Xa era no tempo no que había més nas
leiras.
Era un tempo no que os cordeiros e
cabritiños, de cando en vez, alguén os levaba a pastar a algunha mes
tenriña, e verde. Sempre pensei que se fose do gremio, encantariame
comer daquelo.
Tamén era tempo de esculcar nos
castañeiros para ver como criaban os paxaros,
pescudando sobre todo os pitos verdeais. Unha niñada de pitos,
merecia a pena, pous adoitan criar entre sete e oito crias, que cando
estan xa en sazón, fan a mesma comida que outras tantas perdices.
Andando a procura da
paxaragada, un descubre e ve un monton de cousas. Acaba descubrindo
maneiras e segredos dos conveciños.
É o que ten aquelo
de andar polo alto das arbores. Son as reminiscencias da época
simiesca, que volve a reencarnarse.
Ahora que xa podo,
pous naide sabia nada, mais que eu, e os interesados xa vai moito
tempo que emigreron a mellores terras. É a "fada" de todos
nos, os do noroeste desta peninsula, na que según decia un escritor,
creo que romano, un mono podia baixar desde os Pirineos hasta
Gibraltar, sen baixarse das copas das arbores. Agora xa mirais como
está o negocio.
Volvendo o que foi
motivo desta entrada, contareino, con moito medo, pero contareino e
con todo o respeto do que son capaz.
Pareceume un pouco
cedo.
Era antes do medio
día, era un dia calquera da semana. Nesas horas é cando os paxaros
acarrean mais cibaco as crias, polo tanto era a hora mellor para
controlar os nius.
Controlera un pito
real, ese que nos chamamos verdeal, que estaba dando viaxes hacia un
castañeiro. Pola velocidade dos viaxes cheguei a conclusión de que
alí habia xixa dabondo pra unha semana.
Acerqueime o
castañeiro de marras e desde abaixo, non se vislumbraba donde podia
estar a niada. Decidin subir a buscar o buraco, pous estes paxaros
crian dentro de buracos, xa feitos, ou que fan eles.
O castañeiro era, é,
trobo toda a torada do tronco, estaba, está, nun caboco cerca dunha
daquelas leira de mes, e xa tiña unhas follas que cubrian todo.
Cuando estaba
encaramado no castiñeiro descubrí unha moza, armada cunha fouz e
unhas vergas, o que me deu a pista de que ia segar mes a algunha
leira daquelas.
Pola banda contrária
a que ela apareceu, asomou un mozo, que todos sabiamos que era o seu.
E dicir que mozeaban un coa outra.
Fiquei quedo no alto
do castañeiro, sabendo que non me guiparian, pous coas follas e unha
boa cantidade de gameitas, tiña o observatório mui ben camuflado.
Tiña verdadeiro interes en ver como era aquela xuntanza.
Os acontecementos,
foron rápidos case como un lóstrego.
Pra sorpresa miña,
viñeron os dous dreitiños a troba do castañeiro no que eu estaba
encaramado. Chegueron alí sen falar nadiña. Sen pensalo nin
titubear puxeronse alí debaixo de min a facer o traballo da
perpetuación da especie.
Foi rápido, cousa
que agradecin.
Cuando baixei con
sete pitos, o oitavo escapouseme, na leira xa non quedaba ninguén,
solo faltaba un mañuciño de mes nun canto.
Fuches a ver paxaros e abofé cos viches! :)
ResponderEliminarNon sei o que é "mes, trobo, caborco". Pescudei no Xerais pero nada!
Un pracer lerte, Xabres.
Aperta.
Mes é o centeo tenro de menos de unha cuarta de altura. Trobo e oco, valeiro, usabase moito tamén cos cortizos das colemas. Caborco e un desgaste feito pola auga da chuvia na terra, tamen se di cabaxe, cabanco e seguro que algunha variante mais.
EliminarCada vez que me dices que non coñeces unha verba das miñas, aledome, pous trátase un pouco diso, de ir metendo verbas da comarca da Xeabra Alta, pra que non se perdan, pous a fala dos antergos vai en declive.
ResponderEliminarUnha aperta.
Gracias, Xabres.
ResponderEliminarA nosa fala galega ten unha riqueza de vocabulario incríble.
Paseniño, paseniño vaise perdendo.
A miña neta fala tanto o galego coma o castelán, pero claro aínda así o vocabulario ímolo perdendo todos. A mín chámame avoa, e cando tiña uns tres anos pregunteille ¿é como se chaman as túas abuelas? E me contestou, abuela Marina e abuela Avoa, :) Agora con cinco xa sabe que avoa é en galego. Eu son feliz cando a sinto falar o galego, :)
Aperta.
Tamén eu cachei e fun cachado neses canivetes pero como son unha chisca máis novo vou calar, de momento.
ResponderEliminarEspera a que os interesados morran. Pero se es ti, mellor que naide o sepa.
Eliminar