martes, 25 de noviembre de 2014

¿QUEN DESVARIA?



          ¿DESVARIA EL OU AS AUTORIDADES? 
Hoxe, que está de moda nos medios de comunicación o caso dun rapaz que parece que, ou ben fabula moito ou fan-no fabular, veume a cabeza a historia de un paisano do noso concello alá polos anos da guerra incivil e na posguerra.

Chámabase Antonio pero era mais coñecido como o Capitan Araña.

A vida do noso Capitan Araña mereceria que algun escritor amigo de investigar, analizara e se mergullera nela desde as suas orixes hasta a sua morte. Seguro que merecia a pena, e ademais definiria unha época de este noso pais, e do comportamento de moitos cidadans que se fixeron pasar por honestos, e seguro que haberia moito que falar sobre iso.

Naceu nunha familia pobre, e encima tiña unha subnormalidade, que non le serviu para esquivar as cousas que nunca deberian acaecerle.

Non sei moi ben porqué foi dado útil para ir o servicio militar daquela, e como consecuencia ir a guerra.

Estando na guerra, nunha esplosion enterrousele algo de metralla na cabeza, cousa que seguramente o salvou, pous do hospital pasou a sua casa. Eso si sin cobrar absolutamente nada, cuando bastantes paisanos, algúns sin pasar polas filas, morreron con pensións boas e outros polo mero feito de ser sraxentos durante uns meses e logo pasar a vida civil cobrando solo por ser amigos do réxime.

O amigo Capitán Araña, que fora creando no seu imaxinario un mundo de grandeza de si mesmo, nunha ocasión, na festa da Teixeira, enfeitado cun gorro militar e cunha chapa de latón grande votou fora do baile a un guardiña portugués que estaba alí pasando o dia da festa, na casa duns parentes.

O Capitán Araña era de fala seca e rotunda, acompañada con un acento de verdadeiro ordeno e mando, acollonaba a quen non o coñecera. Cando vislumbrou o guardiña portugués acercouse a él

e coa sua voz caracteristica espetoulle: ¡Camiño e fronteira, xa!. O pobre guardiña non esperou a mais baixou pobo abaixo coa idea de marchar, seguramente para O Paramio ou algúnha aldea dos arredores.

Menos mal que se atopou co seu parente que le preguntou a donde ia, e desfixo o entorto.

Noutra ocasión estando de criado en San Ciprián, cousa que foi a sua profesión sempre, tivo outro caso digno de mención e que pode ilustrar o caso do paisano que mencionei o principio.

Estando de vaqueiro en Lagoas, interrogaouno a guardia civil por mor dun incendio que arrasara unhas cuantas hectáras polos montes, sufridos montes, sempre queimados no transcurso dos tempos.

Fuiste tú el que prendió fuego- prguntoulle un guardia.

Si. Respodeu o Araña.

Y ¿Para que le prendiste fuego?

Pra velo arder.

Deteñen-o, e levan-o o xuzgado de Puebla de Sanabria.

O Xuiz interroga o Capitan Araña, e a renglón seguido, chama os guardias e espetalles: Devolvan este home a sua casa, e se me volven a trear algo igual, deixo-os a ustedes encerrados.

O mellor unha cousa similar iria ben, no chamado caso “del pequeño N.”


domingo, 23 de noviembre de 2014

A ESCALEIRA

                           
 

                             A ESCALEIRA

 Estaba no cimo da escaleira o sol. Era no mes de Febreiro nas horas do medio dia. Probablemente, cun cacho de pan de negro centeo,un grolo de auga e aquelas raiolas de sol,serian a comida do día.
 O empardecer, algo antes do serán ian chegando os mozos a refuxiarse debaixo da súa escaleira mentras esperaban a chegada da res, sempre tanxida por pastores portugueses. Éstes, alá pola  parte raiana de Traas os Montes, inda eran mais desgraciados que os xabreses, cousa que xa era dicir.
 Detrás dela caia a auga resbalando polos carouxos da xeada da noite, que case chegaban as lastras do que o mellor algún dia fora un balcón.
 Toda vestida de negro cun pano na cabeza rematado cun nó no alto, cuberto o corpo, solo deixaba ver os ollos e unhas mans sarmentudas con dedos norrigosos que denotaban xa unha certa idade na sua propietaria e tamén que a artrosis xa estaba a facer das suas.
 Houbera concello dos veciños pola mañá. Como sempre a xuntanza fora debaixo da sua escaleira.Alí falouse de casi todo, de arreglar camiños, de ceibar partes dos pastos, mais fundamentalmente dunha cousa que se puxera de moda : De como arreglar o pais. De como se poderia vivr mellor, de como axudar as clases menos favorecidas a sobrelevar a sua senectud dunha maneira maislevadeira para eles.
 Falouse de aportar entre todos algo para axudar as catro persoas que vivan solas de mais de setenta anos e que xa case non se podian valer por si mesmas.
 Duas personas marcharon da xuntanza, xa non les interesaba aquelo. Escoitouse decir a unha: xa non sirven para traballar de xornaleiros.
 Un rapaz novo teimou na idea de axudar a quen o necesitase, vinte persoas lisqueron, pous o quedar menos as axudas serian mais gravosas para o resto.
 Os que qederon, eran todos xornaleiros, de todos é sabido que no inverno non hai xornais, todos estaban a dúas velas, todos tiñan fillos e mulleres.
 Quedou o rapaz novo solo. El inda vivia do pouco que le podian dar seus pais. Subiu a escaleira donde estaba a dona da casa-queria tentar consolala.
 Acabou sendo consolado pola velliña. Ela, dixo, non necesiaba nada.
 Marchou chorando a sua casa.
 Estaba pensando en todo aquelo, o rapaz, cando sentiu tocar a campa a sinos.
 A Velliña da escaleira, atoperan-na morta no seu talliño.

martes, 11 de noviembre de 2014

VIVIR DOS PAIS HASTA QUE SE PODA VIVIR DOS FILLOS



  

  VIVIR DOS PAIS HASTA QUE SE PODA VIVIR DOS FILLOS.

  A comezos do século pasado, os homes e mulleres deste país cando pasaban polo seu tramo, cortiño, da súa vida activa, fundamentaban a súa ancianidade en ter aforrados uns cuartiños, e moitas mulleres, sobre todo no rural, en ter polo menos un fillo inda que fora de solteira. Isto dáballes seguranza nos seus últimos días.
 Chegou a segunda metade do devandito século, e todos pensaban que o propio estado seguiría mellorando aquelo chamado seguridade social (Quen o ía dicir: creado nun réxime ditatorial)e que o chegar os últimos anos, esta seguridade social faríalle mais levadeiro o último tramo da existencia.
 En parte isto funcionou, uns poucos anos, xusto hasta que un indolente personaxe chegou o poder. Aquí escarallouse case todo. Os adláteres e corréevoslles do poder tenteron facer o seu agosto. e quebraron case todo.
 Agora moitos pensamos que temos que volver a aquelo de que os fillos, se fai falla, nos axuden na necesidade última.
 O problema reside en que mentres, mal que ben, os yayoflautas vellos cobren a súa pensión, que por certo non la deben a ninguén, creo que o revés, moitos débennos demasiadas cousas que un mal dia fixemos polo pais, e que por moito que pidamos, os funcionarios, sempre dicen o mesmo: demóstrenolo e veremos. Mover o cú para algúns é un esforzo, solo o moven para ir a cobrar.
 Estamos nun dilema; Vivir dos pais hasta que se poda vivir dos fillos xa non sirve. Poderán os fillos vivir cando os pais fagan o seu pasamento?.
 Algúns pais podemos dar grazas por que os fillos non necesiten de nos, aínda que non sabemos se nos necesitaremos deles.
 ¡Xa veremos!

martes, 4 de noviembre de 2014

TEMPOS DE NEVE E DE AGUARDENTES..




        TEMPOS DE NEVE E DE AGAURDENTES CLANDESTINAS.
 
Acaban de sonar na radio de galena do Caxera, a sintonia do parte. Sempre quedábamos a escoitalo, porque ó fin daban o tempo “probable para mañana”. A cousa non era de broma pous no mes de Santos xa o Monte Muga e o Alto do Marabón, adoitaban ter unha pucha de cor branco que votaba un alento que facia tremer.
Acercouse a min o Céfiro e dixome: Esta noite escomenzamos. ¿Vale?
Vale, contestei. Cuando suba, xa quedo na túa casa e empezamos.
O sair do café faltoule pouco para non medir a rua coas costas. Salveime gracia a que levaba postos uns zamancos con chatolas, e éstas agarranse ben na xeada.
O pasar por diante da casa do comandante do posto da guardia civil ví que inda habia luz na lareira. Tiña que contarlo o meu amigo. Non debiamos empezar hasta mais tarde por si acaso.
Cuando cheguei xa estaba preparado todo, según me dixo, incluso xa empezaba a estar quente o pote, tiña lume desde a última hora da tardiña.
Charlemos un pouco mentras comiamos un bocado, pous a noite ia a ser larga. Estariamos no cortello seguramente hasta a mañanciña seguinte.
Pasemos polo medio das vacas que rumiaban na corte e que nos miraban con cara de sorpresa o vernos pasar alumeandonos co farol. Os potes estaban o final da corte nun pequeno cortello que tiña unha pequena bufarda hacia o norte pola que apenas podia pasar un gato.
Nun canto estaba toda a quincalla xa encima do lume, que tiña xa unhas boas brasas e pola punta do alambique xa empezaba a sair bafo, o que presaxiaba que o chorriño da auga brava pronto empezaria a sair.
Sentémonos en pequenos talliños xa dispostos o efecto e arrimando un pouco os tizois para que o bagacio fervera, mais rápido-
Empezou a sair a aguardente e nos a probala. A unica maneira de facer unha boa aguardente é ter un coñecemento empirico da sua calidade a medida que se fai.
Se se apura o lume sai moito liquido que adoita ser froxo, se se le quita lume sai menos liquido pero de alto porcentaxe de alcohol, polo que habia que estar constantemente pendiente da calidade.
Pasemos a noite asi: “Proba a ver que te parece. Sube o lume, baixa o lume.” Previa cata a cada momento.
Enchimos dous garrafons de un cantaro cada un e despous de apagar o lume e recoller os bártulos, decidimos sair do cortello.
Arriba na casa xa se sentia o ruido propio do inicio dunha nova xeira.
Houbo quen o sair tentou facelo pola bufarda. O pasar polo medio das vacas estas moveronse nerviosas, nunca sabremos o porqué. Pensabamos que o noso alento debia ser o causante pous case seguro que se o espirar o aire dos pulmóns, nos puxeran unha candea diante da boca éste incendiabase-
Despous de falar coas vacas no idioma delas, marchemos cada un a sua cama. A melopea durou case vintecatro horas.