sábado, 15 de octubre de 2011

YES WE CAN (SI QUEREMOS, PODEMOS).




 Amigos y amigas, (Non me funciona en Word, a arroba), hoy, debido al tema que quiero tratar, hago esta entrada en castellano. Mi gallego no es el mejor del mundo, y no quiero malas interpretaciones, aunque, seguro, que en el idioma de Cervantes, seguro, que también habrá lugar a ellas.
 Hace tiempo que tengo una idea en la cabeza, creo que es factible, mejorable, pero en definitiva sería NECESARIA PARA NUESTRA TIERRA: San Ciprián.
 Vereis:
 Creo que sería importante, hacer algo con relación a lo que fue, es y será en un futuro, la tierra de nuestros ancestros, nuestra y de nuestros descendientes.
 Creo que, si nosotros no hacemos nada por ella y ¡nosotros mismos!, nadie lo va a hacer.
 Creo que podemos hacer algo que sirva para el futuro, y dejar el terreno llano a los descendientes.
 Creo, en definitiva, que si todos queremos, podemos llegar a construir las bases de una zona, pequeñita pero nuestra, sobre las que nuestros descendientes, en caso de nacesidad PUEDAN TENER UNA VIDA DIGNA, SI LAS COSAS SE LE TUERCEN EN LA VORAGINE ACTUAL Y PROBABLEMENTE FUTURA.

 Como veis todo esto son generalidades, esa es la idea.
 El meollo de la cuestión es:

 Buscar la forma y la fecha para celebrar, sin prisa pero sin pausa, la menera de reunir al mayor número de descendientes del lugar, hacer una especie de ASAMBLEA, en la que se decida el como y la manera de llevar acabo una acción al respecto.

 Los puntos a definir y tratar, saldrian de dicha asamblea, todos de acuerdo o no habria solución, y luego ponerle “patitas” a lo acordado, con forma de escrituras, normas, deberes, obligaciones y derechos. Ni mas ni menos.

 PROPONGO.

 UNA ASAMBLEA CON TODO EL MUNDO A SER POSIBLE, O CON EL MAYOR NUMERO DE PERSONAS CON PODERES DE OTRAS.  UN DIA EN SAN CIPRIÁN A DETERMINAR, PARA INICIAR EL PROCESO.
 EL VERANO PROXIMO PUEDE SER UNA BUENA FECHA.

ESTO ES EN SERIO, MUY EN SERIO, POR ESO A TODOS LOS QUE LE  INTERESE, APARTE DE DAR A CONOCER LA IDEA, LES DEJO MI CORREO ELECTRÓNICO.

 INTENTEMOS PONERNOS DE ACUERDO, Y YA VEREMOS.

 EN EL BLOG  NO ADMITIRÉ COMENTÁRIOS AL RESPECTO. TODOS SERÁN BORRADOS.

 Mi correo es:
                     xabresdateixeira (a)gmail.com

 Unha forte aperta a todos-as.
 Gabriel Fernandez Alvarez  


viernes, 7 de octubre de 2011

VIÑOS EN VAL DOS MARCOS


Estaba un adegueiro no seu leito de morte, e vendo que ia deixar este mundo, chamou o seu fillo e único herdeiro, para despedirse e contarle o segredo do negocio do viño.
-         Mira, fillo, parece que eu xa estou apurando o último trago. Quéroche contar como se fai o viño.
-         Xa o sei, papá, non te canses.
-         Escoita- respondeu o pai- vouche pasar os segredos da familia, que foron pasando de pais a fillos desde moi antergo, e que tanto diñeiro nos fixo gañar. Hai varias maneiras de facer o viño. Empezarei pola primeira e mais primitiva. O viño faise de uvas nos lagares…
-         Carai papá,- contestou o herdeiro- ¿Tamén se fai de uvas?.
Este é un chiste moi vello, que corre entre a xente que se dedica o mundo do viño, e ainda que pareza mentira, inda hai quen pensa que, o mellor o viño tamén se fai de uvas.
 Oxe quérovos falar aiquí, da importancia de disfrutar de un bon viño, de cómo se fan e dos estupendos viños que se facian en Val dos Marcos, cando eu era rapaz.O disfrute sempre con moderación
 Eu estou de acordo con aqueles adegueiros que din que o bon viño faise na viña. Teño un amigo enólogo que sempre dí: con boas uvas  os enólogos, se non escarallamos o proceso, podese facer bon viño, regular, escarallando o proceso mau. Pero se a viña non foi ben traballada, solo se pode facer un mal viño.
 Cuando eu era rapaz, como xa dixe, en Val dos Marcos facíanse uns viños bastante xeitosos.
 Para conseguir aqueles viños, sobre todo para os mais novos, direivos que habia bastente veñedo e tamén parreiras, ainda que estas últimas non era as que facian os bos caldos.
 Habia viñas e Vilares, eran as mellores, tamén nas Mioquiñas , Trasil, e Outeiro.
 Das castas de uva que houbera dependia que os viños fosen mellores ou peores, tamén da inxerta dependia que as enfermedades ataqueran mais ou menos a colleita.
 Falareivos daquelas viñas e uvas que eu mais coñecín. Estas eran as da familia dos Marcelinos, que como suporeis eran os meus antepasados.
 Un dos que mellor viño facia era o ti Marcelino, casado cunha irmá de meu avó e probablemente o que mellor viño facia daquela.
 Entre él e meu pai contaronme, varias veces o que eles facian, na viña e na adega.Tamén participei nos traballos con meu pai.
 Desde tempos anteriores ós deles, xa tiñan unha selección de castas de uva nas viñas, e poucas parreiras, salvo para comer. Era o que oxe se fai na adega despous de vinificar a parte as distintas castes de uva, e que os expertos chaman “coupage”. Daquela estaba feito na viña.
 As castas que usaban eran: Mencia, tinta fina, tinta madrid, merenzao, malvasía pouca, e malaga puca tamén. Estas como tintas e brancas, verdello, albillo, e xerez tamen pouco.
 Procuraban que es vides estiveran inxertadas sobre sarmento do chamado fruto directo ou americano. Este, desde a aparición da filoxera a principios do século pasado. Salvo en moi raras excepcións de anos moi complicados nese senso, nunca trataban a viñas, incluso decian que era mellor non ter viño que envenenar a uva.
 Esperaban a que a maduración fora a mellor para vendimar, procurando que aquelas uvas mais tardias, polo menos estiveran casi apunto.
 Cuando se vendimaba habia que facelo no menor tempo posible, sen que se estrulleran as uvas e non inicieran unha fermentación non desexada. Procuraban que o proceso fose o mais limpo e aseptico posible.
 Antes de chegar a este punto, xa tiñan lavado, desinfectado e tratado todas as cubas e as tinas nas que fermentaría o viño. Sempre decian que a limpeza era fundamental. Agora eso está solventado cos recipientes de inox.
 Continuará…………………………………

jueves, 6 de octubre de 2011

COMO VENCER A LEI DA GRAVIDADE


Seguramente, na Teixeira e mais en Sancibrao, non haberá ningún castiñeiro, bedulo, carballo, negrillo, etc. etc., que este servidor voso non me houbera empiolado nel.
 Ben por mor dos estorninos, miorlos, pitos verdeais, pombos e demais páxaros de tamaño medio-grande, susceptibles de, despous de pelalos e fritilos, gorentar. Seguramente daquela, non habia moitas mais porbabilidades de levarse a andorga proteínas que non foran de porco.
 Se algún lector se sinte ferido por esta confesión de “paxarófago”, que tente a imaxinar que para poder comer xixa fresca, habia que ir a cidade, a algún lugar daqueles nos que solo podian entrar os de falanxe.
 Coido que tamén o facía por gusto. Eso de ver o mundo desde algún sitio mais alto é unha gozada, a parte de saber que non habia demasiada xente que o puidera facer.
 Tamén creo que nos dous lugares nomeados, non quedaria parede á que non subira hasta  as louxas das abeiras.
 Nunha ocasión decidin subirme ó campanário de Sancibrao, non recordo se foi por unha porfía ou se foi por mor dalgún vencello.
 Daquela, para subirse as campas, podíase facer por dentro da iglesia.Habia escaleiras desde a tribuna saindo polo louxado e xa encaramándose o lado das campas.
 Como aquel dia a iglesia estaba pechada, decidin subir pola parte da esquina que inicia a espadaña. Deixovos unha fotografía, para que vexais a escaleira que os toleirons dos constructores tiveron a ocorrencia de deixar, para que calquer (¿calquer?) rapaz puidera tentar embazacarse.
 Subí hasta arriba, e o chegar o alado, conseguí debruzarme sobre as louxas que sobresaian. O debruzarme, apoiando a cintura nas louxas, desprendin os pés da media escaleira. Tiña a metade do corpo arriba e a outra colgando, e aiquí  xurdiu o problema.
 A posición era tal, e tan estúpida, que non era quén de acabar de subir, e tampouco de baixar, pois os pés non me chegaban os chanzos, minichanzos, da escaleira, mais figurada que real.
 A sapada enriba de alguna lápida das que había abaixo, non ma libraba nin o ceo bendito. Así e todo pedinlle a un dos meus irmans, que estaba alí, non sei se era César ou Xería, que fora a chamar a meu pai para que trouxera unha escada para axudarme a baixar.
 Estando nestas, sentín en Trasil a miña sufrida mai, xa dandome berros e chamandome un feixe de nomeadas. Ningunha reproductible aiqui.
 Era tanta a carraxe que notaba na sua voz, que de súpeto, sen saber como nin como non atopeime empiolado no louxado, prácticamente sen ningún traballo nin esforzo.
 Aquel día descubrín a forza que pode ter unha mai, na súa voz, que fai que un rapaz de nove ou dez anos sexa capaz de vencer a lei da gravidade.
 Dolores, se daquela non che pedín perdón, fágo-o agora.

lunes, 3 de octubre de 2011

¡JO, QUE ASCO!



  La nostalgia, a veces,le invade a uno, y la única cosa que  a uno se le ocurre, es la pataleta.
 No estoy demasiado seguro, si es lo único que se le ocurre a uno, pero sí que seguramente es lo que le queda y a uno se le ocurre.
 A cosas más grandes, en esta cochina sociedad en la que uno vive, no tiene acceso.
 Uno lee la prensa, escucha la radio, ve la TV, etc., etc., y descubre, al filo de su ocaso ya casi  terminal que nada de lo que ha vivido, nada de lo que le contaron, nada de lo que aprendió, ha servido para nada. Nada, puta y absolutamente, hemos aprendido del devenir de la historia. Es más, creo que cada vez somos mas aborregados, sumisos, dóciles, y con miedo a que nos retiren del pesebre en el que nos han metido, para mantenernos quietos, sumisos, y con mucho miedo a morirnos, si nos quitan parte de esas cosas que nos han vendido como necesarias y que forman parte de ese bienestar, que algunos tienen a cambio de nuestro esfuerzo por comprarles las “chuches” que nos ofrecen a cambio de nuestro esfuerzo, para su mayor BIENESTAR, y regodeo si viene al caso.
 Uno se acuerda de su infancia y juventud, en la que se obtenían esas chuches, solo si se tenia la plata suficiente para pagarlas.
 A aquella juventud, nadie le explicó, que comprar algo, si no se tenia con que pagarlo y se recurría a pagarlo con dinero prestado, era engordar al CABRÓN, fenicio que inventó la moneda, y que ahora sigue ahí instalado, comiendo el sudor de todo cuanto incauto cae por su acera.
 Ahora, en plena CRISIS, nos están vendiendo la burra cervantina pintada de mula joven, diciéndonos que la crisis debemos vencerla entre todos , si queremos mantener ese famoso estado del bienestar, que NOS DEBEN, por habérnoslo cobrado de antemano, sin derecho a decir que no lo queríamos.
 Tenemos que, entre todos, sacarle las castañas del fuego, a aquellos que nos la han metido doblada, porque si no las vamos a pasar canutas, aunque no nos dicen que quien peor lo pasaría serian ellos si nosotros rompiésemos la baraja, y no jugásemos a su juego.
 En el mundo industrial  que nos ha tocado vivir, hay un ente que se ha  hecho imprescindible para todos: LA BANCA o los mercados, que viene a ser lo mismo.
 Intentad daros de alta en cualquier sitio; teléfono, colegio, compañía de luz o gas, suscripción a revista, periódico o cualquier cosa que te suministren y que no quieras o no puedas dar un número de cuenta. Nadie te suministrará nada, si antes no le proporcinas el medio de cobro correspondoiente, que como ya habrás adivinado es un número de cuenta BANCARIA..
 Si te mueres, y no tienes un número de cuenta no te entierran, no rezan por ti por lo que irás al infierno. La iglesia Constantinopolitana y  romana también tiene que chupar su parte. ¡Jo!, que diria mi admirado Forges.
 Se me ha ido la nostálgia, me he calmado un poco, pero sigo INDIGNADO, y ahora que se acercan elecciones, me gustaría soñar que unos ciudadanos responsables, solidários y dignos de llevar tal nombre, seriamos capaces de cambiar todo este sistema corrupto, indigno y humano, demasiado humano, (perdon Sr. Nietzsche), en el que unos pocos someten a unos muchos.
 Hay una famosa ley llamada del 20- 80, que, en este caso, yo la llamaria del 2-98.
 El dos por ciento de la población mundial somete al noventa y ocho restante.
 Por lo menos antes tenían la dignidad de ponerse al frente de un ejercito, espada en mano y someter todo a aquello que se le ponía por delante. Alguno murió en el invento, hasta que, aprovechándose y creando las necesidad, hicieron que ellos ni aparezcan en escena, ni asuman  riesgo físico. Para eso ya están los mercenarios, que algún día los sustituirán.
 ¡Jo, que asco!.


lunes, 26 de septiembre de 2011

OS OVOS DO TI INÁCIO



 Hoxe, no blog dun amigo, puxo una trasnada que él fixera cando neno, o que me deu pé  para pensar que, na miña vida de neno e non tan neno, habia falcatruadas bastantes para encher una artesa de aquelas grandes coas que se facian os mondongos.
 Vou tentar darle unha orde cronolóxica. A ver que pasa,

 De pequeno, vivin moito tempo na casa da miña avoa materna. Lugar que, por moitos anos que pasen, endexamais esquecerei. Alí a liberdade era case absoluta. A mamá Martina e a Susa, facian que á miña vida trancurrira sempre como se estivese no paraiso, entendendo o tal como un lugar no que o tempo solo era para xogos e divertimento.
 Coido que eso solo o pensaba eu. Tanto a avoa como á miña tia, de cando en vez dáballe, motivos para desexar que me marchera para o Barrio.
 O Barrio era como le chamaban os veciños de Hermisende (Santa Maria de) e os de Hermisende (San Cibrán), aclaración que, para os mais versados, supoño innecesária.
 Pegada a casa da miña voa, pola parte de atrás, vivía o ti Inacio, é a súa muller. (Mais tarde entereime que era a súa criada, ¡nin que fora crego! Veise que ferreiros e cregos batian ben o cobre).
 Debaixo das vivendas das persoas, daquela, a xente vivía no segundo andar, no primeiro eran as cortes das vacas, das ovellas, e dos porcos. Por alí habia tamén un sitio para as galiñas.
 Para situarvos, direi que a casa da avoa era no barrio das Moreiriña no lugar da Teixeira. Por certo o único pobo que ben nos mapas mais antergos desta peninsula, e que pertenceu a provincia de Valladolid, hasta a nova división provincial actual.
 Imos deixarnos de rodeos e caralladas, e ir o que de verdai interesa.
 A corte das ovellas da miña avoa, comunicábase cunha corte do ti Inácio, o Ferreiro. Visto desde a miña perspectiva, era un home moi grande, moi forte, e cunhas mans enormes. Non en van movian aquele mazos e martelos que estreitaban, ablandaban, e facian dos cachos fe ferro informe, ferramentas e cousa uteis para o traballo dos veciños da Teixeira. Era a forxa do ti Inácio un lugar mistérioso para os rapaces, pous aparte de domeñar o ferro, tiña un fuelle enorme para avivar o lume, e ademais era a unica casa pola que pasaba un rego de auga, onde de candoen vez o mestre do ferro, metía os trebellos que facía, roxos e caseque facian ferver a auga.Era como o sol cando se apagaba na noite.
 Hai que decir que era un home moi respetado, polos outros homes, e que moitas mulleres les decian os seus fillos, que sí se portaban mal, dirianlo o ferreiro e éste queimariaos na forxa.
 Eu descubrin que por unha bufarda, na corte de miña voa, podia furar hasta o curral do ti Inácio. Tamén descubrin que no curral daquel home, as pitas puñan os ovos nun poleiro, que era un cesto de bimbio con herba e palla dentro que facía un niño, no que o parecer as pitas gustaban de por os seus ovos.
 Un día metín o fuciño dentro do nieiro, e descubrin que había un montón de ovos. Era unha lambetada, os ovos en ponche co sucre o que miña avoa me tiña avizado. Habia tanto ovo, que pensei que, como eles eran dous solos, non os darian comidos, e a min dosificabanmos, cousa non demasiado xusta, según o meu punto de vista.
 De dúas veces, trasladei sete ou oito ovos, desde o curral hasta a corte das ovellas, e desde alí a cesta dos ovos da avoa.
 Deus na súa infinda omnipresencia, deuse conta da miña fechoría, e decidiu correxila, usando a miña voa como instrumento.
 Naquel mesmo día, a avoa chamoume e dandome unha cestiña con oito ovos. Díxome qe los tiña que entregar o ti Inácio en persoa, pous necesitábaos. Eu todo ledo collín a cesta e leveila. Deume as “gratias”, o ferreiro e díxome que gracias a miña avoa el e a sua compañeira xa non pasarián fame naqueles días, pois un lerchán raposo, roubérales os ovos das pitas, que tiñan de comida para todo o mes.
 Ante aquelo decidín non volver a collerle os ovos nunca mais.
 ¡Menos mal que non se entereran que fora eu quen le collera a nieirada!.
 ¿Seria certo que o ti Inácio tiña ollos no cachazo?


sábado, 24 de septiembre de 2011

¿PORQUÉ NON SE PODE FACER O MESMO NO PAIS PRÓPIO?



 Seu pai chegara a este país, fuxindo da fame do seu. Tiña poucos anos, pouca esperencia e estaba namorado da súa muller. Caseran, mais o pan e cebola non abondaba. Nacera un pequeno, espílido como él solo, mais, segundo o pai e a nai, aquel raparigo, debía ter un mellor modo de vida.
 Decidiron, nai e pai, emigrar.Escolleron España porque se decía que estaba a crecer, había democrácia, e oportunidades para todos.Eso era o que traslucia. A realidade era outra, mais tamén estas verbas van noutro senso.
 O chegar a España, a cousa non foi como eles pensaban. Non se ataban os cans con chourizas. Co tempo o panorama ennegreceu, habia que sair adiante. O emigrante, antes de verse obligado a retornar á súa orixe, acordou que antes  era un bo  acordeonista.
 Obliguerono a deixar a paleta, punteiro e cincel, e desempolvou aquel acordeón que sendo novo merquera en Itália. ¡Eran tempos mellores!
 Eu vinos unha vez. na rúa Sanjurjo Badía de Vigo, un sábado, estaba a tocar diante dun despacho de pan.
 Senteime nun banco de rua a escoitalo. Tocaba ben, tiña axilidade nos dedos, só un pequeno defecto, a música que tocaba era da chamada clásica. Catro ou cinco adaxios, acabados sempre cun vals de Strauss.
 Todolos sábados , eu, adoitaba sentarme no mesmo banco a contemplar e escoitar. Era boa música e non me custaba mais de un euro ou menos se non tiña cambiado.
 Un sábado cheguei tarde. Xa escomenzaban a pechar os comercios, polo que a xente cada vez era menos.
 Acercouse unha muller nova, que levaba da man un neno de non mais de seis anos. Habia moito cariño nos tres. O saquiño do músico tiña uns poucos euros. Seguro que na fin de semana, terian comida quente.
 O pai deixou de tocar, o rapaz, mentres os dous proxenitores falaban, dedicabase a bulir no teclado do acordeón. Pediulle o pai que o axudera.
 O pai, escomenzou a abrir e cerrar, aparentemente, o fuelle daquel instrumento, e o neno, cos seus pequenos dedos, escomenzou a premer nas teclas blancas e negras.
 Aquelo escomenzou a soar de tal xeito que a xente que pasaba quedaba abraiada, polo ben que aquelo soaba.
 Pai e nai, mirabanse orgullosos. Aquel que tocaba era o seu neno. Eles fixeran todo o posible para darle unha vida como a dos demais nenos.
 ¡Xusto hasta que chegou unha patrulla da policia, e fixeronos liscar dalí.
 O neno choraba, non sabia porqué se tiñan que ir. Empezaba a estar agusto, deleitando a aquela xente coas notas que seu pai le ensinera e agora le axudaba a emitir.
 Tarderon varios meses en volver ao seu lugar de concertos. Estaba o pai e a nai, o rapaz non aparecia por alí.
 A volta de un tempo preguntei por él. Foi a nai a que me contestou: Estaba nun colexio, subvencionado por unha fundación estranxeira. Pagábanle os estudios, e o mesmo tempo tamén o ir ó Conservatório de Música. Alguén dixera que era un xenio.

viernes, 23 de septiembre de 2011

¡QUE DIMITAN ELLOS!


 Sei que hai bós e moi bós periodistas neste destarlado pais ( o de destartalado non é culpa dos seus habitantes, senon de todos os que chegan a cobrar por meter o barco nas pedras en beneficio propio, e logo liscar sen deixarse decir que ten as mans suxas ).
 O dos “cencerros” do consello de administración da TV, que están nel por ser sinalados cun dedo e sen xogarse nin un puto duro do seu peto, queren que nos digan o que eles queren.
 Pous non señores( por chamarles algo), nos temo dereito a a unha información veraz e integra. Xa non somo nenos, nin esbirros daquel homiño ferrolan con franquicia no nome..
 Parece ser que xa o intenteron antes, con directores distintos. O único lamentable é que os que dimitiron por culpa desto non o dixeran, aforraríse esto.
 Que eu sepa, a estas horas inda no dimitiu nadie mais que o sindicalista,l supoño que le retorceron o brazo.
 Tanto os que voteron que sí como os que se abstuveron, ¡TEÑEN QUE DIMITIR!.
 Xa sei que é dificili renunciar a cento e pico mil euros, mais ainda que nada mais fora por eso, deberian habelo pensado antes de votar.

 SIGO COA MIÑA TEIMA:  “””C E N C E R R O S”””!

miércoles, 21 de septiembre de 2011

TABEIRONS CON NOME DE LUMBRIGANTES


Hoxe,lendo nun estupendo libro sobre Prisciliano,(Chao Rego) e os principios da Iglesia Católica na Gallaecia romana, un chisco mais grande que a Galicia actual, atopei un dito mariñeiro que xa le oira nunha ocasión a un amigo mariñeiro de toda a vida. Nin mais nin menos arredor de cincuenta anos no mar, e vivindo do esforzo no mesmo. Algún día falarei aiquí de Pepe Pena, coñecido en Moaña como o “Caringa”.
 A lenda é a seguinte:
 Hay un peixe no mar, o congrio, que parece que é algo perguiceiro. Ë amigo de meterse nos ócos dos rochedos submarinos, e sair pouco deles.
 Hay otra criatura marina tamén, o lumbrigante, que aparentemente é moi amigo do  congrio, pous cando éste está metido no oco, vai aquel e forneceo de comida abondosa, que fai que o congrio non saia do burato, e como consecuencia de comer, non sair a nadar e da boa vida que le dá o bogavante traendole comida, chega un momento no que o panaguado e subvencionado congrio engorda.
 Aiqui ven o problema, o congrio engorda tanto, que chega un momento no que non pode moverse nin sair do tobo. Chegado este momento, o espabilado do bogavante decide que é hora de cobrar os servicios prestados, pous aquelo de levarle comida, non era no seu fuero interno, facelo gratis.
 Entonces aporveitandose da inmovilidade forzada do congrio, o lumbrigante aproveita para irse comendo puco a pouco a súa vitima.
 Veise que o lubrigante é bastante “cabrón”, pous come nel sen matalo e de xeito que le aguante un certo tempo.
 E decir que o artrópodo, recupera o capital invertido, os intereses, e tamén quedase co esquelete do seu pretendido amigo.
 Nestas alturas, nas que a economia mundial anda manga por hombro, aparte da finiquitación  dunha época con cambio de sistema productivo obligado sí ou sí, eu teño a sensación de que nos, os curritos, somos unha espécie de congrios que hasta fai pouco fumos engañados nos nosos tobos por astutos bogavantes, e que agora, estanse a cobrar, a comida que non nos deron, mais tamén queren a tixola, o lume e os tizóns do mesmo. O esquelete coido que o queren para estercar novas xeracións, que se non espabilan, e nos non le axudamos a espabilar, nun tempo non demasiado lonxano, tamén chegarán a ser alimentados e logo comidos por grandes lubrigantes noxentos
 Hai que tamén les chama "tabeirons"..

domingo, 18 de septiembre de 2011

¿MORRERÁN ALGUNHA VEZ OS LIBROS?

.

                                                             " UN  LIBRO"

 Desde que a Internet se enseñorou de parte do noso tempo libre, a min, cada vez con mais forza, éntrame unha espécie de trambelique o pensar na desaparición do libro. Ese libro que podemos levar a cama, o monte, ler no tren etc.. Ese bendito trebello feito de pasta de madeira (por desgracia), con pastas duras ou brandas, grande ou pequeno, de luxo ou barato. Esa cousiña marabillosa, que cuando te engancha, non eres capaz de soltar, léelo a toda presa, e despous se non te defraudou acabalo releendo varias veces, e se é unha cousa que te interese e estea ben escrita, acabas por casi aprendendolo de memoria, sempre sacándole cousas novas e descoñecidas que están perdidas entre a escrita, as comas e os puntos.
 A miña relación cos libros ven dunha época na que por desgracia non abundaban. Coido que ún dos grandes erros da miña primeira escolarización, foi empezar a ler o Quixote con moi poucos anos, seis ou sete.
 Cando enpezei a ir a escola xa sabia ler. Alá meu pai se encargara de aprenderme, e unha curiosidade grande por miña parte (que por certo moitos problemas me trouxo, o querer descubrirle as tripas a todo cuanto trebello cai nas miñas mans), fixo que cando cheguei a escola xa me puñan a ler cos “grandes” nuns Quixotes que habia na escola, seguramente das normas da ensinanza da república.
 As miñas primeiras lecturas, agás as da escola, eran as das follas do almanaque, que tiñan por diante o dia do mes e o da semana, un minuto de filosofía, o santoral e as horas da saida do sol da lua e as súas fases.
 Outro libro, que por certo inda conservo, era un libro en latín. Deumo o cura Don Manuel para que aprendera a axudar a misa. Xa digo, estaba todo en latín, na primeira metade, e na segunda o mesmo traducido o castelán. Alí estaban , aparte de misa, todalas oracións que daquela se rezaban: Credo, Salve, Pai noso, etc., etc..
 Inda hoxe, se algunha vez o meu espiritu necesita paz e rezar, digo o “Pater Noster”, en latín que é como mellor o coñezo igual que outras oracións.
 Tamén a Severina, a irmá de Don Manuel, prestoume un que despous soupe que o leian os seminaristas : Bertoldo, Bertoldino y Cacaseno. Libro co casí perneo coa risa.
 O primeiro libro, que me fixo estar casi vintecatro horas lendo sen apenas respiro, prestoumo o noso veciño Modesto “Vicho”. Era un de Xules Verne: Unha Viaxe o Centro da Terra.
 Descubrir a quel mundo foi abraiante, e o mesmo tempo abriume un monton de camiños e conocimentos que hasta aquela eu non tiña. Coido que daquela tiña uns dez anos, e o lugar mais lonxano ó que viaxara fora desde a Teixeira a San Ciprián, pasando por Hermisende.
 Eu sabía que mais alá do Monte Muga, había Castela, mais non sabia como era. Hacia o sur estaba Portugal, mais o primeiro contacto co pais veciño foi na Moimenta. Leveime unha sorpresa o pasar a raia, e non ver por alí nigún guardinha. Galicia tamén me quedaba moi lexos a pesar da súa cercanía. Os lombeiros é o que teñen, aillan.
 Tamén recordo o primeiro que merquei : O Decamerón, porque o ví na estación do tren e tiña para mercalo. Unas poucas pesetas. Se alguén leéo este libro pode imaxinar a cantidade de veces que le fixen visitas o señor Onane.
 Agora os libros teño que guardalos. Nestas altura témolos apilados,pous nas pequenas estanterias, tanto de Vigo como de Val dos Marcos xa non collen. Haberá que alargalas.Xa case se converteron nun fetiche.
 Non sei se as novas xeracións perderán o costume de lelos, agora cos dixitais, mais para min eso de telo entre as mans, sobalo, e cando leo na cama me caia enriba da cara, é unha ledicia.
 Seuro que un dixital deixariame algunha marca na testa.
 ¡TENTADE A QUERERLE A UN LIBRO, NUNCA VOS DEFRAUDARÁ!

sábado, 17 de septiembre de 2011

CASTRO DA CIGADONHA- MOIMENTA DA RAIA.


 Hai veces que o tempo non da pra nada, e noutras sácasele bastante partido. Supoño que o tempo non ten nada que ver, senon que é un mesmo, pondole mais empeño ás cousas nalgunhas ocasións.
 Ven a conto este “ntroito”, pous neste vrao pasado, ou a piques, deume tempo a percorrer zonas castrexas da alta Xeabra e das Frieiras tales como dous castros en Lubián, dous en Hermisende, un en Barxacoba, dous en Sancibrao, un en Castromil, un na Moimenta (Portugal), un en Santigoso, un en Chaguazoso, un na Mezquita e o último na Vilavella.
 Quedan para outra pasada, A Gudiña, e a súa comarca a igual que polo menos un da Teixeira e outro de Castrelos.Igual que algo pola zona baixa de Sanabria.
 Todo se andará, se Deus quixer.
 Hoxe vou falar, por un motivo de cortesía, da Cidade da Cigadonha, na Moimenta, Castro que xa teño mencionado aiqui nalgunha ocasión.


 Está situado, este castro, na marxen direita do rio Tuela, o lado dunha ponte da idade media, que parece que está sobre os lizaces doutra ponte de orixe romano, que seguro que o mesmo tempo estaría sobre un pasadeiro castrexo.
 Nesta zona o que é seguro é que foi romanizado pous inda hai vestixios dunha pequena calzada das características das romanas.
 Na saida da ponte pola marxe esquerda, hai unha enorme fraga semidescuberta, de feito todo o leito do rio está sobre un rochedo granítico, fraga, decía, que ten unha serie de labraduras, coviñas é unha espécie de ferraduras e que sube directamente o castro.
 Según nos dixo unha muller na aldea da Moimenta, pola baixada desde a aldea a zona que chaman as Vinhas, hai gravuras en moitas pedras, algunha con figuras como humanas. Cousa que non pudemos comprovar por falta de luz diurna.
 Os habitantes prerromanos da zona, eran da tribu celta denominada os Zoelas, según os achádegos das escavacións feitas pola zona de Chaves, e dos restos recollidos polo abade de Baçal, que agora están no Museo Arqueolóxico que leva o seu nome e que está na cidade de Bragança.

 Unha curiosidade que atopei na beira do castro da Cigadonha, é unha fonte “Calda”, é decir de augas quentes, que verte directamente no riu Tuela.

 Cando nos marchábamos xa camiño da Ponte do Cunqueiro, e xa entre lusco e fusco, o volver a mirada atrás hacia a cidade, vimos unha fada, que baixaba a fonte de augas caldas, cunha cousa na man, cousa coa que unha vez metida no Tuelacoa auga por baixo dos peitos descubertos, púxose a pentear o fermoso pelo loiro que le chegaba as nádegas.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

¡SOLO CONJETURAS, MIAS!


Miércoles catorce de Septiembre de 2011, después de estar trabajando en la limpieza de la bodega, tinajas, pipas, estrujadores  y demás aperos necesarios para la transformación de los racimos de Tinta Madrid, Mencia, Merenzao, Tempranillo, Verdejo, Malvasía, y algo de Tinta Roiriz, me fui a comer.
 No hablo de los frutos de la tierra que he comido, porque no quiero que nadie sufra un exceso de jugos gástricos al leer los nombres de esos frutos cosechados en el Vergel de A Porteliña. Por menos a veces los infartos se ceban con el personal.
 Después de todo eso, me acerco a la antigua escuela, donde por gentileza del Ayuntamiento, mejor dicho, de su corporación, puede uno acceder a Internet.
 Estaba yo en esas, mirando la prensa, blogs de amigos, facebook y demás servicios de comunicación, y pensando en como la cosa ha evolucionado. En esta misma escuela que un servidor de ustedes ayudó a construir, haciendo de pinche para los albañiles que la levantaban, allá por los años sesenta del siglo pasado. ¿Quién nos iba a decir a todos nosotros que un día se podía ver aquí la TV.o navegar por eso que se llama la Red.
 Siempre he dicho que mi generación ha pasado sin solución de continuidad de la época del arado romano a la de los viajes a la luna y más.
 Siento un ruido, fuera de la escuela, me asomo y veo un coche de la G. Civil. Se baja un guardia, y se acerca a mí preguntándome si sé algo de los incendios que por aquí han sido. Le pregunto que si está ardiendo por algún sitio. Me dice que no, los de días pasados, dice.
 Le contesto que no sé nada, paro al miso tiempo pienso: “ A buenas horas mangas verdes”.
 De todas formas mas vale tarde que nunca, si la investigación es buena y descubren los incendiarios o incendiario, buena sea.
 Le digo que aquí ya no queda nadie con piernas, que ponga fuego. También digo mis sospechas sobre los mismos.
 Como le he dicho a él, en los incendios que yo tuve la oportunidad de sufrir, siempre, siempre, la aparición de los helicópteros y las avionetas contra incendios fueron de una rapidez rayana con lo increíble. Como si estuviesen con los motores en marcha, y dispuestos.
 Otra casualidad que descubrí fue la de observar una avioneta o helicóptero de reconocimiento ya antes de media hora descubrir humo. ¡Siempre detrás del humo suele haber fuego!.
 ¿Será la crisis que nos quiere achicharrar, antes de devorarnos?

martes, 6 de septiembre de 2011

CERVANTES Y LAS CARRTERAS DE SANABRIA


 Amigos, el verano casi se fue y los minúsculos humanos volvemos a nuestras rutinas.Este que escribe y su pareja, estos días estamos a pasar unos días en la capital del reino. Por cierto aquí hace más calor del deseado por mí.
 Como observareis, en esta entrada uso el Castellano. No es por que me haya redimido del  xabrés da alta Xeabra, no. Es por queque creo que lo que voy a decir, así lo exige.
 Veréis

 La semana pasada nos hemos acercado al balcón de Sanabria, concretamente al lugar de Cervantes, pueblo perteneciente al municipio de San Juan. Buscábamos algo que no conocíamos: La Casa del Escritor.
 La hemos visto, fotografiado (supongo que, de ser, ya habría sido renovada en varias ocasiones, pués tres siglos para una casa son muchos). Tiene una finca cercada por una pared considerablemente alta, parece bastante grande, la finca, y todavía existe un palomar. ¿Será el que menciona don Miguel en el Quixote?.
 Hablamos con un vecino lindante con “la casa”, que fue muy amable y entre otras cosas que nos contó, se quejó de la despoblación de la zona y de la falta de acuerdo de los pocos vecinos para una concentración parcelaria que hiciese un poco más rentable el esfuerzo de sacarle algo al “terruño”.
 De “la casa” hablaré desde Vigo, y de la precariedad de la zona, y de lo que he visto del Parque del Lago y zona.
 Lo que ahora quiero denunciar es el estado lamentable de las carreteras de aquella zona y concretamente de la que va a San Justo.
 Me equivoqué al ir a Cervantes, al buscarlo en el ayuntamiento de San Justo y no en el de San Juan como debería.
 La carretera de San Justo es infame. Creo que no le tiene nada que envidiar a la de Porto.
 Estas carreteras son el exponente de lo que no debe ser, aunque el resto de las que dependen de la Diputación también se nota mucho que son tercermundistas.
 Ahora con la famosa crisis, supongo que ni en las vísperas de elecciones se hablará de las mismas.
 No sé si me leerá algún responsable político (creo que algunos saben juntar sílabas), pero estaría bien que se diese la vara al respecto.
 ¡Pueden hacerlo sin necesidad de referéndum!. Me refiero a las carreteras.
 ¡SALUDOS POSTVACACIONALES, ATODOS….TODOS!

viernes, 19 de agosto de 2011

¡CON ELA FOISE UNHA ÉPOCA!


¡Cuantas noites, cuantas, naqueles meses de inverno iamos á casa dos compadres da avoa Martina, o fiadeiro!.
 Na casa da tia Xabel e do ti Pedro, sempre habia unha lareira con un bo lume, e o colmo non deixaba pasar o friu da neve, polo que, na cociña estabase moi ben, sen aqueles calores por diante e friu nas costas.
 Alí xuntábanse veciños e algún mozo na procura dalgunha moza que por alí andaba. Estaba, tamén, a cadela do ti Pedro, gran cazador onde os houbera, e gran ecoloxista daquela, sen él sabelo. A cadela foi a que me deu a idea de que os cans tamén soñan; Naquelas longas noites de inverno, os humans contaban cousas, leian algunha novela, sempre alguén leia en voz alta para os ointes, con voz algo temerosa de non pronunciar demasiado ben o castelán. Lástima que daquela ninguén escribira no idioma da Alta Xeabra, ainda que meu tiu Miguel leia moi ben en portugués. A cadela, decia,deitada detrás do trafugueiro, de cando en vez latia como se fose detrás dalgún coello ou lebre. Se alguén a espertaba, semellaba que estaba desorientada. Supoño que inda esperta, seguia detrás da caza.
 Por alí estaba a tia Josefa a mai do Paulos, que contaba contos. Algunha vez enfadouse conmigo porque le dixen que a bruxa do conto, sé se parecia a ela, debia ser moi fea. Estivo varios dias sen ir o fiadeiro, porque os contertulios rironse da ocurrencia.
 Estaba a tia Xabel, sempre rabexando dun lado para outro, por exemplo buscando unhas alpargatas que levaba postas. O ti Pedro, que non deixaba que o lume esmorecera, miña avoa Martina, e xente nova, daquela. Miña tia Jesusa, e a miña amiga, da miña tia tamén  e non sei se afillada da avoa: A Joaquina.
 A amiga Joaquina, fai uns días deixounos. Polo que sei, levaba algún tempo xa con problemas de saúde. Chegoule a súa hora definitivamente. Espero que a Terra le sea leve,e que definitivamente se cumplan todolos desexos que algunha vez tivera.
 ¡HASTA SEMPRE JOAQUINA!
 Un forte abrazo para os fillos, e para o seu marido, tamén amigo Domingo.

jueves, 11 de agosto de 2011

CIBORNIA DAS CIGOTAS

  
Carear as cigotas entruñindo pra atiscar a bicaria  e a allaban dunha arova cantarillega.
 A cibornia era famosa en toda a bisbarra. As cigotas moito mais, sobre todo para os rapaces que querian baltrir por primeira vegada.
 A cibornia estaba no mesmo medio do medio do cuevo.
 O delello arxina tiña gaira.
 Estaba contento, co argallado. Dificil era desargallalo.
 Naquel dia a fustancia fora liquidada.
 O arxina, argallante, argallou delentió.
 Tal cual mo dixo, eu transcribo-o.
 Creer nelo ou non creer, é algo que cadaquén debe decidilo. Eu xa o fixen.
 Esta e parte da “lingua” dos arxinas. O que teña chumo, saberao.
 Zacaneade no Sancibrao.
 No dezaseis do mes das mazás, zacanearei eu.

miércoles, 10 de agosto de 2011

¡A EDIL FERNANDEZ, NON É PARENTE MIÑA!


 Un,que xa ten canas hasta por debaixo da embigueira, poderiamos decir coma o ti Dario: hasta don Quixote, tamén xa empeza a pensar que certas partes do corpo, doen por culpa de cert-a-o-s políticos, ou como quera que carallo se chamen. Esto no é pexorativo,so é culpa da estulticia imperante.
 Hoxe, lendo no diario o Pais ven a noticia.
 “ Una edil tilda de demasido gallegos los actos culturales de “A Coruña”. (Escribo a toponimia tal cual o Pais, ainda que a politica imperante no NO, gostaria de por o artículo “la”.
 Cando era  un estudante de bacharelato, nunha vila de Zamora, por onde Don Quixote tivo algunha aventura, por ventura del, eu, en todo o internado era coñecido como “El Gallego”. Habia un rapaz que se apelidaba Gallego, mais naide le chamaba así.
 Polo tanto fago meu o idioma “galego” da Alta Xeabra, e se non hai mais remedio, tamén fago meu o daquel coengo de Santiago bisavó de miña mai..
 Cuando a edil de cultura dun concello dunha cidade como A Coruña dí esto, a un pobre Xabrés revolvensele as tripas, e mais se a señora de marras leva por apelido o Fernández, que comparte conmigo. ¿Onde podo cambiar o apelido por outro?. ¿Tal vez Cazurro que é o dos meus antergos Llyoneses?.
 ¡Hai que foderse, e ser ben educado na fala! Polo tanto non hai que foderse, senon “joderse”, por se o anterior no é ben comprendido.
 Gostaria ver despotricar a un catalán de un exceso de catalanismo, a un vasco, un aleman, francés etc., etc.
¡ SEÑORA CONCELLALA ¡ SER GALEGO OU FALALO É TAN IMPORTANTE COMO CHAMARSE FERNANDEZ, EU DIRIA QUE MAIS, E SE ABORRECE A SÚA IDENTIDADE, OU NON É DA ZONA, DEIXE A POLITICA. AS VECES O DIÑEIRO NON O É TODO.
 Lamento falar no galego dos meus ancestros. O normativo, as veces rénxeme.

lunes, 25 de julio de 2011

A VIDA É ASÍ.



 Era un val precioso cheo de frondosos Negrillos, castañeiros, afreixos, que rodeaban verdes prados, e asombraban a ribeira dun caudoloso riu de augas limpas e rideiras cando habia aumento progresivo de desxeo das nevadas, e os paxaros escomenzaban a facer os seus niños.
 Naquel fermoso val foi onde me eu criei xunto cunha rapaza lanzal e lizgaira filla dun matrimonio do mais pobre que se poida imaxinar.
 A miña amiga da infancia, tiña oito irmans, ela era a mais nova de todos.
 Recordo cando, na época das zreixas, engataba conmigo hasta o vico mesmo das cerdeiras, igual que na época dos estorninos axudaba a captura das crias destes.
 Era todo alegria, sempre rindo, ainda que moitas veces andaba descalza, e nos invernos pasaba frio pola falta de roupa axeitada para quitalo mesmo.
 Na casa de meus pais, habia un pouco mais de holgura. Tiñamos roupa, e fame non pasabamos, meu pai era mestre, e ainda que non habia moito, chegaba para as necesidades mais perentórias.
 Non así na casa dela, que aparte de ser moitos, o pai, unha velísima persoa, tiña un defeuto. Era canteiro, e cando cobraba, os sábados, nunca chegaba a casa co xorne completo, eso sí, a andorga levaba chea de viño.
 Queriale a filla con loucura, e cando se daba conta da situación da familia e da situación del cando bebia, despos de acariñala, e quedarse dormido, cando espertaba, escondiase para que nadie o vira chorar.
 A nai da miña amiga, por mor da escaseza, e polos traballos e frio, estaba mal de saúde.
 Manderonme fora da aldea, decian que a formarme como home. Estiven fora seis anos, so con contadas estadías na aldea, polas datas do nadal e pouco mais.
 Viamonos, marchabamos a beira do riu, e practicamente non falabamos nada. Eu atopaba-a cada vez mais tristenta, hasta que unha vez me dixo que a sua nai estaba maliña. Conteilo a miña nai, e esta deume algunhas cousas de comer e algo de roupa para que la entreguera. Cando  fun a levala, díxome, que miña nai era moi boa, pous desde que a súa nai se puxera enferma, sempre le daba algo.
 Volvin marchar a continuar coa miña formación. Pasado un pouco tempo entereime que a nai da miña amiga morrera
 A miña amiga, segundo me conteron, tivo que facerse cargo da casa, co seu pai e os seus irmans, e cada vez estaba mais esmorecida e triste.
 Escomenzou unha guerra, entre irmans, a min leveronme a forza, ferironme case o final e estiven casi un ano nun hospital.
 Cando volvin a aldea fun vela. Estaba xa co pelo branco, tiña aqules fermosos ollos no fondo das cuncas, mais coma sempre rideiros igual que os seus beizos.
 Camiñemos hasta o riu collidos da man sen decir ren. Voltemos para a aldea, pois facia friu, e ainda que le prestei a miña chaqueta, ela tiña frio. Tosia moito, e as veces parecia que o aire non le chegaba ben os pulmons.
 A beira do rio non tiña cambios, so que as árbres, daquela xa non tiñan follas, íamos camiño do inverno.
 Na mañánciña seguinte, veu un veciño, na miña casa xa non vivia nadie, e díxome que a miña amiga morrera na noite.
 Non quixe ir vela, nin quedar na aldea. A dor era tanta que marcheime sen rumbo ningún.
 Amañecin un día na Arxentina, lugar onde decian que todo se areglaba, e que a xente dalí era moi acolledora. Todo certo, acolleronme ben, traballei, fixen amigos. Todo se me deu menos o sorriso da miña amiga, que endexamais puiden olvidala.
 Hoxe aquí estou a carón dunha lápida sinxela solo cunhas letras debaixo de unha cruz. Son as iniciais do seu nome.
 O pai morrera, e os Irmans, marcheran todos fora da comarca, falábase que o mais vello estivera fuxido polos montes e que morrera pola Cabrera Baixa, nun enfrontamento coa guardia civil.
 Eu so esperaba que vida non se ensañera moito conmigo. Xa ia sendo hora de deixar sitio os mais novos.

viernes, 22 de julio de 2011

CRISIS SOLUCIONADA.



 Tengo la solución a la crisis actual.
 No me refiero a la crisis de los PIGS, aunque también.
 Me refiero a la crisis que tienen los que tienen pasta para especular, y que ganan dinero sin dar palo al agua, solo poniendo y quitando donde creen que la cosa dará más.
 Ahora mismo les aviso, con algo que ya era conocido : Que nadie quiera  recoger más de lo que puede o ha sembrado.
 Para arreglar el asunto de Grecia, Irlanda, Portugal y España, acompañados ahora por Italia, EEUU, y sin tardar mucho Alemania y el resto.
 Estos llamados mercados financieros, no producen nada de nada de nada. Son como los zánganos en las colmenas. Bueno hay una diferencia, los zánganos tienen una misión, que los lleva a la muerte segura. Estos cabrones nos llevan a una muerte segura a nosotros.
 Si esos países deben dinero, es por que se lo han prestado, con intereses y a plazo incierto.
 El dinero se lo habrá pedido alguien, por lo tanto que se ese alguien el que lo pague, pero no mis amigos los pastores y labradores, que no han visto ni un céntimo y han seguido pagando impuestos.
 Si a hora los generales, capitostes, especuladores inmobiliarios y demás raleas de zánganos no pueden pagar, que los entrullen, que les busquen las cuentas multimillonarias en paraísos fiscales, que se los quiten y que los manden a plantar pinos.
 Acabo de es cuchar que la CAM, a petición de sus directivos, pasará a que sea salvado por los cuartos. Se irán con buenas pensiones que también pagaremos los de “abajo”.
 Con los políticos pasa lo mismo, meten el barco en las piedras y luego, que los saquen los de siempre. Ellos con responsabilidades políticas lo arreglan todo. ¿Para cuando responsabilidades civiles y penales?.
 No sé, creo que si alguien tiene unos ahorrillos, lo que debería hacer es ponerlos debajo del colchón, no pagarle ni a…… D…..hacienda, y que cada perro se lama su p…… .

jueves, 21 de julio de 2011

ALTA XEABRA E VIGO. AS MIÑAS TERRAS.


 Despouxa (apouxa, ti Alexandre dixit) da estancia na famosa e fermosa varonía de Val ds Marcos, alá pola baixa-alta-xeabra, chega  un  a esa cousa que chaman civilización, e, aparte de desexar voltar o mundo “incivilazado”, cousa que se fará rápido, agarranse uns cabreos de sete estalos o reincorporarse e ver o que esas xentes que nos van a salvar, fan, dicen, e o que é peor, non dicen nin fan. ¡Non tocan eleucións agora!.
 Como dos avatares mundanos actuais, xa falaremos noutra, agora imos co verdadeiramente importante.
 Hoxe, xoves 21 de xullo, fún, coma outro día calquera, fora de tempo de mandra, a á avda. Atlantida a cumplir o ritual cotián e  aconteceume o seguinte:
 Para tentar “baixar” uns gramos, decidin, como moitos días, ir andando. A cousa non é unha broma, son cerca de dez kilómetros de ida polo tanto vinte en xeral.
 (Acabo de excoitar na tv. Que a xente mais honesta do mundo está no pp, según un voceiro deles)
 Volvendo o inicio, na volta hacia a maseira, esperei polo Bus nunha desas chabolas plásticas nas que se esperan eses trebellos.
 Esperábamos dúas personas, unha muller e mais eu.
 Chegou outra muller, que se sentou no medio de nos. Preguntounos por unha plaza, que estaba a uns trescentos metros a senso contrário do Bus. Dixele que non debia coller o Bus, andando chegaba en tres minutos. Dixo que so se sentera a descansar, que estab en casa dun fillo, ela era de Madrid, e a nora dixérale que fora hasta a praza.
 Falando, falando, falando, a pobre señora dixo que non volveria nunca a Vigo. Ela era de Madrid, viñera a Vigo a ver ó seu fillo. A nora mandera de paseo hasta a hora da comida. Aburriase ela sola.
 Sen vir a conto a veciña de banco, esplicoule que polo menos podia entender a xente. Ela estivera en Alemania “para gañar cartos” e alí falaban algo que non entendia e sufrira moito.
 Aquelo converterase nun diálogo de besugos, cada unha falaba do dela, sen escoitar á outra.
 Veu un bus, e a emigrante marchou nel. Quedemos a madrileña e mais eu. Recomendeile que se fora a parte marítima de Bouzas, donde hai unha boa marisqueria. Con a recomendación de que pedira os mariscos que mais le apeteceran. Cuando acabera que chamera a súa nora ou o seu fillo, que vivian nun chalet por alí, e que les fixera pagar a minuta.
 Díxome que o faria, xusto cando viña o bus nº 3, que era o meu.
 No bus tamén escoitei cousas curiosas. Se teño gana, algún dia falaremos delas.
 P:S: Estiven pola Xeabra, xa teño pementos, tomates, xudias, cenouras, cebolas e algunha cousa mais. Pena que as zreixas xa teñan demasiado arroz. Hai que volver a Xeabra a labourar no agro e recuperar o tempo perdido.



domingo, 10 de julio de 2011

XENTE QUE FALA GALEGO NO MUNDO


  Estando en Caracas, Venezuela, organizouse unha escursión a selva nos límites de Venezuela con Brasil.
 O destino era o Parque Natural de Canaima. Sé se quere aventura, non hai mellor cousa que apuntarse a cousas organizadas polos nativos dun país, con todalas consecuencias, olvidandose de anteman das reclamacións do mundo chamado civilizado.
 A aventura xa escomenzou no avión que nos levaba a un aeroporto no medio da selva cunha estreita e curta pista de aterrizaxe sen asfaltar.
 Cuando iamos a metade de camiño, o piloto decidiu enseñarnos as excelncias da selva desde o avión. Éste era un DC-9, avión con suficiente envergadura para que os malabarismos aereos puxeran de corbata aquelo que non se debe mencionar. Pois ben, para enseñar mellor a selva, o aparato inclinabase unha vez a babor e outra a estribor. Desde o noso asiento mesmo parecia que a punta do plano de sustentación do aparato, ia topar nas copas daquelas altísimas árbores. O piloto colleule afición o asunto, hasta que os pasaxeiros escomenceron a queixarse, acordandose dos seus antepasados.
 A aterraxe foi das que fan amigos de voar. Para entrar na pista o aparato fixo un picado completo, e estabilizou a poucos metros da terra. Hai que recoñecer que o piloto tiña destreza, cousa que naide sabía antes de embarcar.
 Nunha especie de autobuses descubertos polos laterais, leveron-nos a un fermoso campamento na beira do rio Carrao, xusto diante dunha cascada semicircular. O panorama era verdadeiramente paradisíaco. Tardemos un par de días en empaparnos daquela verdadeira maravilla.
 Outra das cousas que nos gusteron, foi que, os encargados e traballadores do complexo hosteleiro eran nativos, (dixéron-nos o nome da tribu, mais non o recordo), xente atenta, mais nada amiga de mostrar desexos de familiarizar cos visitantes.
 Un día, apuntémonos a unha de tantas escursión que se organizaban cada dia. Tratábase de subir en canoa por un afluente do rio Carrao, hasta un punto onde se vía desde un pequeno "tepuy", o Salto de Angel, unha cascada de un kilómetro de altura. O espectáculo é impresionante. Outra maneira de velo salto era desde un avón JUNKER, de sete ou oito plazas. Nos xa tíñamos dabondo co viaxe de ida e volta.
 A tal escursión duraba todo o dia. Tomemos o xexún, e cunhas botellas de auga, iniciouse a andaina nas canoas riu arriba.
 Subir por aquel riu, que era afluente, daba idea de cómo sería o resto. O ancho do mesmo non baixaba nos puntos mais estreitos de uns vinte metros, e cun caudal enorme. O Carrao, onde verquia aguas aquel era tamén afluente de outro mais coñecido, o Orinoco. Parece que o nome venle da cor das augas, que son dun amarelo brilante, que é por a cor que ás augas dan as raíces dunhas arbores altísimas que le chaman Loureiros. Non me pareceron como os loureiros daiqui.
 Cheguémos o punto de destino, onde estaba previsto comer nun poboado indio, tamén a beira de outro rio. Pola selva que coñecín os rios eran as autopistas, polas que circulaban as canoas, propulsadas por forabordas potentes.
 Cando chegou a hora de comer, a organización levounos a unha especie de salón palustre, con varia mesas corridas como aquelas que habia nas feiras galegas, onde se comia o polbo, todos xuntos e revoltos.
 Como podeis imaxinar, alí á hora de falar, mesmo parecia Babel, escoitábanse case todolos idiomas coñecidos, e os non coñecidos, tal que o dos indios..
 Sentémonos, Anxela e mais eu, na esquina dunha daquelas mesas, e dispuxémonos a comer unha especie de pitos asados.
 Evidentemente, nós falábamos galego un co outro, mentras comentábamos as incidencias do dia.
 Apareceu polo comedor un tipo bastante estrafalario. Alto, musculado, cabeleira trigueña igual que barba. Unha enorme catana o cinto, e botas de coiro case hasta os xeonllos. Mesmo parecia un personaxe sacado dunha novela sobre a Pampa de Castelao.
 Estaba vixiando todo, e os que servian parecia que le tiñan moito respeto, ainda que a todas luces él era da raza branca..
 Aquiel personaxe parecía que le collera apego a pasar polo noso lado, hasta que de sútaquedirixiuse a nos decindo: EU TAMÉN SON GALEGO.
 Era o dono do lugar no que comíamos, invitounos a comer dentro da chabola adxacente, e contounos en pouco tempo a súa vida. Notábase que ia moito que no falaba en galego, pola maneir de querer contar todo en pouco tempo.
 Tiña dúas mulleres indias, e os que servian nas mesas era fillos e fillas del, levaba mais de trinta anos na selva.
 Era orixinário de Vigo, onde xa facia moito que non ia. Confesounos preguntando sobre Galicia cousas que nalgúns casos non soupemos responder. Presentounos a súa prole como a xente da súa tribu. Por certo so unha das mulleres falaba un idioma distinto o indígena e este era o GALEGO. O resto falaban no seu idioma nativo, nin castelán falaban.
 No medio da selva de Canaima, falémos GALEGO, e bebimos unha espécie de aguardente, feita polos indios.
 O galego conservase gracias a xentes como esta, e non o empeño dos politicos, tanto en impolo  por parte de uns como de afastalo por parte de outros.

sábado, 9 de julio de 2011

CORMANLAREIRO.- OUTRA ISTÓRIA



 Aquel día, o Cormanlareiro, decidira darse a si mesmo unha homenaxe. Él era o que mellor coñecía, despous do ti Marcelino e o Caleiro, o riu. Non habia recuncho que no espitroquera algunha vez, nin pala nin arraigada na que non metera as varas do seu tesón. Desde que aquel tipo de pesca, pasara a istória, acomoderase ós tempos e tentaba ás camelas ou bácoras co seu lareiro de sanguiño, que xa tiña unha cuantas dúcias de señoras sen pestañas agarradas.
 Os tempos cambiaban, non sempre para mellor. Ultimamente non se deixaba caer polo riu, pois as trabas eran grandes á hora de tentar algunha trutiña daquelas que adoitan comer gusarapas, mosquitos, e outras clases de alimentos, as veces escasos no Tuela. Despous de que se fixeran os tuneis da Canda e do Padornelo, por mor, non se sabe moi ben de qué, a escaseza  de troitas foi cada vez a mais grande.
 Empezouse a falar, de que os peixes estaban contaminados, e chegouse a decir que polo riu tamén andaban restos de chumbo, que xa se notaba. Algunha empresa portuguesa fixera análisis das trutas do riu e publicouse que os indices de chumbo xa eran preocupantes.
 O meu amigo Cormanleiro, nas mellores épocas, adoitaba venderle parte da súa pescata a un matrimonio. El era amigo da muller, que fora criada a carón da súa casa. Esta muler casárase cun home fachendoso da capital do reyno, antipático e presuntuoso. Falabase de que o “borrego” da capital non trataba ben a muller. Algo demacrada viase, mais aparentemente entre eles todo parecia normal.
 O Cormanlareiro, nunha ocasión, preguntoule a ela, se os rumores eran certos, ó que ela respondeu de habia moita esaxeración. Confesando o fin, que a cousa podía ir mellor.
 Foi o Cormanlareiro, para darse a homenaxe a si mesmo a tentar, con saltón, as camelas, o nascente dun afluente do riu principal. Xa non era época de pesca oficial, mais él sabia pola comprobación empirica dos seu propios ollos, que os xerifaltes collían trutas no vedado. Coñecía o truteiro infrinxidor e colaborador dos mandamaises provinciais.
 Chegou  ó nascente, alí onde o riu nace realmente, nunhas fontes caudalosas, que se dividen en dous ramais, que despous, como dous bós irmans xemelgos, volvense a xuntar para deitar as súas augas noutro riu, que según os ditos dos antergos, nunca mesturan as augas. As do Douro van suxas e as do Tuela chegan limpas e transparentes até o Atlántico.
 A calzón quitado agarrau unha dúcia de trutas, mais unha. Esta unha era unha truta que levaba bastantes anos tras dela. Agarrouna, era fermosa, gorda e prometía un par de días de comer saborosa bácora.
 Cando entraba na súa casa, por alí apareceron, a súa veciña e o seu marido o fanfarrón. Este díxole que se levaba trutas que las mercaba, o que él respostou de que non tiña diñeiro para pagar aquelas trutas do seu homenaxe.
 Será por diñeiro, dixo o capitalino, pide o que queiras.
 Picado, o Cormanlareiro, díxole que primeiro as vira, que despous xa le diría o que valian.
 Deitou as bácoras enriba do mesado da súa cociña, e separou a truta grande, que a reservou para él.
 O lechuguino, díxo que as queria todas, mais ante a contestación do Cormanlareiro, que le dixo que, ou as que le vendia ou nada, enfurruñado por non sairse coa súa, dixo que bueno. O precio foi esaxerado, mais o ricachón, hipotético, non dixo nin pío, pagou e levounas. Por certo; co diñeiro das trutas, o Cormanlareiro, fíxole un regalo a súa veciña e muller do zampabolos.
 Pola tarde, sen querer, o meu amigo escoitou falar o, xa para él indeseable, decindo que él comia as mellores trutas do país. Solo era cuestión de diñeiro, e de que se deixeran comprar.
 Sentoule moi mal aquelo.
 Un día enterouse de que nunha charca do riu, as trutas morrian sen saber moi bén o por qué.
 Analizadas as trutas, descubriuse que tiñan unha enfermidade, producida por un producto soltado no riu, é que era tan peligroso case como sé se comese “esternina.”.
 Agarrou  media dúcia de trutas e mandoulas o lechuguino. A muller estaba na aldea.
 Pasados quince días, a muller voltou a aldea xa viuva. Non estaba demasiado triste. O marido morrera dunha rara enfermidade, descoñecida hasta entonces polos profesionais da menciña.

martes, 5 de julio de 2011

O CHIMPOSA COÑECENDO O CONDÓN



-         ¡Tiu!, ¿que é unha autarquia?. ¿É algo mau?.
-         Non. Non é algo mau. ¿A quen le escuteste eso?.
-         Foi o novo médico. Estaba a falar cun amigo del e díxole: A maneira de vida da xente d´aiquí é autarquica. Esto é unha autarquía no mellor senso do termo.
O amigo-tiu do Chimposa quedou coa cabeza gacha, cavilando no que o rapaz decia.
Endexamais se le ocorrera pensar naquelo.
 Efectivamente, nas aldeas dos montes baixos de León,( este como reino antergo), a xente traballaba os cachos de terra que o monte le deixaba. Os pequenos terruños laborados daban escasamente para comer. As poucas reses que tiñan, aparte do leite, tamén para o consumo própio, producián beneficios en forma de diñeiro, cando os vendian, non sempre, a prezo xusto.
 Chegou o amigo-tiu a conclusión de que aquelo era verdade. Autoabastecianse de case todo. O troque víñale polo cambio das reses por diñeiro, que o mesmo tempo trocaban por aquelo que a terra, alí no producia.
-         Mira, Chimposa, o que quixo decir, é que, aiqui gañamos pouco, mais ese pouco danos para seguir comendo durante todo o ano. Somos quen de gañar para nos, sen que naide nos dé nada. O revés, inda hai que pagar unha leria que chaman impostos.Eso levan-no aqueles que de cando en vez, veñen pola bisbarra, pistola en mao, a esixir algo que non temos.
-         ¡Veña, Chimposa, deixa o tiu coas túas preguntas, que imos a ver que trae de novo o quincalleiro. O mellor trae navallas.-Dixo o seu pai.-
-         Se mercas unha navalla, que sexa argola para atala. ¡Xa sabes...!- dixo o tiu.
Marcheron ó  lugar da xuntanza da aldea, onde estaban reunidos todolos rapaces, cos ollos remelados mirando aquelas navallas e algún que outro espello de libriño.
-         ¡Devuelvame mi dinero, es usted un tramposo y un estafador!
O que decia tal cousa dirixindose o quincalleiro,  era nin mais nin menos que o marido da nova maestra, que estaba todo alporizado, nervoso e cun enfado de mil pares de demos.
 - ¡A ver ho, bon home! ¿Que pasou?.
 - Ha pasado que lo que me ha vendido es una estafa.
 - A ver ho, expliquese, que pasou.
 - ¡Que ha pasado, que ha pasado. Pués ha pasado que la goma se salió, y quedó dentro, y ¿ahora que?.
 - Pous nada señor, agora toca metelos dedos, sacar o que queda dentro, e toca facer as cousas mellor.
 Devolveule o diñeiro do paquete que o home traia nas mans, o que se marchou todo enfurruñado, e o quincalleiro facia grands esforzos por manter a calma. Víase que a risa case o desleixaba o non poder soltala.
 Cuando o home da mestra marchou, o quincalleiro contoule ós homes vellos o sucedido co cabreo do maestro consorte:
-         Pola mañá, apareceu por aiqui, e mercoume un caixa de condois. O parecer non sabia como usalos. Deile  instrucións de cómo usalos, mais veise que non o fixo ben. Saíusele e deixono dentro. ¡Parece parvo!.
A gargallada dos presentes, foi de tal xeito, que caseque non deixou escoitar o trono dunha tormenta que se estaba aveciñando.
 Algún dos que riron, por non decir todos, nunca usaran tal trebello.Eso sí, sabian do que se falaba, por oidas, e naide quixo darse por non enterado do tema.




domingo, 3 de julio de 2011

O CHIMPOSA APRENDIZ DE HORTICULTOR


 O lugar do Chimposa era un lugar como outros mutos. Tiña a característica, tamen como outros mutos lugares espetados a media ladeira de lombeiros. Tal vez a característica da aldea do Chimposa, era aquel dudar de estar na marxe direita do riu ou na esquerda. O val era tan sumamente estreito, que a separación dos dous lombeiros, parecia case unha navallada mal dada nos montes.
 Vivia nunha casa como case todas as do lugar. Paredes de louxa mesturada con canterias e algún gogo de xeixo que outro. Louxadas con louxa do pais, piso de tablóns de castañeiro, portas e fiestras da mesma madeira. Duas plantas, unha baixa para os animais e a de arriba onde estaba a lareira os cuartos das camas, e o cuarto das maseiras. A escaleira, para subir as vivendas, estaba añadida pola parte de fóra, casi sempre ó final da escaleira estaba o balcon cunha balaustrada de madeira tamén, e que moitas veces era o paso a outros cuartos.
 Adosada a casa principal estaba a adega, na que había as tinas de facer o viño, as cubas onde se conservaba. Tamén había sitio para amontoar as patas, a touciñeira onde se colgaban as partes do porco que se conservaban, e algú outro produto necesário para a subsistencia diaria.
 Todalas casas tiñan o seu curral, que de algún xeito facía que non estiveran os veciños expostos directamente ó camiño, nos que andaban por él adiante as pitas, as veces os porcos, polo que entraban as cortes as vacas e as ovellas. Era, por tanto o curral, un sitio concurrido con frecuencia e cheo sempre de esterco, e un bon bulleiro cuando chovia.
 Vivia o Chimposa, co seu pai. Non conocera á súa mai. Morrera antes de que él cumplira un ano, cousa pola que era incapaz de acordarse dela. Coñecía-a por un retrato que le fixeran éla e ó seu pai o día da boda.
 Envidiaba moitísimo a todos os amigos e compañeiros que tiñan mai. Inda que seu pai facia todo o que podía para intentar sustituila, aqueles alomiños que as veces vislumbraba das mais dos seus amigos, él hachába-as muto de menos.
 Tiña un amigo, co que falaba muto e o que escutaba muto tamén. Vivía na casa do lado, compartindo escaleira. Era un tiu do seu pai que vivía solo, e que polo que sabia era irmau do seu avó. Este último él tampouco o conocera, ia muto que morrera. Según os seus cálculos o seu amigo, seguro que xa tiña cen anos. Un dia tiña que preguntarllelo.
 Polas mañanciñas, cuando se erguía da cama, despous pasar as maus molladas polos ollos, lavar lavabao o pai, acercábase a porta da casa do tiu-amigo, e esperaba pacientemente. O pouco tempo escutaba a voz do vello, que o chamaba decindole:
-         Veña, entra que o leite da ovella xa está preparado.
Entón, o Chimposa, agarraba unha vara larga, solapaba a raposeira para poder abrir a porta e dandole os bos días o seu amigo, sentábanse os dous arredor da lareira, no escano que a circundaba, sempre sentados un a carón do outro.
-         Hoxe vamos a plantar cousas na horta. ¡Xa verás que ben o pasamos!.
-         ¿Deixasme plantar a min algo?.
-         Sí. Terás o teu cacho de horta para que o cuides.
 Despous do xexún, foron os tres para a horta. Delimiteron, nunha esquina, un cacho de horta, que le adxudiqueron o Chimposa. Este plantou alí unha tomateira, tres chícharos, e dúas patatas.
 Cuando pasado un tempo, mais ou menos un mes, xa sairan as patatas e os chícharos, e a tomateira tiña algunhas flores e un tomate pequeniño.
 O rapaz quedou abraiado de que, todo aquelo que él fixera, se convertera naqueles prometedores frutos. Non daba crédito ó que via, e empezou a atosigar o pai e o tiu-avo con todas as preguntas que le viñan o caletre a raíz de todo aquello.
  - Co teu cariño, con sol e con auga, xa verás como todo crece. Teis que seguir cuidando do teu cacho de horta.
 Creo que temos un novo traballador da Terra, díxole o vello ó pai do Chimposa. Solo é cousa de que le colla carño, é que comprenda o significado de cuidar da Terra, para a súa vida e a futura..