F OTO EN ENTRADA CONTIGUA.
Desde o alto do campanario viase todo
o Sagrado. As lápidas estaban todas adornadas con flores ó seu
arredor. Era o mes de Xuño, concretamente a noite do vintecatro.
A lua inda entraba de esguelle no
Sagrado. Non estaba no seu cenit.
No alto do campanario albiscábase
unha figura, non demasiado definida. Parecia un esquelete que tivera
nas mans unha viola. Era como se estivese tensando as cordas. Parecia
que o estaba afinando.
Tiña tal concentración aquela figura
que mesmo parecia non darse conta de nada. Pasado un pouco de tempo e
xusto cando a luz da lua estaba a punto de virar hacia a parte
contrria do se nacemento, encaixou a mandibula sobre a viola e fixo
correr o arco sobre as cordas.
Cando sonou quel do sostido da
octava mais grave do intrumento, foi como un sinal. Empeceron a sair
esqueletes de debaixo das lápidas. Durante un pouco de tempo solo se
sentia o ruido de ósos chocando uns contra outros.
Habia algo de confusión en todo o
sagrado, que se enchera de esqueletes, pous como tradicionalemente e
durante moitos anos, en cada sepultura enterreranse varios mortos.
Agora o erguerse tiñan que, entre eles, cambiarse ósos, pous
incluso algús tiñan a calivera de outro, e non digamos de ósos
mais pequenos, tales como falanxes, radios, cúbitos e demais. O único
que non tiñan en confusión era a parte da columna vertebral que
seguian mantendo cada unha o seu esternón ben enganchado coas
costelas.
Pasados uns segundos, e xa con todos os
ósos en cada propietario, todos foron collendo algún instrumento
musical. Alí habia de todo, violins, bombardinos, trompetas,
clarinetes, fagots, timbales e demais instrumentos de percusión.
Resaltaban sobre casi todos as famosas gaitas xabresas, inda que
tamén andaban afinando por alí algunha galega.
O chegar o punto no que as sombras que
proxectaba a lua empezaban a virar, todos os esqueletes como se fosen
un solo, puxeronse en pose de empezar tocar, mirando pro alto do
campanário, donde estaba o esquelete da viola, que cambiou o
instrumento por unha batuta.
Deu uns toques coa batuta na campá
grande, chamando a atención e pedindo concentración e sinalou o
primeiro compás, que sonou perfecto.
Simultáneamente á primeira nota do
primeiro compás, sairon debaixao das lápidas todas as mulleres e
iniciaron unha danza.
Os instrumentos musicais, amordazaban
o ruido das osamentas. Pous tanto os que tocaban como as que
bailaban, o non ter nada mais que ósos, ó rozarse uns cos outros
facian un ruido caracteristico.
Cuando a lua empezou a esconderse
detrás dos castañeiros, tanto músicos como danzantes, empeceron a
facer solo musica cos seus esqueletes todos descarnados. Entonces
foi cando empeceron os cambios de osamentas, entre uns e outros. Daba
gloria ver como en corpos de homes habia caliveras de mulleres e o
revés. Como en toda parranda que se precie houbo bromas que noutras
circunstácias poderiamos decir que serian pesadas, aiqui eran
voluntárias, a algún esconderonle un femur a outros, as falanxes
dos pes, incluso algún andaba sen mandibula. O espectáculo era do
mais enriquecedor.
Escondeuse a lua e empezou a querer
arraiar o dia, entonces todos volveron a entrar cada un no seu
buraco.
O sagrado quedou soliño, solo se
notou que alí estivera alguen, en que algunhas das flores, parecian
pisadas e algo esbaragalladas.
Na mañá seguinte cando foron a tocar
“maitines”, alguén atopou por alí unha palleta de bordón de
gaita.
Hoxe creo que está no museo
etnográfico da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario