martes, 4 de noviembre de 2014

TEMPOS DE NEVE E DE AGUARDENTES..




        TEMPOS DE NEVE E DE AGAURDENTES CLANDESTINAS.
 
Acaban de sonar na radio de galena do Caxera, a sintonia do parte. Sempre quedábamos a escoitalo, porque ó fin daban o tempo “probable para mañana”. A cousa non era de broma pous no mes de Santos xa o Monte Muga e o Alto do Marabón, adoitaban ter unha pucha de cor branco que votaba un alento que facia tremer.
Acercouse a min o Céfiro e dixome: Esta noite escomenzamos. ¿Vale?
Vale, contestei. Cuando suba, xa quedo na túa casa e empezamos.
O sair do café faltoule pouco para non medir a rua coas costas. Salveime gracia a que levaba postos uns zamancos con chatolas, e éstas agarranse ben na xeada.
O pasar por diante da casa do comandante do posto da guardia civil ví que inda habia luz na lareira. Tiña que contarlo o meu amigo. Non debiamos empezar hasta mais tarde por si acaso.
Cuando cheguei xa estaba preparado todo, según me dixo, incluso xa empezaba a estar quente o pote, tiña lume desde a última hora da tardiña.
Charlemos un pouco mentras comiamos un bocado, pous a noite ia a ser larga. Estariamos no cortello seguramente hasta a mañanciña seguinte.
Pasemos polo medio das vacas que rumiaban na corte e que nos miraban con cara de sorpresa o vernos pasar alumeandonos co farol. Os potes estaban o final da corte nun pequeno cortello que tiña unha pequena bufarda hacia o norte pola que apenas podia pasar un gato.
Nun canto estaba toda a quincalla xa encima do lume, que tiña xa unhas boas brasas e pola punta do alambique xa empezaba a sair bafo, o que presaxiaba que o chorriño da auga brava pronto empezaria a sair.
Sentémonos en pequenos talliños xa dispostos o efecto e arrimando un pouco os tizois para que o bagacio fervera, mais rápido-
Empezou a sair a aguardente e nos a probala. A unica maneira de facer unha boa aguardente é ter un coñecemento empirico da sua calidade a medida que se fai.
Se se apura o lume sai moito liquido que adoita ser froxo, se se le quita lume sai menos liquido pero de alto porcentaxe de alcohol, polo que habia que estar constantemente pendiente da calidade.
Pasemos a noite asi: “Proba a ver que te parece. Sube o lume, baixa o lume.” Previa cata a cada momento.
Enchimos dous garrafons de un cantaro cada un e despous de apagar o lume e recoller os bártulos, decidimos sair do cortello.
Arriba na casa xa se sentia o ruido propio do inicio dunha nova xeira.
Houbo quen o sair tentou facelo pola bufarda. O pasar polo medio das vacas estas moveronse nerviosas, nunca sabremos o porqué. Pensabamos que o noso alento debia ser o causante pous case seguro que se o espirar o aire dos pulmóns, nos puxeran unha candea diante da boca éste incendiabase-
Despous de falar coas vacas no idioma delas, marchemos cada un a sua cama. A melopea durou case vintecatro horas.

8 comentarios:

  1. Tanto probares, amigo, a ver se estaba boa... jajaja, isto é como a cociñeira co guiso que ao final xa vai xantada!
    Bonita historia Xabres, eu nunca vivín nada semellante me cago na burra! :)
    Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Algo esaxerada, mais o fin verdadeira. Así eran aqueles tempos, que un ilustre galego denominou Noite de pedra.
      Apertas.

      Eliminar
  2. O da melopea non me estraña: a augardente baixa ben pero tamén sube.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Carallo, se sube¡ O problema e que fai baixar a cerviz.

      Eliminar
  3. Hola Xabres, soy Juan Carlos Campos y hemos compartido algunos grupos sobre petroglifos en internet. Necesito información sobre un petroglifo con un antropomorfo de la Sanabria Alta que publicó usted en Celtiberia hace unos años. Quisiera también mandarle fotos de algo parecido que he encontrado en Maragatería. Si puede proporcinarme su correo le estaría muy agradecido. El mio es: juancarlos9999@gmail.com.
    Gracias anticipadas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Te he mandado mi correo electŕonico. Estoy a tu disposición, si dispongo de la información cuenta con ella.

      Eliminar
  4. Es auga brava daba ata para aprender a falar coas vacas.
    Que tempos, non ?.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non vexas o que desata a lengua, esas cousas espirituosas que as veces tanto nos gustan.
      Apertas.

      Eliminar