Onte, queridos amigos, ETA fixo público un comunicado decindo que suspende de maneira indefinida , mellor, textualmente dicen”declara un alto el fuego permanente y verificable.. etc. .. etc..
Seguramente, a min, gustariame escoitar o comunicado redactado doutro xeito, mais á falta de algo mellor benvido sexa este, e prego a Deus que dure hasta a aparición dunha dfinitiva, e de non volta atrás a verba ¡ACABOUSE!.
Vai un feixe de anos, xa case cerca do medio século, estando a facer o servicio militar en Jaca provincia de Huesca, na compañía na que eu estaba, tamén facian a “mili” rapaces de Cataluña, Galicia, Andalucia, Pais Vasco etc.
Como en toda xuntaza de xente que se precie, sempre se crean grupos mais ou menos afins e con certa empatía entre eles. No grupo mais afin a miña maneira de ser estaban dous catalans, dous galegos un andaluz e cinco vascos. Sobre todo con un destes cheguemos a facer unha boa amizade. Él tiña como apelido o de Aguirre e era de Tolosa (Guipuzcoa), lugar no que despous de licenciados volvímonos a ver e él levoume a un sitio onde facian eles a comida. Son lugares, o parecer moi famosos e coñecidos no Pais Vasco, que le chaman algo así como “chocos” ou parecido.Lembro que cando encargou o chuletón para min, dixo que eu era de terra adentro a o mellor non o comía enteiro. O que me puxeron tiña casi dúas cuartas de longo por uns catro centímetros de gordo, e ó velo pensei que estaba crú de todo. Zampeino todo ante a mirada atenta do cociñeiro e o meu amigo.
O resto dos membros do grupo vasco eran tamén da provincia de Guipuzcoa.
Todo esto ven a conto porque alí había un rapaz que xa estaba naquela primeira organización. Había certa simpatía de todos hacia aquel movimento contra a dictadura. Desgraciadamente, co tempo aquelo convertiuse nunha espécie de lugar onde moitos de boa fé acababan sin ter a posibilidade de liscar dalí, e o peor nunha maneira de vida.
O resto xa o sabedes, asesinatos indiscriminados, atentados nos que morrian nenos, e xente totalmente allea o mundo politico.
O asunto desde oseu nacemento, hasta oxe colleu tales dimensión e derivacións que se converteu nunha espécie de monstro de moitas cabezas, e que coido que, ós seus propios fundadores, foisele das mans.
Por eso dixe o principio que me gustaria escoitar outro comentário .Mais benvido sexa o que pode ser, se non o escarallamos, o principio do fin do terror, e o comenzo dunha verdadeira irmandade entre todos. Polo menos eso é o que mais desexo, neste eido.
Para todos aqueles que sexan excépticos, solo quero recordarlles un dito moi antergo que dí:
¡A ENEMIGO QUE FUXE, PONTE DE PRATA!
Comparto desexo e celebración discreta. Son dos escépticos. Foi demasiado brutal para rematar tan doada e sinxelamente. Oxalá me equivoque e isto sexa, de vez, o fin.
ResponderEliminarLoro: AMEN
ResponderEliminarLa violencia, como el poder, genera círculos viciosos que son difíciles de romper.
ResponderEliminarYo creo que ésta es la buena, pero, pese a todo, queda mucho por recorrer. A ver si somos capaces todos de sacarlo adelante.
Abrazos, Xabres
Xibeliuss: A ver si de esta acertamos. Hace falta voluntad por parte de todos.
ResponderEliminarUnha aperta