No dia de todolos santos, aparte de percorrer os lugares nos que adoita andar a Estantigua, como xa referin no anterior post, tamén aproveitei para dar unhas zancadas polos eidos de San Ciprián e polos da miña avoa Pilara.
Como comprendereis, non escribiría esto se non fora un día de caza, deses de rompe e rasga. Foi un dia de caza, que a própia Diana, non a filla de meu primo, senón a do Olimpo grego que tamén adoitaba cazar, inda que creo que de outro xeito. Ela tiña que ter moito tento, pois habida conta de que o seu xefe, Zeus, era amigo de meterse na pelexa de moitos animais, sobre todo cando andaba berraco. Mirade o caso de Leda que foi seducida por Zeus vestido de pato, ou alguén levaba unha berza de mil pares de narices, e a Leda esa non se le ocorreu outra cousa para disimular a súas quenturas.
Deixemos as cousas dos deuses, e volvamos o alto da Ladeira que foi onde a Canaria ventou un rastro, xusto hasta que chegou por alí o magote do Xeantoño, e deixou de buscar. Parece que non se leva ben coa cadela mastín deste e decidiu meterse debaixo das miñas nádegas. ¡Xa vai vella, a pobre Canaria!.
Despou de subir polo vello camiño de Rebordelo, solo me quedou baixar Ladeira abaixo, e tocar a retirada aquela tarde de sábado.
Pola tarde houbo un magosto en Hermisende, non fún, pois adoito non acercarme a lugares onde haxa mais de cinco personas. Sonche tímido e non bailo con descoñecidos.
Mandei corresponsais o evento que me conteron cousas. Parece ser que, a pesar de ser a festa da castaña, non houbo bullós nin mamotas. Eso sí outro tipo de viandas. Tamén me conteron que por alí andaban as forza vivas da comarca e Tras os Montes. Acompañados todos polas súa respectivas parellas, menos a miña prima Noemí, que polo visto é do meu mesmo parecer con esto das xuntanzas.
Outra das cousas que me conteron foi algo que me aledou moito. Non habia mesa presidencial e as autoridades estaba mezcladas co pobo liso e chairo; ¡Como debe ser!
No domigo sain de caza de novo pola mañá, foron conmigo as dúas cadelas, desde a Cabeza das Fontes pasando polo Coballón o Sestil da Carbuizas, a fraga Balastreira a canteira infame dos Garridos, coller de novo o carro e ir probar sorte s leiras de Castromil. Estas alturas da o mesmo vaias onde vaias xa non queda nada que cazar, mellor dito non queda nada que ver, podo decir que non fun quen de ver nada. A Lua portouse, correu detrás de catro coellos, supoño, non os guipei.
Pola tarde fun a dar unha volta pola banda de Castrelos, terra da miña avoa Pilara, e pasou o mesmo. Como decia meu pai que decia un señor de San Ciprián :”comerás berzas!.Nesas estamos.
Inda comí tomates collidos da Porteliña, plantei allos e cebolas das de cedo. A esperar que todo vaia ben.
Sinto moito non ter nada mellor que contarvos.
Apertas a todos, todas.


