UN INTRANSLÚCIDO
Mañá aquela, na
cual o sol estaba escondido detrás duns nubeiros enormes, que desde
o alto do Monte Muga hasta o Alto do Ladeairo, non deixaba que as
sombras acompañaran os intranslúcidos.
No noso conto,
habia un home, que vivia no val entre os dous montes mentados, que
naquela mañá estaba anguriado, sen saber moi ben o porqué- Tiña
unha desazón no peito que non o deixaba ser quen en realidade era.
Non sabía o porqué daquela anguria
Sabía que aquel
día tiña que ir a tapar a auga pros prados da serra, e, como o
camiño de ida e volta seguro que le facía consumir unhas seis
horas, foí polo que, nada mais tomar a parva, empezou a subir de
cara a serra.
Na metade do
camiño, seguía coa mesma sensación e anguria. Faltaballe algo e
non sabia o qué.
Cando xa chegaba a
mallada da serra, escomenzou o sol a lucir. Deuse conta porque le
caia na testa, e facia que le fose difícil o camiñar, por mor de
que o sol dáballe nos ollos. Maldeciu que non se acordera de levar o
chapeu que adoitaba ter pras ocasións parecidas.
Tapou a auga dos
regos para o seu prado da Farrapada. Mentras estivo atareado cos
regos, os terrois, e dirixiu a auga hacia as tobeiras dos lirgois, ós
que a cadela ía agarrando e pondo nun montón na beira da poza.
Cando acabou o
traballo, despous de limpar os borceguís, e amalloarse de novo ós
amallós, iniciou o camiño de volta hacía o val.
O baixar pola
ladeira, o sol incidialle sobre as costas. Nun principiu non se
fixou, pero escomenzou a darse conta de que algo raro sucedia. De
Repente, caiu no que pasaba: O sol daballe nas costas e sin embargo
él non via a sombra. ¡No facia sombra!
Revolveuse mirando
para todolos lados, e ¡nada, a sombra non aparecia!
As veces a sombra
aparecia fugazmente e de xeito insospeitado en calquer lugar, e a él
parecialle que se mofaba. Polo menos bulra facialle dabondo. Foi
baixando pola ladeira do monte, coa sombra aparecendo donde menos o
esperaba, unhas veces con cara de bruxa malosa, e outras rindo de
maneira endemoniada, deixando ver un solo dente naquela boca
fedorenta, e chea de arnelas no resto das enxibias.
Cando chegou o
val,tiña que pasar o riu nas poldras, e o ir no medio resbalou e
caeu na cachoeira.
Non se resistiu.
Alguen que o viu
relatou que ia riu abaixo, aboiando e cos brazos en cruz, hasta
chegar o Fervenzón donde deapareceu definitivamente e nunca mais se
soupo del.
Por aqueles dias,
un incrédulo home dun dos lugares, morreu coincidindo coas datas
ateriormente relatadas, morrera pola mañá, e na mesma hora na que o
noso home caeu polo Fervenzón, foi enterrado na parte impia do
Sagrado. O lugar sagrado era pros que pagaban a bula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario