UN MEDICO PARA UN ENFERMO.
Nesta semana na que o sol e a chuvia
estuveron xogando o escondite, xogo no que o fin gañou a chuvia,
estivemos na Alta Xeabra, na mundialmente famosa terra de Val dos
Marcos, terra na que algúns de nos nacimos e tivemos que
desarraigarnos por mor dun estómago que esixia comida todolos dias,
e tiña unhas arelas de mellorar un chisquiño a forma de vida.
Ben, as noites de pedra transcurriron,
e agora un debece por ir a cuidar a hortiña, e tentar a sorte, en
forma de produtos cultivados por si mesmo, que dito sexa de paso, hai
anos que moi ben e outros regulin. E o recordo da vida daqueles seres
autárquicos que nos precederon e sempre andaban mirando o ceo, para
averiaguar se as xeadas, as chuvias ou as sequias le ian madar todo o
esforzo e traballo dun ano o carallo.
Nesta semana o tempo non nos axudou
demasiado. Esperémos que aqueles produtos que soterremos, sexan o
suficiente fortes e aguanten os malos humores do tempo.
Despous do que considerabamos xornada
laboral do dia, adoitabamos reunirnos cun matrimonio amigo para dar
conta dunhas viandas, uns grolos de Albariño, e fecer tertulia a
carón da cociña de leña, que desprendia un acolledor calorciño,
O meu amigo, falando dunhas cousas e
outras, referiume unha historia, que cando menos é ocurrente ou que
sé se quere, fala dunha época xa superada, e que poderiamos enmarcar
naquelo que o escritor galego denominou “A Longa Noite de Pedra”.
O relato, mais ou menos. Foi como
segue:
“Era a principios dos anos setenta,
do século pasado, dia seis de Agosto, recordoo porque era a festa de
Castrelos.
Viñeron a buscarme para que fora a chamar o médico para o que parecia unha urxencia. O de Hermisende
non estaba, forase de vacacións. A alternativa era o de Lubián.
Cheguei a Lubian e alí non estaba
tampouco. Dixeronme que estaría na Puebla, que era onde adoitaba ir
polas noites.
De Lubián a Puebla, por aquela
carretera primixenia, inda levaba un bon tempo, pous entre Padornelo
e Requeixo parecia que o trazado o fixera un monxe giróvago.
Atopei o médico xogando a partida
cuns colegas. Expliqueille o motivo da miña visita e respondeu que
non iba. Dixenlle que alá él, a min que me dira un escrito no que
dixera que non queria ir. Se non mo queria dar chamaba a guardia
civil como testigo e eu liscaba.
Acedeu a ir conmigo, no meu coche,
coa promesa de que o volveria a levar a Lubián.
Desandemos o camiño que eu xa
andera, e cando pasamos por Castrelos, xa estaban co baile de despous
de cenar.
Daquela a carretera, era eso, unha
carretera, para carretas tiradas por cabalos. Estaba sen asfaltar e
con unha chea de croios polo medio. Desde Hermisende a Sancibrao era
un camiño de terra, cos correspondentes regos que o atravesaban, nos
que os tubos de escape se emboligaban perfectamente.
Cando estabamos chegando a ponte
sobre o Tuela, un foco fixo señales de que debiamos parar. Parei pous
era unha parella de guardias civiles un guardia e o sargento, que se
acerqueron o coche pola ventanilla do copiloto, xusto a carón do
médico, que desde Puebla non deixera de refunfuñar. Coñeceron-o e
enton dixeronle, ¡Hombre Don Xxxxx, que hace usted por aquí!.
Pues ya veis- respondeu o galeno-
vamos de putas.
Llegamos al pueblo el médico quedó
en casa del enfermo, y yo fuí a dar la vuelta para regresar cuando
acabase. Xa me estaba esperando. Subiu o carro e con cara e xestos de
poucos amigos dixome que me invitaba a unha cervexa en Castrelos en
casa da Socorro.
Contoume que a enfermidade non era
tal, solo un ataque de histeria. Que seguramente cun par de ostias
tanto o enfermo maxinario como a quen le deu pábulo, houberan evitado a
sua intervencion e o meu paseo”
Creo que osarxento, inda anda buscando
a casa de putas, para facer unha inspeción de carácter sanitário.
No pude aguantar la risa imaginando la cara del sargento con la respuesta del médico.Comprensible el enfado del médico, hombre, algo tan precipitado en plena noche por caminos de carros solo es justificable para un caso de vida o muerte....
ResponderEliminarUsted que puede, disfrute de ese huerto que aunque el tiempo no acompañe siempre se puede replantar lo que se hiele, aunque esto retrase la cosecha que al final siempre será propia y de fiar, que hoy día eso es un tesoro aunque todo dependa de lo que caiga del cielo...
Saludos.
Para coller o enfermo e familia e darlles un sustiño, :)
ResponderEliminarSupoño que disfrutarás vendo a colleita sementada, Xabres.
Unha aperta.
Levas muito tempo calado. Espero que non pase nada malo.
ResponderEliminar