Continuación...
Xa, acabada a frugal cena do caído na
regueira da porta do ti Pedro, e inda esperando o secado dos pantalóns
e do capote, sentados, todos arredor da lareira, pregueronle o home
que les contara a súa andanza polo castelo do Mouros.
“ Foi pouco tempo de reloxio o que
estiven dentro-dixo- Nembargantes mentras estiven alí, percorrin case
todo o que me foi dado coñecer. Mais tarde, cando saí, o Xenio
díxome que o tempo dentro, non tiña relación co de fora. A
relación seria de cada minuto de fora, aproximadamente unha hora
dentro.
Antes de deixarme entrar, o
Xenio, levome pola única entrada que o parecer servía para que os
humanos puideran introducirse dentro das entrañas do castelo e por
ende nas da Terra. Na beira do riu Gamoneda estaba un home cun
caxato, arrequedando os lobos da serra, que o empezar a nevar forte
nos altos buscaban algo de refuxio, ainda que aqueles eran lobos que
estaban o coidado do Santo Antonio, cual era o home do caxato, que
non os deixaba sair daquela zona pous eran os que tiveran que deixar
soltos os rixelos, despous de que fosen “arresponsados” polas
mulleres con poderes das aldeas dos arredores.
Cheguemos a entrada, a cual estaba
disimulada polas louxas da zona e as urces e xestas que a cubrian, non
deixando nin adiviñar que alí podia haber unha entrada.
Díxome o Xenio que dentro dos
subterráneos babia varios tipos de seres que os habitaban, que non
pasaria nada mentras él estivera conmigo, e que fora das galerias
subterráneas eran totalmente inofensivos, solo podian facer trasnadas
que as veces asustaban as xentes.
No que era o recinto do castelo, xa se
vian grandes cantidades de tesouros formados por moedas de ouro e
prata, dunhas civilizacións descoñecidas. Eran os famosos tesouros
dos Mouros, dos que falan as lendas. Estaban alí guardados e vixiados polos
Gnomos que eran os encargados deles, e tamén de ilos recollendo
daqueles lugares nos que estaban olvidados dos seus donos.
O Gnomos, eran os seres mais perigosos
de todolos que baixo a terra estan. Se te collen dentro sen alguen a
quen teñan respeto ou medo, entretéñense incordiando o incauto de
tal xeito que acaba toleando, e o fin morrendo de angustia e
desesperación.
Entre outros seres que pululaban por
debaixo da terra, os que mais me chameron a atención foron os
produtores dos metales, os que facian que as augas regueran a terra
por dentro e que tamén facian que abrollera na superficie, polas fontes.
Estes seres eran moi traballadores,
en realide non descansaban nunca. Por exemplo os que estaban
encargados de trransformar a enerxia da terra nos distintos metales,
hasta chegar o estado de ouro. Puiden ver unhas trabes enormes deste
metal, da que de cando en vez esparexian por distintos puntos case a
flor da terra para que os homes o puidesen encontrar, a maioria das
veces asociado a outros metais.
Os que tiñan como cometido o coidado
da auga, eran incansables, pous debian recoller a auga, unha vez
selecionada, despous das choivas e tormentas, canalizandoa por canles
preexistentes, ou creando-os de novo en caso contrário, filtrando de
novo aquela que volveria a superficie, facendoa pasar polos distintos
metais dependendo da función que logo teria.
Tamén estaban os espirius negativos,
eran algo así como os politicos, opuñanse a case todo, mais case
naide les facia caso. Como espiritus solo podian meterle medo no
corpo os mais inocentes e incautos.
O mais arrepiante de todo foi ver, o
volver a superficie, uns exercitos de esqueletes armados con escudos
e espadas, estas en forma de curz, e nos escudos outra cruz marcada.
Eran o famosos exercitos dos Templarios, que andaban as liortas cos
outros fanaticos do Islam, coñecianse polos seus alfanxes e
babuchas. Deles,en ambolos dous bandos solo quedaban os esqueletes, mais inda
alí facian ruxir con forza e xenio os seus ferros.
Habia representantes de outras relixions, mais naide
destas facia as mesmas cousas que as xa relatadas. Esas dúas xa
parecia que andaban cansas, pous contemplando os que non pelexaban,
as veces sentian envexa.”
Chegado a este punto, xa cos pantalóns
enxutos asi como o capote, o aparecido, entrou no cuarto a cambiarse
de roupa. Saiu xa vestido coas suas roupas.
Estando dandole as gracias os donos da casa, escomenzeron as campas a tocar a “maitines”. Etonces sonou un estampido, e arredor do xigante fixose unha fumareira e o Xigante desapareceu.
Estando dandole as gracias os donos da casa, escomenzeron as campas a tocar a “maitines”. Etonces sonou un estampido, e arredor do xigante fixose unha fumareira e o Xigante desapareceu.
Alguen dixo que os xenios do castelo
dos mouros, acababan de volver a facer burla dos veciños, coma
sempre.
Mais, o mais vello de todos dixo: Os Xenios non van nuca as igrexas dos cristiáns.
Mais, o mais vello de todos dixo: Os Xenios non van nuca as igrexas dos cristiáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario