jueves, 5 de noviembre de 2009

MANEIRA SANTA DE DAR CORDA O RELOXIO.



Esta anécdota escoiteila nunha ocasión a miña avoa Martina.
Alá polos trinta primeiros anos do século pasado como sabedes, unha gran maioria dos nosos antepasados, emigraban a facer as américas, pois parece que se falaba de que pola outra banda “do charco” atábanse os cans con chourizas.
Desgraciadamente para eles, a gran maioría, viñan daqueles paises, esfolados de traballar, é, en moitos casos tiñan que pedir cartos para o billete de volta.
Polas aldeas de San Cirpián, A Teixeira, ë Castrlos, que, de todo o axuntamento foron as que mais persoas manderan a emigración (triste palabra, e repetida hoxendia, demasiadas veces) é, se preguntades os vosos antergos, diranvos que ninguén voltou rico.
Moitos, tiveron sorte de volver, e traer catro pesos para desempeñar o viaxe de ida.
Na miña familia, teño mostras do que digo. Por parte de miña mai Dolores, sin ir mais lonxe, emigrera seu pai, xa desde que ela nacida. Voltou, e gracias. Por parte de meu pai Pepe, decir que os seus pais, a pesar de ser curmans, atoperonse en Bos Aires e alí se casaron.
Debe haber moi poucas familias tanto na Texeira, Castrelos e San Cirpián, que non óteñan un ou dous antepasados que cruzaran “o charco”, como eles chamaban ó Oceano Atlántico.
Daquela, decian cando volvian, que estiveran en América ou no Norte, entendendo este último como EE.UU.
Pous ben, na Teixeira, volveran varios emigrados do continente americano. O parecer todos, ou case, o regreso fixeron-no de maneira bastante humilde, sen fachenda de ningunha clase.
Todos menos un, como os da aldea de Obelix.
Este Un, que será ese o nome co que o chamaremos, voltou cun reloxio de peto.
Creo que era un reloxio bastante grande e gordo, cunha cadea que mais parecia un estrinque de acuartear, que outra cousa. Mais o reloxio non se fixera famoso por o seu tamaño senon pola maneira de darle corda.
Non sei se conoceredes a igrexa da Teixeira.Ë pequena e non demasiado alta, polo que calquer ruido durante a misa, escoitábase incluso nas Moreiriñas.
Como sabedes as mulleres e os homes dentro da igrexa estaban separados, os homes arriba cerca do cura, e as mulles detras de todo. Os home tiñan escanos para sentarse naqueles tramos nos que a liturxia o permitia, e as mulleres so tiñan os reclinatórios, as que os tiñan, para estar constantemente axeonlladas. ¿Estarian as mulleres atrás, para non enseñarle as cuxas os homes?.
Pois, indo o que ibamos, o noso Un, púñase na última fila dos homes, e en cabeza casi da das mulleres, e sempre, cando mais silencio habia na igrexa, uns segundos antes da Consagración, este Un, desenfundaba o seu Rosko-Patent, e púñase a darle corda.
Según miña avoa o son daquela corda semellabase bastante o chrrido dun tronzador cortando leña de carballo seca.
Tamén decia que o Un, moi finchado, púñase en posición de firme, e frotaba, mentras le daba corda o trebello, os leguis, un contra o outro.
Daquela parece que era o único medidor de tempo daquela clase que habia na Teixeira.
Habia un de sol, mais non se podia levar a misa, nin precisaba corda.

lunes, 2 de noviembre de 2009

CUALQUIER TIEMPO PASADO, ¿FUÉ MEJOR?



Estivemos en Val dos Marcos, coa idea, falsa idea, de atrapar algunha perdigocha pra non olvidar o sabor que lle dan a un bon arroz.
Pous ben, despous de todo o sábado pateando desde o Facho hasta Lagoas, pasando pola Quinta a Estante, Purtela dos Millais e volta (en coche desde este último lugar, gracias o meu sobriño Jorge) mais cansos que se tiveramos que arrastrar un tren con rodas cuadradas, é o domingo un pouco menos, decidimos deixar a caza pra mellores tempos.
Estando en Lagoas collendo unhas fermosas lepiotas proceras, acordeime dunha anécdota do ti Alipio, despois da súa volta de Arxentina, cando xa tiña un feixe de anos.
Un dia, o noso home, foi de caza pra Lagoas, nas cabocas que hai entre Lagoas e o Piñeiro donde estan uns enormes penedos de granito.
Tiña él, daquela, un bon can de coellos.
Subiuse o Alipio a un daqueles penedos a esperar que o “lepra” asomera o fuciño acosado polo can, cousa que non tardou moito e acaecer.
Arrancou o coello por unha caboquiña arriba, dreitiño a un descampado, polo que atravesou camiño do Piñeiro, sin que o cazador fixera intento de dispararle.
En frente xusto o lado da casa do Pólitos, habia dous ou tres cazadores, que pola situación viron todo o acaecido.
Cuando se xunteron con Alipio, algué le dixo, ¿como deixou escapara ese coello?, non le podia sair mellor!.
Mira, -respondeu- ese coello, cuando eu era novo, non se houbera marchado sin unha boa chumbada.
Daquela, eu podia estar no alto dunha pedra, se barruntaba que algún coello ia saltar por un sitio determinado, solo tiña que pensar en cambiar de penedo, e era pensalo e xa estaba feito.
Agora, estou apostado nunha pedra, os cans dan mostra de sacar un coello, e éste vai sair por un sitio diferente ao que eu espero, teño que pensar como baixo da pedra na que estou, e cando acabo de facelo, inda antes de baixarme do penedo, xa o coello tivo dúas camadas de gazapos.
A meu irman César e a min, xa nos empeza a suceder o mesmo, xa empezamos a necesitar unhas boas pancas pra movernos.
Sempre nos quedará decir aquelo de “hai que deixalos criar”.
De castñas e ánimas falraremosoutro día.

jueves, 29 de octubre de 2009

O MELLOR NON E TAN ESAXERADO






Ano da era cristiana de 2.030.-
Lugar: Val dos Marcos.
Hora, oito da tarde do mes Novembro no dia de Todolos Santos.
Estaba a xente esperando a res, para despois de metela na corte, ir o Sagrado a rezar polas almas do defuntos. Habia un pequeno problema, os responsos deberian ser ditos en dous sitios. No autentico Sagrado que hai arredeor da igrexa, e no cemiterio do Camiño Novo.
Decidiuse ir ó Camiño Novo, despois de andar arredor da igrexa, polo Sagrado.
Entrou a res nas cortes, vestironse as mulleres dacordo coa función que se ia realizar; Panos na caluga atados por debaixo dos queixos, mantons encima, é solo os ollos relucian, co reflexo das velas que levaban ó efecto.
Un parroquiano, decíalle autro- chacho, este ano non hai castañas nin para fecer un magosto nunha carqueixa. Non sei conque cebaremolos porcos.
Deixaos que pasen fame-decia o contertulio, asi o xamón terá mais freba.
¿Quen coño nos ia decir hai seis anos esto- terciu un terceiro-haberá que rezar ó santo dos imposibles, para ver se se arregla algo.
Caleron, pois daquelas o crego xa estaba hisopando sobre as lápidas que tiñan diante, e iniciando un “pater noster”.
Estaba, eu, xa un pouco canso e decidin sentarme nunha escaneta das que hai dentro da igrexa, naquela escaneta que estaba a entrada da sacristía, e que voltaba a estar no mesmo lugar.Debinme de quedar dormido, porque despertei cando xa alí non habia naide, todo era obscuridade, so quedaba alumeando a lampariña do Santísimo. Mirei o reloxio e eran caseque as cinco da madrugada.
Cando me ia a levantar para sair, descubrín a procesión mais rara que vos podedes imaxinar. Era unha procesión de sombras, todos con sotana, que entraban pola porta grande.
Por enriba das sotanas levaban unha especie de casulla, na que habia polos dous lados frases escritas. As sombras chegaban debaixo do púlpito, facian unha inclinación de cabeza , e , en fila india saian pola porta sur da igrexa.
A última, era unha sombra pequeniña, mais ben parecia a sombra dun monaguillo que a dun cura, mais pola fachenda albisquei que era tamén sombra de crego.
Viume e acercouse a min, e eu con todo o respeto erguinme, e tentei saúdalo, mais arredandose, a sombra díxome. ¡ NOLI ME TANXERE!
Ben ví que toparle era imposible, pois non hai xeito de facelo cunha sombra, e menos se é unha aparición.
Todolos tonsurados que eran, o foran da igrexa de San Cibrao.
De primeira non fun quen de entender o que decian aquelas pancartras que levaban tapandoles por detras e diante, hasta que me din conta de que tamén estaban escritas no vello idioma romano, que igrexa hai pouco abandonou.
Según me comentou o cura pequeniño que parou a falar conmigo, eran laios por aqueles pecados que fixeran cando eran cregos vivos e andiveran en negocios relacionados co mais alá arrebañandole posesions os seus feligreses. Todo esto contoumo mentras saíamos o adro, donde continuou a parolada.
Verdadeiramente o Sagado vello é moito mais romantico e agarimoso que o do Rouso do Camiño Novo.
Polo que puiden ver todos tiñan algo na súa contra, pois o que non le arrebañera un catañeiro a unha velliña, afanerale unha cortiña, outro un prado e asi unha carrioula tan grande como o número de cregos multiplicado por dous.
En relidade a pena non les viña por a rapiña, pous nesa aira metese todocristo e o fin todo é perdoado.
O problema era pola rotura de contrato: A xente que le daba as posesión dos seus herdeiros a igrexa, era a cambio de que receran ou le dixeran misas “in aeternis”, cousa que os curas non fixeron, e o resto dos seus colegas tampouco, o que levou os damnificados a levantarse en greva con pancartas, ante o Gran Facedor, que determinou que aqueles que inicieran o contrato deberian pedir perdón a os perxudicados.
Os pobres tonsurados, solo podian sair de noite, pois polo dia corrian o risco de ser lapidados.
¡Que Zeus les perdoe!

miércoles, 21 de octubre de 2009

¡MACHISMO DE ALTOS VUELOS?

Se, neste país de mer....itos pequenos, houbera mulleres, como algunha que tiven a honra de coñecer en Val dos Marcos, mentras o señor Raxoi (perdón, Rajoy) aspire a rexir os nosos infaustos detinos, ningunha fémina le daría o seu Voto, despois do seu arranque machista en relacion coa Sra. Ministra de Facenda.
O mellor quérese quitar ó complexo do que tanto le acusoú un seu correligionario cando falaba na cope. Coido que le chamou mais de unha vez “maricomplejines”.
¿Sería por esto, polo que onte tentou ninguneala?
¿Que pasaría se un “bon machote” o reta a duelo de espada ou estoque?
¡Que Deus nos asista, con esta xente, se chegan ó poder, é coa que les está caendo co caso Gürtel!

martes, 20 de octubre de 2009

¡"YA" ERA BOLO!



Nunha das miñas estadías en Val dos Marcos, acerqueime a preseira que echarca a auga para que logo chegue as cortiñas, pois de repente, o liquido elemento fallou.
Primeiro fumos Anxela e mais eu, unha tardiña, é desde Rebordelo percorrimola caldeira hasta o fondo dos prados das Pombeiras. Xusto a uns dez metros do seu inicio, un par de medios canlois, cederan é polo intersticio dos mesmos marchaba a auga outra vez pro Rigueiro de Belois. (Gustaríame saber se é con b ou con v) nas bicadas das caldeiras do prado do Jaime é da Esther.
Dalí a uns días, gracias o Fidel que nos levou ata o mesmo sitio, no seu todo-terreo, a meu cuñado e a min, conseguimos entre todos arreglar a desfeita. En realidade quen traballou e puxo os medios foi o Fidel. Graciñas.
Agora non quero falar do arreglo, creo que xa o fixen, quero falar da FRAGA DA CARANTOÑA.
O carrioulo do amigo Fidel, levounos hasta o porto das Pombeiras, xusto debaixo do prado dos Froles, e desde alí baixemos polo prado do Caxera e do ti Ramos.
Estando alí recordemonos da Fraga da Carantoña, que estaba na borda do camiño, xusto enriba dos primeiros prados.
Cando foi o do arreglo do camiño hasta Valdecabritos, parece que roullou pola pendiente abaixo hacia o rigueiro.
Miremos por tódolos lados no rigueiro e alí non habia nada, nin tanxiquera trazas de que baixera. Cheguemos a conclusión de que fiquera enterrada nunha especie de lamacal que hai no medio do prado que era do ti “Laudio”.
Estando nesas, conteille ós meus acompañantes, o que me fixera nunha ocasión unha burra moi grande que merquera o Paco do ti “Lias”, a que era mais coñecida por o “calatró”. Aquel enorme xumento zampoume a merenda por dúas ou tres veces, en Rebordelo, abondándoa dos carballos nos que a deixera.
Entonces o Fidel, sen mais comentário dixo: ¡E era bolo!.
Tanto meu cuñado coma eu quedemonos mirando para él, que o ver que non sabíamos de que ia o asunto contouno: O parecer, nunha ocasión pasoulle o mesmo o ti José, o abuelo do Delfín. Tamén unha burra le comeu a merenda, e o maior disgusto do ti José era que :”ia era bolo”
Os bolos eran un pan mais pequeno que os normales que se facian daquela, comianse ó pouco tempo de cocelos, e tiñan un sabor distinto as “hogazas”
¡ERA BOLO!.

domingo, 18 de octubre de 2009

EU, NON ESTOU DACORDO




Entre onte, co asunto da manifestación dos que non queren o aborto, mais que abortan cando as súas fillas ou mulleres quedan preñadas e hoxe co GALEGO, teño un lixeiro cabreo. Temos que ter en conta que para esta xente a “jodienda”, é unha especie de xogo ó que só queren xogar eles.
Onte, dia dezasete de outubro do 09, na manifestación da Capital do reino, cuxo nome deriva do nome árabe Magerit, por moito que lo foda ós da direita na súa fobia a todo aquelo de orixe árabe, (non teño nada claro se o radical az, no será da mesma orixe). Nesta manifestación, decía, na que, coma sempre, esta xente fai confundir o cú coas témporas, habia moita xente. Nas entrevistas da “tele” e das “radios” decian que eles estaba en contra do aborto, ¡coño, coma min!. mais non por eso estou en contra das leis que o regulan.
Teño que decir que nos anos sesenta, a xente do pobo non abortaba, paría, ainda que o pai fose desa casta que agora repudia o que antes caseque obrigaba. Se fai falla podo dar nomes e datas. Están nas hemerotecas.
Onte escoiteile decir a varios politicos da direita recalcitrante, e algún outro que de cando en vez presume de progre. ainda que eu o dude. O que decian era, que, eles non estaban dacordo, como se ese eles fora en nome dos que os voteron. Quero decir que, non falan en nome de naide, falan no nome deles, é o que queira que se apunte. Desgraciadamente apuntase moita xente ou mellor dito bailanle as augas.
Tamén escoitei a unha muller decir que ela estaba en contra do aborto, porque xa pasara por eso é non queria que naide sufrira o que ela. Esta señora haberia que decirle que a lei no abriga a abortar a ninguén, por suposto os católicos non deben facelo, é se o fan automáticamente deberian darse de baixa desa relixión. Dixen católicos, non CRISTIANS.
Tamén le diria a esta señora, se abortou por ser violada, ou por que le dou gusto o corpo. ¡Só lle pido que o analice!
Hoxe co do galego, mutatis mutandi, escoitei o mesmo, dalgúns politicos deste país os que o GALEGO, os colle a ripiapelo. Hai que “joderse”, que os que tal afirman con mais insistencia sexan do colectivo dos ensinantes (perdón lle pido os normais). Será por mor de que é mais traballo?. ¡Hai moitas mais profesións, amiguiños, que non esixen nada mais que ir tras da rella e da xunta! (Volvo a pedir perdón os verdadeiros labregos, grazas o que subsistimos)
Debería, por lei, estar prohibido ós politicos, usar os pronomes personais en plural, e tamen os “mayestáticos”.
Cada vez que falen en nome dun hipotético pobo, sempre deberán facer a observación, de que só fala en seu nome, e no daqueles que os autoriceran baixo escritura notarial.
DIXE. ( Uff. ¡que descansado quedei!

martes, 13 de octubre de 2009

RECORDOS MACABROS DE VAL DOS MARCOS



Estaba eu dándole a paliza o carpinteiro, no curral, donde tiña o taller, a forxa, é os trebellos de zapateiro. Caseque mellor dito de zamanqueiro.
Eu vinlle facer uns zamancos totalmente noviños. Madeira de amiero nova, badana nova, ferraduras novas.
Tiña unhas formas de cartón xa preparadas, polas que cortaba a badana. Éstas tiñan, feito por él, unha série de medidas polas que sacaba os números que calzaba cadaquén.
Non recordo que traballo estaba a facer o Pepe, so recordo, é polos pelos, que eu estaba alí, coma case sempre.
Sería alá polo ano milnovecentos cincuenta e un ou dous, da era cristiana, polo tanto a metade dos vosos pais ainda non naceran ou andaban nelo. Refírome a aqueles que naceran despois da metade do século pasado.
Baixou a Dolores, algo alporizada, e non sei que le dixo ó Pepe, dunha muller atropelada é que estaba a morrer.
O Pepe saiu a fume de carozo a rúa, e miña nai mandoume subir pra casa a coidar do meu irman César é do Xeria que inda era neno de pañais.
Na barriada houbo balbordo. A tia Maria Rosa estaba alporizada, na casa da tia Fernanda o mesmo.
A curiosidade miña cada vez era mais grande, pis non acababa de enterarme do porqué daquel alboroto. Todo o mundo andaba ansioso, é naide decia nada ós rapaces.
Dalí a unhas horas as campas toqueron a “sinos”. Ainda non se inventeran as campas cibernéticas.O mellor son so de “cassete”.
Volteron todos a casa, sosegouse o ir e vir da xente, e parecia que todo voltera a normalidade.
No curral, o traballo de meu pai, colleu unha deriva diferente á que tiña. Escomenceron a traer de casa do ti Elias, unhas táboas de chopo, e o carpinteiro a traballar nelas.
Pronto caí na conta de que o que estaba a facer era un cadaleito. ¡Mau!, pensei pra min, alguén deixou este mundo.
Preguntei, o pai é so me dixo que ocorrera unha desgracia. Miña nai ó mesmo. Desde o cimo da escaleira, a tia Maria Rosa, comentaba coa Dolores, que ¡menuda desgracia, e quen o ia a pensar!.
Por fín entereime que morrera unha tia do Cura, Don Manuel.
A miña mente foise rápido a tia Fermina, muller a que eu le queria, pois de cando en vez, deixabame tocar as campas, aquelas nove badaladas que facía soar tódalas tardiñas.
Trabuqueime, pois nunha conversa que solo comprendín a medias, escoitei que no cimo do Camiño Novo, fora donde aquela muller tivera o percance.
O dia seguinte foi o enterro, xa eu sabia que a morta era a tia Cesárea, unha irmá da tia Fermina e do ti Elias. Como fora a morte non o tiña claro, pois entre os grandes habia unha especie de pacto, en que os rapaces non nos enteréramos de como fora. Mais todos sabíamos que algo raro pasara.
Mais tarde entereime: Baixaban cos carros, despois de facer algunha laboura de labranza habitual, e no cimo do Camiño Novo, as vacasa correron o carro, a pobre muller tentou paralas pondose diante, e foi atropelada de forma inmisericorde, pola xunta de vacas e mais polo carro.
O parecer o segredo que mantiñan os grandes era para evitar que le fixeran a autopsia.
Supoño que desto poderia falar con moito mais coñecemento de causa a tia Esperanza, pois eran veciñas, e o ti “Vitor”, era sobriño da difunta.
En Val dos Marcos xa habia accidentes de tráfico daquela.

sábado, 10 de octubre de 2009

RECEITA CONTRA UN VIRUS



HAI UN VIROS MOI RESISTENTE NO PLANETA TERRA.
O principio queria titular esta entrada así : hai unha nova triloxia de deuses na terra, mais considerei que era demasiado inmaterial é non reflexaba a realidade.
Polo tanto imos ó que imos. Hai un virus indecente e de dificil erradicación que xa está tan estendido, que xa caseque podemos considerar que se fixo imprescindible.
Vexamos: Está en todolos lugares, eso si disfrazado de distintos xeitos, polo que ás veces é moi dificil de detectar. Chegou a facer unha simbiose tan grande e tan disimulada que ogora mesmo a metade ou mais da humanidade non pode vivir sen él, é o que é o peor esa metade case o impón o resto.
Chegou a facerse o dono das nosas vidas que moitos creen imposible vivir sin él. Se desaparece moitos pensan que non o soportaría. A luz desapareceria polo que quedariamos as oscuras, tamén desapareceria a comida, pois agora todo depende del. Desaparecerian as diversións audiovisuales, desapareceria en definitiva casi de todo, pois sen ese virus quedariamos un pouco, a depender de nós mesmos, e eso parece que xa o olvidemos.
Pensade un momento: ¿que relación atopades, ou mellor dito, cual é o denominador común entre os nseguintes servicios?: A energía para as casas. O telefono.A nómina que se cobra a fin de mes.A internet. As compras nos comercios. A auga que nos chega a billa da cociña.A suscripción a prensa. O pago dos colexios ou similares dos rapaces.
Así poderia seguir facendo crecer a lista de forma caseuqe infinda.
Eu atopei a relación para todos os mencionados e os que non mencionei, que se queiran añadir: A BANCA.
Non podemos contratar ningunnha cousa, sen deixar un número de conta para que nos carguen os recibos, polo tanto todo quisque debe ter unha.
Se non tes unha conta nun banco ou nunha caixa de aforos non eres ninguén, pois non poderás ter nada. Naide te suministrará nada se non le dis donde te pode cobrar. ¡Eso sí naide te irá a cobrar a casa!, salvo que le debas muto a alguén é decida contratar o cobrador do frac, que seguro que depende de un banco ou de unha compañía asociada ó mesmo.
A banca fíxose tan imprescindible nas nosas vidas, que é impposible prescidir dela. Eso sí, se os dirixentes da mesma especulan e meten a pata, o fin temos que pagarle todos a desfeita, pois como ten agarrado polos Eggs, ós politicos, ameaza co colapso e caos total. E nos como pardillos creemolo. Non nos paramos a pensar na cantidade de diñeiro que, aparte dos beneficios, se levan os directivos cos famosos contratos blindados.
O outro dia escoitei a un verdadero parvo decir que os que mais sabian habia que pagarles para...... non sei que, pois ainda non escoitei falar de contratos donde se le esixan responsabilidades ós que fagan as cousas mal. Remitome ó último desastre economico-financiero mundial, que evidentemente é moi claramente é un problema de xestión dos sesudos da banca é da especulación da mesma. ¡HABIAQUE MANDALOS A GALERAS A TODOS, POR CONTRATO BLINDADO!
Eu considero que esto é un virus.
Creo que teño a meciña para o mesmo. QUE TODO O MUNDO LEVE OS CARTOS PARA O COLCHÓN.
Teriamos uns meses de convaLecencia, mais Ó fin volveriamos a vivir mellor que antes da infección.
Daria gusto pagarle todos os meses a ese feixe de cobradores que aPareceria pola porta, a luz, o telefono, o periodico etc. etc. E o masi importante cada fin de mes poder sobar os cartos antes de metelos na caixa dos zapatos.
Acabariase o pagar comisión desto e de aquelo, intereses por esto e aquelo, comisión por apuntes, sen que naide te consultera antes, pois se querian cobrarte calquera cousa destas terian que pedilo e ti estaria no dereito de negalo.
Buffff. ¡Que carallada!.
En Val dos Marcos un bon sitio para meter o diñeiro, seria o trobo dun cstañairo. ¡Xa veríades como non volvian a arder!

jueves, 8 de octubre de 2009

A LOBATA, O CARETO, O LABATO, O TI JOAO E O LOBO


O Careto, o Lobato, sua nai a Lobata, o lobo e o “ti Joao”

Hai quen di que, o lobo é unha alimaña astuta. Eu creo que é un animal moi listo.Creo que é capaz de resolver situacións adversas sobre a marcha, e sobre todo que é un ser moi valente
Vou contar unha história da que fún testigo real, xunto co meu tiu Manolo, e creo que o Agustín da tia Cecilia Caxera. Unha vez que estabamos de caza pola banda de Hermisende, xusto na ladeira que hai fronte a Penacoba acaeceo.
Estaba o “ti Joao” co magote na ladeira mencionada, daquela él levaba a res de nove ou dez casas.
Hai que decir que unha das fontes de riqueza-pobreza, de Val dos Marcos, era a gandeiria, por un lado a maior e por outro a pequena, que é a que nos ocupa. Era esta pequena gandeiria un pé das pequenas trebedes que sostiñan o pote co caldo de berzas.
Nas autocracias da raia, tanto de un lado como de outro, xa era dabondo subsistir.Coido que os portugueses son mais sinceros que os españois, pois as súas aldeas, sencillamente chamanlle autarquias.
O “ti Joao”, era un home, daqueles que deixan pegada na xente, tiña un carácter rexo, coñecia ben o seu oficio, e decianse algunhas cousas que o parecer el dixera ou fixera. Recordo agora dúas. Unha, cando polas noites, no café do Caxera nos xuntabamos para botar a partida, durante a media hora do “parte”, habia que non facer ruido para que os vellos escoiteran as trapalladas do rexime imperante no momento. Acaecia que cando acababan as noticias os locutores daban as noticias do tempo. Habia todolos dás ó final de todo unha seción que facia unha previsión do tempo para o dia seguinte, que invariablemente escomenzaba asi: TIEMPO PROBABLE PARA MAÑANA. Entonces o “ti Joao”, liscaba, e algún coñón sempre le preguntaba ¿Que tempo dan para mañá?, e él contesta:¡¡ Bo!, tempo probable!.
Noutra ocasión probou unha máquina de afeitar electrica, e dixo: ¡Que suaviña, nin se sinte!. Resultaba que non le quitara o protector as cuchillas.
Volvendo o lombeiro da Chaira Nova, vimos desde os pestanos nos que estábamos, como un lobo se acercaba ó magote. Os cans venteeron-no e escomenzaron a sua persecución. Os dous cans ian dreitos o lobo, mais a Lobata, que era mais veterana, non fixo o mesmo, simplemente cortoulle o camiño ó lobo que se viu atrapado entre os tres.
Organizouse unha boa trifulca canina, quexabanse os cais, pois non está moi claro que non se morderan uns ós outros. Detodolos xeitos tiñan ó lobo “amendrollado”, ainda que de vez en cuando algún dos cais queixabanse de xeito lastimeiro.
O“ti Joao”, acercouse ó campo da greña, co ánimo de axudar a derrubar o lobo, pois xa estaba frotandose as maus polos dez pesos que le podia dar o ti Emilo pola pel.. Levaba un garrote, como aqueles dos pastores xudeus, moi parecido o que sai nos libros de santiños é que retratan a Abrahan. Cando viu un momento no que le podía dar un garrotazo ó lobo, baixou o caxato con toda “ a alma”, mais éste, por arte de maxia retirouse, é o caxato mediulle as costa a Lobata, que dando un forte coinco, abandoou a pelexa, o que fixo que os cans tamen o fixeran. O lobo renqueante enfilou o camiño hacia Fontón de Porcas, eso sí sen rixelo.
Nunca le aticedes a un can, pois éste vai considerar que algo está facendo mal, é abandonará a contienda.
•

martes, 6 de octubre de 2009

AS FEIRAS DA MEZQUITA,NOS ANOS CINCUENTA



Nestas lérias do voso amigo Xabrés da Teixeira, xa foi mencionada a história do marqués de Trasil, do seu abandono pola súa mulles é a criada, é de como él brindou aquelo con champagne e gaseosa, se ó choro ia pola muller ou pola mucama.
Como daquela non o transcribín, non por olvido, senon por galvana, oxe vou refrir a morte daquel aristócrata, da que eu fun testigo.
Eu fixera xuramento de non revelar aquelo mentras dureran as feiras no Toural, mais como xa non existe o motivo do xuramento, considerome liberado do mesmo.
Chegara o día dezanove, polo tanto era día de feira na Mezquita.
Dende uns días atrás, eu tiña unha doenza nos ouvidos; doianme, é o que era peor, todo quisque notaba que non oia ben. Preocupados meus pais pola miña doenza, é despois de levarme a Don Santiago en Hermisende, decidiron levarme ó practicante da Mezquita, por recomendación do galeno de Val dos Marcos. Desto non quero facer comentários.
O dia dezanove, a eso das seis da mañá ergueronme da cama para ir a Mezquita. Saímos, camiñando, polo camiño de Rechouso en dirección a Castromil, una rioula de xente. Uns con reses para tentar vendelas na feira, outros camiñando coma nos, para ir o practicante, que daquela tiña mais predicamento que os mécdicos. Tamén ia o famoso marqués abandoado pola muller é a criada. Ëste levaba un burro-cabalo, que polas trazaz non tardaría en deixar ó seu dono, ben por defunción ou ben por necesidade.
Como eu era inda moi pequeno, seis ou sete anos, de cando en vez fun a cabalo daquel saco de osos, sempre con medo de que o pobre becho tropecera nunha pedra e rolderamos ambolos dous polo medio das uces é carqueixas das beiras do camiño.
Cheguemos a Mezquita des pois de pasar polos dous Castromiles, o castelán é o galego, cruza por o Castelo de Formigoso, Santigoso, donde ainda vivia o seu famos gaiteiro, e cada quen fixo o que tiña que facer.
Para volver, como era bastante lonxe a Mezquita de Val dos Marcos, é como apareceu por alí un coche mixto que ia a Lubián, ó meu pai decidiu que voltariamos nel, pois non era o mesmo camiñar trinta kilómetro, que doce.
O marqués tamén decidiu volver naquel coche, donde na mitai viaxaban vacas, e na outra humans. Tamén estaba habilitada a baca do alto do enxendro aquel, para que pudese ir xente. O aristócrata endilgoule o xamelgo a un veciño e tamén sacou praza no “mixto”.
Cuando iamos a montarnos naquel trebello, meu pai dixo que nós iriamos na “baca”, pois ó parecer na parte compartida por animales e xente, ia un home que padecia a tuberculose, é decidiu que era mellor ir no alto, cousa que eu agradecin pois aquelo tiña un plus de risco que non habia abaixo.
Para subir ó coche na parte alta habia que facer uso de unha escada na traseiro do vehiculo, para subir a zona darriba donde iban mixturados bultos, caixas foguetes para as festas é homes.
O subir ó “revisor”, advertiu a meu pai de que no alto levaban un cadaleito, para unha aldea das portelas, que non tivera eu medo que ia valeiro. Solteron unha gargallada, e cada quen o seu.
Subimos, acomodémonos cinco ou seis persoas no alto, e cando o coche ia a arrancar, apareceu correndo o marqués, que para non perder o costume chegaba tarde. Subiu e sentou a carón meu, de costas para o cadaleito.
Arrancou o carrioulo, que desarrollaba unha velocidade máxima de uns vinte kilómetros/hora..
Cuando nos íamos acercando a Vilavella, escomenzou a chover. Un mozo, creo que de Padornelo, ó ver que chovia, abriu o cadaleito e meteuse dentro do mesmo. So o vimos os que estabamos de fronte. O marqué e outro mais non se decateron. Iniciémos a subida a Portela da Canda, e unha vez rebasada a mesma, a altura das Hedradas, deixou de chover. O chegar as ventas de Chaos, o coche parou, é cuando volvímos a subir para continuar a Lubián, tratocaronse os postos dos viaxeiros do alto do coche, quedando o cadaleito a vista de todos.
O mozo que se metera dentro, que se debera quedar dormido, de sútaque levantou a tapa e erguendose, preguntou ¿xa deixou de chover?.
Cando quixemos avisar ó marqués e aquel outro home, xa non houbo remedio, ainda que o coche de linea ia debagariño, o sairen espaboridos e sen reflexionar moito, é a toda carreira, atoperonse esnafrados naqueles barreiros.
Se algunha vez pasais por donde antes era a hermida da Tuiza na vella carretera, uns douscentos metros mais abaixo, xa cerca do rigueiro que recolle as augas das Valiñas, atoparedes unha cruz de pedra, donde está a data do acontecemento, e creo que tamén os nomes dos dous valentes.

domingo, 4 de octubre de 2009

EN DEFENSA DO GALEGO(NAS PORTELAS TAMÉN SE FALA)


A fantasma do castelán e a reserva da lingua galega
Será a Galicia do futuro un lugar de España onde se fala un castelán especialmente penoso? Será ese o seu feito diferencial máis destacado? Ese sitio onde se dirá, como xa se di, “voy a junto de”; onde se espeta tan a miúdo como se fala o de “tú me dijistes”. Será esa a presenza que lle queda ó galego que mamamos como propia lingua nas beiras de León, Asturias e Zamora? O esqueleto, unha fantasma escondida baixo a pel do castelán mal falado que prima cando se pasa A Canda, O Bierzo ou Pedrafita rumbo a Fisterra?

Pese a accións de promoción que denunciaban como imposición, inmersión ou quen sabe que criminais plans de expulsión do castelán de Galicia, o castelán ten boa saúde en Galicia. Mala sintaxe, acento rariño, pero boa saúde. Non se perde, mal pecado. O galego, pola contra, vai caer máis de présa de agora en diante. Non creo que o galego dos parlamentarios e demais políticos anime a ninguén a falar galego. Non prestixian a lingua. Non son bo exemplo. Pero era a presenza da lingua galega nos medios audiovisuais, porque os escritos sempre o foron maioritariamente en castelán. Agora son cada vez máis os políticos e parlamentarios que non se senten na obriga de usar a lingua propia de Galicia. Nin no chamado Parlamento Galego. Ornamentos fóra. Viva a sinceridade. Morra o galego. Agora, a publicidade institucional comeza a facerse tamén en castelán, porque non pode haber discriminación positiva nese eido, seica. Agora, o uso do galego si que viaxa costa a abaixo e sen freos; comeza a roldar o galego como alma en pena, mesmo na administración, onde entre os mesmos funcionarios que sentían a obriga de falar galego existe agora a percepción de seren mal mirados se falan galego por norma ou por libre escolla.

Agora que nas Portelas non temos alcaldes que vexan o galego como unha vergoña que é preciso esconder, nin mestres que prohiban ós rapaces (qué rapaces?) falar galego durante os recreos. Agora pode ser o momento de convertérmonos na reserva oficial da lingua galega, o sitio onde acudan, nun futuro moi afastado (ou non tanto) os estudiosos de linguas raras, en perigo de extinción ou extintas (salvo nas reservas e nas fonotecas). Podemos ser os últimos expoñentes dunha fala mítica, como é agora o silbo canario, que aínda se aprende nas escolas de La Gomera. O silbo gomero acaba de ser declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Quen nos di que, no futuro imperfecto que nos agarda, os lugares do occidente asturiano, do Bierzo, das Portelas, Brumoso e Val de Marcos, non poden ser tamén declarados patrimonio inmaterial da Humanidade por conservar e falar unha fermosa lingua chea de matices que deixaron morrer (ou mataron) no territorio que lle era propio?
Publicado por Javier Loro en 3:50 2 comentarios

sábado, 3 de octubre de 2009

¿ARAS SOLIS POLO FISTERRA?


Estaba mirando aqueles barrancos enormes hacia ó mar, no al to da Serra da Capelada. Os ocres do outono rebrincaban nas follas das arbres o que nos estaba decindo que andaríamos polo medio da estación do Outono.
Corría unha brisiña que afeitaba en seco, é aproveitando un sainte granítico que na sua parte sur resguardaba o frio do norte, o mesmo tempo que ó sol se deixaba caer por enriba dun, e agarimabao, quedeime dormidiño.
Soñei que estaba ó pé dun amilladoiro, descansando cando a miña beira chegueron dous pelegrins, tamén polo visto bastante cansos.
Sen saber como nin como non, descubrín que aqueles pelegrins eran : Xesús e San Pedro. Estaban cansos e tiñan moita sede. Sobretodo San Pedro, queixabase bastante e clamaba por un chisco de auga.
Entón Xesús mirou ó ceo e pediu algo para calmar a sede. Do Alto, caeu unha fermosa mazá. Colleuna e cunha navalliña escachuna a metade para compartila con Pedro.
Do medio da froita, saiu San Andres laiandose, de que fora destinado o fin do mundo e que alí non ia naide, polo que non podia cristianizar a ninguén.
Entón Xesús dixólle que non se preocupera, que alí, en Teixido ia ter lugar unha das mais grandes romarias da cristiandade.
Despois desto vin pasar uns poucos séculos, e volvin a atoparme, esta vez con Andres, queixandose de novo a Xesús, decindole que le tiña mais apego a Iago, pois as romarias de Compostela eran moito mais populosas que as del, ainda que él levaba mais tempo alí.
Enton Xesús díxolle que non tivera pena, pois ia determinar que naide puidera ir ó ceo sen antes pasar pola súa capela.
Alí terian que ir todas as almas antes de subir o ceo, as que non foran cando estaban encarnadas, deberian volver a Terra e peregrinar ó que daquela seria coñecido como o santuário de San Andrés de Teixido, co corpo do primeiro ser que atoperan o reencarnarse.
E por eso, que si algunha vez ides a Teixido, non debeis de pisar ningunha clase de vicho co que vos atopedes, pois seguro que é a alma de un pelegrin, que non se acercou por alí cando estaba vivo.
Desde entonces, no dito popular está recollida a frase que dí: A San Andrés de Teixido, vai de morto que non foi de vivo.
Os impios, din que todo eso é unha trapallada, pois aquel lugar xunto co de Fisterra sempre foi un sitio donde se adoraba o Sol. Mais ben creo eu, que alí iban a rezar polas noites, pois como o sol tódalas tardiñas se mergullaba no Mare Tenebrosum, tiñan medo de non volvera ó dia seguinte.
Espertei cos berros dos meus acompañantes, que me andaban a buscar. Baixemos o camiño que levaba a San Andrés, é o pasar por un amiladoiro vin unha lagartixa que me pareceu que me chiscaba un ollo. Disimulei e continuei o meu camiño.

martes, 29 de septiembre de 2009

¿FODEMOS POUCO, OU DESPILFARRAMOS!

Xa teño uns poucos anos, é como decia un amigo meu aragonés, son de unha xeración que pasou sen solución de continuidade do arado romano a época dos ordenadores.
Nin vou falar de ordenadores, dos que non teño NPI, nin do arado romano, que foi sustituido pola charrúa.
Agora quero meterle un chisquiño o dente, a esta cousa que chaman crise, é algúns din que mundial. Eu diria que so dun cacho do mundo, pois polo que vexo na tele e leo nos papeis, ainda hai paÍses na época do arado romano. Eso sí o pobo liso e chairo, pois os politicos e os dirxentes, como se dí agora están ó loro. (Con perdón do meu amigo LoRo, nótese a diferencia)
Se me apurades moito, desta xente, pobo liso e chairo, coido que na peninsula inda temos demasiado, é en Europa tamén. So hai un pais en que os labregos e gandeiros cando les peta poñen en apuros os gobernos:Francia, mais ¡hai amigos, nese pais hai demasiado chauvinismo, e pouca solidadriedade!, ainda que sexa o país da Liberté, Fraternité é Legalité.
Imos o que imos: houbo unha época na miña vida, na que de súpeto, un día, escoitei a un dos meus xefes catalans, decir que nos tiñámos que apretar o cinto. Como eu xa o levaba apretado para que os pantalóns non se me caeran, pensei que aquelo non ia conmigo. Craso erro, ó pouco tempo decateime de que, efectimevente, tiña que apretalo, pois o que o patrón pagaba, a min en concreto dábae un deficit importante. Subira todo menos a miña retribución. Para subsistir necesitaba algo mais. Solventeino como puiden, pois sen comer non se pervive.
Endexamais escoitei ós politicos decir que me afloxera a cinta, mais o de apretala, cada sete ou oito anos, non falla.
As técnicas de produción, cambieron moito. Pasemos de facer cousas consistentes, que daban traballo, non so ós que as facian, senon a todo un mundo de “arregladores”, que cuando algo se escarallaba, remendaban-no.
Exemplo: Nun coche daquela o aire acondicionado entraba pola ventanilla, é so sé se estropeba ésta no inverno, habia que reparala.
Hoxendia, os coches teñen aire climátizado, se se escaralla o “comprensor”, os do servicio oficial dicen que hai que cambialo por un novo, ainda que o desaguisado sea pequeno. Eu xa levo dous no coche. Parece que cambiar un chip é un problema caseque de desatino mundial. ¡EU ESTO, con todolos respetos, CHÁMOLE DESPILFARRO!
Como parece que traer a conto estas cousas, é de xente desfasada e anclada no pasado, so me queda traer a colación aquelo que se le apón a Unamuno, ainda que xa o escoitei posto en boca de outros:
^Parece que nunha ocasión, nunha tertulia do “café Jijón”, de Madrid, estábase a falar dos problemas, que parecen congénitos de España. Que si esto vai mal, que si aquelo non vai ben, que se a culpa é de fulano, que se é de citano, cando, ó parecer, D. Miguel de Unamuno, levantou a voz e dixo: O que pasa é que neste país fódese pouco. Alguen le retrucou, " non é que se foda pouco, ó que pasa é que sempre foden os mesmos".

viernes, 25 de septiembre de 2009

A NINFA DO TUELA


A NINFA DO TUELA

Era o quince de Santamariña. Levaba toda a mañá sentado onde antes estivera o muiño do Carrizal tentando ás camelas co ánimo de levar algunha a cricadeira, mais elas non se deixaban enganar, e o Perelas mandaba os seu raios cargados de electrons, que caian enriba dun, caseque abolandole o cogote.
Cando decidin meter no Tuela os taregos, como ia quedarme espido, mirei para os lados por se habia alguén por alí. Escondendose entre os salgueiros que hay un chisco por enriba do lugar onde estaban as poldras ví una fermosa muller, tamén espida con cabelo dourado tan largo que le chegaba os xeonllos, tapandole a parte traseira. Liscaba rio ariba.
¡Lastima!-pensei eu. Seguro que unha ollada sen estorbos, seria moi agradable. Fiquei con as ganas de vela mellor e mais tempo.
Por moito que mirei, e recorrin a ribeira, non conseguin volvela a ver.
Chegou o mes de Setembro, xa cara o final. Volvin pola zona, nesta vez non tiña nin a intención nin ganas de darle a tabarra as camelas. Estaba ali, debaixo dun frondoso chopo que crecera xunto a un afreixo, e entre eles parecia que se establecera unha competición por ver quen era capaz de chegar antes a rozar aqueles neboeiros que os espertos chaman cúmulos e que cando les da por organizar rebumbio, non hai quen ature o ruido, nin mire ben os lóstregos, que preceden a unha boa tormenta.
O vrao tocaba o seu fin, e deixeime caer por alí a contemplar as augas cristalinas do Tuela, e as follas do chopo, que mesmamente semellaban que eran de ouro.
Mirei hacia a Charca Negra, e alí estaba outra vez. Espida de todo cos cabelos loiros que le chegaban porbaixo dos xeonllos, os que apenas se vian, pois caseque os cubria a auga.
Nada mais vela, recoñecí aquel fermoso corpo, mais igual que da outra vez, a visión durou pouco tempo, pois perdinna de vista no rouso de debaixo da preseira.
Esta vez tampouco conseguín verle a faciana. Naquel corpo solo podia haber una fermosa cara.
Rompeuse o encanto cunha estridente sinfonia de ladridos de can. Xusto donde fóra o muiño, estaban tres cans rodeando un punto no medio deles, e ladrando desaforadamente. Por moito que o tentei non fun quen de ver nada diante deles. Deixeron de ladrar, e cada can marchou por un lado distinto.
Pasaron vinte anos desde aquela vez que os cans ladraban a naide. Volvin as poldras, cun libriño na man coa idea de ver correr a auga por entre os gogos, as subidas e baixadas das camelas na procura de comida, así como os escalos nadando en ringleira por debaixo das raices das salgueiras, e sentir croar as rás, igual que escoitar o canto dos paxaros no alto do afreixo e do chopo que seguian teimando a ver cual dos dous chegaba antes o ceo.
Cuando estaba enfrascado nuns espesos párrafos do fermoso libro de Mircea Eliade chamado “El Burdel de las Gitanas”, levatei a cabeza para tentar digerir ben o que acababa de ler cando, no fondo da Charca Negra, volvin a ver aquela fermosa muller loira, coa punta dos cabelos cubrindole os xeonllos, deixouse ver un chisco mais que as dúas veces anteriores. Deume a impresión que non estaba tan lozana como tempos atrás.
Parecia que debaixo dun pelo menos loiro, a pel da pernas estaba algo enrugada. Cando desapareceu tamén tiven a impresión de que o seu andar non era ó mesmo.
Perdin-na de vista, enfrasqueime no libriño, e voltei para a casa, camiñando polas ladeiras do Outeiro con lúa.
Non volvin ver aquela moza, a que dei en chamar a ninfa do Tuela. Ben certo era, que sempre a vin de costas, endexamais de fronte.
Transcurridos outros dez anos, nunha tardiña de outono, no cimo do pozo do Forno, xusto donde desemboca no Tuela o rigueiro que baixa do Litro, sentado naquelas fragas que sempre se estan a mergullar no rio, volvin a vela. Esta vez, emerxeo do fondo do pozo, de primeiras solo le via a cabeza que arrastraba os loiros cabelos sobre a auga. Non podia distiguir ben a faciana, estaba un pouco desdibuxada polas sombras que xa cubrian o rio. Dirixiuse de maneira recta hacia min. Cando se acercou deslizandose pola fraga afundida no rio e a mesma na que eu estaba. Vin unha faciana do mais fermoso que vos podedes imaxinar, cun semblante tamén do mais triste imaxinable, e o que me pareceron unhas grandes bágoas saidas daqueles fermosos ollos que un dia deberan ser puros e cristalinos. A testa murcha, as mans temblorosas, e semellaba que as pernas xa non podian sostela. Miroume, e sen falar, fun capaz de comprender que, efectivamente era a Ninfa do rio Tuela, que me estaba decindo que ela ia a morrer xunto co rio, se non faciamos algo por evitalo e cuidalo.
Non volvin vela. Espero que un dia a vexa remozada, se non son eu, polo menos que sexan os meus netos.

lunes, 21 de septiembre de 2009

XA CASEQUE VAN VINTE ANOS.(26-09-1999


Como xa teño algunha das neuronas caseque fóra de servicio, é non quero esquecerme, hoxe quero dedicarle unhas lineas ó Pepe, tamén conocido como o “nacho”, por aquelo de que tiña o nariz pequeno.
O dia vinteseis deste mes faran vinte anos do seu pasamento. Por certo, pasamento paseniño e silandeiro, sen facer ruido como a él le gustaba. Que eu recorde sólo un par de veces sacou os pés do testo, e baixo o meu punto de vista tiña razón. Detódolos xeitos ¿que vai decir un fillo, que por enriba se precia de selo?.
O dia que morreu, contaronmo despois, despois de remontar o viño a noite amterior despois de xogar a partida en casa do seu afillado Marcelino, foise dormir, é o dia seguinte cando se ia levantar, decidiu que xa non queria seguir neste planeta.
A min chamoume ó meu cuñado Xusto, naquela mañá contandome que xa estaba mais pra alá que pra acá, mais que ainda vivia.
Decidimos a Angela e mais eu ir á casa dos “vellos”. Recollimos o Héctor, no colexio é sen solución de continuidade seguir pola estrada hacia Sancibrao.
Non espero que naide me crea, é farán ben,mais polo camiño sucedeume unha cousa que endexamais esquecerei, é que teño sempre moi presente.
Cando iamos, entre Porriño e Pontareas, eu ia conducindo e de sutaque sentin dentro da miña cabeza algo así como un estremecemento, un ruido inexplicabel, en definitiva algo que endexamais escoitera.
Preguntei a Agela a hora que era, é dixome : caseque as nove é media. Dixen eu naquel momento, ¡meu pai acaba de morrer!.
Cando cheguemos á casa, o Pepe xa estaba dentro do cadaleito, co seu nariz pequeno, con cara caseque de coña. Mai oh, amigos, aquelo que estaba alí, xa non era meu pai, xa non era ó Pepe. Alí faltaba algo. A cara era a mesma, o nariz tamén, os pelos caseque de punta tamén, mais faltaba o mais importante: ¡O propio Pepe ¡. Aquelo era sólo un esquelete xa, alí non habia vida. Eso sí, habia unha cara que estaba decindo, “non vos preocupedes por min, eu xa cumplin”.
Pregunteille ó Xusto que, a qué hora morrera, e díxome: as nove é media.
Atrás quedaba unha vida vivida como a él mellor se le deu a entender. Con moitos erros, tamén con acertos, e sobre todo cun grande sentido da solidariedade. Algún día contarei algunhas cousas coñecidas por min. A prmeira folga da que eu tiven noticia solidarizandose cun compañeiro de “choio”, xunto co seu cuñado Manolo. Podo decir que o patrón tivo que baixar a cerviz.
Outra anécdota, foi cando estaban facendo unha casa, “por axuste”, e cando alguen, que o mellor fun eu, preguntoulle él é o seu compañeiro: ¿E vos cobraredes?, ó meu pai contestou sen esperar resposta: ¿E logo, teñen que vivir no camiño?.
Pepe, que saibas que xa caseque non hai « bácoras » no Tuela, e que ti é o Cipriano xa non estades solos no Rouso do Camiño Novo.

viernes, 18 de septiembre de 2009

REFLESIONS DUN LOUXEIRO



Estaba alí sentado. Debaixo daquel castañeiro milenario. Estaba acougadiño nas raíces que o tempo fora sancando da terra. Tiña a cabeza entre as mans, de tal xeito que parecia como que a suxetaban.
Nos castañeiros empezaban a pingar as castañas. Os ourizos xa tiñan a cor da madurez, e nalgúns as castañas, mesmo parecía que alguén les dera lustro como a os zapatos no día da festa.
Tiña entre aquelas mans sarmentosas unha navalliña coa que escabacaba de xeito mecánico, nunha astela que sacara dun racho.
Na cara as enrugas decían ás claras os suores dunha vida chea de traballos duros, mais nos ollos víase a satisfacción do conseguido; arrebuñarle o Ladeairo algo do lombo, do que sacaba para o sustento seu e dos seus. Sempres con moito esforzo, mais sempre chegando dunha colleita a outra, nas que sempre esperaba mellorar o pasado.
Recordaba cando, anos atrás, despois de ser vasallo dos feudais da zona, conseguira mercar as terras nas que traballaba. Aqueles que a poseian era pola graza de Deus, según decían, ainda que él pensaba que era pola forza das armas e dos amigos de roubar o pobo.
Recordaba os traballos é os sufrimentos na consecución de levantar as casas, sacar auga do rio para regar os pastos roubados ó monte, facer os camiños para que os carros transiteran polos mesmos, arrancar as pedras para que os canteiros fixeran a Igrexa da que despois se apropiarian os purpurados,que despois vendian esquecendose de que non tiñan títulos de propiedade. Ëstes dalle o mesmo, coido que venderon ó seu mestre por trinta moedas de prata.
As bágoas escorregábanlle polas meixelas, por aqueles sucos, que o souor, o traballo e o tempo cincelaran na súa faciana.
Tamén recordaba, como os seu fillos puideran vivir unha vida menos dura, grazas os seús esforzos, grazas o seu sentidiño, é sobre todo a aquelas mulleres que calidiña e silandeiramente le axuderan en todo, le deran azos nos momentos duros. Naqueles momentos en que estivera tentado de deixar todo e liscar dalí.
Na cara daquel home estaban reflectidas as caras de todolos homes e mulleres, que fixeran, no transcurso do tempo, posible que Val dos Marcos fora como era, e que ainda existira, coas novas e modestas vías de comunicación, coa auga nas casas, coa luz eléctrica e non sei cantos trebellos mais.
Solo tiña unha dor, era a de que todo aquelo se perdera, a solidadariedade entre as xentes, e a maneira de axudarse uns a outros, ainda que de cando en vez andiveran a liortas que sempre acababan aparacando a renxeira de uns contra os outros e volvendo as cousas o seu sitio.
Aquela cara era o acúmulo das caras de tódolos homes é mulleres que foran. Non sabía dos que serian, mais por que él o desexera no ia ser que non.
Desde donde estaba albiscaba os dous cemiterios. Alí estaba él e todolos demais.
Decidiu que xa era hora de voltar cos compañeiros de fafigas.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

OLLO COS CACOS EN VAL DOS MARCOS.

Unha foto da nosa igerxa, escondendose por se é o caso.



Estou pensando seriamente en deixar de ir a Val dos Marcos. Pódaque haxa algo contaxioso ou algo ainda peor. Coido que hai chourizos por tódalas partes.
Neste fin de semana pasado estiven en Sancibrao. Habia que ir a recoller á Porteliña todo aquelo que plantéramos é sementéramos uns meses atrás.
Veredes; fúmos o domingo pola tarde coa sana idea de non escoitar as novas campas da fermosa espadaña da igrexa, que foron cambiadas, sen o consentimento da maioría dos veciños, tanto dos residentes coma dos non residentes. Polo que escoitei, inda non oin ningunha opinión favorable ó novo invento.
Tamén me fago unha pregunta, ¿ porqué ese artiluxio, en lugar de cambiar a cadea da campa?. Parece que esa foi a disculpa, que a cadea está gastada e pódelle caer na crisma o tocador de turno. Xa unha vez le caeo ó amigo Silverio, e no o matou, nin o deixou mais tolo.
¿Acaso é mais barato gastarse arredor de mil euros nun altoparlante que tentar arreglar unha cadea de uns trescentos anos, ou no defecto, por un cable novo para facer soar a campa?.
O primeiro problema xurdiu, o último día da festa, pois a Lisa Tomela doule por morrer o día de antes, e como foi soterrada en Sancibrao, xa non se pudo tocar sinos. Gostaríame saber como raio faran cando teñan que tocar a “lume”.
¡Un grande recordo para “Lisa”.
En outro orden de cousas, hai que decir que polo Val dos Marcos, pululan os cacos. O amigo Xeantoño, por tres ocasión afaneronle uns rixelos. Da primeira vez leverolle 5 ou 6 cordeiros, na segunda dez e na última coñecida, dúas ou tres. O noso pobo está tan abandoado da man de Deus, que os cacos permitense o luxo de entrar na curriza onde durmen os borregos nun coche, caseque dentro. Denunciouno por todolos lados, mais parece que as esperanzas da recuperación son escasas. As autoridades españolas dixéronle que, se pensaba que poderian ser portugueses, tiña que ser él quen fora a Portuga a pola dunucia ????.
Na noite do domingo ó luns, tamén houbo un roubo no comercio do Tito, ese que está aberto 25 horas o dia.
Os cacos entreron no comercio, rouberon todo o tabaco que había as vistas, uns cantos centos de euros, é como atoperon unhas cantas chaves useron-nas para irse ó lugar onde habia, o parecer, dous ou tres coches, onde despois de mover unha furgoneta, puxeron a andar un Audi, é lisqueron con él. Parece que tamén entreron no axuntamento co ánimo de roubar, mais alí non habia nada.
A ver ¿ esto do axuntamento non será para despistar?.
Outra cousa curiosa ¿como sabian os cacos que o coche estaba gardado noutra casa?
Eu teño unha cousa moi clara, quenquera que sean os cacos, algún deles coñece ben o lugar e os sitios.
Coidadiño cando vaiádes por alí, non sexa o diaño.

viernes, 11 de septiembre de 2009

ESTABA PROHIBIDO ALGÚN TIPO DE CANTIGA



Era un dia de inverno, daqueles días de Val dos Marcos, donde todo se queixaba do friu.
Un castañeiro, en segundo término, elevaba ó ceo as súas gallas, como implorando que a friaxe acabéra.
Os castañeiros detrás do implorante parece que seguian as preces do primeiro, non en vano éste era o mais cercano a Igrexa. Daquela ainda non se puxera de moda que os Kikos fóran ministros parlantes, pondo as comas e os puntos o chou.
A terra tamén parece que tremaba polo frío, pois vése totalmente triste é sen pizca de poulo.
Outra característica é a de que, inda o asfalto non cheguera a zona. Faltaban polo menos trinta anos para que sucedera.
Naquel dia calquera de inverno, un pobre Carpinteiro, estaba a punto de ser axusticiado, por cantar diante do axuntamento, aquela famosa copla de Angelillo, que decia: “Ay, Mariy Cruz ¡”., porque nun verso decía que lle dera na boca un beso.
Apareceu por alí a parella de Carabineros, e ian levalo xa preso.
O pobre so tivo tempo de por a súa chqueta enrugada, eso sí gorra das festas é a cara de coña que o caracterizaba, como se as cousas deste mundo non fosen con él.
Salvouse do garrote vil, porque os amigos fixeron todo para que a cousa non fóse a mores. O Modesto, o Manolo e o César vestidos de gala intercederon por él, para que o soltaran.
Oubo unha pequena ameaza ó crego, no senso de que o Modesto, o Pepe, é o Lias, non volverian a Sacristía a cantar nos días da festa, é esto fixo que o represente da Igrexa, tomara cartas no asunto e le ordenara ós axentes da autoridade que o soltaran, cousa que fixeron de contado.
Como proba de que o asunto acabou ben, manderon vir un home con unha máquina de retratar, e deixeron esta foto para a posteridade.
Na foto vése como as raíces dos castañeiros estan o regaño, despois da paz esconderon-nas de novo. ¡Era a súa maneira de implorar!.
Co tempo os dous primeiros castañeiros foron sacrificados por mor do progreso, o primeiro estaría casi no medio da curva, e o segundo inda ten as raíce ó aire, no mesmo lugar onde se criera.
¡Unha forte aperta a todos os da foto!.

jueves, 10 de septiembre de 2009

XENTE CON PERXUÍCIOS, QUE NON O LEA

Hai días que é muto millor non erguerse. Se non o creédes, leéde o que sigue. Podemos decir que xa pasou mais de medio século, que pasou en Val dos Marcos, é que todo parecido coa realidade quédase pequeno, ainda que esté fabulado.
Naquela mañanciña dun fermoso día do mes das flores, ó noso heroi, saiu da cama xa un pouco tarde, ainda que le prometera a seu pai madrugar, para ir a abrir a poza do prado de Lagoas.
Tirou as mantas pra trás, encasquetouse dentro das calzas, puxo os carpíns é os zamancos non aparecian pos ningures. Lembrou que os deixera no cimo da escaleira para non facer ruido cando ia a cama.
Arrenegando de todo, saiu ó cimo da escaleira a buscar os zocos. Cando pasaba polo estreito tramo que separaba a cociña dos cuartos, cos calcetíns de lá nos pés, e enseñando parte das unllas, que mais ben parecian sachos, ou garras de aguia, notou unha certa humidade nos pés, e con asombro, viu que nin chovía nin se esperaba que chovera. O sol xa cáseque aplastaba a un contra o chao. Colleo os zamancos, sentouse no último balzón da escaleira coa idea de calzarse.
- ¡Mal raio parta as pitas! – berrou- ¡sé puxérades tantos hovos, como merda deixais, naide pasaría fame!.
O noso amigo o sair fóra pisara caseque todos os cagallóns, que as pitas foran deixando, onde alguén les púxera uns graos, a entrada.
Limpou contra os balzois os calcetíns dándole unhas zamarradas para facer saltar os excrementos, é durante uns segundos o fedor arredor del era terrorífico.
Cos calcetins apastrocados e fedorentos, encasquetou os zamancos, e aiqui veu un segundo e monumental cabreo. Un deles estaba sen amalló, cando se decatou viu que a cadeliña nova estaba no fondo da escaleira, ensarillando cunhas mazarocas de millo, un gorgullo dentro dunha cunca, é o amalló o lado.
Baixou todo encabuxado coa idea de atizarle a cadeliña unha patada, mais ésta prevendo o que ia pasar liscou pro curral, él tentou seguila e no medio do esterco que deixaban os porcos cada día, quedoule atrapado o zamanco por non telo amalloado.
- ¡Desgraciada a vida dun pobre labrego!- dixo volvendo a buscar o zoco, evidentemente volvendo a por a remollo os calcetins, que naquel momento xa non se sabia o que eran.
Desde a entrada da corte dos porcos, un marrano estabao a mirar con cara asombrada, como decindo ¡este tiu é parvo!.
Limpou o zamanco na maseira onde comían os porcos, pois alí quedara un estúrrio, que se semellaba algo a auga chea de lama.
-¡Pra que vos fódais!- dixo mirando con noxo os porcos.
Saiu do curral coa aixada ó lombo, e nada mais por un pe na rúa, o primeiriño que pisou foi unha bostarega coma un cesto, que habia na porta da corte das bacas.
-¡Estes bichos tamén só fan que facer esterco!- Agarrou unha espalladeira e recolleu a bostarega pra dentro da corte, pois como se decia hasta o esterco escaseaba. O esterco en Val dos Marcos, tamén era un ben escaso. Unha vez escoiteile a un paisano da zona decir que si a merda valera cartos, os pobres naceríamos sen cú.
Hai noticias de que o noso amigo, abriu a poza, regou o prado, e cando volvía para a casa atizoulle co mango da aixada no lombo a outro rapaz que se rira del por culpa dos zamancos. ¡ Eran catro ou cinco números mais grandes có seu pé!

miércoles, 9 de septiembre de 2009

GORGOLEXOS NA PORTELA DE REBORDELO

Naquel día, meu irmán Xería e maís eu saíramos a tentar a sorte das perdices. Coma sempre algunhas tiveron moita e unhas poucas ningunha. Tres ou catro destas últimas debian estar desesperadas e cando le espirremos, simplemente tomeron a decisión de suicidarse contra os chumbos.
Pola mañá bastante cedo, saíramos polo Facho, atravesemos as leiras da Cruz de Pedra, pasemos pola Estante desde donde subimos as Carbuizas, a Rechouso, Veigadechuces é por si ainda non camiñéramos dabondo, por detrás do Castelo de Rebordelo cheguemos a Fraga das Ferraduras, e desde alí perseguindo unha perdis revesgada cheguemos as Bouzas donde decidimos comer a merenda.
Comimos uns chouriciños asados, bebimos a bota de viño, e chupemos un termo de café, cousa que despois nos levou a facer unha pequena tertulia, na que falémos do divino e do humano, e cando fumos calando foi aparecendo Morfeo que nos acunou, é cando viñemos en nos xa caseque era de noite, e a camiñata hasta a casa ainda daría moito de sí.
Cando cheguémos a Rebordelo xa era de noite pechada. Con paciencia e bon paso camiñemos polo camiño, apenas habia algo de resplandor da lúa, que tamén xa escomenzaba a liscar.
Cando iamos baixando polo cimo do caboco dos Corzos, os cans todos arrepiados sairon co rabo entre as patas a esconderse entre as nosa pernas.
No entendiamos aquela reacción, pois como caseque non se vía, non tíñamos nin idea do que poderia pasar. Acariñémolos, démosle ánimos e seguimos camiñando.
Cando xa chegábamos ó caboco, de repente coicidiu coa espanatada dos cais, unha especie ronquidos bastante arrepiantes ó lado de riba do carreirón. O son era unha cousa etre laio, ronquido e ira.
Calou aquelo e o silencio na noite parecia querer abrangalo todo. Era un silencio como decia Héctor meu fillo, que se escoitaba.
Miremos un para o outro e volvimos a iniciar a baixada cara o Carballal. Levávamos camiñados unha ducia de pasos cando aquelo volveo a repetirse, mais esta vez cos sonidos mezclouse unha especie de estertor, era como se un becho grande tivera problemas para respirar.
Xa con algo de canguelo no corpo camiñemos de forma decidida e rápida, crucemos pola Augüeira como lóstregos e cheguemos a casa bastante alterados, comentémos o que escoitéramos, e cheguemos a conclusión que algún porco montés, atrapado nun lazo ou nunha garduñeira, estaba morrendo alí. O día seguinte iríamos a ver que pasaba.
Madruguémos, collímos as espingardas ó lombo e encamiñémonos o cimo do caboco dos Corzos.
Cando cheguémos o lugar donde escoitéramos os sonidos a noite anterior, e non oimos nada. Mirando ó noso arredor, non conseguimos ver nada sospeitoso.
Xa cheguéramos a conclusión de que por alí non habia nada, volveu o ruido da noite anterior. Un gorgolexo arrepiante, cunha larga respiración que parecia moi dificultosa. Saia dunha matugueira de uces e xestas que habia a parte de arriba.
Agarremos as escopetas, despois de meterle balas na barriga, pois xa casi non tíñamos ningunha dúbida de que por alí había un Xabarín enguedellado.
Subimos con todas as precaución posibles, pois todo bon cazador sabe do perigoso que pode ser un porco montés ferido .. .
Repetiuse o ronquido, xa diante caseque de nós, é no vimos nada. O chungo do asunto era que xusto onde saían os ronquidos, as uces non eran grandes e casi se via o chan.
Estábamos nesas, e os cais detrás de nos, ainda que bastante calmados, cando volveu a repetirse o sornapo. Daquela parecía que tamén habia un pequeno son metálico.
Imaxínade o cadro: dous cazadores coas armas en “prevengan”, apuntando a unas pequenas uces das que saian uns sons extraños. Mirémos un para o outro, é xa con cara de coña, baixémolas espingardas e acerquémonos a contemplar a tapadeira de un rexistro da traida da auga de Rebordelo. Pola razón que fora, as tuberías colleran aire e de cando en vez, éste saía por alí, algunha veces con tanta forza que facía mover a tampa de ferro.

lunes, 7 de septiembre de 2009

¡ADEUS CAMPAÍÑAS DE SAN CIBRAO!

As campanas da igrexa da capital de Val dos Marcos, estan tristes, ameazan-nas con non deixalas tocar a ledicia cando este mundo ven unha nova vida, con non deixalas laiar cando deste mundo liscamos. Xa no poderán tocar “ó concello”, nin a “lume”, é, unha cousa que é moi importante na época das tormentas, pois de todo o mundo é sabido que se cando unha tormenta fera, camiña hacia o pobo, se se tocan as “campas”, a tormenta ou se desfaí ou marcha para as serras.
Agora queren pór uns trebellos de “Higt tecnoloxy”, para congregar os feligreses, cando le veña ben ó que convoca.
Despois de moito tempo pelexando coa própia conciecia, sobre se pertencer a unha iglesia que non me pediu permiso para afiliarme a ela, sobre se será correcto liscar dela, por cuestions de ética e moral, veñen agora tocandole a un... as campas.
Creo que non necesito caseque nada mais para liscar. ¡Problema!: a apostasía e moi complicada e non xurde efecto; seguro que seguen a mandarme como número a Facenda e cobran por min, ainda que na mesma poña “para fins sociais”.
Un aviso a quen corresponda : O ALTOPARLANTE ESTÁ XUSTO ENRIBA DA MIÑA CABECEIRA, E CANDO EU ESTOU NA ALDEA, POLA RAZÓN QUE SEXA, NO QUERO QUE NIN O DIOS DESEs PREDICADORES CATÓLICOS (QUE NON CRISTIANS), ME DESPERTEN CO SON DAS CAMPAS DA CATEDRAL DE “NOTRE DAM”.
De persistir na teima, terán que por tamén un minarete, e unha campana Budista, así como a chamada é a estrela de Israel.
De todolos xeitos, eu, cando quero falar con Deus, non necesito campas, creo que oe desde calquer lugar, canto mais apartado e humilde mellor, senón acordádevos do que día o Novo Testamento daqueles dous xudeus que rezaban. Un humilde desde un curruncho, e o outro desde a parte mais visible do templo, dandose golpes gordos no peito. O Cristo, dixo que ós ollos de Deus, mellor o primeiro.
En fin, que non se me obligue a medir a estupided, nin os decibélios.
Creo que tanto o San Cibrao, como a Virxe do Rosário, serán protectores das campas, e se non ¡MALA SORTE!

viernes, 4 de septiembre de 2009

REQUIEM POR UN AMIGO

Xa solo quedaban as dúas últimas rodelas da meda.
Era na malla da tia Fernanda para meu pai, e da Felicidad para min.
Sempre na quela malla habia dúas medas. Polo menos trescentas mias de grao.
Acerqueime a axudar ó que desfacía a meda, que coma case sempre era o Fernandiño.(Perdoame polo diminutivo, mais eu non me axeito a chamarte polo nome, dixeramos, que grande.)
Eu tiña un interés especial en axudar, polo menos nas últimas rodelas. No fondo de todo das medas quedaban catro mollos entrecruzados, sobre os que a meda iba crecendo.
Normalmente debaixo daqueles cuatro mollos, sempre habia uns “ratiños” pequeniños, grises e lustrosos pola abundacia de comida que nos pouco días que a meda estaba feita tiveran a súa disposición.Graos noviños e a montons para a mantenza, seguramente mais do que os humans da zona durante todo o ano.
O amigo Fernandiño, sempre me axudaba a tentar darle cunha baleadeira ós ratos, que estaban debaixo do último mollo é que o verse en descuberto tentaban liscar. Sempre conseguian escapar, pois eu no le atinaba ben e o Fernandiño, creo que non queria facerles moito mal.
Hoxe entereime do seu pasamento. Non sei moi ben como foi, mais polo que puiden escoitar, ver e falar con él é a súa dona, o mais probabel, coido que foi ese error, que fai que as celulas humans, nun desexo de perpetuarse, crezan de forma incontrolada, facendo o contrário do que persiguen. Dicen os expertos que é un cancer, Eu creo que é unha maneira de cabar cun organismo. Ou como decian en Val dos Marcos: Mal da Morte.
Bueno amigo Fernandiño, perdoa pola extensión, pois en realidade solo queria decirte, que desde neno gardo un gran recordo teu, sempre me trateste como se fose grande, e endexamais me fixeche sentir “pequeno”. Creo que sempre estivemos o mesmo nivel.
Que a volta as orixes, te sean a mellor cousa.
Un bo recordo de un amigo.

VIAXE AS SERRAS

<

Ainda que un non está convencido, de que o que fai sexa correcto, moitas veces facemolo.
Esto foi o que me pasou a min e a miña dona, cando columbremos unha pista asfaltada que leva ó alto da serra de Lubían e Hedroso, creo que feita por mor dos inumenerabeis muiños de vento que na nosa terra hai. A tentación foi enorme, é agora non estou nada arrepentido. So direi que a polución, será posible, se os que van por alí son irresponsables. Supoño que haberá de todo.
Unha das pirmeiras cousas que me chamou a atención, foi a cantidade de voadoras rapaces que por alí andaban en perfecta armonía cos monstruos.
Como non hai nada mellor que unha imaxen, na cabeceira, téndeis un fermoso milano negro, zampandose o que supoño é un ratiño.
Tamen tivemos a oportunidade de descubrir, bastante cerca dun muiño, de un grupo de pedras nas que hai unha cazoletas bastante chulas. Teño que averiguar se por alí cerca pasa algunha división territorial ou a que obedecen.

Creo que a orden de fotos é o reves. Está claro que ainda non
domino ben estes aparellos.
Outra das cousas foi o poder ver a Fraga da Osa desde o alto
bastante de cerca.
Por aquela banda veise o nacemento do rio Pedro, e as escorren-
tías que o van conformando.
Pola banda do nacemento do Tuela, pasa o mesmo, é o mais curioso é que nacendo caseque no mesmo punto,arredanse un do outro, e volvense a xuntar na Tuiza.
Deixovos tamén unha foto da Fraga da Osa e outra da parte do nacemento do Tuela.
Seguirei contando cousas daquela andada, parte en coche e parte a pé. Creo que paga a pena, mais eso sí, pregolle a todo aquel que suba, que deixe aquelo, se pode mellor que antes de subir, é cos páxaros que non se meta, pois hai falcons peregrinos, bastardos, tecelans, aguias, cernícalos e demais, que é unha delicia contemplalos



Espero que os gusten, e que doña Angela non interpoña unha reclamación, por dereitos de imaxen.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

COUSAS MIÑAS

Estaba sentado no mesmo lugar onde nos víramos o dia de antes. Non sabía se volvería, mais tiña confianza nelo.
Desde o lugar no que estaba, via a rúa principal da aldea, caseque hasta o fondo, so me quedaba fóra da vista os últimos douscentos metros, por mor do rouso que facía e que non deixaba ver ó final.
Mentras esperaba, estaba a contemplar a rua. Estaba o chao seco, inda habia pallas miudas que recordaban que as mallas iva pouco que se acaberan. Chamaban a atención dúas cousas pouco usuais; Non había ningún ser vivo a vista, e a luz, parecia mais ben que era lunar mais que solar. Eso sí, de noite non era.
Etá ben así, pensei, pois deste xeito cando fagamos o percorrido lugar abaixo, non terei que dar esplicacións a ninguen, nin preocuparme porque algún despistado metera a pata.
Estando nestas, vi-o aparcer xa cerca de min, sen saber de onde viña. Traia a cara da outra vez, un sorriso tristeiro, e fitabame fixamente, como se quixera grabar a miña fisionomia no fondo das súas pupilas.
Sen comentários de ningún tipo, e postos de acordo so coa mirada, iniciémola andadura camiño abaixo en direción a parte baixa da aldea.
Cheguemos a praza do forno, é alí atopémonos coa primeira persoa, que o vernos puxo cara de susto, e a toda carreira liscou a esconderse no souto de castañeiros. O meu acompañante puxo cara de sorpresa, mais ben de incrédulidade e mirando para min fixo un xesto que decia :¿Porqué?.
Eu quiteille imporancia e tamen con un xesto deille a entender que aquelo era normal. Mais a pesar de todo eu estaba preocupado, pois tarde ou cedo debia decirlle a verdade, se acaso fose que él non se dera conta da situación.
Baixemos, subimos, en definitiva deambulemos por todolos lados, sempre o mesmo, sen atoparnos con naide.
Nolgunha ocasión tuve que, cun xesto enérxico, facer sair do noso camiño, algunha persoa que puña xestos de arrepío e susto.
O meu acompañante, cando cheguemos de novo o punto no que escomencéramos a andadura, cunha mirada tristeira liscou de xeito que eu non me enterei moi ben pra onde, e se me apurades tampouco sei como.
No terceiro encontro, xa a maneira de chegar foi un indicio de que algo cambiara. A mirada xa era disinta, estaba entre triste, confusa e aliviada. Xa non me deixou acercar a él. Cada vez que via a alguén tentaba esconderse detrás de min. ¡Aquelo non era normal!, pensei eu. So podia pasar unha cousa, que escomencera a darse conta da súa situación.
De súpeto, mirando pra min, adiantouseme un par de metros, e cando chegou o punto que él creéu necesário, subiu a perneira dereita do pantalón e ensinoume a pantorrilla, xusto os xemeos.
Alí xa casi non habia musculo, nin pel, so uns tendons a punto de roper, é uns osos na mesma situación.
Miroume con tristura, é cun xesto de resignación, desapareceu da miña vista.
Nunca xamais volvin a ter aqueles encontros.
Agora mesmo non sei se foi certo, se o soñei, ou se simplemente o meu cerebro quixo que fose así.
Detodolos xeitos, desde aiqui e agora unha forte aperta.

lunes, 31 de agosto de 2009

¡TUIZAS, ¡AQUELAS!

Xa non corren os mesmos tempos pra naide. Xa o dixo o romano, “tempus fugit”.
O único que, eu, le podo achacar ó asunto, é todo o do meollo climático, stres, e outras trapalladas que agora non se me lembran, ou no quero acordar.
Toda esta carallada ven a conto a raíz dunha curiosidade que xa vai un montón de tempo coñecín, oín, escoitei ou soñeí.
Para que naide perda rípio do acontecido, teño que contestualizalo (palabrexo donde os haxa). A época foi aló polos anos setenta e moitos, é cando, ainda a feira-romería de Lubián era tal. Ir á misa, ecoitar os foguetes, dar voltas arredor do santuário, comer o polbo, antes de meter as nádegas na confluencia dos ríos Pedro e Tuela, a partir da cual confluencia, os rios chamanse Tuela.
Habia moi poucos coches no couto, creo que inda non pasaba a estrada a Galicia por enriba, (o mellor estabase a facer), o asunto é que aquel ano eu fora a “A FESTA DA TUIZA”.
Tamén teño que decir que, daquela o meu amigo “O Rubio”, organizaba as famosas tiradas de tiro o prato, nas que eu participaba é que nunca gañei cousa.
Outra información interesante e necesaria, para o bon coñecemento do negocio, é que daquela, en Lubián habia o primeiro alcalde socialista, o meu bo amigo F. Lubián que entre outras cousas é irman de meu cuñado J. Lubián. Aproveitando que o Tuela tamén pasa por Val dos Marcos, farei unha pequena homenaxe o seu pai, tamen amigo,DON FELIPE LIBIÁN Sr. Tamén debo decir que estaba de Xefe de Linea da Guardia Civil, o sarxento do meu pobo, DON DOMINGO.
Saída de misa, baile vermout, algún que outro tiro de entrenamento ó prato, balbordo por todolos lados, rapaces correndo detrás dos canelos dos foguetes, algún que outro cristiano que xa escomencera a empinar o codo o día de antes e tamén daba tumbos polos lameiros...... .
No medio, ou non, dos prados que rodean o santuário, durmia unha pobre lebre. Aguantou todo o que puido, o paseo das vacas que estaban na feira, o ruído dos chocallos e as esquilas, os berros do persoal, mais..., ¡oh,Deus meu¡, foi incapaz de aguantar os balbuceantes pasos de un infante que daquela escomenzaba a súa andadura. A lebre, que non estaba afeita a aquelo, pensou que o infante estaba beodo, é non sabendo que facer, optou polo que considerou o mellor recurso: LISCAR.
Ergueuse da súa cama, ollou para todos os lados, é endexamais o vira tan “fodido”. A xente, as vacas, os trompas, en definitiva, todo o balbordo que a rodeaba, acollonou-na, é mirando o seu arredor, dando un “Gracias Deus”, escomenzoú a correr polo medio de toda aquela “marabunta” de patas, botas, zapatos, botines, e garrotes que tentaban deslomala, dreitiña ó único lugar seguro: OS PES DO SARGENTO DA BENEMÉRITA, o cual o ver que o bichiño se acochaba entre eles, fixo o que todo bon axente da autoridade fai (quero creer): AGARRAUNA POLAS ORELLAS, PÚXOLLE A OUTRA MAN POLA BARRIGA, E PASENIÑAMENTE DEIXOUNA NAS CARBALLEIRAS QUE CIRCUNDAN O SANTUÁRIO.
¡Lástima de estofado,! teño pra min que dixo o cuñado do Sarxento.
Tempos aqueles, que decian os antergos, cando un home deixaba escapar as poucas proteínas que tiña a oportunidade de levar o seu organismo.
Uha aperta a Don Domingo, é un bo recordo pra Don Felipe Lubián Sr.

domingo, 30 de agosto de 2009

HAI QUE TER CUDADO ONDE SE MEXA

DÚAS AVENTURAS NUNHA, DO TI MARCELINO GARRIDO (Lugar das Carqueixas)

Os días do mes de Santamariña tocan ó seu fin. Coma sempre, as horas do “dolce facere niente” acabéronse. Que perdoen os do país en forma de bota, se a frase non está correctamente escribida.
Antes de liscar de novo as terras mareantes da cidade olivica, pedinle ó meu amigo Serafín, que me contara unha história que él recordara, dalí, da nosa terra : Val Dos Marcos.
Primerio díxome que non recordaba ningunha, mais caseque a renglón seguido, recordou unha na que él mesmo estivera presente, polo menos en parte. Foi cuando o Serafín estaba destinado na Teixeira, facendo as funcións propias do seu traballo naquel momento: Formaba parte da forza da Guardia Civil, que vixiaba os montes dos Moares, para evitar o contrabando, e mais que as portuguesas fixeran carbón, dos fermosos torgos que xurden entre as moas graníticas dalí.
A história, aparte do que él vira e escoitara, tamén la completou un amigo da Teixeira: Martín Gordo.
Acaeceu alá polos anos sesenta, mais ou menos. Nun día do vrao, cando os labregos ian a serra da Gamoneda, supoño que a zona da Farrapada, se non era, para o caso dá o mesmo, atopábase o ti Marcelino Garrrrido traballando coa familia naquela zona.
Nun momento, fortuítamente, facendo un traballo própio da súa profesión, tivo a ma sorte de romper o óso dunha perna, de tal xeito que non podia moverse. Aclararemos que daquela os camiños da zona, caseque non servian mais que para camiñar por eles a pé ou en xumento.
O seu fillo Pedro baixou a Teixeira a buscar xuda, e con él subiron a serra outros homes. Leveron unha escada pequena, do tamaño dun home, e unhas mantas. Coloqueron-no enriba da escada na que previamente puxeran un mullido de mantas, para aliviar o contácto do corpo, e despois de atalo a mesma, facendo padiola da escada, foron-no baixando hasta Hermisende, onde o levarian a Zamora a curarle a perna.
Penseron que o mellor era que seguira atado a escada, e subironno a un coche, tipo berlina que tiña o Vidal de Hermisende.
Inicieron o camiño, o ferido, o Vidal como conductor, e como a compañantes, o Pedro, fillo do Ti Marcelino e o Martín Gordo.
Sairon pola pista de grava, que era a carretera daquela, sen ningún contratempo dino de mención hasta que chegueron a Rañalobos Aiqui a cousa púxose séria, pous o noso amigo, ti Marcelino, entreronle unha ganas enormes de mexar, cousa que les creou un problema os acompañantes, pois non sabian como colocalo. Entón o Vidal tivo unha ocorrencia: Díxole o Martín- Ahí atras, no coche, hai unha lata desas do aceite.Está lipa, a ver se é capaz de meter a “piringola”polo burato, é pondo-o de lado, mal será que non poda mexar.
Dito e feito, axuderon-no e o señor Garrido escomenzou a alivia a vexiga. Como é de recibo nestes casos, os acompañantes retireronse un chisquiño, por pudor, e falaban das súas cousas. De repente, o ti Marcelino, empezou a dar berros, que se oian desde as Valiñas:
“Ayy.... ayy... miña pixa. Ayy.....ayyy, miña pixiña!”
De sutaque, o Vidal dixolle os outros, ¡carallo!, ¡fixémola boa!. Na lata debia haber inda un pouco de pedras de carburo!.
Amañeron o desaguisado como puderon, e acaberon levando ó home o hospital, donde o primeiro que amañeron foi a “pixiña” do ti Marcelino, despois o oso da perna, que necesitou uns clavos para mellor arranxo.
Cando os médicos o madaron para a casa, dixeronle : Volva por aiqui dentro de tres ou catro meses, que ainda que no sexa necesario, sacamosle os clavos que agora leva.
Cando pasou o tempo preestablecido polos galenos, negouse a ir o hospital, pois cando le ficeran a operación, escoitera que os clavos eran de prata, e él dixo:
¡Bo, so queren recuperar a prata, ¡de eso nada, quedome eu con ela!
O que non me soupo decir o Serafín foi, se, cando morreu, se deixou sacar a prata ou a levou consigo.

lunes, 10 de agosto de 2009

¡VACACIOOOONS!

LISCO A FACER O MANDRÁN NO QUE QUEDA DE MES.

SEGUIREI DANDO A PALIZA A VOLTA.

ORDENOLLE A TODO QUISQUE QUE DISFRUTE BEN AS VACACIÓNS.

GERÁSIMO É A VELOCIDADE

Para aqueles que non o cheguesteis a coñecer, direivos que o meu amigo Gerásimo, era neto do ti José Maria e da tia Genoveva, fillo da Felicita, e polo tanto curmán do tamén amigo meu Modesto mais coñecido desde a súa época de estudiante como Modestolo-pez, xa que así foi como o parecer puxo o seu nome algunha vez, sobre blanco na escola.
O Gerásimo, liscou para a Arxentina xa vai un feixe de anos, coido que arredor de medio século. Dende entón perdinlle a piaxe, e solo soupe cousas del a través de dimes e diretes.
Era o meu amigo, gran afeccionado a velocidade, pois sempre traia a burra coa que ia coas vacas, a galope tendido. Contareivos alguna falcatrúada.
Nunha ocasión viña coas vacas polo Poulo do Mexacan, e o chegar mais ou menos por alí atopouse co Basilio que tamén andaba por aló.
O Basilio, que era un gran argallador de liortas, díxolle que, seguro que non era capaz de por a burra a todo galope e deixar que él la espantera. Gerásimo aceptou o reto, e para facelo mais difícil, dixole que iria montado na burra e escanchado o revés, é decir, mirando hacia o rabo. Tamén teño que decir que daquela, montábase nos xumentos a pelo, é decir sin albarda nin nada.
Puxeronse maus a obra, deixeron alargarse ás vacas, o Gerásimo desandou parte do camiño, para que a burra puidera coller carreira, e o Basilio agachouse detras de unhas urces, para espantalo xumento cando cando cheguera a súa altura.
Tal cual. A burra colleu unha boa velocidade.O Gerásimo montado o revés e azuzando. Cando chegueron a altura do Basilio, este saiu detrás das urces, e para mellorar a cousa, guindoulle a chaqueta enriba da cabeza da burra. Sucedeu o que tiña que suceder. A burra espantouse, asustouse, e como no vía, desviouse do camiño, e alá foron cabaleiria e cabaleiro un sobre o outro para a parte de abaixo do camiño.
O Gerásimo quedou embazacado, semi-incosciente e o Basilio con un susto de morte, pois pensou que matera a burra.
Noutra ocasión o meu amigo fixo un bólido de catro rodas, de madeira todo. As rodas tiñan como uns vinte centímetro de diámetro, e xiraban sobre un eixe de madeira. Púñao en costiñas e montando nel o aparato deslizábase a unha boa velocidade.
Tamén por una porfía, un día decidiu baixa polos barreiros que habia entre os dous camiños, diante da iglesia. Desde o Minoco de meu avó, que tiña un bon desnivel, hasta a porta da tia Aurora. Daquela no existía a carretera.
Arriba, donde ahora está o mesón Jabalí, montou no seu bolido e deixo-o galgar pola costa abaixo. Como aquelo non tiña dirección non puido rousar o chegar a entrada do que era a rectoral. Enfiloú hacia un negrillo que había no arranque do carreirón da fonte do Souto. Antes de chegar á árbore o bólido freou en seco nunha pedra, pola forza da inercia o Gerásimo saiu disparado hacia adiante e parou dando coa cabeza contra o negrillo ficando tamén sen sentido.
Outras moitas aventuras deste tipo tivo meu amigo. Coido que está vivo de casualidade.
Unha forte aperta amigo Gerásimo.

sábado, 8 de agosto de 2009

Calila y Digma (versión mía)

AVARICIA FATAL
Durante toda su vida no había hecho otra cosa que trabajar duro. Las cosas le habían ido bien y logró amasar una gran fortuna. Tenía una mansión en vez de una casa. Por todos los rincones había acumulado cosas de gran valor, con el objeto de disfrutarlas más. Cuadros de pintores famosos y de reconocido valor, objetos de metales preciosos, y demás cosas, que solo sirven de adorno, pero que tienen un valor incalculable. Había en la mansión todo lo que se pudiera desear.
Cuando ya había cumplido los ochenta años, conoció una mujer joven, elegante, guapa, calculadora y fría como una estatua de Tales de Mileto.Esta mujer era consciente de la riqueza de aquel viejo, y también del enamoramiento del mismo, cosa que intentó acrecentar con sus zalamerías que a todas luces eran falsas. Solo tenía en cuenta una cosa, llegar a casarse con él, heredar, pués estaba claro que no podía durar muchos años.
Conseguido su objetivo de hacer pasar por la vicaria al viejo-ricachón, le despreció con el mayor de los descaros, pero era tanta la adoración que él sentía por ella que todo se lo pasaba por alto.
Los desprecios, ni hacian que muriera, ni que dejase de desearla.
Una noche que estaban cenando entró en la casa un ladrón, cosa que hizo que la mujer se asustara mucho y llena de ansieda se abrazó al cuello de su marido y se apretó contra él toda muerta de miedo.
Entonces el viejo, lleno de alegría, se dijo para si: ¿Cómo me da Dios tanta ventura?
Cuando se acercó el ladrón le dijo: Toma todo lo que quieras y puedas llevar, pués a ti te debo que mi mujer me abrace.
Entonces el ladrón escogió las mejores obra de arte, y joyas, junto con todo el dinero que pudo, y cuando se iba a marchar, volvió sobre sus pasos y cogiendo a la mujer por un brazo también se la llevaba, sin que esta opusiese resistencia.
Cuando iban a atravesar el dintel de la puerta, sonaron dos disparos y los dos cayeron muertos, mientras el viejo contemplaba, aquella escopeta con los adornos de oro en la culata, que un día había sido el deseo de la mayoría de tiradores que la habían visto. Entonces volviendo a su sofá favorito murmuró: Le dije que se llevara lo que quisiese, pero el que intentase llevarse a mi mujer, y ella lo hubiese consentido, era algo que no debía permitir.

Adaptación “sui géneris”de Calila y Digma, de Alfonso X. (con perdón)

viernes, 7 de agosto de 2009

¡TEMPIÑOS!

Nostalgias.

Era no medio da invernía, alí, polo Val dos Marcos. Había neve do Carballal hacia a Cachena, pola beira do Tuela non coallera a neve.
Despous de xogar a partida na casa do Caxera, estábamos a escoitar a Pepe Pinto naquela belísima copla, intitulada “Mi niña Lola”, mentras no camiño facía un fríu xeado, enriba da pouca neve que ali quedaba.
Asomou o fuciño pola porta, meu tiu Manolo, cando mirei para él fixóme un aceno hacia afora. Eu sabia o que queria decir; quería falar conmigo a solas. Saín anda él, é dixóme: Que te parece si mañá imos a busca dun par de coellos, hacia Vilares?. ¡Feito, respondín eu, chamame pola maña! – Vale, deica mañá.
Entrei de novo para acabar de escoitar a copla. Daquela, pasabamos a metade da noite escoitando Radio Andorra, con aquel programa donde para poder escoitar os “cantores” da época, habia que tragarse antes de cada cantiga, polo menos media hora de dedicatórias. Estas dedicatórias eran case sempre o mesmo: Didicado por fulanito e fulanita desde Suiza para seus pais, hirmaos, primos, parentes, amigos e este aquel e o de masi aló, en Peteliños de Abaixo ou de Arriba. Así durante media hora ou mais. Mais merecia a pena, por escoitar a Pepe Pinto, La Niña de la Puebla, Valderrama, Fariña ou outros, sin olvidar a António Molina.
Cando acabou o programa, saímos todos co ánimo de descansar nas camas por aquela noite. Coma sempre, subimos xuntos os da barriada darriba; Licesio, Agustín, Eloy e un servidor de ustedes, que tamén coma sempre, facíamos plantón diante da casa do ti Dario, que por aquelas horas tiña sintonizada a radio nunha emisora estranxeira, que emitía música orquestal, que facia que os pés se eleveran por enriba do planeta co ánimo de bailar, ainda que non era o nos forte, salvo o Agustín que debecia sempre por bailar.
O dia seguinte, despois de pasar polas Cegudas, Caboco do Lombeirón, As Latas, cheguemos as viñas, nas que ainda habia un que outro pampano, follas mais ben de color roxo que verde, inda tivemos a oportunidade de catar uns melóns que algunha alma caritativa sementera por alí.
A cazata foi pequena, volvimos para o pueblo polo Poulo dos Mexacans, donde nos atopemos co Céfiro e o Teófilo que sempre andaban xuntos de caza. ¡Claro!, tiñan o costume de levar, aparte da merenda, un o viño e o outro o termo do café. Esto último era o que mais eu le envaxaba.
Por mor de unhas perdices, acabemos na Portela das Teixugueiras, donde sentémos a fumar un cigarro, que mentras o liábamos podíamos escoitar o famos “Pikú” de Hermisende que berraba a todo berrar, e gracias o vento do leste escoitabamolo perfectamente. Soaba naqueles intres o pasodoble “mi jaca”, o que fixo que mentras durou, estiveramos completamente caladiños escoitando.
Desde alí mesmo vímos unha parella acercandose o riu, e perdimolos de vista durante unha media hora. Cando saíron das salgueiras cada un liscou por un lado diferente, o que levou o Céfiro a referirnos unha anécdota, que nunha ocasión le sucedera a él.
Estaba él no Salgueiral nunha ocasíon, e de pronto, xusto enfrente, do outro lado do Tuela, albiscou tamén unha parella, practicando o deporte mais vello do mundo, o que agora os cursis chaman “hacer el amor”, cando daquela nós tíñamosle un feixe de nomes, tales como votar unha cana o aire, afoscallar, votar un casquete, etc. Ainda que o que mais nos gustaba era, porse nela, ou simplemente foder.
Según o meu amigo Céfiro, o exercicio decidiron facelo de pé, apoiados nun negrillo daqueles grandes que habia nos prados. O problema veu cando a moza, que estaba de costas ó negrillo, se deu conta de que él os estaba a mirar. Enton sen consideración de ningunha clase, deulle un empurrón o mozo e liscou. Podedes imaxinar a ridicula postura do mozo.
¡Buff, tempiños!.