MULHERES XABRESAS.
Era a época da
sementeira. Andaban os homes, os que quedaban e inda servian pra
algo, afanados en sementar o centeo.
Non en todalas casas
habia homes que inda serviran pra facer as faenas agrarias de: levar
esterco, despous de arrancalo das cortes, estercar as leiras,
acubrilas e sembrar o grao.
Nas aldeas da Alta
Xeabra, desde a época dos Zoelas, xa as mulheres, aquelas que
vislumbraban que se podian quedar solteiras, tiñan un medio efectivo
para asegurarse unha senectud medianamente pasable, e dicer, o
equivlente a seguridad social actual. Adoitaban ter un fillo, ou
filla, sen importarle demasiado que podia sero pai. O importante era
telo fillo-a.
Aquelas mulheres,
aparte de asegurarse a seguridad social futura, pra non morrer de
fame ou como elas decian; morrer como un can, no medio da rua. Por
si non vos desteis conta, tamén aquelas mulheres, eran conscientes
de que o futuro dependia delas.
Eran mulheres que
aparte de levar as cousas da casa, sembraban, non solo o centeo,
senon o liño, as patatas, segaban a herba, acarrexaban a herba e o
centeo no seu tempo, arrancaban torgos, e non se arredaban ante ninguen,
nin tanxiquera ante os recaudadores de impostos,que chegaban os
concellos a cobrar, e o primeiro que facian era deitar enriba da mesa
unha pistola do nove largo, pra acollonar a todos os que non estivesen
de acordo, ou se repucheran,
Eran mulheres de
pelo en peito e de armas tomar que non se deixaban acollonar por
homiños con zapatos de charol.(O de pelo en peito e unha figura literaria)
Unha de aquelas
mulleres, que xa solicitera ter seguridade social nun futuro, nesta
época de sementeira foi a sementar unha leira, na veiga
correspondente. No medio da faena, a sua solicitude de pension de
vellez, foi aceptada, e, ali mismo o que cando chegara o dia da
pensión tiña que axudala veu, e decir puxose de parto.
Pariu, embrullou o
neonato no mandil, montou o arado enriba do xugo da xunta de vacas e,
donde marcheran, tres o monte, retorneron catro.
Cando algún
daqueles “machiños” que inda agora quedan, quixo facer mofa
sobre o nacemento da criatura, e non se diu conta de que a muller
estaba no local esperando pra pagar a contribucion, recibiu un
soberano soplamocos que fixo que a sua soá medira unha parte do piso.
Cando o home da pistola do nove largo quixo reacionar, atopouse con
outro rijostio, quiteronle a arma en on puido cobrar mais impostos
pous desapareceronle os recibís deenriba da mesa. Como él decia
mais tarde, aquelo non foi o peor, o peor foi que, durante uns meses
non atinou a mascar cousas de morder. Os dentes caeran polos furados
das taboas do chan a corte, dos porcos.
As cousas atraense unhas as outras; Dentes de porco cos dentes de porcos.
Inda lin onte un libro que falaba das mulleres Pasiegas e debían de ser do mesmo tipo: mulleres de armas tomar.
ResponderEliminarMuy buen relato amigo Xabres. Lo entendí a la perfección. Mujeres de armas tomar las hay todavía.
ResponderEliminarPor si acaso a mi que no me "calienten" mucho que me lío a dar soplamocos...jajajaja.
Un abrazo.