¡Tempos!. Tempos
aqueles, nos que inda non se inventera a era do despilfarro. Teño que definir o
despilfarro como aquelo que desde o principio do século pasado está a pasar
neste planeta Terra, sen que ninguén le poña couto. Claro, por iso esta querida
Terra, estase a revelar contra todos.
Vou tentar
desenguedellar a parrafada anterior, e ver se son capaz de esplicarme.
Para pornos en
situación, solo temos que pensar no que está a suceder agora con unha empresa
punteira galega do sector da extración e comercialización da pesca.(De un tamaño moi grande, opera en case todo o mundo) Coido que a
situación desta empresa é paradigmática de case todas as grandes corporacións,
non so da nosa terra, case me atreveria a decir que de todo o mundo chamado
indebidamente “civilizado”.
Vereis, cando eu era
un aprendiz neste mundo de ganarse a vida, tentei como case todos, formarme o
mellor posible, dentro das miñas posibilidades, para desempeñar unha función no
mundo da empresa `productiva. Cando digo productiva quero referirme a ese tipo
de empresa que fai cousas cun certo valor añadido, é que pode servir de algo as
xentes que esten dispostas a mercar esas cousas.
Daquela, nunha
ocasión, nunha clase na que se trataba do tamaño das empresas, tiven o
convencimento de que este tamaño non deberia nunca ser esaxerado. Tamaño grande
solo para aqueles proxectos que os estados estan obligados a facer e que son
competencia propia deles. Unha vez feito o proxecto a empresa pasará a outras
cousas, ou desfarase. Esto seria cousa de outra reflexión.
As empresa medianas e
pequenas, son as que mais postos de traballo crean. Son as mais fáciles de
reconverter, se o sector no que estan toca o seu fin. Teñen uns gastos de
estructura pequenos e por ende os gastos finacieiros, son tamén mais pequenos,
e como case unha consecuancia é dificil que acaben en mans de especuladores,
que son a carcoma deste sistema que está agonizando na actualidade.
Hai que pensar que
tal como se fixeron as cousas hasta agora, o sistema necesitaba de uns
recursos, mellor dito, quíxose que se
necesitera, uns recurso finacieiros que nadie tiña. Habia que recurrir os
prestamos, e o problema era que o dos préstamos era unha espécie de espiral que
non tiña fin, hasta tal punto chegou que as propias entidades financieiras,
tiñana que recurrir o mesmo, co que a espiral o fin no era tal, senón unha
espiral que nun momento determinado invertíase en sentido contrário.
Nunca coas empresas
tradicionais e medianas e pequenas dedicadas a pesca, por moitas que fosen
puxeron e perigo as especies mariñas, e sobre todo nunca se despilfarraba, cos
medios de pescas artesanal, unha comida que dalgún xeito poderia servir para
unha humandad, que, paradóxicamente, fai as mores extración de peixe,
desperdicia moito, e nembargantes, unha cantidad inxente de persoas na Terra,
pasan fame.
Esto é un humilde
blog, no que pretendo, por negro sobre blanco, polo menos nun principio, cousas
e recordos dunha terraa que leva nos “entretiños”, e a que quero, tal é a terra
dos meus antepasados, e non pretendo dar clases a ninguén, mais neste momento que estamos a sufrir, hai cousas das que no
quero pasar, e pretendo deixar eiquí as miñas impresións. ¡Xa sei que non
servirán pra nada, pous a avaricia dalgúns non ten límite, ni nadie que lo
queira por!.
Deixo aiquí esta idea,
e seguramente co tempo irei desarrollandoa mais, e a ver no que queda todo esto.
No proximo blog, falarei
da maneira en como eu vexo como os politicos queren arreglar a cousa, a base de
foder os de sempre sen buscar culpables. ¡Habelos hainos!
Eu si que non entendo de empresas pero nunca pensei que unha grande fose unha mala idea. Se é grande debería ter mais posibilidades de triunfar non?
ResponderEliminarOs tempos andan revoltos, a ver se nos vas despexando as nubes, querido Xabres.
Bicos.