LEMBRANZAS DUN PROXIMO PASADO-
Este fin de semana pasado,fun a Alta
Xeabra, pensando que, o mellor, podia embaucar algunha perdiz ou
coello, e de paso trochar algunha xesta urz ou carqueixa. O fin so
quedou esto último.
Como pola zona de Val dos Marcos, pola
insidia dalgunha autoridade amiga de gastar o que non é dela, en
camaras detectoras de incendios, e que o axuntamento en referendum
non autorizou, pensase que tratou de vingarse cun incendio horroroso
que partiu dunhas leiras de Portugal de rastrolla, e que os
especialistas de Tragsa non foron quen ou non quixeron sofocar.
(Faladurias hai para todos os gustor, mais todas na mesma direción)
Algún dia que teña ganas, deberia
pedir as facturas de apagar os incendios na zona, e do coste das
famosas camaras. Casualidade que solo ardera na zona que non as
autorizou... ,
O non poder cazar en Val dos Marcos,
decia, fun o terreno da aldea da miña nai, A Teixeira, a cazar pola
banda do Fillabal e Outar de Lobos. Deambulando de unha banda para
outra, acabei no cimo dos prados de Meixende de Hermisende, por mor
dunhas perdices que xa saben latin, e teñen en mellor estado as suas
as que as miñas pernas.
O medio dia senteime a comer un bocado
de pan de centeo cun cacho de chourizo que generosamente puxera a
miña disposición a amiga Ción a famosa cociñeira da Casa do Cura
en Hermisende, barrio de Santa Maria. As boas relacións entre o
barrio de Santa Maria e o barrio de San Ciprián, coñecense por
estas pequenas grandes cousas.
Senteime nuns penedos, nos que xa fai
anos, estivera tamén comendo algo con tres amigos que xa nos
deixeron fai tempo: O ti Pedro da Teixeira, meu tiu Luis e meu irman
Xeria. O ti Pedro daquela xa rondaba os oitenta anos, e inda le tirou
o ruido dun coello, que foi colgado debidamente.
Mentras comiamos, contounos un conto
que parece que correra pola banda baixa dos Moares, alí donde
escomenzan os montes de Montesinho. Parece que habia un
contrabandista que pasaba o trelo polas noites, cuanto mais oscuras
mellor. Pra camiñar por aqueles riscos parece ser que tiña
amaestrado un Coco Relumbrón que era o que le daba luz nos pasos dos
rigueiros. O Coco como o tiña nunha gaiola alimetabao dos mellores
produtos para cocos relumbrois, era de unha polegada de grande, e
alumeaba mellor que un candil de carburo solo hacia o chao, cousa que
era boa pous non os bislumbraban desde lonxe e os carabineros e
guardiñas non os daban pillados.
Pensando naqueles tempos acabei a
vianda, e voltei a trochar monte. As perdices facian escarnio e mofa
de min. Levanataban voo, cando estaba enterrado no monte, e cantaban
cando eu estaba na outra banda dos rigueiros. Incluso algunha, mais
amiga do escarnio, deixabase case coller pola Lupa, sabendo que eu no
seria quen de zorregarlle unha chumbada.
Unha vez que cheguei a conclusion de
que aquelo xa non daba mais de sí, decidin volver para a casa. Xa
case era hora de cenar, e como os cartuchos seguian na canana, cada
vez pesaban mais.
Volvendo hacia o coche, que deixera na
portela chamada da Teixeira, e xa entre lusco e fusco, na haba de
Outar de Lobos descubrin tres homes paseando e esperando a que eu
pasara por onde eles estaban. Coñecin-os rápido e o mais novo
deles guiñome un ollo, como era o seu costume, sinalando para miña
percha de caza valeira.
Tentei disculparme con él por non
adicarle un sorriso a finales do mes pasado. Fixo un xesto que decia
“non te preocupes”.
Fora o aniversario do seu pasamento,
xa vai un feixe de anos.
Tiven que buscar por Internet para saber o que era o coco relumbrón jajaja
ResponderEliminarAínda que non cazaras dame a min que desfrutaches da saída ao monte.
Eu disfruto léndote.
Unha forte aperta querido Xabres.
Gracias Ohma, eres unha boa amiga.
EliminarAlégrate porque por aí aínda tedes perdices, da miña zona (en Sober) hai anos que desapareceron.
ResponderEliminarApertas
Raposo, non teredes perdices pero tendes un viño que é unha marabilla.
Eliminar