Tíñanme falado moito do avó
Perfeuto de Lubián. Seguramente quen me falaba del, tíñale un
cariño especial, non en van, comera con él as mellores sopiñas alá
no alto da serra, nas lindes cos montes de Porto de Sanabria.
Un dia no que eu andaba a percorrer o
nascente do Tuela, ese que baixa pola serra de Chaos, lamendo as
ladeiras con morrenas da de Lubián, deime de bruces co espiritu do
avó Perfeuto. Ainda que non o acrediteis, sabede que os espiritus
libres e amantes da terra na que se desenroleron desde pequerrechos, unha
vez que finan, adoitan visitar aquelas paraxes nas que transcurriu
parte da súa vida, cando o espiritu andaba loitando por desenrolarse
hacia un estadio mais elevado. Tal era o caso.
Encontreime con él no alto do Moncalvo,
acercandome o Moncalvillo, desde onde vislumbraba o Alto da
Mermiñeira , o Tormo, o Llombo, O Castillón, Cabril e Valdecasares,
e divisando ao lonxe os serpenteares dos rios Tuela, Tera, Castro e
Bibey (Vivei), que nas súas ribeiras alimentaban os corzos, ese
animal tan escurridizo e o mesmo tempo tan babeco cando vei a un
humano.
Tamén vos teño que decir que os
espiritus dos antepasados, non se deixan ver a todo o mundo, coido que
solo por aqueles que tamén aman as serras dos seus antepasados e que
tentan de manter o recordo deles un pouco na memoria das xentes
actuais.
Na relación que, arredor, de un par
de horas mantivemos, decateime que él era consciente da miña
admiración pola súa figura, fomentada polo seu neto Xusto.
Nas relacións que se manteñen cos
espiritus dos devanceiros, que evidentemente nunca é falada, mais
ben de xeito telepático, e'moi curioso o que eles chegan a saber de
un, sen necesidade de contarlo. É como sé se levera tatuado na
testa. Saben-no todo, ou adiviñan-ho.
Sabendo do meu interese tanto pola
Pala dos Albardeiros como polo Caneiro das Bruxas, guioume hacia eles
para ensinarmos. Como inda naide vestido con pel e ósos coñecera.
Ó primeiro que me guiou foi a Pala
dos Albardeiros, notábase o seu cariño espcial polos montes de
Lubián, a terra que le dera a forma, na vida pasada del.
Cheguemos os fuciños da pala dos
Albardeiros. (Non dubido que non fai falla describir unha pala. A do
pan é Pá.) e unha vez introducidos dentro, eu quedei un pouco
sorprendido, pous aquelo xa o vira na ocasión que tiven
anteriormente, seguindo as instrucións do Xosé, hirmán do Xusto.
Daquela a Pala era poco profunda, non tiña inscripcións por
ningures, a pesares de que eu pensaba que a vereda da idade media
adiante podia ter algo que ver na sua orixe. Non era así, o parecer.
No fondo, e a man direita, habia un
crollo grandisimo (grandismo, según meu sogro) e o avó insinuoume
que resbalera por detrás del.
Resbalei polas costas da fraga e caín
nun espacio amplo e diferente a todo o coñecido onde parecia que o
tempo estaba detido. Tiña unha grande vantaxe aquelo, pous podias
desplazarte por cousas. Tempos e circunstancias que se te ocorreran.
Cousa que era como facer “zaping” na TV soamente co pensalo.
Amoséronseme cousas que algún dia relatarei, cando teña gana e me
pete.
Eu xa estaba lixeiramente acollonado
pous empezaba a pensar como sairia dauqela especie de pazo
subterráneo no que estaba. Dtro da miña caluga, sen saber como,
decateime de que o avó chiscabame o olloen. Cando me decatei de que
estaba no pozo da Moura, tratando de sacar da auga unha “bácora”
salmo fario, daquelas de antes, negras coma chamizos e pelexonas hasta
deixarse sacar por esgotamento, e xa case mortas.
Mirei hacia arriba, onde están as
Muradellas, e como se fose de noite pecha, vin unha estrela guiñando
coma os chisques do avo. Prometinlle que logo iriamos a Canada das
Bruxas, se él me contaba algo. Dixo: ESTA FEITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario