Xornes da septimania finada o dia de
pascua florida, unha almiña que deambula por ese mundo chamado
Terra, e que xa empeza a pensar que non tardará demasiado en deixala,
esa almiña, decia, cavila, relaciona e algunhas veces, poucas, chega
a conclusión, de que endexamais descubrirá nada se sigue as
instrucións que le foron inculcadas nun pasado xa lonxano. Xa
escomenza, con demasiada frecuencia un, a referirse o século pasado.
No dia da pascua florida deste ano,
veume a cabeza unhas reflexions de cuando eu cumplin con aquel precepto
eclesiastico que decia: Comulgar por lo menos una vez al año por
pascua florida.
Comulgar por pascua florida levaba
consigo, según os cánones eclesiasticos, confesarse antes. Para os
que xa non usades esto, direivos que eso de confesar era chegar a un
pendello no que se escondia un crego, e ti por unha bufarda pequena,
contabaslle os teus pecados, ou o que considerabas que eran. Se non os contabas él preguntaba e ti
respondias. Sempre a cousa versaba sobre un tema, por enriba dos
demais ; ¿Tiveche pensamentos impuros, fixestes cousas impuras, con
quén, como, cuando etc. etc., ?.
Cando o crego acabou con as
inquisicións pertinentes, e as impertinentes, deume unha penitencia
coa que se perdoarián todos os pecados. Como a confesión fora na
sacristia, dixome: agora saes fora e rezas un pai noso e unha ave
maria. Tomeino o pé da letra e saí fora. Pero fora da igrexa. Era o
que correpondia.
Cuando acabei a penitencia, pensei
que, por deixar atrás os pecados, xa tiña que ser unha persoa nova,
un home novo. Inda non lera a Nietzche.
Despous de comulgar e cumplir
escrupulosamente co que me ensineran, non sentí absolutamente nada.
Non era mellor que antes, que era o que se pretendia.
Decepción gorda. Sobretodo o observar
que os mais grandes seguian tomando os rapaces por parvos.
Pasou tempo, descubrin a politica,
desde fora, poderia decir con mais propiedade que a sufrin. Mais
decepcións.
Habia unha cousa que era a defensa da
“patria”. Non quedou mais remedio que ir a servila. Outra
decepción.
Chegados a este punto, podo decir que,
decepción a decepción cheguemos a situación actual.
Nos libros de historia, falan de homes
e mulleres, que eran sabios, que sabian o que facian, algúns
deixeron a sua pegada en libros, que de cando en vez algué lee.
Habia politicos con clase, mellor dito
con enxundia cultural. Aqueles Caesares da republica romana, eran
dignos de todo. Eran capaces, militares de sona, e algúns estaban
como cabras, pero Grandes Cabras.
Agora, eso acabou. Os politicos non se
xogan a vida dirixindo centurias nin cousas similares. Non hai
conquistas que facer para demostrar a capacidade. Con demostrar a
ambición persoal, despous de achegarse a unha agrupacion de borregos
que paga, xa chega.
Unha vez dentro solo hai que medrar.
Todos deben diferenciarse, uns dos outros, para alternar e mandar os
odios alternativamente.
Creo que a idea está demasiado
embarullada, pero os que me conoceis, sodes sabedores da miña
perguiza.
Escribir demasiado pode ser perigoso.
Metese a pata deamsiado.
De todolos xeitos quero deixar
constancia de que un DEUS BO, deberia de existir. Mais seria tamén bo
que non tivera interpretes.
Alguén dixo que se deus non esistise,
teriamos a necesidade de inventalo.
Amen.
Cuanta razón teneis en estas cosas vuestras, lástima que yo no pueda contestaros con vuestras palabras.No es que yo añore aquellos tiempos de confesiones y penitencias, pero sí, por que todo estaba mas claro para mi comprensión. Ahora no hay Dios que entienda nada, y si existe, a algunos le importa poco por los desmanes que hacen......
ResponderEliminarSaludos amigo y paciencia.....
Nen deus fai falla, nen os políticos. Vivíriamos millor sen os relixiosos e sen os políticos.
ResponderEliminarUnha aperta, amigo Xabres.