Esta é a nova compañeira nosa na aldea. ¿A que ten boa pinta?.
Hoxe é o primeiro día
das memórias que se me ocurren escribir desde Val dos Marcos, (República
independente, úbicada nun curruncho da Alta Xeabra e na marxe direita do riu
Tuela).
Acabo de ollar o
partido de baloncesto entre España e USA, cousa xa perdida de
antemao.(Quedounos o escapulário de prata).
Teño várias histórias
e, ou, novidades para contarvos, máis a primeira tera que ser unha história de
amor acaecida nestes día de estiaxe dun ano bisiesto, funesto para os hortos.
Vereis:
Apareceu por estes
lares un forasteiro. Naide sabia de onde viña. Naide sabia como se chamaba.
Naide sabia quén era nin que facia.
Chegou nunha tardiña
de finais de inverno. Pola pinta xa se vía que facía tempo que non comía.
Notábasele nas coselas que as reservas de graxa, xa ía días que paseran a
mellor vida.
Entrou pola banda de
abaixo da famosa vila, cuna de homes ilustres, entre os que esaba o amigo
Silvério.
Despous de várias
voltas, atopouse con dúas fermosas mozas, que estaba a cear na porta da súa
casa.
Deixérono comer con
elas. Repartiron as viandas, e él quitou a fame. Acaberon recostados sobre as
barandas da eira. En definitiva, como se dí no noso argot, fixeron “migas”.
Passou un tempo. O
noso amigo colleo kilos. E fixo algún amigo entre algún veciño.
Mái, sempre haberá un
máis equivalente a un pero, chegou o final da primaveira, e o principio de
vrao. Ás amigas do forasteiro acucieronle as hormonas da procreación, e o
apacible tempo pasado converteuse nunha inmensa cascada de problema, para o
noso amigo, por mor de deixar herdeiros por parte de todo bicho vivinte.
Unha das amigas, non
a mais importate para él, empezou a ser rondada por outros conxéneres, todo co
mesmo ánimo: perpetúarse a sí mesmos en descendencia coa amiga do noso amigo.
Houbo rifirrafes no
asunto dos amorios. Eu desde a miña casa, sentia todalas noites rosmar en
avisos, laios de cando en vez, e ás veces lamentos de fuxída.
Unha mañá cando eu ia
a dar un paseo hasta a Porteliña, atopei o forasteiro diante da miña casa .Tiña
ruin pinta., Temblaba,case non se tiña de pé e mirábame cunha infinda cara de
trstura..Acerqueime a él e descubrile un gran buraco na gorxa. Tiven a impresión
de que por alí, tamén se le escaba aire .
Paseron dous ou tres
dias, e o noso amigo andaba por alí con mais pena que gloria.
Unha mañá apareceu
morto no curral das “Bichas”.
Era un bonito can,
que xa o seu dono abandonara no fin da caza na última temporada, apareceu con
moito medo e foi acollido por dúas cadelas.
Os cais grandes non
tiveron piedade del.
¡Hasta a vida dos cais
é bastante “fodida”!
Preciosa e "perra" historia...
ResponderEliminarNunca mejor dicho: ¡Perra vida! pero mira, que le quiten lo bailado.
ResponderEliminarAbrazos, Xabres