.
Daquela, mais dunha vez, estiveron sentados na nosa mesa charlando, cousa que mais tarde, o ser famosos perdeuse.
Alí, en Piscinas e Deportes, había as cousa necesarias para pasalo ben, bailar, ligar, e se fose necesario, refrescarse dandose un chapuzón na piscina. As veces era necesário. Demasiado algunhas.

jueves, 17 de diciembre de 2009

BARCELONA, BONA,¡ SI LA BOLSA SONA!

Non sei se o saberedes, pero pasei dez anos da miña vida en Barcelona. Foron os primeiros anos de contacto co mundo laboral, É por decilo de mellor xeito, de contacto co mundo en xeral.
Coido que nese tempo, pasei por case todas as vicisitudes que unha persoa pode pasar. Algunhas, a maioria boas, e outras, mais das desexadas, houbera sido mellor non pasar por elas, pero, xa pasou.
Hoxe, Heitor suxeriume que contara algunha cousa da miña estadia na marabillosa ciudad catalana, da que nunca me cansarei de cantar a sú beleza, ainda que algunhas das vivencias non sexan boas, Barcelona non ten a culpa. Tal vez algúns dos seus moradores.
Cando estaba a punto de chegar a Ciudad Condal, unha vez que o tren xa antrera na provincia de Tarragona, eu ia ansioso por ver o mar. Era algo que nunca vira, e sobre o leido é escoitado sobre él, non eracapaz de definir ben dentro do meu caletre, a maneira de cómo estaria a auga e a cantidade da mesma. Eu solo conocia a auga dos rios, que sempre corre no mesmo senso, e aumenta e disminue según a climatoloxía. Pois, ¿Qué queredes que vos diga?, cando o vi por primeira vez, deixoume como se o houbera visto toda a vida. Parecia que a loxica decia que non podia ser de outra maneira.
Cheguei a Barcelona a vella estación de Francia. Aquela estación tampouco me causou impresión ningunha. Xa coñecia a de Zamora e a estación do Norte en Madrid
A primeira noite hospedeime nunha casa particular da zona norte da praza de Urquinaona, casa na que dormin tres noites mentras atopei pensión.
Atopei unha pensión, con un colega de choio, na casa dos pais de outra moza, do choio.
Naquel traballo pagabanme duas mil cincocentas pesetas o mes, e a pensión era de tres mil. ¡Empezábamos ben, nada mais empezar a traballar, xa tiña un deficit de cincocentas pesetas cada mes!
Con aquela maneira de meter cartos fora do peto, pronto acabria comprando un vale para a cadea se a cousa non melloraba.
Despous de mil quinientas pelas de deficit, veu o equilibrio, o empresario decidiu subir o sueldo, cando xa tiña outro traballo. Daquela xa habia equilibrio, xa podia empezar a pensar en mercar un tranvia, eso sí sin railes nin trole.
Empecei a coñecer Barcelona, pasaban os dias, e eu non saia do meu asombro con cada nova cousa que descubria.
O dia que, de casualidade, cain na praza de Cataluña, creo que estiven catro ou cinco horas dando voltas nela e o seu arredor. Aquel día descubrin por primeira vez na miña vida, a primeira maravilla gastronómica : O pan con tumaca amb pernil. Non o fan igual en ningún lugar fóra de Barcelona.
Traballaba na rua Paris, entre Aribau e Muntaner, e vivia pola zona de Guinardó. Ia e viña todolos dias andando, algo mais de unha hora en cada percorrido, que nunca era polo mesmo sitio. ¡HABIA MOITO QUE COÑECER!

miércoles, 16 de diciembre de 2009

NON CONFUNDIR AS VERBAS

Teño varios veciños que, tempo atrás estiveron por Sudamérica, donde conseguiron gañarse a vida, aforrar algo é mercar piso por acá, é de cando en vez escoitole parte das súas aventuras, algunhas das cuales non teñen desperdicio.
Nunca tomei notas, nin nada que se le pareza, polo tanto teño que fiarme da memoria a que espero que non me falle moito.
Falando, nunha ocasión, con un paisano que vivia e México, contoume, ou polo menos intentouno, a súa visión sobre aquel fermoso país e as súas xentes. Despois de escoitalo cheguei a conclusión de que él non tiña moi boa opinión, nin de uns nin do outro.
O meu interlocutor estaba acompañado da sua dona, que departiu con nosco durante a hora da comida. Eran relixios a ultranza, católicos de pro e o parecer de misa diaria, con comunión incluida. Esto no era obice para que non falaran moi ben dos indixenas, e dos traballadores “pouco responsables”(sic). O parecer solo querian o salario e traballar pouco. Así no se iba a ningures.
Eles tiñan traballadores, que podian gañar mais, cousa que no facian por desidia é pereza, aparte de que non se podian fiar deles. Solo tiñan un encargado digno de confianza, que “el pobrecito”, non tiña tempo para nada. El controlaba os tres negocios que tiñan.
Tiñan que ter moito coidado co resto do persoal, pois eran amigos de roubar, e tiñan que controlalos moito, cousa que tamén facia o seu encargado. A señora non tiña mais que boas palabras para o encargado, algo que me chamou a atención, porque demostraba un gran corazón e un gran aprecio por un traballador fiel, que o parecer ia todolos dias a rendir contas o seu chalé.
Aquela magnífica familia tiña un fillo, mais éste residia en España, concretamente en Madrid, donde traballaba de médico. O parecer non lle gostaba nada vivir en México.
Eu, un pouco intrigado por todo o escoitado, casi o final da comida, pregunteille que, qué tipo de empresa tiñan, o que me contesteron que tiñan en México D.F., tres casa de muebles.
Un, que é de pueblo, e moitas veces non entende ben as cousas, quedou a maquinar, nos desvelos do encargado en defender o negocio daquela familia, e non entendia moi ben como podia ser que o personal roubera nunha tenda de muebes. Hasta que falei con un amigo daquela familia que era moito mais directo queles, pois cando le preguntei como podia ser aquello díxome textualmente: Olvidate dos muebles, eles o que teñen en México son dous ou tres “meubles”. O que eu inquirin, ¿Cómo os dos franceses?. Exacto respondeu o amigo da familia, que polo visto non era tan fiel como o encargado.
A dignidade on está no que se fai, senon no que se dí.

lunes, 14 de diciembre de 2009

¿ALEA JACTA EST?


Houbo un tempo, alá pola zona de Val dos Marcos, no que, despois de un día de caza quedaba leria para contar e mesmo darle o toque persoal de cara a fachendear cos lances da caza. Que si a perdiz ia como un obús, que si o coello non se via, so o movemento do monte, que si os cans cazaban ben que si cazaban mal, en fin, habia leria entre os amantes da venatoria, que facia que un xarrote de viño bebido arredor da lareira fose mais saboroso, é que cara o fin, os coellos fosen lebres, as lebres corzas, e nas tobeiras estiveran agochados os pombos é as perdices (Siverio, dixit).
Fixen todo ese preámbulo, solo para decir que este fin de semana teimei de novo coa caza, e coido que solo podo relatar unha viaxe de Vigo a Brumoso, é viceversa.
Saida de Vigo arredor da unha do sábado, ir a comer ó Don Pepe no Pereiro (esto xa se está a converter nun hábito), chegar a Sancibrao arredor das cinco, co tempo xusto para coller a escopeta e os cans e su subir hata Os Colmeares, pasear polo que algún dia foron leiras de centeo, é o volver para a casa xa ceseque as oscuras, zorregarlle un tiro a un paspallás, mais por intuicion que por visión, e quedar coa dúbida de se esta ave africana, se suicidou ou non. Atopouna a Canaria, mais negouse a traela. Todo vaia por que foi a maneira de que a Lúa puidera morder caza, non de forma demasiado etusiasta, todo hai que decilo.
Domingo pola maña, saimos mei irmán e mais eu, e o único que fixemos foi patear monte. Cadavais, a Xan Macia, cima da caboca das Colmeas, as Rozadas, os Colmeares, Cruz de Pedra e as Carbuizas, donde comímos a merenda, sen mais nada que contar, volta para a casa, enseñandole a meu irmán a Fraga Balastreira; a Estante, Cabeza das Fontes e de novo a Xan Macia, donde cuando menos o esperabamos, é a medio kilómetro de donde estabamos arrancou unha lebre, que marchou a cachondearse de nos seguramente as Latas.
Eso foi todo o dunha xornada de caza, mellor dito de un intento.
Esto cada vez está peor, e os presaxios cada vez o son menos, estanse a converter en certezas: A CAZA ENTRE AS PORTELAS, SE NINGUÉN LE PON REMEDIO, ACABOU.
Eu teño un oitenta por cento de posibilidades de colgar os hábitos cinégeticos. Xuntase todo, a escasez de perdices é o esceso de anos é peso.
Manterei informado a URBI ET ORBI

martes, 8 de diciembre de 2009

FÍXOA ÉL, É CASE O MATA



Tiña unha escopeta do dezaseis, dun solo cano de perrillo as vistas. As caxas xa las botera él, feitas dun cacho de raiz de nogueira.
Estaba orgulloso da espingarda, sobre todo da culata, pois fixera-a él. Era a primeira que facia é quedoule bordada.
Tivera que reparar tamén a maquinaria da percusión, que tamén estaba escarallada. En realidade, cando atopou o cano da espingarda, non maxinou que a poderia arreglar.
Foi cando le axustera a casa a aquela muller viuva, para louxala de novo e poñerle tamén un novo piso, pois o que tiña podia deixar a súa propietaria espatarrada no medio da corte dos porcos.
Debaixo do piso, de vellas tablas de castañeiro, o lado dun pontón, estaba a escopeta nunha caixa xa medio apodrecida xunto coa culata, que tamén apodrecera.Cando a atopou non lle deu demasida importancia, díxolo a dona, a cual sen pensalo mais dixolle que se quedara co achádego. Guardouno todo nunha saca vella, procurando non perder ningun daqueles ferriños que se ian soltado da madeira..
Pasado un tempo atopou un cacho de madeira de nogueira, concretamente, un raigoto o sufientemente grande para unhas caixas ou culatas como tamén se chaman. Inda le sobrou un cacho para o guardamontes.
Quedou contento de arreglar aquela vella escopeta, que entre outras cousas, parecia que tiña o canon bastante especial; era de aceiro “martelado”, é o parecer fora feita en Belxica, que era o único que se descifraba no mesmo canon.
Experimentouna unha mañá de finais de primaveira, a usma, pola banda do Carballal, apandando un par de gazapos, e comprobando que o traballo fora bó a pesar de ser a primeira culata que facía.
Era arredor do ano mil novecentos trinta, cando o Pepe do ti Antoño, se fixera prácticamente a súa espingarda.
Nunha ocasión foi ó monte e levou consigo o seu “ferriño” de facer fogo. Mentras facia un traballo, que agora non ven ó caso, e para evitar que se vira, escondeu a escopeta no medio de unha urz “readega”.
Cando acabou a tarefa foi a coller a escopeta coa idea de cazar algún coello camiño de casa. Chegouse o escondedallo e de maneira bastante irreflexiva, colleu a arma pola punta do canón e tirou dela para sacala da urz.
¡Zas!, sonou un disparo e o Pepe sentiu como se un ferro ó roxo vivo, le percorrera desde a man hasta o códabo, todo pola parte interna do brazo esquerdo. Se o cano estivera un centímetro mais inclinado hacia o seu corpo, este que agora escrebe non o faría, pois a chumbada houbérasele incrustado no corazón. Como xa adivinarías o actor era meu pai.
Inda recordo, cuando era eu un cativo con cinco ou sei anos, que as veces aflorabanle na pel do brazo algún que outro chumbo, que ó facia sair como se espachurrera un “grano”.
O parecer a desfeita cureronla ás súas tías, que inda vivian, é púxeronle unha cataplasma de hervas das que daquela decian que curaban as feridas. Menos mal que apareceu por alí un médico que le mirou o desgarro, e preguntou que era aquelo que le puxeran enriba, ó que as mulleres responderon que era unha cataplasma de ceruda, mendrasta, e outras, ó que o galeno respostou: “ arriba con ello, todo eso es una marranada y una porqueria” e pondo maus a obra arrancou todo facendole ver as estrelas ó Pepe, que supuxo que coa cataplasma tamén debeu de marchar algún cacho de carne.
¡ A quén se le ocurre coller unha escopeta cargada, polo canon!

lunes, 7 de diciembre de 2009

VAL DOS MARCOS: ¿DESAPARECERON OS VELDROS?


O MECHÓN BRANCO, NO VELDRO NEGRO.

Fai tempo que levo maquinando, na maneira que tiñan as nosas avoas de fabricarnos os chaquetos, os carpíns ou miñotos, as chaquetas de lá, igual que as rebecas das mozas, pasando polos refaixos, mantóns, tapabocas e demais prendas de abrigo que se producian en Val dos Marcos, sen que fixera falla importar nada. Absolutamente todo era endémico, é tiña un proceso que vou tentar describir. (Admitense suxerencias é correcións).
Vou facelo como un relato, dándole vida a lá. ¡Empecemos!:

Naquela primaveira, naceu unha cordeiriña. A cousa non teria trascendencia, se non fose porque non tiña a lá igual que o resto dos seus conxéneres, é porque tamén le viña ben este relato.
Os que non sepan que é unha cordeiriña, diremos, para os puritas galegos, que e un año, claro que se fose femenino seria ¿unha aña?.E para os castelanfalantes seria corderita.
O veldro, se a memoria non me falla, é o que en castelan se chama “un vellon de oveja”, ou sexa, toda a lá dunha ovella.
A nosa cordeiriña tiña casi toda a lá negra, menos un mechón no mesmo medio do lombo que era branco. Era do tamaño de unha folla de berza, é tamén da mesma feitura.
O mechón paseou a lombos da cordeiriña todolos montes de Val dos Marcos, comeu més cando a portadora en noviña, comeu abelotas, castañas, e brotes das urces, xestas carqueixas e demais cousas comestibles que teñen aqueles montes, é a súa propietaria fachendeou todo o que quixo co mesmo.
Chegou o mes de san xoan e o pastor empezou a tosquear o magote. Iba collendo unha a unha as ovellas, e cunhas tiseiras especiais de tosquear, empezaba a cortar a lá hasta deixar o rixelo espidiño. Nunha destas tocoulle, a nosa cordeiriña, que xa era ovella, deixar nas maus do tosqueador o seu veldro diferenciado co mechón branco.
Buscando información fiable (pouca atopei), deime de bruces cun refran castelan que dí: “hay tres día en el año que relucen más que el sol; Jueves Santo, Corpus Cristi y el día de la Ascensión” mais parece que polo noroeste foi cambiado por este: “ hai tres dia no ano que relucen mais que o sol:O dia da matanza, o dia de tosquear, é o dia do Señor”. Por algo será, digo eu.
Chegou o mes de setembro, e entonces o noso mechón agarrado no veldro, foi levado o Tuela, donde foi metido na auga onde foi lavado e apaleado hasta quedar completamente limpo.
Unha vez seco xa cando o inverno escomenzaba a facer mais longas as noites, é facia que a xente se arrimera mais a lareira, onde por certo, se facian as torradas de pancenteo nas brasas, que despois se gorentaban cuns groliños de aguardente, entonces tamen se empezaba a escarrapizar a lá, que consistía en ir separando con xeito e paciencia os peliños da lá uns dos outros para deixalos limpos de calquer corpo estraño, pois para os procesos seguintes, debería estar limpiña. Normalmente este traballo facian-no as mulleres mais vellas da casa. Era un traballo de moita paciencia. Unha vez chegado a este punto, se a lá era para meter no colchón ou nas almofadas, xa non necesitaba mais que un vareo, que era atizarle cun pau para ahuecala.
Se a lá era para manufacturar cousas, o seguinte traballo era cardala, traballo que tamén facian as avoas, usando unhas cardas. Estas era duas tablas rectángulares con agarradeiros cada unha, é que pola parte interna tiñan unhas púas de ferro de uns dous ou tres centímetro de largo, distribuidas pola superficie de cada carda. Eran algo así como eses colchois dos faquires, pero en pequeno. Cada carda tería aproximadamente entre trinta e tritecinco centimetros de longas por quince ou vinte de ancho.
Para cardar, metian unha pouca de lá no medio das dúas cardas en pasaban é repasaban unha e outra vez unha contra a outra hasta que a lá quedaba “peinada”.
Despois viña o traballo de fiar a lá, que se facia con roca é fuso, e aporveitando as longas noites de inverno facianse os fiadeiros, que servian para algo mais que para fiar.
A roca era un pau que nunha das puntas tiña una abultación, esto dependia de quen fixera a mesma, habias verdadeiramente artisticas, e outras mais sixeliñas. O obxetivo desta abultación era para poder suxetar as manelas que se ian a fiar. (Creo que se chamaban así, mais non teño a total seguranza). A manela era a cantidade de lá que se ia a fiar, atábase á roca, e despois a fiadeira ia alargandoa a pellizcos, e coa axuda do fuso torcendoa, facendo o fio mais ou menos fino, dependendo do uso que despois se le quixera dar. Unha vcez que o fuso estaba cheo, sacabase o fio para un “novelo”. Tantas veces como fose necesario.
Co a lá fiada as mulleres facián calcetins, e medias para elas.Esto era un verdadeiro arte pois facianse de un so corpo, e decir que non levaban costuras. Os calcetins e medias facianse con cuatro agullas, é habia tamen verdadeiras obras de arte.
Os refaixos, as rebecas e chaquetos, facianse con dúas agullas grandes a tamén a “ganchillo”.
En tempos mais antergos, tamen se levaba a lá os batáns, donde se facian as mantas, capotes, saias e outras prendas mais “fortes”.
Por certo en Val dos Marcos, ainda quedan os restos dun batan, no fondo do prado do ti Isaac, en Belois. Escoiteile a os mais vellos que inda acordaban o mesmo traballado.
O mechón branco, acabaou tinxido de roxo nos carpins de unha menina.