Dia un Xullo de mil novecentos
cincuenta e sete. Habia que ir a Hermisende con tempo bastante para
subir ó camión do Maragato.
Unha vez que a caixa do camión estaba
abarrotada de xente dos pobos do axuntamento, o Maragato arrancou o
motor do camión e iniciou o percorrido da pista, aquela pista chea de
croios, e que levaba a Lubián.
Alí ibamos, entre toda a xente, un
meu amigo mais eu, agarrados a donde podiamos, e aguantando o
traqueteo daquel vehiculo. Un camión daqueles de morro largo e
seguramente con tantos anos que xa non deberia andar e menos cargado
de xente. probablemente o bon do Toño non se puido negar.
As ordes viñan do goberno civil, e sé
se negaba, seguro que teria problemas. Daquela habia cuartel da
guardia civil en todalas aldeas, e o mellor tiñan instrucións de
garrote e tente tieso.
“A
todos cuantos habitan en las Comarcas, como un solo hombre y al
frente de sus Alcaldes, Párrocos y Jerarquías, han de estar en las
Estaciones desde las 3:30 de la tarde para saludar al Caudillo.
Orensanos todos de la Ciudad y del Campo: El Generalísimo viene
a Orense en revista a la provincia. Que nadie falte a la hora de su
triunfo ¡Viva Franco! ¡Arriba España!
“,
Este era o comunicado da máxima
autoridade de Ourense, e na de Zamora supoño que seria igual,
desgraciadamente non a atopei. Esta que transcribo é literal e está
na rede.
Xa sabedes o motivo daquela
viaxe.
Meu amigo e mais eu tíñamos
na cabeza outrso menesteres. Ir a Lubián nun camión, non era moco
de pavo para nos.
Rondabamos os quince anos, iban
raparigas de toda a comarca, haberia posibilidades de ligue ou polo
menos de chiscarle o ollo a algunha.
Polo camiño decidimos que o
noso pelo non nos gustaba. Caíanos enriba da cara, e iso non era
cousa de mozos con ganas de ligar. ¡O pelo debria ir hacia atrás!,
como o dos mozos que xa fixeran a “mili”.
O camión deixounos na Ponte
Mazaira, lugar desde o que subimos camiñando.
Xa en Lubián, meu amigo e mais
eu, entremos no comercio do Sotillo. Preguntemos se habia “fijador”
para o pelo, e ante a resposta afirmativa mercamos u tarro, de
aproximadamente uns cento cincuenta gramos do tal mexunxe.
Subindo hacia a estación do
ferrocarril polo carreirón que atallaba e evitaba os rousos da
carretera, habia que pasar no rigueiro que non me lembro como se
chama.
Alí armados de peines de bolso,
e co fixador a man fumos untando o pelo e peiteando-o hacia trás
como mandaban os cánones do bon mozo.
O pelo era rebelde e sempre
buscaba a sua tendencia natural, polo que o tarro da gomina, tamén
chamada así, quedou todo enriba das nosas calugas. Todo aplastadiño
hacia atrás, e brilante, que o sol reflectíase nel.
O problema apareceu pola tarde,
unha vez que aquelo secou. Empezou o pelo a escamarse, levantarse
unhas sobre as outras,as escamas, tal cual guerlas de trutas tratando de
respirar fora da auga.
Lavando o pelo tampouco se arreglou
o problema.
As rapazas, cachondeeronse de
nos, que cual raposos co rabo entre as patas, tratemos de facernos
invisibles. Cousa que conseguimos, volvendo ás nosas casas camiñando,
e evitando a chamada carretera. ¡Sempre por carreiróns.!
As veces o avergonzarse, é o
que trae.¡A camiñar cual burrros!
Creo que aquel señor que viña
nas moedas de entonces coa súa fotografía,cun letreiro que decia:
caudillo de España, pola gracia de Dios, nin se enterou da nosa traxedia. Tamén dixeron que na estación non parara nin un segundiño o tren
¡Dios as veces,
ten....cada..gracia!
jajajaja ayyy que bon! Escachei coa risa, Xabres. Quen che vería co pelo ao Carlos Gardel primeiro e logo como as púas dun ourizo! jajajaj
ResponderEliminarBicos.