Hai, no cimo das leiras das Lameiras, esas leiras que corren
na parte de arriba do couto, paralelas o Tuela, cando este xa está a piques
de chegar o castro da Cigadonha, castro
feiticeiro onde os haxa, hai no cimo das leiras decia, unhas fragas que os
vellos chamaban as Fragas do Corvo, e que nos deberiamos de seguir chamando de
cando en vez, igual para que non se le esqueza o nome e os que veñan detrás tamén
disfruten daqueles nomes.
Naqueles tempos,
naquelas fragas adoitaban criar os corvos. Naqueles tempos naquela zona tamén
se adoitaba non comer apenas xixa que non fose de porco, polo tanto toda clase
de carne que non fora de “roncatudo” era bastante apreciada pola xente que
podia agarrala e polo tanto comela.
Un corvo era unha
presa con suficiente entidade como para dar de comer a unha familia durante un
par de dias. Era por eso que todos os que daquela estaban “empollinando”,
buscaban a maneira de coller un par daquelas crias de corvo coas que podian
agasallar a pais e irmans, e o mellor algún veciño.
As Fragas do Corvo
son unha especie de cellas, no medio da ladeira das Mendreiras, debaixo da
caleira, xa case na raia con Portugal.
Os nius dos corvos
víanse desde abaixo, mais xusto desde ahí é onde se vé que por esa parte non hai
maneira de chegar éles.
Xa decian os mais
vellos que a maneira de chegar os paxaros novos era baixando desde a parte
darriba, descolgandose cunha corda. Tamén decian que habia que esperar a que os
corvos vellos non estiveran por alí, pous sé se daban conta de que querian roubarle
os fillos, cabreabanse e atacaban directamente ós ollos dos ladrois de paxaros.
Chegou o tempo no que
as crias de corvo xa empezaban a deixar o plumón, alguén dixera que os paxaros xa
eran grandes, daban para facer un bon arroz, decian.
As necesidades da
casa eran grandes, pous non se comia todolos días o suficiente, e inda por
enriba cada pouco tempo desde “os de arriba”,
deixaban as cartillas do racionamento sin validez durante unha semana ou
dúas. Deciase que era para vendelo eles no estraperlo. Algunha fortuna parece
que partia daquelo. Non se podia decir nada, pous por menos do que vale unha brizna,
a calquera le daban un paseo pola estrada camiño da via do tren. Decir que era
un ·roxo” era bastante para mandalo de paseo.
Enganchou e corda nun
penedo o suficientemente grande para que aguantara o seu peso, deslizouse hasta
a parte das Fragas onde estaban os paxaros.
Cando se acercou
espantouse diante del un dos corvos vellos, dando uns berros que arrepiaban.
Baixou onde o niu e
colleo os dou paxaros que alí habia. Estes berreron tamén, cun arrepiante
chirrido que fixo que o corvo grande se precipitara en picado sobre o ladrón de
paxaros. Colleo medo e volveu deixalos no seu sitio. Entonces o corvo vello
separouse a unha pesca das fragas espereitando o intruso, mais sen atacarle.
Volveu coller as
crias, que volveron a soltar os arrepiantes chirridos que puxeron de novo en
movemento o vello, que esta vez atacou coas garras por diante sacandole unha
tira de coiro dun brazo o ladrón. Sangraba como un porco. Asustouse e volve a
deixar as crias no seu lugar, que caleron.
Pensou que se seguia,
o corvo era capaz de arrancarle os ollos, era mellor deixalo, a fin de contas
os paxaros solo darian comida un dia ou pouco mais. Non merecia a pena matalos,
en definitiva eran duas vidas que él non debia liquidar. Marchariase.
Tiña que deslizarse
hasta a parte de abaixo, pous apiolar corda arriba era imposible.
Resbaleronle as maus
e caeu enriba dun xeixo grande de cabeza e rodou por enriba das torgueiras.
Cando atoperon o seu
corpo, xa medio podrido, este estaba vixiado e non deixaban acercarse a o mesmo
a ningún animal carroñeiro, unha parella de corvos, que solo con velos
escorrentaban a calquera.
Un deles era
soberanamente fero.
Toda una historia, Xabres.
ResponderEliminarNo consigo imaginarme el sabor de un arroz con cuervo, pero el resto del cuento sabe a cierto.
El aspacto y el comportamiento de los cuervos te hace creíble esto y mucho más.
Abrazos
Yo tampoco lo he comido, Xibeliuss, pero he oido que es la carne como otra cualquiera, de ave.
EliminarUnha aperta.
Eu tamén digo que non sabia eu que se comia a carne do corvo.
ResponderEliminarEstupenda historia.
Aperta.
Un vello díxome que era tan boa como calquer outra. Renatou dicindo que os bichos mais repugnantes eran os porcos e as galiñaa. Son omnivoros e gostan de toda clese de porqueria. Nembargantes os corvos, aguias e demais aves repinas, son bastante esquisitas nas súas dietas
ResponderEliminarUnh aperta