viernes, 27 de mayo de 2016
O CADAVER PANTASMA.
O CADAVER FANTASMA
En toda a ladeira, desde as Valiñas hasta Valdabutre, habia unha cuarta de neve. Subir desde a beira do Tuela foi unha aventura demasiado estresante. O cadaver que subiamos peasaba arredor duns cuarenta kilos, cousa que facia que cada tres ou catro metros tiveramos que relevarnos no seu transporte. O desnivel debia ser polo menos de un trinta por cento.
Por fin cheguemos o alto do Marabón, lugar desde o que xa todo era costa abaixo, e tamén habia camiño de carros. Xa non era o mesmo. O cadaver podiase levar entre dous nunhas padiolas feitas a propósito, e os relevos eran mais espaciados.
O chegar as Pombeiras, decidiuse descansar un pouco, pous a subida fora forte e o cargamento, camiñando pola neve, pesaba mais do normal. O friu tamen facia que se necesitera descansar, incluso os pantalóns habia veces que eran dificiles de doblalos polos xeonllos, endurapabanse debido a neve.
Levavamos uns dez minutos descansando, sentados diante de unha fraga, o abrigo do vento que soplaba do norte, e o estar orientados hacia o sur o sol case nos adormecia.
Fun a beira de un compañeiro a coller o mechero para encender o cigarro de “Celtas”, e o levantarme deime conta de que toda a roupa, estábese a encarouxar. Aquelo era perigoso, pous os sintomas eran todos os de unha incipiente conxelación. Empezemos a decirle a todos que tiñamos que pornos a camiñar pous podiamos ter problemas coa tardiña, pous o sol ia pondose e cada vez era mais dificil manter o calor corporal.e como consecuencia chegabase a un estadío de benestar incrible donde non se sentia friu e nembargantes a sensación de placer levaba a un a unha conxelación segura.
Traballo nos costou os que nos dimos conta da situación, poder convencer ó resto da pandilla de que debíamos pornos a andar.
Decidiuse que o cadaver iamolo deixar alí, pous como xa ia teso, pola noite conxelariase e o dia seguinte poderiamos volver por él con tempo e se facia falta transportaríamolo o lombo de un burro.
Efectivamente, o dia seguinte volvimos o lugar onde deixéramos o cadaver, e a sorpresa foi gorda; alí xa non estaba.
A neve arredor do lugar onde se deixara, estaba todo pateado, pisadas de lobos e tamén de botas de humanos. Aquelo tiña toda a pinta de que alí houbera unha trifulca entre homes e lobos, mais o cadaver non apareceu.
Escanchados no burro voltemos o lugar, lamentandonos, do acaecido. A festa xa non a podiamos celebrar tal como estaba previsto, pous o cadaver da corza desaparecera.
Pasado un tempo descubriuse que a farra, fixeranha os do lugar veciño que estiveran asexandonos o dia anterior.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mui bo !.
ResponderEliminarGracias Paideleo.
ResponderEliminarNoraboa !.
ResponderEliminarDentro de pouco terás un neto para aprender estes contos.
Gracias. Neta.
ResponderEliminar