miércoles, 29 de mayo de 2013
FALEMOS DE VIÑOS
Días atrás, deambulando eu polas rúas de Vigo descubrín unha cantina daquelas de antes, nas que os clientes da mesma achéganse a beber o cuartillo, dun viña barato, mais no por iso malo.
Co dos viños o mellor é probalos, e se che gustan: están bós.
Esas mamonadas de sacarlle cousas que solo algúns detectan neles, tales como aroma a esencia de non sei que, sabor a tabaco (co traballo que eu levei para deixar de fumar), ou a “maracuyá”, no caso dalgúns albariños e non sei cantas caralladas mais, que a fin de contas solo serven para que o prezo que piden por él sexa xustificado.
Igual que esa moda xa vella, de clasificar os viños polo tempo: xoven, crianza, reserva e gran reserva, que nestes últimos casos chegan a ter varios anos.
Un amigo adegueiro con varias marcas de viño no mercado, e viños saborosos, e según os que os beben, bós viños, antes de morrer, falando na súa propiedade da elaboración de viños, dicía que o bon viño está nas viñas, e que se os que o cuidan non o escarallan, será un viño de fácil venta se non ten un prezo desorbitado.
Nun momento determinado, comentemos o dos viños de reserva, o porqué deles e como se fixeron famosos. Entón él coa súa excelente retranca de bon conversador díxome.
“Mira amigo, os reservas ainos porque as adegas non son capaces de vendelos na mesma temporada”
Coido que tiña moita razón.
De tódolos xeitos, cando empecei a escribir isto, non era sobre a crianza ou non do viño. Era sobre os toneles, bocois ou barriles, como queirades chamarlle. Seguro que alguén coñece algún nome mais
Non sei se vos tedes fixado nos bocois, barriles ou toneles, onde descansa o viño durante unha boa parte da súa vida, como están feitos. Son abombados no seu ecuador, dicíndoo en linguaxe campechano, diremos que son panzudos. Son como esas mozas, que as veces están de moda, que presumen de cadeiras abondosas. So hai unha diferencia que as mozas teñen medidas de 90- 50-90, cuando nos pipotes solo hai esta medida é sobre un 150 de panza e igual medida na cabeza que nos pés, pero mais pequena .
Mais, eu, vendo os parroquianos da cantina de marras, cheguei a conclusión que, non foron precisamente os barriles que teñen esa forma os primeiros en adoptala. Os barriles teñen esa forma porque en vista das medidas dos grandes e bós catadores de viño, copiáronna deles por estética de colegas.
Fixádevos neses cuadros de grandes pintores da historia, cando abordan o tema do viño, como retratan ós bos bebedores. Igualiño que Rubens a aquelas fermosas señoras, sonrosadas, e cos ósos ben cubertos, como medida estética. Benditas sean elas.
Eu quero deixar constancia de que primeiro foi o bebedor, e logo, por mimética, naceu o tonel.
Cando vexais un, fixádevos que tamén levan cinto. Iso sí, sempre mais de un.
Un dia falaremos das maneiras que existen de facer viño. Dicen que tamén se fai de uva.
Apertas e bós tragos, eu vos desexo a tod@s.
sábado, 25 de mayo de 2013
O BANULLO DO LADEAIRO (Cap. II)
Como as visións que tiña, alí no fondo do Navallo e da Burgoza, non acababan de deixarme tranquilo, pous todos aqueles personaxes que rondaban o bosque, según o meu recordo xa estaban mortos. Algúns xa levaban mais de un século producindo malvas.
Estaba seguro de que estaba diante da Estadea.
Andaba eu pensando neso, e atopeime cun home, xa morto tamén, que se acercou co ánimo de desenguedellarme aquelo que estaba a ver . Era o ti Carlos, un home de Lubián afincado en Sancibrao e casado cunha muller de Castrelos. Según os datos dos que dispoño esta familia era unha familia liberal e amiga de axudar os seus conveciños.
Despous de explicarme a diferencia entre a Estadea e a Santa Compaña, díxome que tódolos meses, no lugar no que estábamos, reuníase a Estadea, por eso eu os vía. Solo se deixaban ver por aqueles que coincidían alí naquela hora e que ademais estaban dispostos a difundilo.
Mira, vouche contar, en parte, quen está aiquí, quen eran, e algúns porqué están agora sufrindo. Non se te debe esquecer que un meu fillo que morreo no seminário de Ourense, contoume cousas e pareceres, que se tés tempo e ganas podo contarchas.,
Empecemos por aquel corro que está o lado das colmeas sentados o sol na parede da cerra. Son os cregos que foron, enterrados na comarca, mentres o resto dos mortos andan pescudando cousas e tratando de irse coñecendo, eles siguen tentando que les fagan caso nas súas teimas, pero aiquí parece que ninguén les fai caso.
Aquel que está a medio camiño entre eles e o resto, é o Germán,cura con raíces en Hermisende e familia tamén, que foi o que dixo que ía a Castromil a enterrar a cacheira. Este era o mote que a pobre difunta tiña. Este Don Germán ten varas anécdotas as súas costas. Unha das mais sonadas e que reflexa o seu carácter foi a da defensa de outro cura que tivera un rifi-rafe con un teniente de carabineros.
Parece que nunha discusión entre o teniente e o crego, crego este que era moi pequeniño, pous cando dicía misa tiñan que porle un talliño para que cheguera os libros cos latinaxos. Na discusión o crego enseñoule a tonsura o teniente para facerse valer, este aproveitando a pequena estatura do interlocutor, escupiule na tonsura. O escarnio trascendeu e enterouse toda a comarca.
Nunha ocasión o teniente, no camiño de Lubián a Hermisende,alá cerca de Rañalobos, cruzábase no camiño de Don Germán. Este o ver vir o teniente montado no seu cabalo, baixouse do del e acercouse andando o cabalo do teniente, e agarrando-o polas rendas, acercouse o beira do teniente, e sacando o sombreiro, ofreceule a súa tonsura decindolo: Eiqui a ten, escupame nela.Todo esto coa man dereita metida no bolso da sotana durante todo o momento. O teniente, non fixo absolutamente nada, solamente deixar-le o paso. Debeu de recordar a vez que un cura baixou escaleiras abaixa a un guardinha, que tentou chamar-le a atención, agarrado polos pés
Hai que decir que Don Germán tiña parentes en Lubián aparte de Hermisende.
Aqueles dous curas que tamén están separados do resto con cara de angustia, sempre están dandole voltas a idea da que inda no están seguros de se existe o ceo ou o inferno, nunca estiveron convencidos das bondades do que decian. Eran cregos porque daquela vivíase ben.
¿Ves aqueles que camiñan pola beira do regueiro de Belois? Son antergos falanxistas que non son capaces de acercarse a ninguén por que en vida fixeron grandes falcatruadas, deixando a algúns na miseria e mandando a outros os famosos paseos.
Disto falaremos noutra ocasión, se segues acercándote por aquí, nos tempos destas xuntanzas.
Foi a tempo a separación naquel momento, enriba de nos formouse unha soberana tormenta, que se non chega a ser pola choza que estaba no prado do ti Dario, acabariamos cunha molladura das que fan época.
Continuará….
miércoles, 22 de mayo de 2013
O BANDULLO DO LADEAIRO (Cap I)
Estaba pensando en escribir sobre a corte do Rei Artús. Estaba a pensar eu naqueles cabaleiros, Geofrey, Percebal, Lancelot e demais folladores a destra e sinistra, con aquelas “reinas” e damas mais belidas que as frores das primaveras e o mesmo tempo tan lixeiras de cascos, que, cada cabaleiro que polo seu castelo pasaba, sentíase con dereito a un fregue de unto metido inda dentro da barriga de cada un.
Deixei de pensar en todo o anterior, e puxen todo o meu empeño no que estaba a facer. Hai cousas que é mellor facelas ben, sobre todo se do que se faga depende a vida do “facedor”. Eu estaba cargando cartuchos do calibre dezaseis, iso xa marca unha maneira de estar e de ser.
Debiamos ir a desencovar dos seus cubiles a aqueles bichos detectados pola bisbarra, que ultimamente andaban facendo das súas.
Tiña que empezar a miña espreita e investigación pola zona de Belois.
É a comarca de Belois, unha comarca deitada cara o nacente do sol e regada polo famoso regueiro do mesmo nome, que baixa desde o seu nacemento en Val dos Arcos, pasando por Val de Cabritos, A Illande, e Belois con destino final no Tuela.
Aproveitando que o Tuela pasa por Penascada, diremos que, xusto diante da desembocadura do mesmo, hai un penedo campaneado, debaixo do cual as bácoras de mais de tres kilos adoitan acubillarse cando son perseguidas nas bicadas da preseira do Muiño da Maquila. Agarrábanse coa a mau, se esta tiña uns bons callos.
Para ir a Belois hai catro camiños: o que vai por Penascada, o que leva a Castrelos, o que desembocaba no prado do meu amigo Céfiro, e o que chegaba a Burgoza (Gurgoza, según o meu amigo Loro).
Escollí o último, un pouco por pereza, pous era o que me quedaba mai a mau. Acompañado do meu can Sagardúa escomencemos a andaina camiño do descoñecido e coñecido o mesmo tempo. Coñecido porque aqueles camiños foron transitados durante moito tempo e suficientemente coñecidos por os moradores de Val dos Marcos nas épocas en que inda se vivía dos recursos que a Nai Terra, axudada por os homes de boa vontade, que daquela inda eran moitos e bos.
Saímos pola Canadicha, pasando pola Porteliña e Rozas, deixando atrás as pequenas cortiñas cos chícharos en flor, e os tomates e pementos empezando a abrollar, xunto coas zreixas, guindas e demais froitos da época.
Co primeiro que nos atopamos foi cun enxamio pendurado no Zreixal do Pepe de A Cancela, no prado da Lavandeira. Aquel enxamio era enorme, pous facía que a galla na que estaba colgado se doblera e case chegaba o chau. Acerqueime a él, e descubrin que tiña dúas reinas, as que, de sútaque, separeronse e cada unha marchou hacia un lugar diferente coa súa cohorte de obreiras, zanganos e demais. Era como unha desbandada que se producía nas Cortes Españolas.
As lavandeiras en Penelas, estaban lavando. O dia chegaba a albiscar a sombra de todo o que a facía, moi pequeniña. A miña sombra quedaba sempre debaixo dos zamancos.
Reiniciei o camiño, pasando por debaixo das colmeas da casa dos Marcelinos na Ladeira, e escomencei a subir hacia a Cova de Frade seguindo o camiño da Louxeira e da Burgoza.
Desde o alto da Ladeira, xa dando cara os avesedos, descubrimos, o can e mais eu, que o noso traballo ia ser árduo. Abaixohabia, coma na Lavandeira, varios enxamios, mais neste caso non eran de abellas.
Iniciemos a baixada con tento. Primeiro para no roullar e segundo para non espantar a bichuria
O fixarme no enxamio, que estaba no fondo do Navallo, decateime do meu erro. Aquello non era o que andabamos pescudando. Alí había xente coñecida. Unha coñecida, outra sacábase pola pinta e polas referencias escoitadas nas lareiras nas noites de fiadeiro e arredor da xa famosa estufa do Ti Caxera.
No medio daquela barafunda estaba Don Germán, cura rexo alí onde os houbera. Estaba tentando explicar o enterro da Cacheira que él fixera en Castromil, tratando de aplacar o regodeo que os conveciños tiñan sobre o asunto. Os tempos artúricos xa eran idos.
O Sagardúa e mais eu, tíñamos que vadear o regueiro que baixa de Rebordelo, nese interin, perdiámosnos o resto. Eu estaba seguro que aquelo acabaría sabéndose.
..Continuará……..
martes, 21 de mayo de 2013
¡ COMO ESQUECER UN IDIOMA!
Queridos amigos, amigas e lectores despistados que as veces entran neste blog, que trata de transmitir unha pequeniña e sinxela arela sobre unha terra, que deu acubillo os meus antergos, e de cuxos zumes inda eu estou a gorentar: O VAL DOS MARCOS. Neste dia quero deitar eiquí, negro sobre branco, a miña amnesia xa definitiva a prol dunha das linguas que se falan na Península Ibérica.
Antes de falarvos da miña amnesia, cumpre que detalle como na miña nenez, cando escomenzei a ir a escola e aqueles maestros, grandes maestros, no meu caso estou a falar de Don Julio, e con libros que sobreviran da República, decian, con relación os idiomas falados na Peninsula : “Fálanse na Península, cinco idiomas a saber; Castelán, Catalán, Galego Portugués e Vascuence. Existen unhas formas dialectais derivadas de outros idiomas en desuso, como poden ser o Bable, o Mallorquín, Valenciano e Andaluz.” Esto era o que nos ensinaban, esto era o que aprendiamos, e con esto, algúns crecimos e vimos e vivimos cousas, que non son de leria agora.
Eu sempre tentei de compaxinar o noso Galego característico, co resto dos idiomas ou dialectos, nunca tiven ningún problema a hora de expresarame, se tiña que falar e Castelán, facíao, se había que facerse entender en Catalán intentábao, en Portugués igual. Co Vascuence a cousa era mais complicada, pous facíase francamente difícil, e salvo ardúa, egunon, e Ongui etorri, casi nada mais. Mais era por culpa miña, non do idioma.
Hoxe, aquí en na Galiza, acabo de ler que as concesionarias das autoestradas, puxéronlles unha multa de tres mil euros, por ter en galego a verba “peaxe”, en Lugar de “peaje”, nembárgante non din nada da verba “toll” que tamén anda por alí.
A multa en sí as concesionarias impórtame un carallo, pous seguro que xa teñen dabondo gañado, pero que un INDOCUMENTADO, desde MAGERIT, veña a decirnos como carallo temos que falar ou escribir, xa me toca as gonadas.(O outro dixo que podia bebr o que quixera)
Esta casta política que estamos a sufrir, que nos espolia por tódolos lados, que manda os nosos titulados a traballar o estranxeiro, dicindo eufemisticamente que así coñecen mundo ou unha parida similar, xa me está, fartando.
Algunha vez vinnos presumir de Alfonso X o Sabio, sen pensar, eles, que o bon home escribiu en Galego. Presumen de Cervantes sen decatarse que era dunha terra, A Sanabria, onde se falaba tanto o Galego coma o Portugués ou o Castelán.
Este Wertice Obtuso, pensa que inda está metido en tertulias de sitios que deberían sufrir esas reválidas que agora él propón. ¡No tribunal tiña que estar eu.!
Sei que todos aqueles e aquelas, que as veces me leen, seguiran-no a facer inda que sexa neste galego Altoxabrés. Algúns Catalanfalantes e Portugueses como de outros idiomas ou dialectos, sei que me entenderán perfectamente.
Por eso deixo eiquí Sinwertguenza algunha a miña renuncia o idioma que algúns tratan de chamar español, e desde xá teño-o esquecido. AMEN.
lunes, 13 de mayo de 2013
Lección de Aritmética (Pequeña)
Una pequeña clase de Aritmética.
Hoy me ha tocado,
después de previa cita, pasar la
ITV del coche. Como ya es viejo, y el patio económico
nacional y mio, está como está, habrá que seguir pasando esas inspecciones,
seguramente hasta que San Juan baje el dedo.
Durante el tiempo de
espera, se me ocurrió pensar en el pequeño negocio que representa para alguien
esto de las ITVs.
Planteamiento: x
insp. * hora * 8 horas al día* 26 días * una media de 40 € = Bº. € mes.
Estaba yo con estos cálculos
mentales, cuando me toca iniciar el proceso.
Aprovechando los
posos de mi deducción anterior, aprovecho para comentar con el técnico mis
conjeturas, y con los datos, aproximados, que me dá quedo un poco con los ojos
a cuadros.
Mis cálculos se
quedaron cortos. Con los datos que me dá y haciendo el planteamiento inicial, y
con la misma media de pago por vehiculo, que según él seria mayor, me salen
unas cifras de una facturación, solo en el centro en el que yo he estado, de
unos VEITICINCO MILLONES de €/año.
Gastos solo de
personal y mantenimiento, nada mas.
Instalaciones de la Xunta, y nos quedamos aquí pues
no tenemos mas datos.
Todos los centros de
Galicia son explotados por la misma empresa, desde al año 1998.
No sé cuantas ITVs
hay en Galicia, pero solo teniendo en cuenta las ciudades mas grandes, podíamos
hablar de mas de 10 centros de similares características.
Ponerle sueldo al
personal y veréis los números que os salen.Si tirais a la baja, acertareis.
Me gustaría a mi
tener un negociete como este: La infraestructura me la ponen, los clientes
también, los gastos generales seguro que no son como los de un hospital, encima,
a lo mejor hay subvenciones o desgravaciones especiales etc., etc..
Empiezo a entender lo
de Cataluña con sus ITVs.
AHORA ME PREGUNTO:
¿PORQUÉ ESTÁ ESTO EN MANOS PRIVADAS?.
Si lo administrase, en este caso, la Xunta ese dinerito podría
ahorrar impuesto a sus ciudadanos, o mejor aún podría usarse para ayudar a la Enseñanza o a la Sanidad.
¡ He mandado parar la Tierra,
para bajarme!. Nadie me hace caso.
domingo, 12 de mayo de 2013
O Tuela morre senon se pon traba.
As trutas do riu Tuela.
Cando eu era cativo, empecei a coñecer o Tuela da mau de meu pai e dun seu tiu político chamado Marcelino. A casa dos meus avós era coñecida como a casa dos Marcelinos. Non era por este Marcelino, senón polo primeiro que se afincou en Val dos Marcos, comprando un “capital” de terras, prados, leiras e cortiñas, que había que traballar, para sacar-le un rendimento, que, polo menos dera para comer os da familia que o traballaban, con aixada, guincha, aixadón, e arado romano apoiado nas xuntas de vacas frieiresas que arrastraban aqueles carros, que según algúns, pesaban mais valeiros que cargados. (Ten explicación).
Ben, volvendo o que nos atañe, o riu Tuela. Era este riu un aporte de vida e enerxía constante e sen flaqueza, para unha comarca deixada da mau de deus, e o que era pior da mau dos politicos. Cousa que inda segue a pasar, a pesar dos esforzos de algún político local, que solo por si mesmo non consigue nada, inda que o persiga. ¡Poderoso caballero es don dinero!, e este non abunda pola zona.
Polos anos cuarenta do século pasado, unha das cousas que aportaba o Tuela as xentes da bisbarra era unha comida diferente a consuetudinaria: ¡Peixe!.Inda que fose de auga dóce. Solo había, para as xentes da comarca, as trutas había que collelas, e non era doado. Deica o mellor truteiro da comarca, o Gabriel de Hermisende, que as trutas non tiñan pestañas polo que collelas non resultaba doado pous bislumbraban a os que as querían coller.
Empecei de moi pequeno a ir o riu con meu pai, gran coñecedor do mesmo e que tuvera un dos mellores conocedores no seu tiu político o tiu Marcelino.
Creo que entre os dous eran capaces de, cos ollos cerrados, nomear as pedras, desde o Cunqueiro, hasta a Tuiza, de todas as pedras e arraigadas nas que podía haber escondida unha truta.
Nunca fallaba, cuando decian: nesa balastreira o nesa arraigada ten que haber unha bácora. Outra cousa era collela.
As trutas solo se collían nos meses de calor, pous había que meter o escroto na auga, e as veces arrigábase de tal xeito, que inda que fose para facer as necesidades fisiolóxicas había problemas de localización..
Mai tarde, co gallo da vía do tren, apareceu a dinamita (sempre o progreso mal entendido fodendo), e cada temporada estival cada pozo, charca, e preseira, acababa recibindo unha media de tres ou catro cartuchos de dinamita. As trutas non se acababan, pous a dinamita solo mataba unha poucas nun radio de acción pequeno.
O problema xurdiu polos anos sesenta. Os emigrantes que viñan de Francia, adoitaban traer “Unhas boliñas” que mataban a strutas. Eran bolas de cloruro cuxa finalidade non era matar trutas, mais o ser humano, ¡xa se sabe!.
Apareceron outro tipo de velenos, que tamén desleixeron o Tuela. Morrían trutas, escalos bogas, barbos, vichas, ras, lontregas e dama-is seres vivos que andaban polas ribeiras. Así e todo, inda subsistían tódalas especies, mal que ben, e reproducíanse dalgunha maneira.
Mais, ¡oh divino progreso a costa de calquer cousa!, chegou despous da vía do tren agora case inútil pola Sanabria, as autovías de conexión da Galicia co centralismo, ou sexa Magerit (a joderse señores politicos, que non vos gustan os árabes), e como tiñan que pasar por enriba do Tuela, ninguén fixo nada por preservar ese cauce limpo de augas baixadas das serras da Segundera, e emporqueron-nas hasta limites insospechados. Consecuencia: mortaldade enorme de trutas e todo tipo de vida no Tuela, e acusouse os incendios (Que por outra banda nunca foran de tal calibre). Os paisanos da zona, seguen as autoridades vixentes na época, queimaban para limar as fincas. (Nunca existiron nas Baliñas, nin en toda a ribeira dereita do riu,) polo que a falacia da queimadela por parte dos veciños cese por si sola. Era unha maneira de escurrir o bulto por parte da administración.
Despous de feita a autovía das Rias Baixas o problema agravouse. Xa non hai trutas, desde o Padornela e a Tuiza para baixo.
¿Qué foi o que pasou?
Sinxelamente, o sal deitado na estrada no inverno, mesturado con outros gradentes, para derreter o carouxo da autovía, feita na parte mais Umbria da zona, como se a propósito fose, e co engadido actual do famoso e inútil tramo do AVE, a Ourense, Vigo e A Coruña, pous noutros lugares non parará, e será totalmente inviable economicamente antes de inaugurarse, desbarbando todo tipo de merdalladas entre as portelas, coa aquiececia de medio Ambiente de Castela León e, acaberon matando de maneira definitiva o Tuela.
Os humanos somos estúpidos, a Natureza non, cando todo este progreso de pacotilla cabe, as augas volveran a caer desde as serras de Chaus e Lubián, igual que desde as de Padornelo e as estribacións do Marabón, farán que despous de limpo, as trutas es as lontregas volvan o riu.
Levo dous anos sen sacar licencia de pesca. ¡O que queira diñeiro que molle o cú!. Refrán vello da zona.
viernes, 3 de mayo de 2013
Una de Música, de alto nivel ¿?.
Queridos amigos,
seguramente a ningun@ de vosotr@s les importe una higa, mis historietas, pero,
aún con esta premisa, no me resisto a esta nueva experiencia mía, ya en época
de senectud y, probablemente, sin que
pueda darle fin por causas de la intransigencia de la Naturaleza.
Desde hace un poco
más de un año, he decidido meterme la
Música en la mollera, dura mollera, cosa que, después de
iniciarme en ella, lamento mucho no haberle dedicado esfuerzo y tiempo, mucho
antes, cuando las neuronas todavía andaba por el sistema neurológico. Ahora ya,
algunas veces estas neuronas, cogen vacaciones sin previo aviso, y a veces se
olvidan de sus funciones, a pesar del cuerpo y mente que las mantiene.¡Parecen políticos!.
Como decía estoy
dedicado, con más ahínco que capacidad, al estudio de la disciplina de la musa
Euterpe.
Después de un año dándole
caña al instrumento y al solfeo, y también de mis peleas con las corcheas y
semicorcheas, pasando por las sincopas y demás nomenclaturas y jerga del lenguaje
musical, he llegado a un punto en el que tanto mi “profe” de instrumento al
igual que el director de la banda de los principiantes, quieren que, este final
de curso, haga mi primera interpretación en público.
Hemos decidido que mi
estreno como interprete, (Poner todo entre comillas), sea el Adagio en Sol menor
de Albinoni.
Para vencer mi
renuencia a ponerme delante, aunque solo sea de los “profes”, mi profesor de
instrumento se ha brindado a taparme los defectos, tocando conmigo el Adagio.
David, que es como se llama, tiene más moral que el Alcoyano.
Estamos ensayando,
seguiremos haciéndolo y que sea lo que Euterpe quiera.
Quiero rendir, desde
aquí, un homenaje a mis profesores: Al de solfeo y armonía, uno de los mejores
compositores de Galicia: Ángel A. Montes Abalde, con una obra titulada La Creación y que es
interpretada por varias orquestas de fuera de este país.
Mi profe de
clarinete, David Ferreiro, que dentro de unos pocos día leerá su tesis de fin
de curso, sobre un músico gallego poco conocido. Cuando lea su trabajo, le
pediré permiso para publicarlo aquí.
El dire, de los
principiantes Pedro, gran Saxofonista, del que también daremos noticias.
Son todos unos
estupendos docentes y gentes con paciencia casi infinita, sobretodo conmigo.
Si alguno de vosotr@s
le gusta la música le animo desde aquí a iniciarse, pués nunca es tarde.
Cuando llegue el
momento, si la cosa no es catastrófica y hay un alma caritativa que lo filme,
será subido a este blog.
Estar atentos, pué
seréis los primeros en tener una audición. Los segundos serán los fieles del
Carnegie Hall de N.Y.
Aquí os dejo una
interpretación magistral del Adagio en cuestión.
La mia también será (¿Mejor?¿Peor?) ¡Ya veremos!
La mia también será (¿Mejor?¿Peor?) ¡Ya veremos!
miércoles, 1 de mayo de 2013
MUSAS EN FOLGA, OU ¿EN MANI?
Hoxe non teño nada
sobre que escribir. A Musa encargada deste negocio, deixoume socinho.
Penso que no mundo
das Musas, dos deuses, Herois e demais entes que influen sobre as teimas dos
humans, e nos seus anceios e nas suas misérias, as veces abandoan-nos.
Non creo que se foran
de “mandra”, e moito menos que anden polas ruas manifestandose. Estou seguro
que andan noutras lerias mais importantes e produtivas para elas. Seguro que
andan nunha decrúa para despous facer sementeiras de cousas que necesitaran
perante o próximo ano. Xa se sabe que os ciclos de alimentación son anuais. Os
anos non foron decididos por un casual, senon por esa teima que ten a Terra de
dar voltas arredor do Sol iniciando e cerrando ciclos.
Eu, cual Musa pobre,
tiñosa, e amiga de todo aquelo que non teña nada que ver co establismen
actual, e emulandoas nos “quehaceres”, tamén estive por Val dos Marcos (lugar
de musas, meigas, almas en pena durante as noites de lúa, etc.), facendo algo de
decrúa e enterrando algún tubérculo para ver se sé le ocurre agromar e dar algo
comestible, pous o asunto está mais que fodido, se non se ten unha pequena
despensa. Eso sí, se facedes despensa, non lo digais a ninguén pois a facenda, e
os politicos son capaces de decir que tamén eles tiveron algo no asunto e piden
as súas prebendas.¡Capaces son!.
Non solo enterrei tubérculos,
senon que tiven tempo para departir co meu amigo Xetoño, de apreciar os
adiantos como adulta da famosa Lupa, a miña Perdigueira de Brgos que xa cumpliu
trece meses, e aprendeu algunha cousa nova.
Tamén descubrin unha
cousa que non me gustou nadiña: Estanse a cosntruir pola nosa bisbarra os túneles
polos que algún día circulará ese famoso ave, que cando esto suceda será
exactamente como o aeroporto de Castellón. Non terá xente que transportar pous
aparte que solo para nalgúns lugares, no noroeste peninsular cada vez queda
menos xente, a que queda é vella, e os € cada vez escasean mais. A xente non
viaxará por falta de “money”, e coma sempre solo viaxaran os privilexiados de
sempre, con billetes subvencionados co diñeiro de todos e que solo eles poden
usar.
Ben voltemos o
principio, cando dixe que descubrin unha cousa que non me gustou nada. Desde a
autopista das Rias Baixas, hai unha pequena estradinha, que leva a Hermisende,
e enlaza con outra de Portugal, en definitiva son trece ou catorce kilómetros,
feitos nos anos noventa, hasta entonces era un camiño de “mala muerte”.
Por esa estrada solo
poden circular vehiculos cun máximo de 10 Tm.
Pous ben, os que fan
eses túneles de despilfarro económico do ave, deixan escombros en Rañalobos. Circulan
por esa estrada, que os nosos antepasados non coñeceron, nun treito de tres kilómetros, uns camións de
gran tonelaxe, que baixo o punto de vista dun profano coma min, teñen prohibido
pasar, pola tonelaxe. Eu cruceime con tres e nos tres casos tiven que meterme
casi na cuneta. Con ser esto peligroso, que o é, os fuxancos nunha calzada non
preparada para soportar eses pesos, non tardarán en darnos algún disgusto,
sobretodo se algún conductor no se da conta.
(Riu Tuela)
Preguntome, se o caso
fose, ¿Quen será o ente responsable?. Xa sei que irresponsables haberá
demasiados.
Outra cousa, ¿Qué dí
Meido Ambiente da desfeita sobre o Castro das Muradellas e do Rio Tuela?.
Noutra ocasión, que
as Musas sean propicias, faleremos da morte do Tuela.
martes, 23 de abril de 2013
A Mezquita, Formigoso e a burra descansada.
Levaba xa mais de dúas
semanas con dores nos ouvidos. O médico, Don Santiago, facía o que podia, según
él, pouco podia facer pous no sabía como arranxalo.
As dores seguian, e
co tempo empezou unha xordeira galopante. Xa case non escoitaba berros
cercanos.
O médico atopou unha
escusa: A xordeira era hereditaria. Xa o avó era xordo.
Tanto a nai como o
pai non se conformaban coas lerias do médico da aviñanza. Inda non habia
seguridade social.
Falábase, daquela,
que na Mezquita habia un novo “practicante” que solucionaba case todolos
problemas.
Nun dia de feira, na
Mezquita as feiras son os días 5 e 19 de cada mes, escanchados nunha burra, fíxose
o camiño desde San Cibrao hasta a Mequita. Cuatro leguas, según os cálculos dos
homes que cada feira ian e viñan co ánimo de vender algunha res. Moitas das
veces ian coa vaca pola mañá e voltaban con ela pola noite. Non houbera sorte.
Pra chegar a
Mezquita, pasábase, por Castromil, polo barrio castelán e polo barrio galego,
seguiase pola vella calzada roman, mais ben os restos, e pasabase polo medio do
medio do Castelo de Formigoso, no termo de Santigoso. Daquela inda se
albiscaban algúns resto de chabolos circulares, que según os arqueólogos foran
dos poboados prerromanos. Seguramente a tribu dos Zoelas, que habitaran as
comarcas de Tras os Montes, a Xeabra e as Frieiras. A referencia destes
poboadores está marcada nos chantos de Chaves, na veciña Portugal.
Co gallo das feiras,
adoitában os veciños do Val do Tuela, averiguar quen ia a feira, e facianlle os
seus encargos.
Decian de un home que
ia moito a feira da Mezquita, que tiña unha boa burra, que sempre le facian
encargos de cousas. O bon home para non esquecerse pedia que o encargo lo
fixeran por escrito nun papel. Pola noite, cando preparaba a viaxe, collía os
papeliños coas demandas, púñale enriba do papeliño as moedas que le deran para mercar
as cousas, e unha vez dispostos, soplaba sobre a mesa e todos aqueles papeles
que non tiñan moneda enriba, voaban da mesa. Enton o feirante rosmaba: encargos
sen diñeiro, descanso da miña burra.
O rapaz e o pai
chegueron a Mezquita, o practicante mirou os ouvidos, e fixo a receita.
Dalí, direitiños a
botica de Don Fermín, home coñecido en toda a contorna como benefactor de todo
cuanto a él se acercaba, era un boticario con todas as da lei.Díxo que aquela
receita levariale un tempo facela, tiña dúbidas de se tiña todolos herbascos e
demais cousas para facer a méciña.
O pai cando volvian
pola pócima, ia algo acollonado, polo que podia cobrar o boticario.Temor
infundado pous o bon de Don Fermín determinou que aquelo non era nada. ¡Solo
fixera uso de uns herbascos!, según él.
En menos de unha
semana os ouvidos deixeron de doer, e recuperou a audición. Tamén aquel
infante, viu por primeira vez un poboado, dos nosos antepasados, moi antergo,
moi antergo, según todolos veciños da comarca. É un dos poucos poboados, da época
seguramente do ferro, con doble foxo defensivo e pedras fincadas pola parte de
arriba.
Unha pequena homenaxe
a Don Fermín!, e o Practicante, que coido que eran parentres.
Munto obrigado
domingo, 21 de abril de 2013
OS LUMIACOS.
Vai pra unha semana, mais ou menos, que estiven a falar coa miña amiga Nemesia Lubián Lubián de Lubián.
Non é motivo da conversa mantida pos nos, agora.
Na conversa, despous de preguntarnos pola familia leriemos de outras moitas cousas, e nun momento determinado a Nemesia deixou caer a preocupación que ela tiña naquel intre.
Espetoumo, así sen dó e sen "anestesia" previa: ¡ Hai meniño, vain-nos saír lumiacos, se non para de chover.
Xa ía un feixe de tempo que eu no escoitaba esta verba.
Acordeime dos lumiacos que había na escarallada Fonte do Souto. Lumiacos nos que adoitaban esconderse os cágados, cada vez que os rapaces tentábamos agarralos.
Había lumiacos tamén ca caldeira do Muíño do Carrizal, no seu. paso polo Freixoeiro, xunto coas oucas, amorosiñas e rindeiras nas que tamén adoitaban acubillarse os alevins de trutas, aquelas negras, que os vellos do lugar nomeaban como "tizois". Trutas pequiniñas de tres ou catro centímetros, e que de boas a primeiras fuxían pra debaixo das oucas e dos lumiacos, cada vez que tentábamos collelas, espantando o mesmo tempo as ras que po alí andaban.
Noutra ocasión falaremos dos estornillos que criaban nos castañeiros da beira da caldeira, deixaban as súas cagadas na barrela das mulleres. Esta barrela tamén seria cousa de falar dela, pous era unha maneira de lavar a roupa, con cinza e auga.
Quede aiquí constancia da existencia dos LUMIACOS. Despous de un tempo, con ledicia, entereime que ós de Lubián non le saíran lumiacos nos pés.
¡Unha aperta Nemesia!
sábado, 20 de abril de 2013
RISSOTO CON QUEIXO DE OVELLA.
Queridos amig@s.
teimo de novo nas receita de cociña.
No quere decir esto
que non teña otra cousa das que escrebir. Desgraciadamente hai demasiadas, mais
todas do mesmo cariz. Cando, polas mañás, empezo a miña viaxe polos medios de
comunicación da escrita da rede, acabo cuns cabreos de “chupa de dómine”, pous
cada vez estou mais convencido de que vamos de cú e marcha atrás, e inda por
riba esa casta privilexiada que quere rexir os seus intereses en lugar dos comúns,
ou como decian na Roma clasica, “a res publicae”, e despous de tanta merda, non
se albisca que os responsables non acaben no “trullo”. Alguén dixo que a
xusticia é xusta cos ricos, e protexeos dos pobres. ¡
¡Necesitamos a idea
que os faga tremer!
Imos alá coa receita,
da comida de hoxe, de un servidor de ustedes e a miña compañeira:
RISSOTO MADE IN
BALEL.
Atopei onte, en
Hiperxel daiqui do meu bairro, Teis, unha cousa que eles chamaban setas del
bosque. Merqueia, a ver que tal.
Habia diferentes
fungos mesturados; boletus, cantarelus, perrechicos, e algún mais que non
identifiquei. O precio non era esaxerado, ¡podiao mercar, sen quebrantar
demasiado a nosa economia!
Hoxe merquei un cacho
queixo tenro de ovella, a falta do italiano que se recomenda.
Nunha cazola, púxenhos
a semifritir con algo de aceite, e cando foron quentando solteron a auga que
levaban dentro. Cando ésta se foi reducindo añadinlle un chisco de albariño, e
a reducir de novo.
Nunha pucheira aparte,
fixen un caldo de verdura e ingrediente secreto meu.
Cuando os fungos ian
estando, añadinle o arroz hasta que se foi churruscando algo, momento no que
empecei a añadir, cacetada a cacetada o caldo previamente feito.
Removendo, añadindo
caldo e así hasta acabar o caldo e determinar que aquelo xa estaba feito.
Unha vez posta a
mesa, e o rissoto inda quente, añadiusele un chorro de aceito de arbequina,
removeuse, serviuse e con bastante gusto deuse conta de todo.
¡Repetirei a merca dos fungos, e a receita!.
Acompañémolo cun copo
de de mencia da zona de Monterrei, uns amouroces xigantes, e agora a botar unha
sonecada escoitando esa cousa que se chama TV.
Apertas a “tutti
cuanti”.
jueves, 18 de abril de 2013
RODABALLO GUISADO.
Hoxe quero volver
acompartir unha receita de peixe con as
papilas gustativas de todos vos. Eso das papilas gustame!.
Hoxe tocoulle o turno
a un rodaballo deses que quitan o hipo.
Como solo somos dous
a comer, foi debidamente troceado, conxelada a parte non cociñada, para outra
ocasión e zampada con todos os honores a ración que consideremos para o “segundo
almoço”.
Ímos alá coa receita:
(Antes de empezar,
quero pedir disculpas a todos aqueles que estades terra adentro, solo uns poucos
privilexiados coma nos podemos disfrutar das delicias con que o mar nos
obsequia)
Receita: Nunha cazola, se é de barro alistano moito
mellor, ponse un pouco auga (depende da cantidades de peixe), para un un peixe
de mil quinientos gramos adoitase por unha taciña de auga. Añadese un vasiño de
acaite de oliva virxe. Enriba ponse unha ou duas cebolas cortadas en rodaxas
delgadas. Enriba da cebola deitanse tres ou catro patatas tamén en rodaxas non
demasiado gordas, xunto con un par de pimentos verdes tamen cortados en tiras,
cenouras tamén cortdas finas, chícharos (guisantes) arredor de douscentos
gramos. Enriba ponse os cachos de rodaballo, unhas ameixas (almejas), estas son
opcionais, salase e ponse o lume que se coza a fogo lento durante uns vinte minutos,
e xa está.
A hora de emplatar
podese adornar con uns pementos roxos, se son do poquillo mellor, e uns
esparragos.
Acompañado todo por
un viño albariño, se pode ser “ Do Ferreiro”, moito mellor, unha boa ensalada
de alface (leituga) e cebola, e a ¡Zampar!.
¡Bon apetit!
sábado, 13 de abril de 2013
XURELOS O FORNO
Queridos amigos, chega a época na que os peixes empezan a estar no seu mellor momento e sazón.
Non tódolos peixes están en sazón agora, mais sí os considerados de pobres por ser baratos. Xa Casteleao falou das sardiñas e do que seria no caso da súa escaseza.
Benditos sexan eses peixiños, e deus nolos achegue nesta época hasta que deixen de deitar a graxiña na codia de pan que os debe acompañar con unha boa xerra de viño.
Hoxe tocoume a min facer parte da compra. Son o especialista da casa en peixes e carnes.
Fun o mercado municipal de Teis, a falar co meu amigo e abastecedor de peixe Don Roberto.
Tiña uns xurelos de catrocentos ou quinientos gramos, que estaban a dicir:¡Lévame!.
Merquei dous e a moza que está co meu amigo, limpoumos e rachoumos como a min me gusta para facelos ó forno.
O resultado tédelo na fotografía que, aínda que solo sexa para alporizarvos os xugos gástricos, poño o principio.
Como me gusta compartir as cousas da boa cociña, vou escribir a receita que mais me gusta, a cal me traspasou a meu amigo o dono do restaurante A Oca, tamén de Teis.
A receita:
Cos xurelos abertos e limpos, sélanse na plancha a toda leche, pola parte contraria a pel, durante un par de minutos. A continuación colócanse nunha cazola de forno coa pel en contacto coa mesma, e dicir co selado hacia arriba, un chisquiño de sal, moi pouco, e metese no forno, quentado previamente o máximo, 280º no meu caso.
Cando se considere que están no seu punto, isto dependerá se vos gustan pouco ou ben pasados, sácanse do forno, e emplátanse. E imprescindible, unha vez no plato, deitarle un chorriño de aceite de oliva virgen, tamén dependendo do sabor que mais nos guste do aceite.
Unha vez limpo de espiñas ¡A comer!.
No noso caso foron acompañados por unhas patatas “a lo pobre” e unha ensalada aliñada con aceite de oliva virxe e vinagre balsámico.
Podo dicirvos que comimos, seguramente mellor do que comían os curas da tempos atrás, a carón das súas barraganas.
Con esta entrada, vou iniciar unha serie de receitas feitas por min e pola miña xefa, se algunha vez probais contádeme o resultado, e se invitades “miel sobre hojuelas”, chamarei a estas entradas: As receitas do Balel.
Bon apetit.
domingo, 7 de abril de 2013
TAMAÑO DAS EMPRESAS.
¡Tempos!. Tempos
aqueles, nos que inda non se inventera a era do despilfarro. Teño que definir o
despilfarro como aquelo que desde o principio do século pasado está a pasar
neste planeta Terra, sen que ninguén le poña couto. Claro, por iso esta querida
Terra, estase a revelar contra todos.
Vou tentar
desenguedellar a parrafada anterior, e ver se son capaz de esplicarme.
Para pornos en
situación, solo temos que pensar no que está a suceder agora con unha empresa
punteira galega do sector da extración e comercialización da pesca.(De un tamaño moi grande, opera en case todo o mundo) Coido que a
situación desta empresa é paradigmática de case todas as grandes corporacións,
non so da nosa terra, case me atreveria a decir que de todo o mundo chamado
indebidamente “civilizado”.
Vereis, cando eu era
un aprendiz neste mundo de ganarse a vida, tentei como case todos, formarme o
mellor posible, dentro das miñas posibilidades, para desempeñar unha función no
mundo da empresa `productiva. Cando digo productiva quero referirme a ese tipo
de empresa que fai cousas cun certo valor añadido, é que pode servir de algo as
xentes que esten dispostas a mercar esas cousas.
Daquela, nunha
ocasión, nunha clase na que se trataba do tamaño das empresas, tiven o
convencimento de que este tamaño non deberia nunca ser esaxerado. Tamaño grande
solo para aqueles proxectos que os estados estan obligados a facer e que son
competencia propia deles. Unha vez feito o proxecto a empresa pasará a outras
cousas, ou desfarase. Esto seria cousa de outra reflexión.
As empresa medianas e
pequenas, son as que mais postos de traballo crean. Son as mais fáciles de
reconverter, se o sector no que estan toca o seu fin. Teñen uns gastos de
estructura pequenos e por ende os gastos finacieiros, son tamén mais pequenos,
e como case unha consecuancia é dificil que acaben en mans de especuladores,
que son a carcoma deste sistema que está agonizando na actualidade.
Hai que pensar que
tal como se fixeron as cousas hasta agora, o sistema necesitaba de uns
recursos, mellor dito, quíxose que se
necesitera, uns recurso finacieiros que nadie tiña. Habia que recurrir os
prestamos, e o problema era que o dos préstamos era unha espécie de espiral que
non tiña fin, hasta tal punto chegou que as propias entidades financieiras,
tiñana que recurrir o mesmo, co que a espiral o fin no era tal, senón unha
espiral que nun momento determinado invertíase en sentido contrário.
Nunca coas empresas
tradicionais e medianas e pequenas dedicadas a pesca, por moitas que fosen
puxeron e perigo as especies mariñas, e sobre todo nunca se despilfarraba, cos
medios de pescas artesanal, unha comida que dalgún xeito poderia servir para
unha humandad, que, paradóxicamente, fai as mores extración de peixe,
desperdicia moito, e nembargantes, unha cantidad inxente de persoas na Terra,
pasan fame.
Esto é un humilde
blog, no que pretendo, por negro sobre blanco, polo menos nun principio, cousas
e recordos dunha terraa que leva nos “entretiños”, e a que quero, tal é a terra
dos meus antepasados, e non pretendo dar clases a ninguén, mais neste momento que estamos a sufrir, hai cousas das que no
quero pasar, e pretendo deixar eiquí as miñas impresións. ¡Xa sei que non
servirán pra nada, pous a avaricia dalgúns non ten límite, ni nadie que lo
queira por!.
Deixo aiquí esta idea,
e seguramente co tempo irei desarrollandoa mais, e a ver no que queda todo esto.
No proximo blog, falarei
da maneira en como eu vexo como os politicos queren arreglar a cousa, a base de
foder os de sempre sen buscar culpables. ¡Habelos hainos!
miércoles, 3 de abril de 2013
VA SIENDO HORA DE QUITARSE LAS ALBARDAS.
“¡Que admirable
maquinaria!. Desde el primero hasta el último de aquellos leguleyos, togados y
sin togar, sabian explotar al humilde, al pobre de espiritu, proteger los
sagrados intereses de la sociedad
haciendo que el fiel de la justicia se inclinara siempre por el lado de
la moneda.”
Previamente, habla
Don Pio Baroja del rebaño de humildes y miserables, empujado al matadero de la
justicia, donde aparecían el usurero, el polizonte, la corredora de alhajas, el
prestamista y el casero, y del cambalache de los mismos.
“¡Oh lamentables
ruinas de la desdichada Nicosia, apenas
enjutas de la sangre de vuestros valerosos y mal afortunados defensores!. Si,
como carecéis de sentido, le tuviérades ahora, en esta soledad donde estamos,
pudiéramos lamentar juntamente nuestras desgracias, y quizá el haber hallado
compañía en ella aliviaría nuestro tormento: esta esperanza os puede haber
quedado, mal derribados torreones, que otra vez, aunque no para tan justa
defensa como la en que os derribaron, os
podéis ver levantados; mas yo desdichado ¿Qué bien podré esperar en la
miserable estrecheza en que me hallo, aunque vuelva al estado en que estaba
antes deste en que me veo? Tal es mi desdicha, que en la libertad fui sin
ventura, y en el cautiverio ni la tengo ni la espero.”
Así empieza una de
las novelas ejemplares de mi querido paisano (supuestamente), Don Miguel de
Cervantes. El Amante Liberal.
Son lecturas
recientes, éstas que un servidor de ustedes ha realizado estos día pasados.
Me ha llamado poderosamente la atención la coincidencia con
los sucesos actuales en épocas muy distintas.
Hablando de las
mismas de forma cronológica, pienso primero en el comienzo de Cervantes
precisamente en Chipre, que actualmente está en las noticias de todo el mundo,
pero siguen siendo los desdichados los que, como siempre, apechugan con la parte mas dura de todo. Seguro
que cuando defendían los torreones, los políticos, reyezuelos o lo que fuese en
aquel momento estaban a salvo de cualquier contingencia.
El relato de Pio
Baroja, está ya situado a principios del siglo pasado, y la definición que hace
de la maquinária del estado es extrapolable, perfectamente a estos días que
estamos viviendo.
No me atrevo a hacer
una critica, aunque debería, pero sí quiero resaltar que los dirigentes, si no
se les pone freno siempre harán lo mismo :arrimar el ascua a su sardina. Y
el pueblo, si no espabila siempre será atropellado y a veces apisonado como si
de detritus se tratase.
Un abrazo a todas y
todos.
lunes, 25 de marzo de 2013
VOLTA AS ORIXES II
Segunda xeira.
Mentras tomaban a
segunda parva a carón da lareira, lareira conservada con moito mimo polo tiu,
éste foi contádole parte do proceso, do que o fin saia a palla pra aquel
palleiro, que entre outras cousas servíale de toco o León. Era o León un mastin
leonés, grande coma un becerro e bonachón a mais non poder. Eso sí, con xente
descoñecida sé se pasaban nos seus dominios podia ser de tremer. Cando via en
perigo a casa, a palleira ou calquera da familia, os pelos do lombo puñánsele
como escarpias dirxidas hacia adiante, e mostraba uns incisivos de tal tamaño
que non aturaba naide sen dar un berro. Nunca mordeu a naide, nalgunha ocasión
non foi por falta de ganas.
Mentras daban conta de
unhas torradas cunhas lonchas de xamón, e unha pequena cunca de sopas de allo,
feitas polo ancián, éste amosoule o Xé, un cuartillo de madeira, mediado de grao
de centeu. Mira este grao é o que se leva as terras a sementar, do que mais
tarde sairá a palla para o palleiro. Ante o abraio do rapaz e cun sorriso
cariñoso, o tiu engadiu un motivo de asombro mais.
-
Mira, desde o momento de sementar hasta a nova
sementaira outra vez, tanto o grao como a palla saida logo, e o novo grau, pasan
polas maus dos labradores en cada proceso. É mais eu diriate que cada un dos
graus e pallas sen excepción pasa polas maus hasta que acaban cada cual
cumplindo coa súa razón de ser.Se non unha a unha, pouco le ha de faltar.
-
Tiu, alí no palleiro hai moitisimas pallas, e os graos
tamén deben ser moitos, ¿Cómo é iso de pasar polas maus das xentes?
-
E sinxelo: cando chega o tempo da sementeira, despous
de preparar e estercar as terras, o grau esparexe polas leiras. Faise a
operación coas maus, polo tanto xa tes ahí a primeira pasada polas maus da
xente. Despous cunha xunta de vacas e co arado, ese grau enterrase para que
pasado un tempo xermine e naza o novo centeo.Cuando nace, saen como unhas
herviñas verdes que mentras son pequenas chámanse més. Esta més nalgúns casos
segase tenra e alimentanse algúns rixelos que poida haber nas casas. Cuando
chega o vrao, o centeu xa medrado madura, a palla colle unha cor amarelante e
as espigas inchan cargadas de graos.É entonces cuando os labregos fan a seitura, que é nin mais nin menos a
maneira de recoller todo, segando as pallas cunha fouce. Aiquí producese outra
vez o que dixemos antes: cóllense as pallas na mau todas, inda que non sexa de
unha en unha.Despous atanse os mollos, donde para facelo hai que volver a
coller as pallas. Faise o medouco, acarrexando os mollos un a un. Mais tarde,
outra vez de un en un carganse no carro como o de unha foto que ti coñeces, faise a acarrexa hasta as airas, donde outra
vez de un en un descarganse para facer a meda que queda preparada para a época
da malla. Xa veras como logo, na malla, volvense a coller, tanto as pallas como
o grau, e farase o palleiro e encherase o sitio. Diso falaremos utro día, pous
agora temos de ir a cabar as viñas.
Continuará……
sábado, 23 de marzo de 2013
VOLTA AS ORIXES I
- ¡Ei, Xe.!. ¿Imos
o palleiro?.
- ¡Vou xa. Deixame amalloar os zamancos ¡.
O Xe, acabou de
calzarse, e co carolo de pan torrado na man e na boca, saiu correndo a agarrarse da mau
do tiu Marcelino, que xa estaba no curral, cunha verga na mau.
O sair pola porta
carral, case van de costas contra o chao, pous o abrirla estableceuse unha
forte corrente de aire friu que viña do norte, e estaba acrescentado pola
diferencia de temperatura de un lado con relación o outro.
O Xe, agarrouse os pantalóns do tiu, aparte
de ir collido a sua mau, e asi e todo case e barrido o interior do curral,
decindo que casi era arrastrado polo vento.
- Casi te encarta o
aire, Xe.
- Si, pasoume polos
lados, se me chega a dar de cheo, vou voando hasta a corte da res.
Con estas lerias, a
parella chegou hasta o palleiro. Era inda cedo, e o chegar alí asusteron o León,
que esba a durmir nun minoco que fixera dentro do palleiro. Saiu rosmando con
mal talante, mais o descubrir a parella, acercouse a eles a lamberles, a mau o
vello e as fazulas o rapaz.
Empezou a chover a
ceo aberto, naquel momento, e para salvaguardarse da auga, meteronse os dous
dentro da pallarega.
-Tiu, ¿de onde sae a
palla esa que está no palleiro?.
- Sae das leiras,
filliño.
-¿Das leiras?. E
¡Como é que esta agora aiquí!.
- Pous porque a
seguemos nos. Teus pais e eu, trouxémola, desde as leiras da Cruz de Pedra e as
das Carbuizas.
-Tiu contame como é
eso.
- Pous é bastante
sinxelo. Sementase o centeo, e cando está maduro, ou seco que tamén así se le
chama, ségase, átase, acarréxase hasta a aira onde se malla. Unha vez mallado o
grau lçevase o Sitio, e a palla traese aiquí o palleiro.
- Tiu, ¿Por qué meus
pais non tein palleiro nin leiras?
- Pous porque vos
vivís nunha cidade, ainda que pequena, cidade o fin, e a maneira de vida que
artelleron teus pais, é distinta a de aiquí.
- Tiu, eu cuando
sexa grande quero vivir aiquí, contigo, cos avós e co León.
- ¡Ja, ja, ja ¡ eso
está moi ben, mais o mellor eu e os avós non teremos tempo de facelo , hasta aquela!
- Bueno tiu. cuntame
polo miudo como se fai a palla, e como se fan os palleiros.
- Cuando levemos a palla a corte da res,
subiremos a lareira, e cunha cunca de sopas de allo diante, contareite todo o
proceso. ¿Vale?.
- ¡Vale!
Continuará…….
Etiquetas:
Apuntes de Etnografia,
VOLTA AS ORIXES
jueves, 14 de marzo de 2013
¿ESTÁ EN CRISE O MUNDO DOS MEDOS?
Pareceume velo. Non estaba seguro. Pensei que debía estar errado, pois estaba a chorar, ou polo menos iso era o que parecía.
Fíxenme o distraído, como se non o houbera ollado. Acerqueime soturnamente hasta que él xa non puido fuxir, pois xa estaba descuberto.
Efectivamente estaba a chorar.
¿Qué te pasou?. ¿Non será unha artimaña túa?, pois non creo que te de resultado. Xa fai demasiado tempo que nos coñecemos, e tamén xa fai moito que a min as túas argalladas, nin me fan gracia, nin me producen nada. ¡Fíxenme vello, amigo! E o tempo encapsula a un.
¡Que mais quixera eu!, xa nin argallar cousas se me é dado. A miña fución neste mundo xa está periclitada, xa non teño influencias por ningures, nin os rapaces me fan caso. O problema non é so meu, os colegas de choio están todos o mesmo.
Cando vostede chegou estábamos nunha xuntanza tratando o tema, para ver se tiña solución e se non teriamos que ver a maneira de desaparecer deste Planeta. ¡Aquí xa non facemos nada!, mellor buscarnos a vida na emigración. Fálase de que no Planeta desdoblado da Terra, alá na galaxia paralela a esta, inda teriamos moito que facer.
Empiolouse nun cabaco do trobo castañeiro, e quedou nunha postura que denotaba a sua tristura, ollando para min con ollos de carneiro degolado.
Nunca eu vira o Rampoño daquel xeito. Efectivamente era o Rampoño, ese medo que sempre andaba meténdose no corpo dos nenos pequenos, espereitandoos desde os lugares mais escuros. Eles nunca o viron, pero sabían perfectamente cando estaba alí, pois a súa mirada arrepiaba-os.
O ver que o Rampoño falaba comigo, polas fisgas do vello castañeiro que naquel tempo xa espantaba mais que os diferentes medos, foron asomando o Ronco, A Mau Peluda, O Farrampón, O Estalalouxados, e demais seres encargados de facer durmir os rapaces e os non tan rapaces. E tamén espantalos dos eidos perigosos.
Estiveronme a esplicar que nesta época os rapaces xa non le facían ningún caso, e inda o que era peor os pais xa non se acordaban deles.
Os rapaces nestes dias xa nacen con un wasap (Non sei se está ben escrito), incluso xa se ten dado o caso de que algún xa se comunicaba co mundo exterior cun aparello deses desde o útero da nai.
Efectivamente nestes dias que están a correr, coas técnicas modernas de comunicación, os medos foron arrumbados nas esquinas do esquecemento, que é o peor lugar para calquer ser existente.
Un deixa de existir cando xa non hai ninguén que o teña en conta, nin falen del. Parece ser que no mundo da Física Cuántica, algunhas cousas se non teñen quen as mire, non existen.
Marcheime cabizbaixo, pensando que non solo le pasaba ós Medos ancestrais. Os que tiñan profesións moi ligadas a realidade da Terra, tamén empezaban a ter os mesmos problemas.
Polo menos, moitos deles xa empezan a emigrar, non a outras Galaxias, pero casi.
martes, 12 de marzo de 2013
LOS AMIGOS DE PETER
Ya estamos de nuevo
en la ciudad olivica, casi al fondo de la ria y también casi al lado de las
islas Cies, esas dos maravillas que la Naturaleza ha tenido a bien ofrecernos.
Los que tenemos la
suerte de vivir en estos pagos sabemos de que hablamos y yo que no me debo a
nadie ni a ninguna toponimia, salvo la de “A Alta Xeabra” por razones evidentes,
digo alto y claro, que vivo en la mejor comarca del mundo, con unas gentes con las
que me embarcaría e cualquier aventura que lo mereciese.
Bien, como decía, ya estamos
en Vigo después de un fin de semana en la capital del reino, ciudad a la que fuimos
a alentar a un manojo de actores y actrices amateurs, que como recompensa a su esfuerzo
alquilan pagando de su bolsillo el teatro en el que quieren hacer su representación.
Esto se llama afición al teatro y nulidad para recibir esos sobres tan de moda por
algunos colectivos.
La obra que fuimos a ver
es la titulada Los Amigos de Peter, de la cual hay una película, que para mi desgracia
no he visto.
La obra de teatro,
adaptada por personal del propio colectivo, colectivo que se hace llamar
Errantia, estuvo francamente bien. Una interpretación de todos los integrantes
del plantel, habida cuenta de su amateurismo, fenomenal, bajo la dirección de
la “instructora” del grupo.
Puedo decir que el
tiempo que duró la obra, se me pasó casi sin enterarme, y creo que como a mí,
le pasó a una platea casi llena y disfrutando del espectáculo.
En definitiva podría
decir que hay un buen embrión de buenos actores, que seguramente si no fuese
porque creo que todos tienen sus profesiones, y
la suerte de tener trabajo actualmente con la que está cayendo, que
seguramente hará que podamos seguir disfrutando de alguna obra mas cada año,
sin necesidad de que ellos abandonen sus profesiones, pero que si vienen mal
dadas, a lo mejor puedan recurrir a sus dotes interpretativas.
Dejo aquí constancia
del buen hacer de unos aficionados, que han robado tiempo a sus “tiempos” de
ocio.
En espera de recibir
un video de la representación, os dejo aquí unos segundos de lo que he podido
grabar con mi cámara antes de que se agotase definitivamente su batería. Espero
que os guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
