UN APRENDIZ DE LABREGO ANOXADO
Ano, de non gracias,
mil novecentos noventa e catro mas vinte. Está enfurruñada conmigo,
penso eu, ainda que ó mellor tamén é con alguén mais.
Dediqueille todo o
veran, os tres meses, incluidos os dias roubados a primaveira e o
outono.
Trateina co mor
dos cariños, cariños que eu coñezo e que o mellor non son os
debidos, labrada con xeitiño, estercada co que din é o mellor, o
esterco de vaca, en fin traballada con todo o esmero que un profano
con ansias de facelo ben pode por sobre ela mesma. E viroume as
costas.
Non me queixo por
min, porque en definitiva son un verme pequeño e sinxelo, queixome
tamén por aqueles que me acompañeron na aventura.
Amiga Gea, eles non
tein a culpa, de que non me queiras, mais, o vengarte de min tamén o
fixeches deles.
Pode ser que ó
mellor, sufriras presións de Cibeles, non cho sei,(por aquelo dos nomes) pous os vosos
designios solo vos os sabedes. O caso é que por unha cousa ou outra
non nos axudestes muto.
O problema
estendeuse a toda a Alta Xeabra. Por referencias, pasoulles a todos,
ou case, o mesmo.
Mira, os tomates.
Os tomates full.
Os pementos. Os
pementos igual.
As fabas, tres
cuartos do mesmo. Inda teñen flor algúns, e o maio xa vai a punto
de voltar.
Uvas, as que non
tiñan mildiu, tiñan botrite e algúnha carallada descoñecida.
Cando chegan os
fungos, todo prometia. Colliamos os Boletus edulis, con magnifica
planta, rechonchos e con chapeu como di o Raxoi que manda deus, mais
unha vez que chegaban a casa deixaban de ser.
As Lepiotas o
mesmo.
As mazás,
apodrecian na mazaira. As peras igual.
Amiga Gea, coido
que te estás trabucando. Os teus inimigos non somos nos, pequenos e
vulgares vermes que escarbamos na tua casca. Fíxate ben, que non son
os nosos anceios e traballos os que fan que te sintas mal.
Date unha volta por
outros lares,lares que non te cuidan, deitan sobre tí todo tipo de
detritus, acompañados de gases inconfesables, e non lles importa un
carallo a túa dignidade, solo pensan neles mesmos.
Fixate se son
cabróns que se rouban uns os outros, mais todos eles uns e os outros
rouban-nos a todos, Incluida ti amiga Gea.
Fala co coxitranco
dos pés alados que coido que o coñece todo, ou polo menos escoita
daiqui e dalí, que che conte o que sabe, e de paso pasasnolo, pous
podemos subilo o facebuque ese.
Unha beijoca
cariñosa, e perdoa a maneira de dirixirme a tí. Xa sabes da miña
torpeza.-
A nai Terra empeza a estar embelenada aquí e acolá.
ResponderEliminar"Envelenada" quero dicir. Ao final os cartaces que aparecen por todas partes acaban creando escola.
ResponderEliminarEntendera a primeira. Recordos a Leo e mais Xela.
EliminarSemella que non se deu ben a colleita, Xabres, :) Pois sí, se cadra a Terra está ate os miolos do comportamento humán.
ResponderEliminarUnha aperta ben forte.