sábado, 31 de mayo de 2014

UN MEDICO PARA UN ENFERMO






             UN MEDICO PARA UN ENFERMO.


Nesta semana na que o sol e a chuvia estuveron xogando o escondite, xogo no que o fin gañou a chuvia, estivemos na Alta Xeabra, na mundialmente famosa terra de Val dos Marcos, terra na que algúns de nos nacimos e tivemos que desarraigarnos por mor dun estómago que esixia comida todolos dias, e tiña unhas arelas de mellorar un chisquiño a forma de vida.
Ben, as noites de pedra transcurriron, e agora un debece por ir a cuidar a hortiña, e tentar a sorte, en forma de produtos cultivados por si mesmo, que dito sexa de paso, hai anos que moi ben e outros regulin. E o recordo da vida daqueles seres autárquicos que nos precederon e sempre andaban mirando o ceo, para averiaguar se as xeadas, as chuvias ou as sequias le ian madar todo o esforzo e traballo dun ano o carallo.
Nesta semana o tempo non nos axudou demasiado. Esperémos que aqueles produtos que soterremos, sexan o suficiente fortes e aguanten os malos humores do tempo.
Despous do que considerabamos xornada laboral do dia, adoitabamos reunirnos cun matrimonio amigo para dar conta dunhas viandas, uns grolos de Albariño, e fecer tertulia a carón da cociña de leña, que desprendia un acolledor calorciño,
O meu amigo, falando dunhas cousas e outras, referiume unha historia, que cando menos é ocurrente ou que sé se quere, fala dunha época xa superada, e que poderiamos enmarcar naquelo que o escritor galego denominou “A Longa Noite de Pedra”.
O relato, mais ou menos. Foi como segue:
“Era a principios dos anos setenta, do século pasado, dia seis de Agosto, recordoo porque era a festa de Castrelos.
Viñeron a buscarme para que fora a chamar o médico para o que parecia unha urxencia. O de Hermisende non estaba, forase de vacacións. A alternativa era o de Lubián.
Cheguei a Lubian e alí non estaba tampouco. Dixeronme que estaría na Puebla, que era onde adoitaba ir polas noites.
De Lubián a Puebla, por aquela carretera primixenia, inda levaba un bon tempo, pous entre Padornelo e Requeixo parecia que o trazado o fixera un monxe giróvago.
Atopei o médico xogando a partida cuns colegas. Expliqueille o motivo da miña visita e respondeu que non iba. Dixenlle que alá él, a min que me dira un escrito no que dixera que non queria ir. Se non mo queria dar chamaba a guardia civil como testigo e eu liscaba.
Acedeu a ir conmigo, no meu coche, coa promesa de que o volveria a levar a Lubián.
Desandemos o camiño que eu xa andera, e cando pasamos por Castrelos, xa estaban co baile de despous de cenar.
Daquela a carretera, era eso, unha carretera, para carretas tiradas por cabalos. Estaba sen asfaltar e con unha chea de croios polo medio. Desde Hermisende a Sancibrao era un camiño de terra, cos correspondentes regos que o atravesaban, nos que os tubos de escape se emboligaban perfectamente.
Cando estabamos chegando a ponte sobre o Tuela, un foco fixo señales de que debiamos parar.  Parei pous era unha parella de guardias civiles un guardia e o sargento, que se acerqueron o coche pola ventanilla do copiloto, xusto a carón do médico, que desde Puebla non deixera de refunfuñar. Coñeceron-o e enton dixeronle, ¡Hombre Don Xxxxx, que hace usted por aquí!.
Pues ya veis- respondeu o galeno- vamos de putas.
Llegamos al pueblo el médico quedó en casa del enfermo, y yo fuí a dar la vuelta para regresar cuando acabase. Xa me estaba esperando. Subiu o carro e con cara e xestos de poucos amigos dixome que me invitaba a unha cervexa en Castrelos en casa da Socorro.
Contoume que a enfermidade non era tal, solo un ataque de histeria. Que seguramente cun par de ostias tanto o enfermo maxinario como a quen le deu pábulo, houberan evitado a sua intervencion e o meu paseo”
Creo que osarxento, inda anda buscando a casa de putas, para facer unha inspeción de carácter sanitário.





martes, 20 de mayo de 2014

OS VASOS COMUNICANTES O REVES.



  
                                              A Inversión da Teoria.

 Houbo unha época, na que se estudiaba nos libros de texto, a Teoria dos vasos comunicantes.
 Supoño que a teoria coñecedela todos, incluida a presión osmótica dos liquidos sobre as paredes dos recipientes que os acollen.
 No mundo económico actual, os listillos das enxeñerias contables e econónomicas, que son os que rixen a economia mundial, de sùtaque coñeceron a teoria descrita o principio.
 Estes listillos, dixeronse, porque non facemos o mesmos o cos circuitos monetarios e olvidámonos do patrón ouro e do patrón traballo, que hasta aquela estaban perfectamente definidos, e cambiamos de patrón.?
 O que pariron foi o patrón diñeiro ficticio en conta corriente.
 ¡Chegamos o concurso bancario, no que o diñeiro solo é un úmero nunha ficha, na que se fala de debe e haber (O vello galego, dicia:non debe haber, ¡ten que haber!). E coa mesma melloreron o asunto!.
 Houbo un momento no que un banco era unha sociedade na que habia un capital, totalmente desembolsado, e  que o banqueiro era responsable da marcha do negocio, e respondia das suas accións co seu capital persoal, e con a sua liberdade, incluso coa sua vida se necesário fora.
 Tamén habia honorables homes dedicados a “res publicae”, con incontables ovellas negras que sempre da o xenero humano, que dedicaban a sua vida e esforzo en mellorar a forma de vida dos seus semellantes. Pero estes non interviñan para nada no mundo que hoxe se chama económico.
 Chegou un momento, no que eu coñezo, no que por unhas causas ou por outras, a xente empezou a deslocalizarse do seu lugar de orixen.
 Habia lugares nos que aparentemente se vivia mellor, ou polo menos eso era o que se vendia.
Eso mezclado cuna demanda que crecia, unha oferta que non chegaba,deulle pábulo os listillos que penseron: ¡coño, aiquí hai negocio, inda que non haxa diñeiro! Inventamos o crédito, coa garantia do producto comprado, e con clausulas que solo nos favorezcan a nos.
 Abrimosle contas a todo quisque, nas que ,meten os seus aforros, prestamoslles por enriba das suas posibilidades e se non pagan perden o diñeiro e o obxeto mercado. Pra mellor arreglo, metemos nos nosos consellos a aquelas persoas que rexen a politica, pagamoslle ben, e axudannos a facer a leises que queremos.
 A auga, se entra por un conducto suficientemente grande, e capaz de distribuirse por conductos pequenos sempre que non se desborde o  caudal de entrada.
 Nos temos que facelo o revés, que o diñeiro entre por caudales pequenos, pero os suficientes para que o caudal de entrada se desborde.
 Se hai problemas, contamos con eses individuos que rexen a cousa publica ós que le pagamos e faran as leises necesarias para que o asunto furrule.
 Así “mutatis mutandi” chegamos a situación actual.


 ¿QUEREMOS QUE A COUSA SIGA ASÍ?
 As primeiras eleccións son as europeas, pero non vos olvidedes que detrás veñen as que van rexir a nosa vida, XA.


viernes, 9 de mayo de 2014

TODO E RELATIVO







¿Está o señor cura?.
Era unha muller sexagenária, a que facia a pregunta a outra muller, diante da casa. daquelas casas que foron desaparecendo da zona rural, nas que viviran os cregos de outra época. En definitiva unha casa rectoral.
 A muller estaba un pouco anguriada. Tiña un problema de orden moral e queria que a autoridade eclesiástica le axudara a resolvelo.
Mira- díxolle a outra muller- o mosén estará na casa pola tarde. Xa lle digo que queres falar con él e que te espere.
Pola tarde, o crego recibiu a feligresa. Ésta estaba bastante triste e contoulle o motivo da sua tristura ó señor crego. Xa sabe vostede que estou viuva dende fai tempo. Os fillos cada un ten xa a súa vida independente, polo tanto estou sociña. Hasta onte tiña un compañeiro, aquel canciño que o meu marido levaba de caza,e que morreu.
Agora queria soterralo, e viña a pedirlle por favor se podia deixarme enterralo no cemitiério. ¡Pero muller- dixo o crego- como podes pedirme iso?¡, Ti sabes de sobra que o cemiterio é solo para os católicos. ¡Non se pode facer iso que me pides.
Mire señor cura, solo pido un currunchiño en calquera parte do cemitério, donde deixar os restos do can de caza do meu marido e meu compañeiro, nos últimos anos.
Xa che dixen que non pode ser.
A muller insiste unha e outra vez, hasta facerse algo pesada para o crego. Entón éste, con a idea de sacala de enriba, dille; mira vai a parroquia veciña, hai alí un crego novo, e como estes novos, tamen teñen ideas modernas, ó mellor deixate un cantiño no seu cemitério.
Cando a muller estaba de volta de haber falado co crego da parroquia veciña, viña bastante leda e atopouse co cura da súa parroquia, que o vela tan contente, preguntoulle a ver como le fora co cura veciño. A muller respondeulle que moi ben, pous ia enterrar o can no cemiterio da parroquia do lado. O señor cura novo pediume cincocentos euros para poder facelo.
¡Pero muller- dixo o vello cura- haber empezado por ahí! Haber dito desde o principio que o can era católico! ¡Esa é a tarifa para cans católicos!.