miércoles, 25 de enero de 2012
AS AGUIAS ORFAS
Teño vários amigos pola banda de Fornelos de Montes, de cando en vez véxome con algún deles e cóntanme cusas de cando vivian na aldea e da súa mocidade.
Nun día destes pasados, atopeime con Xan. Estivémos de léria un pouco en nun intre da conversa, falóume de Chisco e das cousas que facía. Chamóume a atención aquilo e mais cando me dixo que Chisco era un paxaro.
Entonces pedinle que me contara a história de Chisco.
Daquela Xan inda estaba solteiro, tiña vintedous anos, acababa de volver da “mili”, e vivia cos seus pais. Facía os traballos normais que daquela tiña unha familia dedicada a gandeiría e algo de agricultura de subsistencia, como en case todo o noroeste. A história tanto poderia ser en Fornelos de Montes como en San Ciprián. A maneira de vida non se diferenciaba prácticamente en nada, solo na maior cercanía do Atlantico.
Na casa tiñan vacas, algunha perica, como por aiquí chaman as ovellas, can e pitas.
Na parte alta do termo da aldea, tiñan uns prados nos que adoitaba Xan levar as vacas a pacer Nun dos prados tíñan unha touza de carballos centenários. Algúns moi grandes. No medio do medio da touza habia un carballo altísimo e gordo como un castiñeiro daqueles gordos das Touzas ou do Carballal da nosa terra.
No alto do devantito carballo tiña o niño unha águia real. Xan tiñao localizado desde que a femia estaba chocando, pois cando ia coas vacas para a zona a ágia pasábase todo o tempo dentro do niu, e o macho daba voltas de vez a cuando por enriba e achegábale comida e ós poucos substituia-a.
Pasado un tempo naceron dous aguiluchos, que como todos estes paxaros, nacen totalmente indefensos Xan tiña-os mais ou menos controlados. Gustábale vixialos e ver como medraban.
Un día, cuando subia con as vacas para a zona, atopou primeiro unha águia morta. Era a femia, e cando chegou os prados tamén encontrou o macho morto xunto a unha raposa e varios corvos.
Chegou a conclusión de que alguén envenenera carne, e aquel veneno acabou faceno unha desfeita.
Acordouse das crias e decidiu subir o carballo. Era moi alto e levoule tempo e traballo chegar onde estaba o niño ou niu. Alí estaban os dous aguiluchos, que o velo acercarse enfurruñéronse bastante. Inda non tíñan pluma, solo un plumón bastante tupido. Tivo que volver a casa a buscar un saco para metelos, e baixalos. Pola noite levounos para casa, quedouse él con un e o outro encargouse súa hirmá e o marido del.
Empezou a darle carne crúa cunhas pinzas. Non foi difícil pous o pobre becho debia ter bastante fame e non púxo demasiados reparos. O parecer o outro aguilucho tamén fixo o mesmo; empezou a comer tamén.
Comeron e creceron hasta facerse grandes. Non os tiñan engaiolados, tíñan-os soltos no curral. Aprenderan a convivir coas pitas, cos gatos e con as pombas que tamén tiñan. Un can que tamén andaba pola casa tamén aprendeu a respetálo. Acercouse demasiado o aguilucho, este fungoule, mais o can non fixo caso, entonces o paxaro apoiando a cauda no chan e coas poutas por diante, mandoule un recado ós beizos que le tarderon un par de semanas en curar.
Aprendeu a voar de maneira empírica. Proba e error. Voando e estampandose as veces contra o chan outras contra os valados e algunha vez contra a figueira.
O fin conseguiu voar como é debdo, e escomenzou a remontar o voo, agrandando cada vez mais a zona de exploración xunto coa súa hirmá. Eran un macho e unha fémia.
Volvian sempre a comer e durmir á casa, eso sí cada un á súa. O parecer Xan tiña unha moto, e as veces o aguilucho, cando él saia na moto, seguia-o voando alto, cuando paraba a moto o páxaro baixaba e pousaba nela, como se a estivera a guardar.
Un día viñeron a casa os do Icona, decindole que sabian que tiña unha águia, e que aquelo estaba prohibido, querian que chamera o paxaro e denuncialo, El díxole que podian mirar donde qixeran, que non habia ningún páxaro engaiolado. Que si algunha vez viña por alí algún paxaro dábale de comer igual que as pombas e os cans. Naquela casa non se le negaba un bocadillo a ninguén. Eles mesmos podian comer algún se querian.
Co paso do tempo a parella de águias cada vez tardaban mais en volver a casa, hasta que un día deixeron de acercarse.
Solo algunha vez, indo coa moto, viu unha enriba del seguindo-o, e piando como se le dixera adeus.
sábado, 21 de enero de 2012
O MELLOR ENTRENADOR DE ARTES MARCIALES
- Papá, teis que enseñarme a mallar nos mais vellos.
- Ia logo, ¿Qué pasou?.
- Estábamos xogando o Parado io collido, e os mais vellos rompian a “cadeneta” e despous mallaban en nos. ¡Claro, son mais grandes e poden mais, teis que enseñarme a darles leña!
- Mira, cuando sea así, tu ameazaos decíndole que se seguen así, que le vais a encher os dedos de cara!, xa verás como collen medo e te deixan tranquilo.
Esta conversa tiña-a eu con meu pai no banco de carpinteiro. El estaba facendo unhas portas para algunha casa de algún veciño.
En principio eu quedei conforme coa “receita” que me dera. De sócate deime conta da parvada que me acababa de decir o pai, e medio cabreado dixenle, que non me engañera, que aquelo era unha parvada e non ia axudarme a defenderme.
- Papá, teis que axudarme de verdai a que poida mallar neles, senón vain facelo eles en min.
Fitou para min, e metendo a mau debaixo da pucha que levaba na cabeza, empezou a rascarse, como se de repente tivera a sarna. Pensou un pouco, e cunha mirada que non me pareceu demasiado seria díxome:
- Mira, voute ensinar a mallar neles. Mais eso debe ser un segredo entre ti e mais eu. Non pode averiguar naide como se fai porque senón despous faranho todos.: “ Cuando sea a ocasión, tu o que tés que facer é cegalos, para mallar neles. Primeiro dasle un puñetazo no ollo esquerdo, e mentras él se rasca nese ollo, vais e dasle no outro. Entonces mentras escofa os dous ollos, xa le podes dar as que queiras no lombo.
- Sí, sí. Mais ¿se non se deixan dar no ollo esquerdo primeiro?-dixenle eu-
- Entonces dasle primeiro no dreito-respostou.
- Xa, pero como son maiores o mellor non se deixan.
- Bueno – dixo él- entonces solo te queda unha solución.
- ¿Cuál é, papá ¿
- Nese caso debes ser precavido. Teis que levar un saco.
- ¿Un saco, para quei?
- Para meter dentro os paus que te den.É bon ter onde meter as que le den a un.
Con aquelas recetas, quitéronseme as ganas de mallar, nos mais grandes.
Sempre pensei que a xente vella era sabia.
martes, 17 de enero de 2012
VIAJE (Inicio)
Acabo de bajar la pendiente que conduce al valle. Pienso que cruzar esta corriente agua puede ser peligroso. La fuerza del agua puede arrastrarme a mi y al vehiculo. Quien me lo prestó dijo que era seguro en cualquier situación . Detuve la marcha al lado derecho del camino, quiero ver las posibilidades que tengo para cruzar. Aparece de súbito un vehiculo grande, con la apariencia de un camión de gran tonelaje. No para y veo que pasa con facilidad, el nivel de agua es uniforme, yo también puedo pasar. Arranco de nuevo y me pongo a la estela de aquel monstruo Me pongo detrás a una distancia prudente y lo voy siguiendo. Cruzamos el valle e iniciamos la subida que parece totalmente simétrica a la que dejé atrás.
Comenzamos a subir, no pierdo de vista al “camión”. Llegamos a un punto donde vuelve a haber agua. Esta vez baja por el camino que transitamos. Bastante mas arriba del lugar en el que estamos, se ve una caída fuerte de agua sobre el camino. El camión circula por la parte derecha del camino, yo le sigo a unos cincuenta metros. A medida que subimos la corriente se torna mas fuerte, aunque por la ruta que seguimos, parece que no nos dificulta mucho la subida.
Aparece detrás de nosotros un vehiculo mediano. Por la forma de subir parece que lleva prisa. Me adelanta por el medio del camino. Veo que al agua casi le cubre las ruedas, aunque éstas son grandes, tan grandes como las de un tractor. Al iniciar el adelanto del vehiculo grande que me precede le avisa con unos fuertes bocinazos. No hace caso, y de repente, lo vemos arrastrado por la corriente. Dando tumbos, desaparece en al fondo del valle. Cae en mal sitio y desaparece debajo de las aguas.
Cuando llegamos a una especie de venta, ya es tarde. El “camión” sigue su marcha. Yo encuentro a la persona que me había prestado el vehiculo que me señala el lugar donde puedo descansar. Por la mañana me llamarán y me proporcionaran otro vehiculo para continuar.
Me dirijo al edificio que me señalaron. Es un caserón grande, con una muralla de grandes dimensiones formada con enormes rocas alineadas, que solo dejan una pequeña entrada, a un patio donde hay varios edificios más, que no son visibles desde la parte exterior de la muralla.
Dentro de la muralla hay una grande animación de gente moviéndose en todos los sentidos.A la derecha hay lo que parece una capilla grande. De frente unos barracones donde entra y sale en un movimiento constante gente variopinta. No me entretengo mucho, tengo prisa por acomodarme y descansar, hasta que me avisen.
Detrás do los barracones descubro un edificio, que coincide con el que me indicaron. Traspaso un grande portón y me encuentro en un grande salón, con un mostrador al fondo donde está una mujer de edad indefinida, de muy buen ver y vestida con suma elegancia. Parece que me conoce, me sonríe y señalándome una puerta lateral, me da una llave con un llavero que lleva un número, el tres. Es la habitación que tengo asignada. Paso al comedor donde un gentío grande sentado en mesas habla muy alto, discuten, ríen y algunos se pelean. Se acerca a mi un joven con apariencia de camarero, y me lleva a una mesa donde está dispuesto un cubierto para una sola persona, me indica que me siente, y a continuación aparecen dos jóvenes más que me dejan comida en la mesa.
Mientras como algo, me fijo en las personas de mi alrededor. Van vestidos de forma extraña. Llevan unos ropajes extraños. Son brillantes y parecen totalmente nuevos, pero al fijarme mas, veo que a medida que pasan los minutos, los trajes se ajan y se van cayendo a jirones. Cuando sus dueños se dan cuenta, salen por una abertura sin puerta y a los pocos segundos regresan con otra ropa igual que la que tenían, pero totalmente nueva.
Hay gente de todas las categorías sociales, se dan a conocer por la forma de sus ropas. Uniformes, para militares, sacerdotes, jueces, banqueros, empresarios y demás. A todos les sucede lo mismo, las ropas no le duran más de media hora. Uno de sus mayores trabajos es ir y venir al guardarropía.
Estoy terminando de comer y me doy cuenta de que en el comedor de al lado, donde hay muy poca gente.Parecian gente de cuidar la tierra, y los ganados. Iban vestidos con unas túnicas de lino, y en algunos casos de lana. Éstos no tenían que cambiar de ropa. La que llevaban no se deterioraba.
Me fui a la cama, donde me esperaba una mujer, vestida con túnica de lino y lana, me dijo que no me preocupara que cuando llegase la hora me llamaría, y que si necesitaba algo, pronto me lo proporcionaría.
Antes de quedarme dormido, me doy cuenta de que hablo con todo el mundo sin pronunciar ni una sola palabra. Solamente con pensar algo con relación a cualquiera de los que allí estaban, recibo su respuesta automática. La comunicación es mental, no hace falta hablar.
También me doy cuenta que esta comunicación es solo con los que van vestidos con lana o lino. A los de los trajes que se deterioran, solo les escucho el ruido que emiten como si fuesen palabras, pero ni yo les entiendo ni ellos a mi. No tengo ganas de hablar. Me acuesto y me duermo.
Continuará…..
lunes, 16 de enero de 2012
A AVARICIA ROMPE O SACO.
Queridos amigos e amigas: Días atrás escribin por aiquí unha carallada de cando era pequeno. Cando a burra, nas Breas, me mandou o medio da torgueira e me fixo tres buracos, un no frontal, outro nun parietal e o terceiro no ocipital. Por se alguén se sente Santo Tomas, cando queira e me vexa, e eu esté pola laboura, que me pregunte e ó mellor inda le ensino as pegadas do estacazo.
Alí falaba da memória e dos caprichos da mesma, sobre todo da miña. Teño o que se chama unha memória fotográfica, e que relaciona cousas archivadas nela. Moitas veces cunha certa orden e outras, cousa que no entendo, relaciona cousas que non teñen relación lóxica ningunha, polo menos eso me parece.
Veredes o que me acaeceu un día en Barcelona, alá a finais dos sesenta do século pasado. (carallo, xa vou camiño do século, polo menos a metade vai liquidada).
Daquela, o diñeiro, por moito que agora digan, era tan escaso coma hoxe. Os que o tiñan seguen a telo e os curritos, igual hoxe ca onte, case a dúas velas.
Eu necesitaba mercar unha camisa, daquelas que se chamaban dos domingos ou de festa. Nun comercio da Travera das Corts, guipera unha da marca Dalí, feita en Redondela por un zamorano chamado Regojo, e que estaban todolos días anunciadas na TVE.
Estaba no escaparate, a camisa, e tiña o precio posto: 250 pts.(Menos de 2 € de agora. A camisa era chula, e o precio para unha camisa de festa non estaba mal.
Un sábado pola tarde (polas mañás traballábase), acerqueime por alí con meus hirmaus. Ia comprar a camisa. Entrei no comercio, atendeume unha guapa dependienta, mediume o pescozo, determinou a talla, e confirmandome que valía 250 pts. enbolicouma, deume unha bolsa onde metela, e fun a caixa a pagar.
Na caixa estaba o dono do comercio, tipo sério e mal encarado donde os houbera. Marcou na máquina rexistradora o precio, deille as únicas 500 pts que tiña, nun billete da devandita cantidade.
Deume a volta, e como case sempre fago (mal feito), collín o cambio e tal como mo deu metin-no no bolso do pantalón, e sain do comercio.
O estar na rua, veume a cabeza que tal ve me deran o cambio mal. Saquei os cuartos do bolso e, efectivamente, tiña 750 pts. O malencarado regalábame a camisa e cincocentas pesetas.
Comenteino cos meus hirmans, e entrei de novo no comercio, co ánimo de desfacer o entorto, cual Quixote moderno.
O entrar, saiu a dependienta a atenderme, seguramente pensando que quería mercar algo mais, pero o decirle que me parecía que me deran mal o cambio, o seu xefe, ese tiparraco mal encarado, berrou desde o seu curruncho que as reclamacións tiñan que ser no acto, non despous de sair ó camiño e voltar.
Eu, como comprenderedes, aceptei a reprimenda, e dando as gracias saí do establecimento.
Cuando estaba xa camiñando hacía o Camp Nou, veu correndo detrás de nos o mal encarado. Mirera na caixa e descubrira a desfeita.
- Oiga- dixo- le he dado mal la vuelta, venga de nuevo a la tienda.
- Las reclamaciones en el acto y dentro de la tienda- respondín eu.
Coido que nunca, tanto ós meus hirmans como a min, nunca saboreéramos tanto en tan ben, o pan amb tumaca que nos metimos entre peito e espalda a conta do xudeu aquel.
martes, 10 de enero de 2012
AS CASTAÑAS CON SANGUE ENTRAN MELLOR
As veces preguntome, sé eso de ter unha boa memória é bo. Resulta que na memória solo se acumulan cousas vividas, feitos xa coñecidos, estudios tamén obsoletos e demais lérias xa pasadas. Como todo o que hai na memória xa é cousa pasada, e moitas veces a experencia non sirve pra nada, pous nunca facemos caso de ela, é por eso polo que me pregunto, o que pregunto na primeira oración deste punto.
Por outra banda, ás veces penso que, gracias a memória, podemos recordar cousas que no seu día foron case unha tortura, ou sen case, e co paso do tempo, que o relativiza todo podemos atoparle unha certa gracia. Claro que para que esto suceda, ó mellor hai que sobrevivir a algunhas das cousas que foron archivadas no disco duro.
Será a releche, cuando os que estudian o cerebro human, podan artellar un disco externo, como o que agora teñen os ordenadores. Daquela podemos meter, a gusto de cada cual, unhas experencias nun ou outro lugar, e botar mau delas cando nos pete, incluso mandar aquelas menos agradables o disco externo, e co tempo a papeleira.
Todo esto é porque, estes días de reis, desplacémonos a Val dos Marcos para facilitarle a laboura ós reis de oriente, mais, ¡que si queres arroz Catalina!. Xa nin os reis magos fan caso. A miña señora parella e mais eu cheguemos a conclusión de que non existen, e que como le fagamos caso as ondas herzianas imos perdidos e de cú.
Ben, estando un díapola mañá, pola tarde non se pode ir, na Porteliña, por unha asociación de ideas desas raras que eu adoito ter, veume o maxín algo que naquel momento case fai de min un delincuente con cinco anos.
Vereis: Era tempo de apañar as castañas. Os meus proxénitores decidiron ir a coller as dos catañeiros das Breas. Eran, inda son, uns castañeiros grandes, que por unha daquelas cousas incocebibles ahora, están nun prado dun veciño. E decir, os castañeiros son nosos, mais, por decilo de algún xeito, o soporte non.
Daquela eu tiña un solo hirmáu, o César, que a sazón tiña un ano. O meu cometido, mentras o Pepe e aDolores apañaban castañas era vixialo. Estaba nunha manta, embrullado nos farrapos nos que se embrullan os cativiños. Xa digo, aquel era o meu cometido, pero.., O lado habia unha burra que seria a encargada de transportar os sacos de castañas para casa.
Cuando meus pais se descudaban, eu estaba a beira da burra, facéndole trasnadas, tirando da corda, dandole castañas, non deixala comer etc., cousas que a pobre burra aguantaba con estoicidade.
Había reprimenda por parte dos Jefes, e volta a beira do cativo durante dous minutos, hasta que sen saber como, volvía a estar a carón da burra. Debe ser por afinidade, pous sempre tiven un certo cariño por estes animais.
Estando nesas, e o borde de un paredón que separaba o prado do camiño e dun barranco, a señora burra espantouse, tensou a corda, e xa vai o guardián do César, polo aire hasta espetar a cabeza na torgueira dunha urz, medio queimada. Resultado, samgue por todolos lados, perda do pouco coñecemento que había, susto prós proxénitores, e carreira desde as Breas a Casa.
Laveron os furados, tres, da caluga, e como puideron corteron a hemorraxia, chameron a Don Santiago, que creo que era un experto en partos, mais non moito e cousas traumáticas. Tampouco tiña moitos medios- Estamos a falar dos anos cuarenta e algo, do século pasado.(como mola esto de falar do século pasado), non debo botarle a culpa
Na cabeza tiña tres furacos, mais media dúcia de arrebuñois e esnagatadelas. Como as vendas non se suxetaban ben, decidiron, contra a miña vontade, porme un pano, como os que levaban as mulleres. Déronle xeito de tal forma que quedaba rematado cunha lazada no cachazo.
O día seguinte, xa saí a xogar co resto do personal, as airas das Pirlas. Sentíase o balbordo desde casa, a ver quén ero o guapo que se abstiña da sair.
Cheguei as airas, e alí mesmo xa se armou a de Deus é Cristo. O mais teimudo de todos era a meu amigo Pepín. O verme co pano na caluga non paraba de chamarme, “menina”, cousa que me encabritaba a límites altísimos. Díxenle que non o fixera, que senón le zoupaba. Non fixo caso. Zoupeille hasta cansarme, e ver que tiña sangue por todolos lados, veu o hirmau a separarnos e tamén levou as súas. Tivo que vir meu pai e levarme en “volandas”.
Tiveron que cambiarme todo o aparello da cabeza, sangraba coma un porco. Tamén me levei outro disgusto; a sangue do Pepín non era del, a do Santiago tampocuco..
lunes, 9 de enero de 2012
CARALLADAS DE XENTE NOVA (E NON TANTO)
Nunha das aldeas do axuntamento de Brumoso, aldea que como decía don Miguel, “de cuyo nombre no quiero acordarme”, acaeceu unha vez esta história, que non foi conto falso nin rumor sen fundamento.
Polos anos cincuenta do século pasado, a inxesta de carne que non fora de porco apenas a gorentaban as tragadeiras dos nosos antepasados, e de porco tampouco habia tanta como pra non botala de menos, sobretodo a finais do ano antes das matanzas. Nos dias sinalados e nas festas patronais, sempre habia un cacho de rixelo. Un bon cocido sen codo de xamón, boas chourizas e carne fresca de borrego, non é un bon cocido nin farrapos de gaita.
Era por eso que normalmente lambreábase por un cacho de carne que non fora de “roncatudo”. Nas casas onde habia algún cazador, cando a sorte era propicia comíase algunha perdiz con moito arroz, algún coello con patatas, e as veces lebre guisada.Outra cousa era cando os cazadores tíñan a sorte de agarrar un corzo. Daquela habia festa rachada.
Daquela as corzas solo estaban no mais lonxe das serras, e non en todolos lugares. Habias na Gamoneda e sobre todo nas Baliñas. Cazala era unha aventura, pous aparte de mallar o corpo coa andaina, se caia algunha, había que sortear a vixianza dos carabineros, e as veces esconderse de algún veciño, pous a xenreira era ma consellera, e podian irle co conto o comandante do posto. Para xeral conocimento; había un posto de carabineros en todolos pueblos da comarca, agás Castrelos.
Na despedida anual da caza, adoitábase ir a buscar algún cérvido, entre todolos cazadores. As veces repartianse uns para un lado e outros para outro, co fin de ter mais posibilidades.
Habia envexas entre os que comian a caza e os non cazadores, que moitas veces non eran invitados a pitanza.
Naquel ano fixéranse dúas cuadrillas con rumbos distintos. Era un venres, e a idea era facer a comilona o domingo (diomingo nalgunha xerga). Houbo sorte, e os que foron pra serra arrastreron un corzo. A outra cuadrilla tamén agarrou algo: un porco teixo.
Como naquela época non habia nin neveiras nin frigorífícos, e se os habia, pola nosa terra eran totalmente inútiles, pous non funcionaban con pilas. Coido que a “luz”, no apareceu pola comarca da Alta Xeabra hasta mediados dos sesenta, mais ou menos.Ter, daquela, un frigorífico era como agora ter os dous ollos de cristal e ir o cine, mais o revés. Entonces, antes de cociñar aqueles grandes bechos, adoitaban adobalos e polos o sereo unha ou dúas noites, para que se le fora o arrecendo a monte, ou o bravío.
As comidas case sempre se facian na mesma casa.Había nela unha muller que sabía prepar ben a carne e logo facela de varios xeitos, que ante a escaseza proteica arrastrada, sabía a gloria verdadeira.
Preparouse ós dous animais, cadabres, e puxéronse o sereo un par de noites. No xaneiro as xeadas eran de sona, e as nevadas tamén. Neste caso coicidia unha nevada de mais de unha semana, xa dura polas xeada que tiña enriba. E aquelas dúas noites xeou a reo.
Tres paisanos, decidiron na última noite, afanar a comida do alto do louxado en proveito própio. O patrón da casa onde se iban cociñar, maliciouse, e a media tarde, sacou a corza do alto e deixouna na andega.
Os ratas, leveron a cabo a faena, e argalleron de que le cociñasen a quela carne que xa estaba adobada, penseron en invitar a algún do outro bando e facerle pagar o viño, cousa que non deu resultado. Negouse.
Cada grupo cenou polo seu lado. Os da rapiña chufándose da sua fazaña, e os outros argallando unha vinganza.
Unha vez artellada a vinganza, decidiron deixalos acabar de cenar, e cuando xa tiñan noticias delo, deixeronle un recado no cimo da escaleira, e bateron na porta o mesmo tempo que liscaban.
Cuando sairon a ver que pasaba, atoperonse co recado ben postiño na escaleira. Ningún tivo tempo de baixar a escaleira. O primeiro que saiu, gulpiu ali mesmo, e os outros, cos restos soltados polo primeiro e o presente, casi botan os boches alí mesmo.
No cimo da escaleira estaba a cabeza do teixugo con pel e todo e cos dentes regañados a rir cara a eles.
O estómago, según as más linguas, tardou mais de unha semana en entonarsele de novo.
miércoles, 4 de enero de 2012
SEGUNDO DIA DAS FESTAS DE REIS
Onte chegouse bastante tarde. Entre as cantigas, os contos e demais lérias, non dou tempo a descargar os carros.
Oxe houbo que preparar a leña pra que as cociñeiras, cando empecen, teñan de todo e aprestado, pro lume.
Todolos anos, contratábanse dúas cociñeiras experimentadas, pra que fixeran a comida que tiña que encher as andorgas do personal. Eran moi serias no seu traballo, e nunca deixaban que ninguén entrera na despensa. Tentaciós habia as veces pra entrar e comer as escondidas. Sempre as cousas que están algo prohibidas saben mellor.
A última hora, estivemos ensaiando o cante que mañá deitaremos en todalas escaleira, fiestras, e portas das casas dos veciños.
Houbo tamén unha nova leria do cura a través das vellas do rosário.Parece que vai en sério o de que quere prohibir o baile agarrado. Incluso os carabineros deron un pequeno toque nese sentido.
En previsión de que prohibiran o baile a forza, o mesmo día do arranque dos torgos, marchou a capital un home, aproveitando unha viaxe do Maragato, e trouxo unha autorización do Gobernador Civil, autorizando os mozos a facer baile.
Os casados, eran os que mais decian que había que estar prevenidos, por si acaso. O cura, decian, é bastante “cazurro”. Xa tíñamos o permiso. A mocedade conxurouse pra mantelo en segredo.
Sigue o temporal de neve, e polas noites xea.Xa vereis na noite de cantar os reis como a conxunción da aguardente e o carouxo faran das súas.
Houbo unha pequena carallada, despous de cenar. Estando en casa do Caxera, apareceu por alí un zampabolos dun pobo veciño.Pasouse coa bebida e non se le ocorreo mellor cousa que insultar a todo aquel que le facia caso, hasta que chegou un dos chamados mozos vellos. O que empinera o codo, o velo non o pensou, dedicouse a insultalo. O recien chegado, que polo que pareceu, non tivera unha boa tarde, tampouco o pensou; botoule unha mau a cuada e outra a coleira, e levando-o polo aire deitono no pozo que hai diante da casa do ti Constantino. Alí o deixou perneando, e voltou o café decindo que seguro que mollando os cataplines se le pasaba. Sereno iria mellor pra súa casa, e no teria perigo de caer o Tuela cando pasera por él.
Efectivamente, pasousele a cantusana casi no acto, e se non o levan a unha casa, morre alí mesmo atrido. Coa xeada que xa estaba a caer, os pantalós podian soliños facer un espantapáxaros. Estaban tesos con carouxo xa branco.
Veremos que tal cantamos mañá. Por certo hai noticias de que unha moza, da que non se pode dar o nome ten o mellor ramo. Lévan-no como un segredo de estado.
martes, 3 de enero de 2012
PRIMEIRO DIA DAS FESTAS DE REIS-
Nestes días os mozos de Val dos Marcos andamos atarefados cos preparativos da festa do reinado.
Nos días pasados, estivemos arrancando torgos. Decidiuse arrancalos na Estante, na beira do camiño, pous así sería mais doado cargalos no carro.
Había neve e houbo que desenterralos duas veces, unha da neve e outra da terra.. Aparte dos mozos, tamén axudan os menos mozos. Incluso algún casado que parece quere entrar nas farras destes días.
Ben mirado, nestas datas apenas hai traballo que facer na aldea. Escaldeirar os prados, e facer leña agas de levar as vacas o monte igual que a “res”. Polo tanto está ben que se sume xente, así hai menos oposición nas casas, pous o haber polo menos un membro da familia metido en farra, seran mais expléndidos co aguinaldo.
Hoxe toca ir cun carro a buscar os torgos. Todolos traballos relacionados coa festa fanse sen concurso de vacas. Todo feito a mau.
Decidiuse levar dous carros, pous torgos saquéronse abondo e así en dous carros é mais doada a acarrexa.
Escolléronse dous carros dos mais novos da aldea. Adorneron-os as mozas, que tamén andan na tarea de facer os ramos. Entre elas levan o traballo en segredo, pous non queren que outras mozas sepan como a van facer o ramo.Hai muta competencia para ver quen fai o mellor ramo. Xa veremos o día de reis.
Hoxe, un grupo de mozos, foron a buscar uns pelexos de viño, e uns garrafón de aguardente. Decidiuse que foran a Moimenta, pous alí o viño era mais barato a aguardente tamén, e seguramente mellor que o traian os comerciantes de Brumoso, aparte de que que o vendedor fixo un bon precio. Dixo que era un bon viño de Vinhais e a aguardente parece que a trouxo da beira do Douro. Solo habia un problema; os carabineros. Xunto co cura, tiñan-nola xurada. O primeiro no quería que se fixera baile “agarrado” e os degundos acataron o que él decia. Coido que algún cacique da zona tamén tivo arte no asunto.
Fíxose de tal xeito, pois xa habia experencia dos mais vellos, que parecese que se ia a traer nun dos carros dos torgos.
En realidade o viño xa estaba na quinta do Bernardino de Barxelas, lugar onde o trouxeron de noite os portuguese dous días antes. Solo había que traelos nunha burra polo camiño do Barreiro, como sé se trouxera de Brumoso.
Os que ian polos torgos, acompñariaos o gaiteiro, Luis, e o Silverio co bombo, o Horácio acompañaría co tambor.
Pola noite deixouse todo na casa do reinado, sen cousa que mereza apena sinalar, salvo que o final do día o Silverio desacompasaba o tocar o bombo e quixose converter en cantante solista. Claro que algún mais xa inicou a andaina arredor dos pelexos de viño de Vinhais. A aguardente estaba na casa do ti Adolfo. A ver quen era o guapo de tentar gorentala.
Xa veremos a ver que pasa mañá.
viernes, 30 de diciembre de 2011
O BASILIO, O GERÁSIMO E A SUA BURRA.
Cuando eu era un chavalote, cuando na aldea inda había xente en casi todalas casas, había moi poucas opcións de diversión como as de agora. Facíase o que se podía cando de divertirse se trataba, con todo aquelo que se tiña a mau.
O mellor hai quen pense que daquela éramos algo brutiños nas nosa maneiras de divertimento. Creo que non. Como en todo, pódaque que podería haber alguén que se pasera un chisco, mais, coido que nunca había má fé nelo.
Un dos meus amigos, e mais ou menos do meu tempo, era o Gerásimo. Xa debe facer mais ou menos cincuenta anos que se foi para Bos Aires, alá pola Arxentina.
Cando estaba na aldea, na súa familia, aparte das vacas, tiñan unha burra. Era unha burra de unha boa talla. Estaba casi a altura de unha égua, mais que dunha burra.
Tiña-a ensinada a facer carreiras. Montado a pelo, facía que a burra correra a galope.
Él era un avezado xinete. Escanchábase no xumento, de calquera maneira, mirando para diante ou mirando hacia o rabo do animal, e facia que correra todo o que daba.
Nunha ocasión, estábamos uns cuantos, cerca do poulo do Mexacan, nesa hora en que as vacas volvian pra corte.
Chegou o amigo Gerásimo montado na sua burra e coma sempre facendoa correr e él fachendoso. Eu penso que á aquel animal xa le gustaba aquela troula.
Alguén le dixo, que nalgunha ocasión ia caer e esmendrellarse. El dixo que aquello era imposible. Él non caia da burra, nin espantándo-a.
Andaba por alí o Basilio, gran amigo de facerle bromas os rapaces. Dixo o Basilio que se él le espantaba a burra, seguro que caia.
Empezou un tira e afroxa, entre eles, que sí, que non, que non, que sí, hasta que se chegou a necesidade de facer unha desmostración empirica.
O Gerásimo empezaria a correr no rouso do camiño da Amiñeira, xunto os Mexacans. Cerca do caboco da Teturiña, detrás de unhas urces, esconderíase o Basilio, que tentaría espantala burra, para ver de tiralo.
Feitos os preparativos, e cadanseu no seu posto, empezou a carreira.
Ia o cabaleiro en burra a galope tendido, e pre mais inri, montado o revés. E decir escanchado mirando o rabo, e azuzando a xumenta para que correra mais e mais.
Chegan burra e xinete a altura das urces nas que estaba o Basilio, este salta o camiño de sopetón, tirale a chaqueta, que se enreda na cabeza da burra.
Como tiña que ser, burra e o amigo Gerásimo roderon polo chao. A burra tal como caeu, incorporouse o verse libre da chaqueta, mais o Gerásimo ficou alçi mesmo embazacado. Tardou catro ou cinco minutos en recuperar a fala. O principio todos empezemos a rir, hasta que vimos que o Basilio facía sinais para que nos acerquéramos. O Gerásimo non daba sinais de vida. Daquela caseque le da un infarto o Basilio, pous evidentemente a sua idea non era defuncionar a nnguén.
O Gerásimo recuperouse, e como se non pasera nada, volveu escancharse na burra, e saiu galopando cara o rouso do Camiño Novo.
EXPERENCIA. SO VIVINDO.(Reflexions)
Eu non sei se o levar un feixe de anos ás costas, ter vivido desde que se araba con arado romano, hasta a época da informática e robótica, pode facer que os puntos de vista própios sexan obsoletos, e o que é peor, que un mesmo xa esté fora de “onda”.
Mirando hacia atrás, un recorda os tempos de xornaleiro. Traballábase cando alguén que tiña algo que facer e non o daba feito, tiña que recurrir a aqueles que non tiñamos nada que facer, e a cambio de unas moedas podiamos axudar.Él facia o seu choi e nos tíñamos pra tabaco.
Era a época na que se estaba a rachar cunha maneira de vida e escomenzaba outra, que agora tamén está dando os últimos estertores.
Se queredes foi a transicion da vida fundamentada do agro, e que cada quen vivia do que tiña, á primeira entrada na chamada era industrial. Na primeira e esaxerando un pouco, os bens de producion( terras), estaban en mans de uns poucos que conseguiran herdalas, ou xuntalas, non sempre con boas artes. Na segunda como todo o que se facia tiña maneira de venderse, cada vez facía falta mais mau de obra,pra poder fabricar o que se vendía e que de algún xeito era outra forma de escravitude. “Teño choio, págoche algo. Aabase o choio, póñote no camiño”.
Todo este tinglado foi pasando de país a país, esplotando sempre á xente que ian metendo na roda do consumo, hasta hoxe.
Naide quixo saber nada do “almacén” de materias primas que a Terra nos deixaba usar. Naide quixo saber nada de se habia dabondo ou non. Decia a miña avoa que, “onde se quita e non se pon, acábase o montón”. Eso é o que está apasar.
Marcheime polas gallas, e dexei de lado onde quería chegar. O asunto é que, tanto antes como agora, os medios de produción siguen en maus dos mesmos. Varieron as formas, as maneiras, mais, as persoas seguen a ser as mesmas, na maioria dos casos por herencia. Casi nunca por méritos própos.
Chegado a este punto, un preguntase a sí mesmo a maneira de contarle esto as novas xeracións que non coñeceron o anteriormente descrito de forma directa, senon por oidas.
Parece que a esperencia non serve pra nada. Claro que pra ter experencia hai que vivila, o non habela vivido, non a ai e polo tanto todo queda a interpretación do cacumen de cada quen.. O problema é que non vale usar a matemática ou a filosofia –matemática onde todo é branco ou negro, ou duas mais duas suman catro.
A experencia dice que entre o branco e o negro hai un feixe cromático, e as veces duas e duas non necesariamente son catro.
Nin a civilización Sumeria era tan anterga, nin os exiptos eran incultos, nin Napoleón era tan cabrón. E o que é peor, cando se descubriu América, os españois non eran os mais sabios nin listos que chegueron o outro lado do Atlantico.Os chinese xa tiñan calendário de mais de cinco mil anos.
A vida hoxe, é unha suma alxebraica de acaecidos,seguramente onde algunha que outra vez alguén sumou número heteroxeneos.
Amigos heche o que hai.
miércoles, 28 de diciembre de 2011
TRES DETENIDOS EN SANABRIA (EFET PRESS)
DETENIDOS TRES ASESINOS.EN LA COMARCA SANABRESA (EFET PRESS)
Tres peligrosos asesinos han sido detenidos por las fuerza internacionales de la EUROGENFOR, durante esta madrugada.
Los asesinos confesos, fueron detenidos en la localidad de Parada, pueblo abandonado, en el término de Requejo, cerca de la Malhada Grande del pueblo de Tras os Montes de Montesinho.
Al ser detenidos no ofrecieron resistencia. Pensaron que iban a ser condecorados, según dijeron mas tarde.
Los tres, Audax, Ditalco y Minuro, llevaban escondidos en el viejo poblado desde los días de su fechoría, acaecida en el principio de la dominación del imperio en la parte sur de la península.
Al ser detenidos solo pedían ver a Servilio Cepio, diciendo que les debía una cantidad de dinero importante. Él era el responsable de todo, según decían.
Cuando le preguntaron por el cadáver del viejo caudillo, solo dijeron que estaba en Cuenca, en la ciudad encantada.
Un ciudadano portugués, de Bragança los identificó como los asesinos del guerrero Viriato.
Esperemos que sean juzgados y condenados, por lo menos a galeras.
jueves, 22 de diciembre de 2011
¡BON NADAL E BOAS FESTAS!
Falaban os vellos dunha guerra do mundo. Decian que xa estaba acabando. Naide entendía aquelo. Uns decian que era para que os comunistas non viñeran. Otros como o mestre , decían que era porque os que mandaban non querian liberdade.Creo que se refería a nosa guerra.Eramos ricos, tíñamos unha guerra própia.
No razoamento daqueles sete rapaces, non cabian aquelas cousas. Na simplicidade do seu razoamento solo entendian que se uns homes loitaban contra outros, era porque seguramente uns eran bos e outros maus. Non entendian outra cousa pola cual a xente debía matarse. Inda por eso de bos e maus, tampouco o tiñan claro. De cando en vez, na aldea os veciños decian: fulano é bon, ou mengano é mau. Se o mau era amigo, non se entendia que dixeran o contrário e o reves.
Aquel día pola noite era festa. Decían que nacera, facía moitos anos, en Belen un pobo de Palestina, o fillo de Deus. Era fillo dunha muller virxen, unha pomba e un carpinteiro.
Daquela os rapaces, que baixaban polo Camiño Novo abaixo, estaban mais preocupados polo que le traerían as súas mais da Moimenta, aldea portuguesa, a que ian comprar cousas que na propia non había, tales como café, azucar e xabrón. Prometeran traer algo para que na cena comeran como podían comer na casa do cura ou así.
Tardaban muto en volver. Marcheran pola mañá e xa casi escurecera e non chegaban.
Seguro que as colleran os guardiñas portugueses e as leveran a cadea. Adeus cea, adeus mais. Cuando estaban falando desto viron que as suas mais aparecian polo rouso do Camiño novo. Correron hasta elas. Un dos rapaces quedou chorando nunha rodeira do camiño. Enchérasele un pé de picos, coas xeadas, os ourizos tiñan os picos mui duros, e no pé tiña un feixe deles cravados.
Chegueron as mais, axuderon ó ferido. Non era extrano que os picos os feriran. Era inverno, habia neves, xeadas. Polas mañás tanto nas arbores como nos louxados, penduraban aqueles cachos de carouxo, que moitas veces chuchaban como se de caramelos se tratase.
A hora de cear había, efectivamente, festa. Unhas patatas fritidas con graxa de touciño, unha chouriza inda fresca tamén fritida, e o mais importante as terroxas. Cachos de pan rebozados en ovo fritidos, e despois cheos de azucar polas dúas bandas. Era o azucar o ingrediente que as mais foran a buscar a Moimenta.
O cura dixera que o fillo de Deus nacera pobriño, nunha corte e que tivera como cama ou cuna a manxadeira das vacas. Parece que cando foi mais grande, materon-no, algunha xente que era como os que decian que ahora estaban en guerra. Non cambiera nadiña o mu ndo. E os rapaces pensaban que ó mellor ahora eran eles os pobres fillos de Deus, pous entre a corte das vacas e o xergón no que dormian solo habia unhas tablas.
martes, 20 de diciembre de 2011
O TÍ ADOLFO. (O Gaucho)
¡La gran siete, carajo!. A piel, non pode quedar ahí.
Estaba o ti Adolfo, especado nas dúas pernas, como podía esta Jhon Waine, diante dun cuatrero dos peores de Rio Bravo. A diferencia estaba en que, neste caso, a ación desarrollábase na Allande ou Aillande, que inda non sei como é o nome,(pido axuda) no fondo do prado do ti Elias, cerca do rigueiro.
Caera nun barranco que fixera un corremento de terra por mor das chuvias. O barranco tería uns catro metros de fondo. A auga acabera de escabar xusto o deixar o astro o descuberto.
Era altura suficienta para que a pobre vaca quebrera dúas patas, cousa que facía que non se puidera levantar. Tampouco habia posibilidade de sacala dalí. Dixeron que o mellor era sacrificala, e tentar aproveitar parte da carne.
Era a finais do Nadal. O ti “Lias”, dixo que o mellor era que se quederan coa vaca os mozos para o reinado.
Daquela a festa dos Reis, en xaneiro, era unha das festas mais sonadas e apetecidas polos homes solteiros e recien casados de Val do Marcos.
Adoitábase matar un becerro, a festa duraba mentras habia carne que era o que compuña as comidas, naqueles días, xunto cós aguinaldos que daban os veciños despous de que se le canteran os reis.
Volvendo ó comenzo, vemos o ti Adolfo, alí como un vedadeiro gaucho da pampa arxentina.
Él como a maioria dos vellos e moitas vellas daquela, fora emigrante na Arxentina, e como todolos emigrantes da comarca honrados, marchera cunha mau diante e outra detrás e volveran cunha mau detrás e outra de diante. (Da xente que eu recordo, que vivía na Teixeira, En Castrelos e Sancibrao, non me lembro de nadie volvera rico) O ti Adolfo, polo menos trouxo pantalóns e chaleque vaqueiros, e tamén un coitelo (fierro) de uns cuarenta centímetros de largo, cunha funda de coiro.
Con aquel fermoso e grande coitelo, sacrificou a vaca (unha novela de un par de anos) e cuando outro participante xa tentaba separar un zanco do corpo do bóvido, o ti Adolfo con aquela mezcla de galego e arxentino, díxo: “la gran siete, quieto aí, hai que sacarle la piel”. Cousa que fixo cunha rapidez que denotaba que non era a primeira vez que o facia. Por certo, mais tarde, un cacharreiro daqueles que viñan vendendo útiles de cociña, e o mesmo tempo compraban lá e pieles de animais, tales como coellos, raposas, cabritos e outros, deu pola piel cento cincuenta pesetas, que chegueron para o viño do reinado e algo mais.
Aquel ano os reis dureron casi dúas semanas, pous coa carne da vitela, e os chourizos e entrecostos donados polos veciños, deron de sí dabondo.
Nauqel reinado, o ti Adolfo inda estaba solteiro, nunha noite pillou unha cantusana desas que fan época. Co serio que era, e coa súa imponente fachenda, parecia que o mundo estaba o revés. Máis o revés inda, cuando no medio da casa do reinado, arrancouse, cantando un tango e bailando-o de xeito acaramelado cunha vasoira que alí estaba.
Coido que a vasoira, tal como a fixera bailar o gaucho, inda debe andar hoxe buscando a maneira de converterse en muller.
Un recordo, ti Adolfo.
sábado, 17 de diciembre de 2011
AS CAMPÁS DA IGREXA DE SANCIBRAO
A finais do vrao pasado, tiveron que arranxar a campá da igresa de San Ciprian adicada o Bispo Cipriano. En realidade o que había que arreglar era a cadea, pous xa era demasiado vella e ameazaba con escalabrar a quen a toquera.
O caso é que tiveron que baixala da espadaña, pous tamén había que meterle man a estrutura de madeira que suxetaba a campá e onde estaba tamén amarrada a cadea. Para facela operación, tivo que vir unha grua, pous a escaleira interior que habia antes xa non está.
Cando sentín o ruido que facián tanto a grúa como o camión acerqueime a ver, como o facian.
Unha vez que se leveron a campá, coido que a Verín, eu funme sentar no alto da coroa do Castro. Estaba mirando o oco que deixera o abandono temporal da campá, e pensando que a espadaña da igrexa, estaba un pouco fanada sen a súa campá.
Caseque me quedo dormido, dandole voltas a imaxinación con relación as histórias que oira contar das bondades da campá. Estaba consagrada a Santa Barbara, e sé se tocaba cando se acercaba unha tormenta, facia que ésta se alonxera, e non fixera mal no pobo.
Na media modorra que tiña, albisquei cerca de min a figura de un home con un grande chapeu, e un capote pardo e remendado con remendos bastantes grandes e postos o chou polo vello pano adiante.
Recoñecin-no de inmediato. Xa ia tempo que non tiña noticias del. Saludeino cunha inclinación de cabeza, el fixo o mesmo, e acercouse a carón meu. Colleu unha pedra redonda que sacou do medio das xestas e sentou nela.
Esa campá ten moito que decir, se algún día fala. Leva cerca de douscentos cincuenta anos metida nesa furna. O pouco tempo de estar posta ahí, pasou unha cousa que trouxo de cabeza as autoridades eclesiásticas e ós veciños cheos de medo.Era tanto o medo que tiñan, que desde que se puña o sol nadie pasaba por diante da igrexa, e nadie se atrevia a entrar no Sagrado.
Todolos anos, desde o vintecinco de Outubro hasta o dez de Santos, todalas noites, xusto a media noite, soaba a campá tocando á misa coma se Domingo fose.
Os homes mais valentes fixeron guardia arredor da igrexa, e algúns, os mais atrevidos, subian á parede do Sagrado. Non vian entrar na igrexa a ninguén, mais o chegar a media noite a campá soaba. Todos os vixiantes desaparecian correndo cada un para onde o levaban as pernas. O cerebro tiñan-no semiparalizado.
Así ano tras ano. Dezaseis días consecutivos a campá soaba, as mulleres rezaban os rosarios xunto cos vellos e rapaces, e os valentes acababan esparexidos polos soutos e touzas dos arredores.
Un ano veu a Bispo de Ourense a abenzoar de novo a igrexa. Eso sí non o fixo nas datas nas que a campá soaba. A disculpa foi que como xa facia moito frio, podía caer unha nevada e quedaría atrapado pola neve. Son cousas das eminencias.
No sétimo ano, eu xa era un mozo, xa servira o rei. Estando xa perto das datas do vintecinco de Outubro, nun concello da autarquía, estaba tamén o crego. O final do concello, no que se tratou de arreglar algúns camiños e limpar as canadas, subiuse o crego as raices do castiñeiro e chamou a atención dos parroquianos. Temos que tentar averiguar por qué tocan a campá de noite.- dixo- Se o asunto é como outros anos, xa empezará a soar mañá. Se houbese alguén que fose capaz de vixiar, o mellor poderiamos acabar con esto.
Ofrecinme eu. Mais púxenles unha condición. Se se acababa coas badaladas, tíñan que darme unha parella de vacas, e unha burra nova. O cura e o alcalde comprometeronse diante de todo o concello a facelo. Supoño que pensaban mais no meu fracaso que noutra cousa. Tamén pedín que non queria a naide conmigo. Tamén pedí que me deran a chave da igrexa, pous queria velo desde dentro.
Na noite do día vintecinco, media hora antes da media noite, entrei na igrexa, e pecheime por dentro.Levaba un tapabocas por mor do friu, e debaixo unha “lafusier” de dous tiros. Solo era precaución.
Unha vez dentro da igrexa, senteime no banco que habia na entrada da sancristía, evitando que a luz da lúa que se filtraba pola pequena fiestra, me dese. Era mellor estar a oscuras.
Faltando un minuto para as doce, diante de min e nas taboas que hai diante do Altar mor, abriuse e saiu un crego, que nin se fixou en min. Marchou igrexa abaixo, saiu pola porta grande e escomenzou a soar a campá. Eu pensei se estaría a soñar, pois aquelo non o esperaba. Sempre pensera que podía ser unha broma.
Deixou de tocar, volveu a entrar, e dirixiuse a sancristía. O pasar dinte de min, díxome que xa que estaba alí tiña que axudalo decila misa. Non esperou resposta entrou na sancristía e empezou a vestise coas roupas própias do acto. Cando puxo a Alba, ordeoume que le pasera o Cingulo, cousa que fixen acercandome con certo reparo. Entoces díxome, que durante a misa, oira o que oira, non debía volver a cabeza para atrás. Saímos o altar, acendeu as velas, e empezou co Introibo ab altare Dei, e así continuou a misa. Eu esforzabame por non virar a cabeza, tal como me pedira. Chegou o momento da Consagración, e o crego pasouna por alto. Entonces eu malicieime. Cuando o celebrante ia a decir o Ite, misa est, volvinvin a cabeza, e entonces vin a igrexa chea de xente. Eran casi todolos mortos enterrados no sagrado. O mesmo tempo todos desapareceron, menos o crego, que con voz débil díxome: “manda decir sete misas por todos nos. Ten que ser en San Andrés de Teixido”. O acabar de falar tamén desapareceu.Non soeron mais as campás
Costoume bastante traballo cobrarle o crego e alcalde, a parexa de vacas e burra, solo o fixeron cando ameazei con decirles a verdade do que pasera.
Unha parella de recien casados, que eran pobres, quederon moi contentes cos tres animais.
Cuando, quixe preguntar algo que se me ocorrera, o meu interlocutor, sen saber como, xa desaparecera.
viernes, 16 de diciembre de 2011
NOVA ERA, NOVO SISTEMA.
Aquel mozo estaba sentado o lado da fonte. A fonte estaba arredada bastante da aldea. Rodeada de castañeiros, sabugueiros, nogueiras e demais arbores frondosos da zona de Val dos Marcos.
Cuando a tia Andrea chegou a fonte, decatouse de que aquel mozo tiña fame. Notábase en que casi non era capaz de sosterse sobre aqueles espeques que querian facer de pernas.
O querer averiguar o porqué daquela situación, foi cuando o consello dos veciños, chegou a conclusión de que había que axudalo.
Despous de averiguar qué fora ó que levera alí o mozo, decidiuse xuntar o concello, pra tomar unha decisión de “audiencia celta”, e decidir a maneira de proceder.
Tocouse a audiencia, coa campá centenária e dedicada a Santa Bárbara que alonxa ás tromentas. Xuntouse o concello debaixo do castañeiro, enriba da fonte, onde, desde tempos inmemoriais se facia. Os vellos Zoelas,invocando ó deus Bantúa, xa se xuntaban nas raices dun carballo beliño, sustituido co paso do tempo por aquel fermoso castiñeiro.
Dixo o mozo, que él desde pequeno fora educado nun sistema diferente o que imperaba daquela.Era fillo do que se chamaba un financieiro. Ensineronle que o diñeiro servia pra producir mais diñeiro.É decir que o diñeiro,para eles, era un instrumento para conseguir mais diñeiro. Prestaban diñeiro con intereses, nalgúns casos, abusivos, a rendabilidade que obtiñan, tiña que dar para, por un lado recuperar o invertido e por outro ter os xuros suficientes dós que tiñan que sair os gastos, o que habia que pagar en cocepto de comisions voluntárias os que tiñan o poder para que fixeran a vista gorda, e para pagar o minimo de impostos, para non chamar a atención. Tamén tiñan que sacar para os seus salarios que les facian levar un tren de vida determinado, e incrementar o patrimonio para poder seguir pondo diñeiro a traballar.
En definitiva dixo que, salvo eso, él non sabia facer outra cousa. Traballar con maus ou coñecementos adquiridos, no era o seu. So sabia especular co diñeiro, abusar da necesidade que outros tiñan do mesmo, mais que co cambio de sistema de vida, ahora viase abligado a pedir polas portas.
Levaba un montón de diñeiro enriba, mais non habia quen le dera nin un vaso de auga a cambio daqueles billetes e moedas, nas que as habia de prata e ouro. Naide queria aquelo.
Cheguérase ó momento, xa coñecido desde a anqigüedade, do “trueque”. Ël non tiña nada mais que trocar que diñeiro, e eso xa se decatera de que non servía.
Nas deliberacións do concello, houbo opinións de todolos ustos. Había quen decia que o mellor era deixalo morrer, igual que él e os seus antepasados deixeron a moitos sen cuartos. Outros decian que mandalo fóra da aldea e que se apañera como puidese, Outros que o acolleran os seus pais, que eran ricos en "moneda".
A asamblea de ancians, que era a que rexía a rex aldeana, decidiron que habia que darle a oportunidade que os seu antepasados, e o mellor él mesmo non darian a ninguén.
Deixalo morrer non era acorde coa Lei Natural. Mándalo fora da aldea era tanto como deixalo morrer, fóra non había vida. A acollida polos pais era imposible, xa non se sabia se os tivera algunha vez.
Acolléronse ó que decia aquel home palestino, que vivira nos albores da época que co seu nacemento empecera a contarse, e despous de varias idas e voltas configurou o calendário, bimilenário e pico actual."Dar de comer ó famento"
Tiña un tempo para aprender a adaptarse, era prestado. Na outra banda quedábale o coñecido, do que xa lisquera.¡Facian falta escaldeirodores!
lunes, 12 de diciembre de 2011
DE CUANDO HABIA LAVANDEIRAS NO RIU PEQUENO
A cintura da estufa estaba o roxo vivo.Os parroquianos do Caxera, rodeaban aquel ferro ardendo e cheo de cachos de carballo e torgo.Aquela noite de inverno, mentras no camiño caia a neve, estaban todos atentos as lendas e acaecidos que os mais vellos contaban. Todalas historias daban voltas sobre o mesmo: A MORTE.
Nunha esquina xunto o mostrador, sentado diante dunha mesa, habia un home xa vello, mais inda cunha grande vitálidade na faciana, cun grande chapeu negro de grande ala que apenas deixaba verle os ollos. Dixo cunha voz forte e potente, que él naquela noite vira unha LAVANDEIRA. Dixo que, con toda a seguridade era unha washer-woman at the ford, que alí, en Irlanda, son coñecidas como mulleres sobrenaturais que anuncian mortes tamén son coñecidas dos antiguos Celtas.
Volveuse toda a parroquia do café Caxera hacia aquel home que ninguén coñecía nin naide vira entrar. Entonces o ti Eduardo o “molinero”, erguendose, dirixiuse a él e díxole, despous de invitalo a un grolo de aguardente, que les referira o caso e onde le sucedera.
Entonces o descoñecido, póndose en pé no medio do corro, despous de gorentar un bon grolo de aguardente, e escorrexendo a gorxa daquela voz profunda e un pouco lúgubre, dispúxose a contarle o caso ós veciños da miña aldea, remelando os ollos.
Todolos que estábamos alí, quedemos abraiados o velo de pé. Daba coa copa do chapeu nas vigas do local.Tña que aacharse.
Viña eu do outro lado da raia, dun pobo chamado Cova de Lua. Xa saira un pouco tarde. No alto da Escusaña fíxoseme a noite.
A neve inda non era moita, apenas me daba no contraforte dos zamancos, mais seguia a nevar con ganas. Xa vedes como neva agora. O chegar a ese regacho que hai antes de chegar a Hermisende, cando pasaba por un pequeno pontón de madeira, sentin cantar no fondo dun prado. Parei a escoitar e sentín un canto acompasado co bater de roupa contra unha pedra, tal como fan as mulleres que lavan no riu, mazando as sabas contra unha pedra que teñen diante dos xeonllos, que chaman lavadeiro .
Acerqueime a ela, que se ergueu cunha saba mollada na man e pedindome que a axudera a torcela para enxugala.
Axudeile collendo pola punta contrária á dela aquel farrapo, que me mandou torcer hacia direita como facía ela. Eu que coñecía da existencia daquelas mulleres, retorcin o trapo no senso contrario o que ela me dixo.
Entonces ela dando un gran berro, pasou por tres estados distintos. Estaba como unha vella de pelo branco, cara engurrada a converteuse nunha fermosa e frescachona muller de media idade, e sen solución de continuidade ó estado de unha fermosa moza de vinte anos.
Todo eso sen deixar de berrar, e foise esvaecenda hasta desaprecer no aire a medida que se ia elevando. Non volví vela. O farrapo esvaceuse tamén, e no seu lugar quedou un charco de sangue.
Eu podovos decir que esta noite, antes das tres, vai morrer na contorna unha persoa. Non sei quen é nin onde vive. Xa me crucei mais veces con esas mulleres LAVANDEIRAS.
Preparouse un pequeno rebumbio na cantina, todos levantados discutian. Uns decian que era un conto do vello, outros que era verdade, e outros que, o tomeron de xeito humorístico, falaban de confesarse todos aquela noite, que había que ir a despertar o cura, e a cousa derivou nunha baraunda na que cada quen decía o que le petaba.
Cando quixeron preguntarle ó vello mais cousas este xa desaparecera, sen que ninguén se houbera decatado.
A mañá seguinte, escutéronse as campás de Hermisende tocar a sinos. Pola noite morrera na casa do cura un home que o parecer se fora a confesar as tres da madrugada.
Era un veciño deste pobo que estaba en casa do Caxera, cando o mistérioso vello.
Tiña unha saba de bufanda, bastante grasenta.
Tiña unha saba de bufanda, bastante grasenta.
sábado, 10 de diciembre de 2011
¡IMPORTA A COR DOS OLLOS?
Sempre lo dixeran. “Non fagas caso dos ditos e refrans, solo son certos nalgunhas ocasións”
Acababa de descubrir, que tanto nunha cousa como na outra, solo habia verdades a medias.
O dito decia,(xa o decian os da Biblia tamén)” non te deites dabaixo dunha figueira, a sombra non é boa e teñense ruins soños”.
Naide le dixera nada de deitarse debaixo dun castiñeiro. Cando descubriu as maldades da sombra destes soberanos e milenários árbores, xa era tarde.
Ia pensando nestas cousas, dentro da furgoneta que ia saltando pola estrada camiño do hospital, onde pensaba chegar sen que ningún óso mais se le botera fora docorpo. Xa tiña bastante co do ollo.
No dia de antes, malfadado día, despous de andar escaldeirando nos prados do Bedulo, bastante derrengado polo esforzo de mover terrois, cuando volvía para casa parou a descansar debaixo daquel castiñeiro de dous canos altísimos que está a parte de arriba da poula das Vichas do Viñal. Castiñeiro altísimo no que criaban os pitos verdeais, sempre nos mismos buracos. Nunca, que se sepa, ninguén chegou a espitrocar no niu deles.
Deitouse no cano de outro castiñeiro caido, coas maus debaixo da caluga cos dedos cruzados e mirando o vico da arbore e pensando nas musarañas empezou a quedarse medio dormido. Despertou de sútaque cunha forte dor no ollo esquerdo. O levarse a mau él sacóu parte de un ourizo cargado de tres grandes castañas. A metade do ourizo ficou no ollo e a outra clavado na man.
Traballo le costou o médico de Hermisende desplumalo dos picos do ourizo na mau, os do ollo díxole que tiña que ir o hospital, él non tiña medios nin era ciruxan.
A furgoneta dou un salto nun daqueles badens da carretera. Sería unha boa cousa que algunha vez a arreglera. Saiu do ensimisma-
mento.
Volvía do hospital. Volvía triste e pensativo. Si cuando ia, pensaba no que le pasera, ahora solo pensaba no futuro.
Perdera o ollo esquerdo. Cando as cousas se torcen, fan-no hasta límites insospeitados.Puxéronle un ollo de cristal. Ninguén se parou a mirar de que color tiña os orixinais. Puxéronle un ollo de cristal da cor verde. Os ollos del eran da cor castaño.
Nunca imáxinara que aquela desgracia o fixera tan feliz. A partir daquel momento, co ollo fixo de cor verde e o outro de cor castaño era o obxeto desexado por todalas mozas da contorna.
Elexiu a que quixo e que era considerada a mais lanzal e guapa, igual que coa sona de mais recatada e decente de toda a comarca.Tiña os ollos negros coma o acibeche.
Caseron, foron felices. Tiveron varios fillos. Nunca naide se preguntou o por qué todolos fillos tiñan os ollos azuis.
jueves, 8 de diciembre de 2011
"¡CHUNGO!"
Recordo que cando era rapaz, cada vez que facia unha trasnada, e esa trasnada era das que mais repugnaban á miña nai, ela sempre decía que le gustaría subir o alto dun lombeiro, e alí onde naide a ouvira, porse a dar berros.
Nunca entendí moi ben aquela arela de dar voces as urces. Podía chegarle coas labazadas que me soltaba. Eu pensaba que o que tiña que dar as voces era eu mesmo-
Estaba claro que, baixo o seu punto de vista, eu merecia de cando en vez, unhas boas ostias (sin hache), soltábamas, mais o de dar berros ela non o entendin ata vai pouco.Supoño que o merecia.
Ultimamente a min estame a pasar o mesmo. Teño ganas de dar berros de rabia. A diferencia coa miña nai, non teño ou non podo darle cun fungueiro a eses que fan que me cabree tanto. Quedaría agustiño, moi agustiño, atizandole cun estadullo a ese feixe de ineptos, semidictadores, e crápulas que se chaman a sí mesmos politicos.
Neste caso a miña diatriba vai mais contra os europolíticos, ainda que sin olvidarme dos nacionalsindicalistas españois.
Non me gusta nada todo o que está a pasar, políticamente, na Europa desta época. Aparte de que todolos dirixentes actuais, sexan do color que sexan, coido que ningún ten a talla necesária para sacarnos do marasmo no que estamos metidos.
Estou convencido de que esta sociedade chegou o fin dun ciclo. Tamén estou convencido de que eses dirixentes non saben como iniciar un novo. Solo son capaces de decirnos o que pasou (moitas veces agachando as súas própias neglixencias e desmans) e meternos medo co fin do famoso estado do “bienestar”, que ó mellor, solo o foi para algúns.
Nalgunha ocasión escribí por aiquí sobre “un ente extrano chamado os mercados”. Agora teño que rectificar. De extraño nada, acaba de enseñar a patiña. Ahí tendes a dous presidentes de dúas nacións Grecia e Italia, que foron nomeados polos famosos mercados e os seus valedores franco-xermanos. Paseronse polo arco do triunfo a decisión dos respectivos pobos electores. Así e todo os políticos que se deixan suplantar, con ou sen consentimento propio, seguen a vender que a soberanía reside no pobo. Por eso eles fan leises, que logo non cumplen, meten a mau no de todos e non é xuzgado naide, e naide responde da desaparición de diñeiro e ma xestión en Caixas de aforro, nin le esixen responsabiliddes ós bancos cando piden diñeiro público. ¿Cuánto diñeiro terán atamangado xa?.
Antes de acabar, queria contar algo que me trai lixeiramente preocupado: A fundación de EUROGENDFORD, forza especial de interveción antidisturbios e manifestacions en cualquer país da unión europea. ¡Hai que aplastar todo intento de rebelión!.Fan-no as agachadas.
Espero que agora entendais a miña entrada con ganas de berrar nos lombeiros, e a nacesidade de ter a mau un bon rebolo restre.
Saúde para todos. ¡A enfermidade haberá que empezar a pagala! .
martes, 6 de diciembre de 2011
"POBRE SORDO"
Estaba allí. Lo conocía desde la infancia. Hacia mucho, muchísimo tiempo que no se veían.
Le había costado trabajo reconocerle. Aquellas gafas le desdibujaban la cara. Eran gafas de ciego.
Cuando se habituó a la semipenumbra del local se dio cuenta que le faltaban los dos brazos. Seguramente aquellos trabajos de especialista en explosivos, alguna vez, dentro de la mina le habían jugado una mala pasada.
Todos los que conocían la manera de arrancar el mineral de carbón de las entrañas de la tierra sabían que las mechas incrustadas en los detonantes que hacían reventar la dinamita, a veces fallaban. Unas veces aceleraba el proceso y otras lo retardaba. Cuando sucedía, cualquier tragedia era posible. Quedarse sin los dos brazos, podía ser mejor que morir. O tal vez no.
Seguramente un fallo en alguna mecha fue lo que hizo que perdiese la vista y los dos brazos.
No se atrevió a hablar con su amigo de la infancia. No sabría que decirle, después de observar su situación.
Permaneció como una estatua delante de su amigo, sin saber que hacer y con una grande congoja aprisionándole el estomago, como si quisiera escapársele del cuerpo
Entró dentro del recinto en el que su amigo y él estaban, el encargado del centro en el que cuidaban, con la caridad propia de los explotadores, a aquellos que por una u otra causa habían sido victimas de alguna tragedia similar.
Hablando con él se enteró de que la explosión, como había imaginado, le había dejado, aparte de ciego y sin brazos, también sordo.
Hacia medio año que había salido del hospital. Su salud era muy precaria. Según los médicos, seguramente no viviría mas de un par de meses.
Tres meses mas tarde, cuando salía del cementerio en el que habían enterrado a su amigo, no pudo retener una sonrisa cariñosa, hacia el mismo. Había recordado una viñeta que una vez viera en la Codorniz, en la que el dibujante puso dentro de una carro con cuatro ruedas, el tronco sin extremidades de un hombre con gafas que denotaban que era ciego y con un gran cartel colgado del cuello que decía: “Pobre sordo”.
El de la viñeta pedia en una esquina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

