AMOZA QUE
ESCACHOU.
Estamos a pasar este fin de semana en Vigo. Revisións de médicos
mandan, Esas cousas de rutina que, o peor, pronto nos quitará. O estado e os
políticos que o manexan (¿?) son insaciables.
Hoxe sábado fúmos a
praia das Cunchiñas, en Baiona.
Aconteceron várias
cousas que tratarei de cotarvos, se son capaz e non escacho eu.
Cheguemos a praia e
cando tentei meter os nocelos na auga do Atlántico, case se me converte nunha “misión
imposible”. A marea estaba tan baixa que a auga escapera para as Illas Cíes.
Preguntei os veciños
que se tostaban a carón noso, e dixéronme que o fenómeno ocorria todolos días
desde mediados de Agosto. A auga liscaba cara América, por mor da profecía Maia
que dí que o doce de Decembro fina o mundo.
Un día destes teño que
ler eso.
Menos mal que unha
muller que pasaba por alí, dixo que non era por iso. Era-dixo-porque acababa o
vrao e ela tamén collía vacacións.
Aquela muller
escachou de risa, e marchou hacia o castelo abaneando as cadeiras e movendo ós
pés dun xeito que un xa coñecia. Os dous pés o camiñar formaban un co outro un ángulo
de casi cento oitenta graos.
¡Ese camiñar eu
coñeciao!
De súpeto caí na
conta. E acordei daquela moza de Val dos Marcos.
O que mellor sabia
como camiñaba e bailaba era o Silverio. Parece ser que bailando e poñendo os pés
daquela guisa o asunto movía a leria e mofa por parte do personal.
O Silverio fixo unha
demostración de cómo bailaba, unha vez no Navallo, diante de outros vaqueiros. Colleo postura, compuxo os pés e escomenzou a froxar. Detrás del estaba a
caldeira chea de auga que regaba os prados, e froxa que froxa acabou chapuzando
nela. Alí e nese intre acabaou escachando todo quisque.Mais foi de risa.
Alguén, mais tarde,
contoume como a moza que nos ocupa aiquí, escachera de xeito definitivo e cheo
de xolgorio.
Forón, nun domingo
daqueles de antes, varias mozas o Barrio de Santa María de Hermisende desde o
Barrio de San Ciprian de Hermisende, a mercar algunha cousa, pous todo o que se
podía mercar etaba alí e vendian-no sempre os mesmos. Os mai novos podedes
indagar a traves dos vosos pais.
Chegueron as mozas o
comercio xusto cando a xente saía da misa. Como de costume arremolinábanse
arredor do comercio e moitos entraban nel a pelar a pava. Entreron, merqueron e
xa se marchaban cando a nosa moza voltou o mostrador, e pregutoule o tendeiro :
- Milio, ¿Tés pelotas?
-
O Milio coa rapidez dun lóstrego respostou- ¡Teño é
boas!
A risotada dos mirois foi tan
forte que se escoitou na Bergalonga.
A moza entonces caeu na conta, e o
sair, parece que sobrepasou os cento oitenta graos de abertura dos pes, cimbreou
en demasía os cadrís e ficou escachada desde aquela.
Eu so a ví bailar unha vez. ¡Era certo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario