Segunda xeira.
Mentras tomaban a
segunda parva a carón da lareira, lareira conservada con moito mimo polo tiu,
éste foi contádole parte do proceso, do que o fin saia a palla pra aquel
palleiro, que entre outras cousas servíale de toco o León. Era o León un mastin
leonés, grande coma un becerro e bonachón a mais non poder. Eso sí, con xente
descoñecida sé se pasaban nos seus dominios podia ser de tremer. Cando via en
perigo a casa, a palleira ou calquera da familia, os pelos do lombo puñánsele
como escarpias dirxidas hacia adiante, e mostraba uns incisivos de tal tamaño
que non aturaba naide sen dar un berro. Nunca mordeu a naide, nalgunha ocasión
non foi por falta de ganas.
Mentras daban conta de
unhas torradas cunhas lonchas de xamón, e unha pequena cunca de sopas de allo,
feitas polo ancián, éste amosoule o Xé, un cuartillo de madeira, mediado de grao
de centeu. Mira este grao é o que se leva as terras a sementar, do que mais
tarde sairá a palla para o palleiro. Ante o abraio do rapaz e cun sorriso
cariñoso, o tiu engadiu un motivo de asombro mais.
-
Mira, desde o momento de sementar hasta a nova
sementaira outra vez, tanto o grao como a palla saida logo, e o novo grau, pasan
polas maus dos labradores en cada proceso. É mais eu diriate que cada un dos
graus e pallas sen excepción pasa polas maus hasta que acaban cada cual
cumplindo coa súa razón de ser.Se non unha a unha, pouco le ha de faltar.
-
Tiu, alí no palleiro hai moitisimas pallas, e os graos
tamén deben ser moitos, ¿Cómo é iso de pasar polas maus das xentes?
-
E sinxelo: cando chega o tempo da sementeira, despous
de preparar e estercar as terras, o grau esparexe polas leiras. Faise a
operación coas maus, polo tanto xa tes ahí a primeira pasada polas maus da
xente. Despous cunha xunta de vacas e co arado, ese grau enterrase para que
pasado un tempo xermine e naza o novo centeo.Cuando nace, saen como unhas
herviñas verdes que mentras son pequenas chámanse més. Esta més nalgúns casos
segase tenra e alimentanse algúns rixelos que poida haber nas casas. Cuando
chega o vrao, o centeu xa medrado madura, a palla colle unha cor amarelante e
as espigas inchan cargadas de graos.É entonces cuando os labregos fan a seitura, que é nin mais nin menos a
maneira de recoller todo, segando as pallas cunha fouce. Aiquí producese outra
vez o que dixemos antes: cóllense as pallas na mau todas, inda que non sexa de
unha en unha.Despous atanse os mollos, donde para facelo hai que volver a
coller as pallas. Faise o medouco, acarrexando os mollos un a un. Mais tarde,
outra vez de un en un carganse no carro como o de unha foto que ti coñeces, faise a acarrexa hasta as airas, donde outra
vez de un en un descarganse para facer a meda que queda preparada para a época
da malla. Xa veras como logo, na malla, volvense a coller, tanto as pallas como
o grau, e farase o palleiro e encherase o sitio. Diso falaremos utro día, pous
agora temos de ir a cabar as viñas.
Continuará……