lunes, 30 de mayo de 2011

O CIPRIANILLO NON ENGAÑA



 Alí estaban. Inda eran grandes amigos. Co tempo a cousa cambiera bastante.
 Tiñan ferramentas. Picos, palas, barras de ferro, e demais trebellos para facer unha boa e grande excavación.
 As ferramentas estaban deitadas contra unha das grandes fragas do Castelo de Rechouso pola banda de Veiga de Chuces.
 Mireron un pro outro. Non sabian onde empezar a cabar. Despous de medir as sete varas que separaban a raposa do tesouro, deronse de conta de que, ou ben non entenderan o Ciprianillo ou fixeran mal os cálculos.
 Como podia ser. O libro deciao ben claro : sete varas medidas desde a pedra da raposa, no fondo do Castelo de Rechouso, en direccion da pedra no sur.
 De repente un deles, deuse conta de algo. Tomeran como o norte o alto do castelo, mais desde onde estaban na dirección errada. O sur quedaba uns cuarenta e cinco graos a direita. Descubrir aquelo non les solucionou nada, pous naquela dirección metianse nunha morEa de penedos moito mais grandes, nos que era imposible agachar tesouro algún.
 Penseron que as ferramentas que levaban alí non le servian pra nada. Penseron que a mellor ferramenta sería a dinamita. Solo tiñan un problema. Onde rebentala. Todo era unha inmensa morea de pedras.
 Recolleron as ferramentas, agocheronhas nos prados de Rechouso, nas fragas dos Caldeiros.
 Volvian a aldea, un pouco mohinos, cuando se cruceron con dous cazadores que subian pola banda das Carbuizas.
 Aceneronse coas mans, decindose adeus uns os outros. Unha vez que os buscatesouros trespuseron na purtela das Carbuizas, o cazador mais vello díxole o novo: Xógote o que queiras que estuveron buscando o famoso tesouro do castelo. Imos alá e xa veras como escarveron algo por alí. E o mesmo tempo voute ensinar a famosa raposa. Comemos a merenda a beira do castelo e logo baixamos desde o alto do Ladeairo hasta a purtela de Rebordelo.
 Subiron polos penedos dos Caldeiros, onde caceron un par de coellos de camiño.
 Chegueron a pedra onde estaba a raposa, que o vello tivo que mostrarle o seu compañeiro, pois este no se decataba dela.
 Asombrado o mozo, preguntoule o veterano, que como sabia da  raposa, o que este respondeu: ¡PORQUE A FIXEN EU!.
 Empeceron a rir de tal xeito que o fin xa non se sabia se rian ou choraban.
 Acamperon a comer a merenda, beberon a bota de viño, e o acabar deron conta de un termo de café quentiño.
 Como xa tiñan un par de coellos, decidiron que xa non irian a buscar mais. Se de camiño saia algo ben, e se non, xa tiñan dabondo.
 Estaban deitados enriba dunha pedra plana, coas mochilas debaixo da cabeza.
 De repente o mais novo díxo. Mira, os buscatesouros trabuqueronse de sitio. A raposa está alí, no cimo do castelo.
 Efectivamente desde onde estaban víase unha pedra grande, que desde alí viase o trasluz como unha perfecta raposa escarbando.
 Subirón hasta a pedra. Examineronha por todolos lados, dandose conta que solo tiña a apariencia desde abaixo.
 Calculando sete varas hacia o sur atoperon unha lastra plana, na que habia uns riscos.
O miralos ben viron que era unha fermosa pedra con un feixe de inscripcións. Estaba tan aproveitada a superficie que non cabia nin unha figura mais.
 Era e é un dos mais grandes e fermosos petroglifos da comarca. Algún día darémola a coñecer.

sábado, 28 de mayo de 2011

¡XA QUEDAMOS MENOS, EN VAL DOS MARCOS!


 Nesta semana que está a piques de acabar, en Val dos Marcos morreu a muller dun amigo, nai dun amigo.
 Coido que, ainda que tiña un fillo vivo, botaba de menos o home e o otro fillo. Dous son mais que un, e cando xa se teñen mais de noventa anos, tiran mais o mortos que os vivos.
 O marido da nosa amiga Edelmira, o “Milio” fillo do ti Laudio, era un bon amigo. Era un excelnte compañeiro na sega da herva e na seitura, e ainda que nada mais fose pola súa aficción a deixar sen viño os patróns, xa merecia a pena. Amigo, cando vou a aldea e paso por as Rozadas, moito me acordo de ti.Dixechesme algo, que teño en conta, e como unha boa sentencia coido que sempre tiveches razón.
 Quen queira averiguar do que estou falando, deberá  pasar o outro bando e preguntarte, ou esperar a que eu vaia, e o mesmo.
 Tampouco me quero olvidar daquelas xornadas cavando as viñas, e as paroladas na beira do Fervenzón. Alí caseque solo habia xente que gora xa non está, salvo eu. ”Tempo fugit”que creo que decian os romanos. Unha aperta.
 O fillo da nosa amiga, o Vidal, home moi parecido o seu pai, cunha vida chea de traballos, dentro e fora do pais, tamén era amigo, gran rapaz, honesto e moi bon compañeiro para o que se terciara.
 Tampouco me quero olvidar dos días de caza, cando habia que sacar un porco montés desde a media ladeira do Piñeiro, a “pulso”, hasta as Malladicas, e daquel día que estando de caza, ó día seguinte leveste unha chouriza feita pola “Delmira”, para que o meu fillo Hector, probera as chourizas  “dantes”
 Moitas gracias os dous.
 Da “Delmira”, ¿Qué podo decir? Nada mais que polo simple xeito de ser a mai e a muller de dous bos amigos, ela non podia ser menos que miña amiga.
 Non quero olvidarme de “Ladito”, que agora fica solo. Que todo le vaia ben.
 Tanto ó Céfiro como o Teófilo, xa les darei unha aperta cando nos vexamos e as irmás, acompañóas no sentimento.

jueves, 26 de mayo de 2011

¡ XA ESTÁ BEN!



 ¿Qué vai ser deste pais?. Os socialistas andan a greña polos restos do poder que les queda. Os populares igual, e agarrandose a todo aquelo que les dé poder. Da o mesmo que os candidatos sexan presuntos corruptos, xenófobos ou calquera outra cousa negativa. O caso é chegar o poder e segui vivindo como Emperadores.
 O povo importálles un carallo a todos.
 O pobo debería mandalos éles o carallo.
 Nunca din que sexan servidores públicos. Din que se sacrifican por nós. Hai que decirles que xa non queremos mais sacrificios. Sé se queren inmolar, teñenho moi fácil. En todos o mares do contorno da peninsula hai grandes acantilados. Eso sí que os busquen lonxe para non contaminar.
 Cinco millóns de parados son moitos parados. Se cada un colle unha estaca e outros cinco os apoian, ó mellor arreglase algo.
 Eses señores que se chaman o mercado, non viñeron a regalarnos diñeiro, viñeron a facer negocio.
 Todo negocio conleva un risco. Cando le ia ben no decian nada, nin repartian beneficios. Agora, coido que non temos porque axudalos. Se a banca se funde eche seu problema. ¿Devolveran os cartos que le deixa o estado?.
 Non quero continuar, pois o sangue pódeme sair polas orellas.
 ASOBALLADOS DO MUNDO, ERGUÉDEVOS XA

sábado, 21 de mayo de 2011

O INCIDENTE III


.
....... Xa paseran un par de meses, e non tivera mais noticias nin oira nada o respecto. Pasera varias veces pola canteira e non vira nada anormal.
 Cando fixen algunha averiguación atopei que os permisos da explotación, cuando menos, non eran de todo fiables, e no departamento correspondente que autoriza ou da informe medioambiental, parecía que non había nada de nada. Alguen se pasera a lei por debaixo do fiel da romana.
 Xa casi tiña olvidado o incidente. Nembargantes a mosca seguía á tela detrás da orella.
 Buscando unha posible derivación da via romana entre Bracara Augusta e a actual Bragança, desplaceime uns días a Vinhais, onde un amigo portugués, tamén afeccionado as cousas da antigüedade e que se ofreceu a acompañarme.
 Como sempre pasa nestas cousas, buscase unha cousa e aparece outra na que non se pensaba. Baixemos a beira do riu Tuela a ver unha ponte ramana reconstruida, en realidade de romana solo quedaba un cacho dun sillar. Acompañounos a sorte, e o sair outra vez pra vila, decidimos non ir polo camiño, senón por un souto de castiñeiros e atravesar unhas viñas. O pasar unha parede de separación de dúas viñas, vimos unha pedra cilindrica que nos chamou a atención. Aproveitando que por alí estaba un home facendo traballos, preguntémosle de quén era a finca e dixo que de él. Deixounos mover aquela pedra e descubrimos que era un miliario romano, cunha inscripción que pola banda enterrada inda puidemos ver o número do mesmo.
 Todos contentos subimos a vila, onde despous de por en coñecemento das autoridades da mesma o achádego, fumos a beber unhas “birras”.
 Estando sentados debaixo dunha figueira, aproveitando a sombra da mesma, vi un tipo que era o mesmo que vira na canteira. Era o que conducia un dos todoterreno no primeiro día.
 Pregunteile o meu amigo se o coñecia e respondeu que sí, que era seu curmán.
 Chamouno a presentoumo, entonces o mozo coñeceume, e díxome se xa se me pasera o enfado do dia en Lagoas.
 Contoume que xa non traballaba con aquela xente, que despediran que inda le debian un par de “xornes”, e pola maneira de expresarse chegueí a conclusión de que estaba moi enfadado cos responsables daquelas idas e vidas a canteira.
 Contoume que o contrateran para conducir, non so o todoterreno, senon unha retroescavadora, nunhas boas condicións económicas, mais que nunca a leveran a canteira e que de momento os traballos tiñanhos parados. Non sabí o porqué.
 Cando xa me ia, díxome: Ustedes deben ter moito coidado coa canteira. Hai un individuo pola zona, que se asentou por alí fai pouco tempo, ten moito diñeiro, e na canteira están tentando facer algo moi gordo e perigoso. Teñen de mau algunhas forzas da comarca e tamén da zona portuguesa. Coido que hai moito diñeiro en xogo, mais tamén moito perigo e mal para os habitantes da comarca, tanto da Sanabria como de Tras os Montes e as Frieiras.
 Non se fie de ninguén que teña capacide de decisión e menos das autoridades. Busque solucións con xentes honradas de España e Portugal.
 Marchouse sen decir nada mais, deixandonos a min e o meu amigo, cunha preocupación. Éste último aproveitei para contarle o que sabia.

 Continuará.

AMIGOS DE XUVENTUDE



 Queridos amigos, xa sabedes que a mente dos humanos é un mistério insondable. Fai o que quere, viaxa no tempo de diante atrás, é capaz de porte nun instante na lúa, ou de darlle unha volta completa ó universo, saindo desde o alto da Cachena dirección o orto e volvendo simultáneamente polo ocaso, sen que se note nada.
 Toda esta introducción, algo farragosa, ven ó caso porque hoxe sen saber o porqué, veume as mentes unha istória real como a vida mesma, vivida por min e dous amigos meus por Val dos Marcos, e nunha época xa lonxana.
 Vereis, sería alá polo ano 1959 ou 1960. Na aldea caera unha epidémia entre os chavalotes, que co tempo tivo difícil arreglo. Todos sen excepción collimos o vicio de fumar, cousa moi fodida daquela por varias razóns. A primeira razón era o diñeiro, daquela escaseaba casi tanto como o que vai escasear dentro de pouco. Segundo, aquela cousa do respeto os vellos, que non querian vernos fumar, sobre todo se eramos da familia- terceiro, de cando en vez o tabaco escaseaba, mellor dito non chegaba a aldea, cousa que, se me paro a pensar, chegaría a conclusión que entre a Puebla e Hermisende, habia un sumideiro de cuarteróns. Corramos un estúpido velo.
 O meu primo e amigo Eloi, e mais eu fumábamos como carreteros. As nosas mais corrian-nos co barredeiro cada vez que detectaban a infracción.
 Nunha ocasión na que o noso veciño e tamén amigo Amadeo, fora coa res, tocábale comer e dormir en casa da tia Maria Rosa. Era no inverno, o frio metíase hasta os cañotos, e como moitas outras veces, decidimos durmir na casa da tia Maria Rosa, e tamén durmia alí o Amadeo.
 Cuando nos deitemos, xa na cama, puxémonos a fumar un “peninsular”. Era o último do día. Había que aproveitalo pois hasta o dia seguinte xa non había mais, e despois veríamos.
 O Eloy e mais eu acabemos o cigarro, e a cabixa, tirémola pola fiestra ó camiño, e deixemola aberta para que Amadeo fixera o mesmo cando acabara.
 O decirle que cuando tirera a cabixa pechera tanto a ventá como as contras, o noso amigo desde a cama respondeu:
 Non vos preocupedes, pois eu  fumo  o cigarro hasta que me queima nos dedos, e despois chpo o que queda. ¡Non desperdicio nada!
 O amigo Amadeo era un tipo caralludo, xa vai un tempo que decidiu deixarnos, que sea esto unha pequena homenaxe na súa memoria, o mesmo que na do “LOY”.

viernes, 20 de mayo de 2011

MOVIMIENTO 15M



 Ayer he estado un tiempo con la concentración del Movimiento 15M, de Vigo.
 Están en la confluencia de las calles Principe con Urzaiz.
 Co todos los que he hablado eran estudiantes, lo que me lleva a pensar que son la mayoría, aunque por allí había gente mayor, unos informándose y otros apoyando.
 Reinaba la mayor cordialidad y corrección. Daba la impresión que no querian ni molestar.
 Parece que solo molesta, este movimiento, a la clase política, no sé si a toda  por lo que se ve a siete miembros del Tribunal Electoral.
 Eso de que quieran vigilar la limpieza e igualdad en las próximas elecciones, parece cuando menos un chiste, viendo lo que hay en la clase política.
 Al prohibir la manifestación mañana creo que lo que están haciendo es cercenar la libertad de un montón de ciudadanos y al mismo tiempo creando un verdadero problema, pues como la concentración va a persistir, ¿Va a cargar la policía contra ellos/nosotros?
 El papelón lo tendrá el Ministro del Interior, si no manda disolverlos, cosa que espero que haga, al día siguiente tendrá colgados al cuello a toda esa derecha irracional.
 Que Zeus nos coja confesados. Espero que tengamos que recordar aquello de “españolito que al mundo vienes……….

miércoles, 18 de mayo de 2011

Tomates, Pimientos, Kiwis y DEMOCRACIA REAL, YA


Queridos amigos:
 He estado unos días sin daros la vara. Esto no puede ser, parecería que se están perdiendo las buenas maneras.
 Os contaré algunas de mis andanzas en esta semana pasada; He estado por la Sanabria Alta. Sabéis que es época  de “renovos” en el agro y he acudido a mi querida huerta de “A Porteliña”, a plantar cosas que más tarde habremos de comer.
 Veréis: tomates, pimientos, cebollas, judias, alubias “do Valadouro” y alguna cosilla mas. He plantado unos manzanos que están estupendos, un cerezo, y unas plantas de fresa y otras de “amouroces”, de los que ya hemos probado.
 Por cierto, al lado de la huerta, tiene mi amigo LORO, un cerezo que ya le maduraron los frutos. El lunes estuve mirándolos y esta mañana había una verdadera plaga de “pigarros”, pájaros que cuando descubren comida de estas características no paran hasta dar cuenta de la misa. Javier, cuando vayas seguro que no hay ni huesos de las “Zreixas”.

 En la Porteliña, me he llevado una grande alegría, pues, por primera vez en mi vida, he localizado el nido de un ruiseñor, con unas pequeñas criaturas que solo sabían abrir la boca cuando detectaban alguien cerca.  


 Hoy he vuelto a Vigo. Por el camino he visto dos o tres tormentas muy fuertes. Seguramente por los lugares que han pasado han destrozado alguna huerta.¡Vaya por Dios!.
 En estos días no he tenido noticias, ni las he buscado, del mundo mundial. Me llegaba el pequeño terruño de San Ciprian de Hermisende, mas conocido en el planeta Júpiter como Val dos Marcos. Con los trinos de los petirrojos, alcaudones, zorzales y pinzones, no tenia tiempo para las estupideces humanas.
 Bien al volver a eso que llaman el mundo “civilizado”, me he topado con una estupenda noticia. LOS CABREADOS HACEN SENTIR SU VOZ.
 No he podido entrar en la página de Democracia Real Ya, por lo que la información que tengo es la de los medios de comunicación. También he visto a varios dirigentes políticos intentando sacar provecho de eso. Espero que  les den en el morro.
 Si la cosa es como yo intuyo, tendrán un nuevo seguidor, y si puedo colaboraré.
 Los jóvenes son nuestro futuro, y también nuestro presente, y sería bien y bonito acabar de una vez por todas con esta camándula de políticos, banqueros y demás poderosos, que no tienen fondo para su codicia, y que cada vez que tienen problemas nos los traspasan, pero jamás una mísera parte de su grandes beneficios.
 Que cada cual viva con aquello que sea capaz de producir. El que no produzca y viva de aprovecharse de los demás hay que mandarlo a trabajar a la mina.Eso sí a pico y pala.

viernes, 13 de mayo de 2011

¡LEITE COALLADA!


 A aldea era como todas as aldeas. Tiña unha pequena igrexa, arredor da cual fora crecendo. Como en todas as aldeas,  unha das cousas das que mai gustaban os seus habitantes era o cortarse traxes entre sí.
 Habia, como se dixo, unha praza na que dominaba o edificio da igrexa, a casa dos curas, a casa do pobo, e a maioria das casas dos veciños xunto cunha cantina lugar de xuntanza dos homes e, ¿como non?, sitio de tertulia e de corte e recorte de traxes.
 Vivian nunha casa, das mellores da aldea, tres irmás inda solteiras, dúas delas, bastante devotas e amigas de darse a ver na igrexa, o revés que a mais nova, que non a apañaban na mesma, nin atandoa,  era latriqueira e moi amiga das foliadas e festas. Decia que cando fose vella xa teria tempo de sentar cabeza, porque seguro que o corpo xa non estaría para esmorgas.
 Tiña un rexo carácter, criterio de seu, e unha vontade que non se deixaba torcer.
 Acabérase o inverno, xa se estaba case a finais da primeveira, e apareceu a calor, cousa que fixo que todos alixeireran as roupas.
 Empezou a aldea a marmuñar, se a nosa amiga estaba mais gorda, que si esto ou aquelo, e as “dueñas”, da aldea logo sentencieron que estaba preñada.
 O gran problema dos cortadores de traxes era que non sabian quen a rondaba, e polo tanto non sabian quen podería ser o pai da criatura alamacenada na súa barriga.
 O ruido dos e das murmuradoras, xa era moi grande mais do asunto nada se sabia. Aquela muller seguia facendo a mesma vida de sempre, solo cunha varidade: Que a panza cada vez era mais grande.
 Unha tarde que pasaba por diante do mentideiro das féminas aldeanas, unha das mais desleguadas que estaba alí coa roca na faixa, a manela na mesma pasando pouco a pouco ó fuso en forma de fio, dirixiuse con voz forte a ela:
-         Dínos quen é o pai. Con quén te deiteste?.
-         ¡Non me deitei con ninguén! – respondeu.
-         ¡E logo, como é que tes “bombo”!, eso solo to puido facer un home.
-         Pous non, ¡mira ti!. Foi por tomar un café con leite.
-         ¡E como foi iso?.
-         Moi sinxelo. O leite estaba coallado.
Cos as mesma sen esperar a mais leria marchou para a súa casa.
 Pasou o tempo, e a nosa amiga deu a luz un menino. Naide, agás as irmáns, puideron velo, pois non o sacaba o camiño.
 Os e as donas da radio macuto da aldea,  andaban sempre a procura de poder ver o novo veciño, mais era imposible.
 Empeceron tamén as curriachadas que alguén puxo a andar: Que si non era un neno, que si tiña algún problema e por eso non o enseñaban, e toda sorte de estupideces pasaban polas mentes das xentes da aldea.
 A casa tiñanha practicamente cercada todo o día, pois xa caseque era cuestión de honor averiguar como era o neno ou nena a quén se parecia.
 Cansada, unha das irmas e tia do recien nacido, decidiu sacar a xente do lugar das súas inquedanzas con relación a maternidade da súa irmá.
 Tiñan no curral un cabritiño recien nacido. Enbrullouno en pañais, e collendo unha toquilla, envolveu ben o cabuxo pequeno, e saiu o camiño con él. Automáticamente quedou rodeada dos seus ávidos veciños e veciñas, que querian ve o infante. Ela negouse a ensinalo, so deixou a una das mulleres mais larecas, acercarse, e retirando un pouquiño a toquilla, deixoule ver un ollo do animaliño, e coas mesmas meteuse de novo na casa.
 A muller elexida para ver a criatura, xuntouse co resto dos veciños e sentenciou:
 - Xa eu o dixera, o rapaz é clavadiño o Xan da casa nova.
 Acabou o asedio, a vida volveu a súa rutina, e a nosa amiga, o pouco tempo casou cun mozo de outra aldea. Aquel sí era o pai do neno.

miércoles, 11 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA (O ACIDENTE)


..........................
 Entrou na casa, e aconchegouse a carón do Cigano. Preguntoule se xa probera os zamancos e se le servian, ó que o neno contestou que si, e sen deixar falar ó carpinteiro, preguntoule:
-         Oes, ese sitio onde traballa o papá, ¿Cómo é?.
-         Bueno- contestou o vello, pillado por sorpresa- están facendo un tunel para que pase o tren.
-         ¿Qué é un túnel?, a mamá dice que é moi perigoso.
-         Un tunel e un burato debaxo dos lombeiros, para que pase por eles un tren.
-         ¿O tren é un becho coma as ratas cubeiras? Ou. ¿Qué é?
-         Bueno, -dixo o carpinteiro- é como se fose un carro tirado polas vacas, que leva moitos carros atados tras de sí, mais non pode subir costas, por eso fan buratos nos lombeiros para que as vacas non turren moito.
-         ¡Bo!, vaya vacas mais febles. Pero ¿por qué di a mamá que e perigoso?.
-         Mira, todos os traballos son perigosos, agás aqueles que se fan detrás de unha mesa, ou altar. O perigo que ten teu pai é porque algunas veces teñen que reventar as rochas con unha cousa que se chama dinamita.
-         Xa sei- dixo o neno- é como eso que tiran no rio uns homes que eu vexo as veces, estouran algo dentro da auga e as troitas morren.
-         ¿Cuándo viches eso- dixo o vello-  ¡non te acerques  cando volvas ver esa xente!. E non te preocupes por teu pai,  dile a mamá que non pase medo. Todo o que teña que pasar pasará. ¡Veña a dormir!
-         Hasta mañá- dixo o rapaz, enroscandose na farrapeira e apretandose contra o vello.
 O día seguinte, Pedro o carpinteiro marchou polo camiño de Lagoas, decindo que ia ver se atopaba uns cogumelos no Piñeiro, ou nas leiras da Cabeza das Fontes que estaban de rastrollo.
 O Cigano, marchou á media ladeira de Veigadiz, onde estaban unhas portuguesas facendo carbón. Era unha maneira de botarlles unha man, pois se viñan os Carabineros a botalas fora, elas escondianse e él deciales que ocarbón o estaba fecendo súa mai e mais él. Ainda que os carabineros non o creian moi ben, deixaban-os en paz, salvo que viñera un que parecia que le tiña xenreira a todo o mundo.
 Nesta ocasión cuando o carbón xa caseque estaba feito, viron a dous Carabineros entrando nos prados de Veigadiz, xa era tarde e estrañoules a hora. Aterreron as bufardas das carboeiras para cortar a combustión, e as mulleres lisqueron para a raia, e o rapaz ficou a carón dos lumes hasta que deixeran de botar fume.
 Estrañoule, que os carabineros non subiran a onde estaban as carboeiras;  seguiron polo camiño de Cancelada e viunos trespor  por enriba das Barreiras. Quedouse hasta que as fumarolas se acaberon, cando ia a voltar para a casoupa, viu que polo camiño viñan os carabineros, súa mai e mais o ti Pedro.
 Cando chegou a carón deles, viu que a mai estaba chorando, e a cara dos carabineros e do carpinteiro era tan seria que un arrepio correo polo seu carrelo.
 Abrazouse a mai, que intentou quitarle importancia a situación, e que le dixo:
-         Mira, tes que marchar co ti Pedro, ides ir a Cova de Lua, a casa dos avos, eu teño que ir o Campamento de Requeixo, pois o papá tivo un acidente e está maliño.
-         Eu quero ir contigo, mamá.
-         Non podes, alí non te deixaran entrar-dixo o carpinteiro- pois hai mais homes feridos e non deixan entrar nenos.
-         Exactamente, allí no te dejaran entrar,-dixo un dos carabineros- es mejor que vayas con tu tio como te ha dicho tu madre. Ella irá con nosotros, pués viene un camión a buscarnos a Lubián.
 O neno mirou para a súa mai e para seu tiu, e abrazandose a primeira, agarrouse da man do vello, como se de súpeto se dera conta da urxencia dixo:
 - Veña ide pronto. Seguro que o papá necesitate moito.
 E sen esperar mais turrou de seu tio camiño da casoupa, e os carabineros e a mai marcheron con paso bastante apurado cara Hermisende.
 Chegueron a casa e o neno cambiouse de pantalóns, puxo uns de pana menos vellos que os que levaba postos e inicieron o camiño a Cova de Lúa. Quedabanle asi como legua e media, para chegar, e debian apurar, pois a noite xa a tiñan enriba.
 Polo camiño caseque non faleron, namais de cando en vez o rapaz preguntabale o vello se sabia mais sobre seu pai, e éste contestabale que caseque nada, so que no túnel houbera un acidente coa dinamita, e que habia bastantes feridos graves. Seu pai estaba entre eles.
-         ¿Morrerá? –preguntou o neno.
-         Non o sei, fillo-dixo o carpinteiro- dixeron que estaba mal, e que queria que fose alá a túa mai.Xa nos avisarán. De momento non podemos facer nada. A ver se os médicos fan porque mellore, e que Deus queira que non sexa demasiado grave.
Non debemos preocuparnos mais do necesario, pois eso non o vai a axudar.
-         ¿Crees que Deus vai a axudalo?dixo o neno.
-         Espero que sí-respostou o vello- ainda que creo que Deus non se mete nas cousas dos homes.

 Continuará……

lunes, 9 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA (O TI PEDRO)


.........................
 A mañá seguinte madrugou, non tanto como a mai, que xa le tiña unha cunca de leite quente, despois de muxir unha das cabras, e xa as deixera xunto coas ovellas, na chousiña que tiñan arrendada cerca da casa.
 Acabou de comer o xexún  e agarrou o machado, un par de cuñas de ferro e o mazo pequeno e marchou o fondo dos prados a partir no carballo caido e facer uns rachos pro lume. Se os facia pronto, inda teria tempo de subir o monte e arrincar un cesto de torgos.
 Cando ia baixando pola canada, na beira dos prados, a Coimbra, saiu disparada e latindo seguido. Acababa de arrancarle unha lebre dos fuciños, que non a trabou por moi pouquiño. A lebre meteuse no monte e o rapaz chamou pola cadela. Non era ben deixala correr detrás da caza, pois podía remontarse, e no tempo de cazar teria problemas.
 Cortou tres cachos do carballo, ós que rachou coa axuda das cuñas despous de bourar coa madeira durante catro horas, chegou súa mai e entre os dous acarexeron a leña o lombo hasta a casa.
 Estaba collendo un aixadon para ir a sacar uns torgos, cuando a mai o chamou  decindole que habia alguén na beira do rio que preguntaba por él.
 Cando mirou paro o pasadeiro do rio, deu un berro de alegria e saiu correndo, e decindole a mai:
-         Hoxe sí que imos coller trutas, e vaime a ensinar a facer un tesón. Faille café para cando acabemos.
-         Bueno-dixo súa mai- ten coidado e dile o teu amigo que vos espero para tomar café.
 A mai quedou toda contenta, pois da aldea na que ela nacera, aquel home era o único que de vez en cando se acercaba por alí para ver como les iba, e pasaba horas e horas co rapaz. Ëste non sabia que aquel home, xa maior, rondaria os sesenta anos, era o único parente de súa nai que seguira falando con ela despois de haberse casado con seu pai.
 O abó do neno non quixo conocelo, a aboa tampouco, e desde que casara con Freitas, caseque naide queria saber nada dela, agás seu tiu. Era o carpinteiro da zona, e estaba viudo desde facia moito tempo. A muller morrera no primeiro parto xunto coa criatura que traia o mundo.
  O amigo do rapaz era irman do pai da súa mai. Él non tiña problemas de ricos e pobres, consideraba a todo mundo por ugual, solo via nos seus semellantes persoas coma el encima a sobriña sempre le querera sobremaneira, seguramente por ser auténtica.
  O Cigano non perdía ripio do que le decia e do que facia o carpinteiro. Xa sabia como tiña que coller o tesón dependendo de que houbera que tentar unha arraigada ou una pedra. Outra cousa era se a troita estaba asoada. Sempre habia que cercala de frente e a unha distancia prudente. Cuando están asoadas son perezosas, pero seguen a ser rápidas e non parvas.
 O vello carpinteiro vira meterse unha truta na pedra cabeceira dos Olmos, pouca xente sabia que alí sempre se agachaba algunha, e se o pescador o facia ben, caia no morral.
Entonces dixolle ó rapaz :
-         Mira, ven a tentar nesta pedra. Colle o tesón como te dixen pras pedras. Ten coidado, que, se hai unha truta, podete saltar por enriba do varal esquerdo, levantao mais que o outro.
 Entón o rapaz todo contento e algo nervioso, fixo todo o que le dixera, e cando cerrou o tesón tiña dentro unha truta de medio kilo, a que le tivo que axudar o seu amigo a sacar, pois entre o peso do tesón e os zapexos da bácora caseque que cai o rio.
-         Veña vamonos para a casa, xa temos trutas dabondo,-dixo o carpinteiro- temos que deixar trutas para outro día.
-         ¡Vale!, hoxe levamos mutas. A mamá vaise enfadar, pous caseque non ten graxa conque fritilas.
 Recolleron as cousas e a roupa e subiron a casa.
 O visitante trai un fardelo enriba do ombreiro, do que, cando estaban na casa saiu un cacho de pernil, unha botella de aceite e algunha outra cousa de comer. O que mais ilusión le fixo o rapaz foi unha auguaza de pan de trigo,feita naquela mañá  na “panadería” pois naquel día tocárale o vello o racionamento-.
 Tamen le traia uns zamancos, que él mesmo fixera para o rapaz, decindole que os tiña que probar por se non le servian, decindole de broma
-         A ver oh!,deixa de estirar os pés, pois cada ano tes que ter zamancos novos.
 O rapaz e a mai escacheron de risa, e ésta dixo.
 - ¡Válanos Deus!, ainda le quedan moitos anos, para deixaren de crecerle.
 Aquela noite, o tiu da Xabela, tal era o nome da mai do Cigano, ficou a dormir con eles, dormirian xuntos os dous na cama da mai do neno e ésta no camastro dél.
 Antes de irense a cama, deiteronse no poulo da entrada da casa, espereitando as estrelas. Nos finales do Setembro, o ceo parece que ten mais estrelas que nunca, e antes de aparecer a lúa no horizonte vense milleiros e milleiros delas facendo figuras, que o Pedro carpinteiro, tentaba enseñar ó rapaz pondole nome a cada figura. Ensinoule a Osa Maior e Menor, tamen a distinguir a estrela Polar, amosandole rectas imaginarias desde Casiopea, que tamen foi localizada
-         ¡Tiu Pedro!- dixo o rapaz-todo eso que hai arriba ¿fixoo Deus?
-         Creo que sí-respostou o vello.
-         Entonces-voltou o rapaz- Deus podeo todo, ¿Verdai?
-         ¡Cala neno!-dixo a mai- Non le faga caso leva uns dia coa mesma teima.
-         Deixao que pregunte, eso é bo.  Está na idade de averiguar cousas-dixo o ti Pedro. O problema é que nos saibámos contestarle ben. Mira, Xe Freitas, -tal era o nome  polo que o vello o chamaba- Chámese Deus, Natureza, ou como se queira, vendo as estrelas, ten que haber algo ou alguen que o fixera, pois senon todo eso non teria senso. E para nos os humans, se non houbera Deus, teriamos que inventalo.
-         Vale, xa é tarde-dixo Xabela- debemos ir a cama que o tio, mañá ten que voltar o pobo.
 Antes de irse a dormir, Pedro sentouse na fontiña, e botando mao da petaca púxose a liar un cigarro, ainda que xa apenas fumaba, de cando en vez debecía por  facer un cigarro con xeitiño, encendelo co chisqueiro de mecha, e mentras se ia desfacendo en fume, ensimismabase e perdiase nos seus pensamentos, que sempre acababan na súa falecida muller, e o neno non nacido.
 Carafio, pensou, a vida levanos e traenos para donde le peta, ainda que pensemos que nos a controlamos, é ela a que nos controla a nos.
 Alonxou os pensamentos fóra de sí, o escoitar pola banda do Cunqueiro aluar un lobo, cando os poucos segundos contestoule outro na zona da caleira. A vida de estes bichos tampouco era de desexar, ainda que a liberdade ben vale os sufrimentos que pode producir a fame e  o traballo de buscar con que quitala.
 Ergueuse, para ir a cama, e entonces douse conta de que a lúa xa ia alta, e que o reflexo da luz da mesma, nas follas dos chopos da beira do rio, mesmo parecia que eran de prata.Naquela época do ano caseque metidos no outono, dábale un color amarelante as follas, que a tardiña dos días a semellanza era como se fosen de ouro.
 Indo cara a cama pensou que de todolos xeitos, ainda que solo fora por aquelas cousiñas, xa merecia a pena vir a vida. Non comprendeo nunca a aqueles homes que todo o basaban en ter cousas, que o único para que le servian, era para sufrir por elas cando deixaban de existir. Coñecia demasiados casos de xente que na hora do pasamento solo tiña pena polo que deixaba.

 Continuará………..

sábado, 7 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA



 O sol xa  estaba traspondo, as últimas raiolas iban polo bico do lombeiro. No fondo do pozo das Barreiras, espido como a súa mai o trouxera ó mundo, estaba o Cigano, berbeleando co frio, sen tentos xa, na punta dos dedos, coas xemas enrugadas que daban conta do tempo que levaba palpando as pedras e as arraigadas. Saiu fora do rio, e recollendo unha carreliña na que levaba tres trutiñas medianas voltou para a casa. Non é que fora moito, pero chegaria para cenar aquela noite él e mais a mai.
 A vella casa na que vivian estaba a menos de quinientos metros da beira direita do rio.Estaba edificada cerca do barranco que baixa do Piñeiro, nas vellas ruinas do que se decia que fora unha residencia dos Templarios.
 Cando chegou á entrada xa a sua mai estaba algo intranquila pola tardanza. Ó velo chegar meteuse para dentro da choupana, contenta o darse conta de que non habia por que preocuparse, e ver que traía alguna truta.
 Antes de entrar na casa, o rapaz meteuse dentro de unhas ciroulas, que denotaban que o antiguo propietario era mais grande do que él. Acercouse a fonte  que tiñan ó lado cunha pía para recoller auga para os catro bichos que tiñan. Apareceu coma un lóstreogo o gato Gaiado. Tiña ese nome por que el decia que estaba gaiado como un gato montés.
 Limpou as trutas e tiroule as tripas o gato, nunha pedra que xa estaba alí para eso. O gato non se preocupaba do que él facía, sabia que, unha vez acabada a faena, as raspas e as tripas caerian na pedra, polo que alí facia guarda a espera.
 Entrou na cociña, que en realidad era toda a casa, donde un escano destartalado rodeaba a lareira, e pola parte de atrás do mesmo habia dous camastros con xergóns de palla e follas de millo donde durmian envoltos nunhas mantas farrapeiras.
 Na lareira habia un lume, cun trafugueiro sobre o que puñan os cañotos e algún torgo, unas trebedes de ferro donde xa a mai puxera unha tixola, de ferro tamén, a quentar donde iba cociñar as troitas, pasando antes un pouco de touciño que deixera graxa para poder fritir a bacoriñas.
 -Vaise a acabar o touciño, e tamen xa caseque non queda leña-dixo a muller, como falando consigo mesma.
 - Mañá cediño vou por leña, caeo un carballo no fondo dos prados, e traerei uns rachos- respostou o rapaz.
- ¿cando volve o papai?- dixo él
-  Tócale no fin de semana que ven. Xa sabes que ven cada quince dias. Unha vez que dan as pegas no túnel.
 -¿Qué son as pegas. Mamá?
 - É cando fan reventar a dinamita no túnel para sacar as grandes pedras do medio.
 - ¡Ah!,-dixo o rapaz, como se o comprendera parfectamente.
 Acabaron de cear, e xa case sen luz de sol, Cigano, saliu a porta da casa levandole un cacho de pan untado na graxa de freir as trutas, a Coimbra, una cadeliña filla de un perdigueiro portugués e unha podenca.
 Laiou o Gaiado, e xotouno dalí decindole que él xa comera os restos das trutas. Ahora tocáballe á cadela. Deixouse estar alí mentras comeo, para non deixar acercarse o gato, pois a cadela era tan burriña, que o deixaba comer, ainda que ela non o fixera.
 Acabou a cadela e decidiron entrar na casa, xusto cando na porteliña de cara a Lagoas de Baixo, espantouse un bando de perdices, que lisqueron por enriba do rio hacia As Mendreiras.
-         Vaia-dixo- parece que a raposa case apaña unha perdiz. ¡Que busque grilos!.
-         Veña, imos a cama-dixo sua mai- mañá hai que madrugar.
 Entreron todos na casa, incluidos o gato e a cadela, que se foron deitar onde estaban seis ovellas e dúas cabras, nun curruncho da casa, separado do resto con unhas tablas, e tamen nun cortelliño estaba un porco que era parte de seu sustento anual, unha vez feita a matanza, alá polo mes de Decembro.
 Deiteronse despous de trancar a porta, con aquela tranca que a cruzaba dun lado a outro, e que estaba reforzada cunha barra de ferro.
-         Mamá -dixo o rapaz- ¿é certo que hai Deus?.
-         Penso que sí - tardou un chisco en contestar a mai- ¿Por qué o preguntas?
-         Por nada. Cando é de noite penso moito neso, e en quén faría todo, sobretodo o ver a lúa e as estrelas aí colgadas. As veces dame medo pensar que podemos caer da terra hacia elas. ¿Sabes?.
-         Anda dorme- díxole a mai- xa terás tempo de pensar neso outro dia. O mellor cando sexas mais grande enténdelo ¿Quén sabe?.
-         Hasta mañá, mamá- e decindo esto virouse cara a parede e ficou  quediño.

………….   Continuará

miércoles, 4 de mayo de 2011

O INCIDENTE II



 Pasados un par de días xa se extendera pola bisbarra que algo caera do ceo o mesmo tempo que producira un forte estrondo.
 Os comentários de todos eran identicos, solo habia unha diferencia na localización. Os da comarca do Val do Tuela falaban de que suceder polo alto do Marabón os do Concello de Lubián que fora pola serra, e os da zona de Porto decian que na súa serra camiño do Lago.
 Parece que a Guarda Civil estivera investigando sen chegar a ningunha conclusión que puideran sustentar con algunha proba. Nada mais que as testemuñas dalgúns veciños, e se as comparaban coas de outros lugares, sempre pasaba o mesmo, todo igual menos o lugar onde puñan a caida do suposto “penedo”.
 Habia nas cantinas da comarca, desde Vinhas hasta Porto de Sanabria e desde Requeixo hasta A Gudiña un ruxe ruxe constante. Xa se empezaban a notar por todos os lados os inventos dos lugareños, que en definitiva nin son tan crédulos como parece, mais sí le sacan punta a casi todo. Os chascarrillos estaban xa a orden do día. Incluso habia quen via no asunto unha mau negra con ánimos inconfesables.
 Na semana seguinte volvia a ser, no fin da mesma, día hábil de caza. Eu tomei a decisión de ir a cazar a zona, e ver se os personaxes  denominados como altas autoridades volvian a aparecer por alí.
 Durante todo o sábado non saí da zona: Castrillón, Lagoas, Piñeiro, Carbuizas, Estante e Millais, foron o meu punto de caza e vixilancia. Non sucedeu nada que me chamera a atención, hasta o empardecer cando xa case tiña decidido volver para a casa.
 Estaba eu no Canto dos Garridos, baixando hacia a estrada para coller o coche, que pola mañá o deixera na Portela dos Millais, cuando, ví  aquel vehiculo extrano que cerrera a comitiva na semana anterior.
 Decidí acercarme de xeito de non ser visto polo conductor do coche e acompañantes, se os tiña.
 Deile a orden o can de que me seguira pegado os meus pés, cousa na que estaba educado, sobretodo para cuando se iva a caza a usma. Cumplia o seu cometido a perfeción.
 Acerqueime a canteira pola alta do talud, agachado entre as urces, hasta chegar a ver o fondo da escavación . Cheguei tarde, pous o coche xa se marchaba de novo. Solo conseguí verle as luces traseiras. Pareceume que non tiña matrícula, polo menos non a vin.
 Cuando o coche desapareceu en dirección a Mezquita, baixei ó funil feito de maneira extraña para sacar granito de maneira intermitente, pous nunca o corte estuvo traballado de maneira constante. E os postos de traballo eran cativos e bastante mal pagados.
 Cheguei o fondo e non vin, igual que da outra vez nada extrano, solo unha marca branca no fondo, que daba a sensación de que se barrera a base granítica da canteira.
 Chamoume a atención que ós lados habia unhas casetas feitas con grandes bloques graníticos con cerraduras na parte frontal de grandes candados de aceiro, e que mirando polas regandixas que os bloques deixaban pude constatar que aquelo eran polvorins nos que seguramente gardaban a dinamita  os traballadores da canteira. Pensei que deberia acercarme o cuartel da Guardia Civil e preguntar polo que eu consideraba unha anomalía, pous deixar alí dinamita sen vixilancia era cuando menos, imprudente..
 O marcharme xa apenas sen luz, e o pasar diante dunha fraga das vellas, fixeime en que o musgo milenário da mesma, estaba desaparecendo. Pareciase bastante a cabeza de un humano cuando os médicos le aplican a quimioterapia. Tiña calvas a cachos. Esto quedou dando voltas na miña cabeza. Pasaría por alí durante o día para ver mellor aquela anomalía. Aquelo non me gustaba absolutamente nada, estábamos a vivir nunha sociedade bastante hipócrita e na que a información verídica, había que agarrala “infraganti”, en caso contrário, a verdade non se sabría casi nunca.
 Empezou a non gustarme nada daquelo que pasaba no Val dos Marcos e entroume un bule-bule no caletre que me decia que aquelo non era normal, e tiña que averiguar que pasaba na canteira, pous desde tempos inmemoriais, a bisbarra Xabresa sempre a machaqueran con todo tipo de escusas, mais ós seus moradores nunca, nadie os axudou e remontar o atraso secular. Escoiteile unha vez a un individuo de fora da comarca, mais que tiña responsabilidades e cobraba por elas precisamente, por traballar para a bisbarra, esto é un eufemismo, que a Sanabria era onde o vento decidía dar volta, mal se pode axudar a unha comarca se sé pensa así.
 Nunha das cantinas de Val dos Marcos, nunha tarde fría atopeime cun dos guardas,ó que le expuxen as minñas inquedanzas. A resposta foi: Non te preocupes mais que dos teus asuntos. Os dereitos minerais que conleva o arrendamento da canteira tédelos firmados. Polo tanto son legais.
 Aquelo solo fixo reafirmarme nas miñas tesis. Algo cheiraba a podrido por alí. Eu nunca firmera nada.

 Continuará…………..

lunes, 2 de mayo de 2011

NACIMENTO DUNHA REPÚBLICA DE VAL DOS MARCOS


Aquel día, coma case sempre, baixei ó curral lugar onde meu pai tiña a carpinteria. Estaba fecendo unhas portas pra  casa dun veciño, e pra non faltar a tradicción diaria, estaban de miradores-tertulianos, un par de veciños do lugar e o cabo da Garda Civil, chamada daquela de Fronteiras.
 O Pepe, dale que dale a garlopa e xunteira, e os outros a leriar sobre o acontecido na xeira ou na semana. Alí falabase de case todo, salvo cando habia alguén de uniforme, que entonces a política estaba desterrada das conversas.
 - Vendiste a vaca- preguntou un dos veciños ó outro.-
 - Non- contestou aquel-.
 - ¿Non a estuveron vendo hoxe- dixo o primeiro-.
 . Si, mais non daban o que vale. Terei que levala o dia dezanove a feira da Mezquita. Alí hai mais tratantes e mau será que non a venda. Total o recaudador non ven hasta os primeiros do mes próximo.
 -¿Non etiveran xa os Bejaranos mirandoa?.
 . Sí, mais no houbo trato.
 Eu estaba sentado na parte do banco oposta a onde traballaba o carpinteiro, escoitando, e un pouco abraiado pola confusión que metian no meu caletre cos nomes das orixes dos tratantes que viñan polo lugar a mercar as vacas.
 Cheguei a conclusión de que por alí viñan a mercar, xentes da zona de Salamanca como era o caso dos Bejaranos. Viñan de Galicia, as veces de Portugal, e en Hermisende habia un pequeno tratante-carniceiro, ó que chamaban o Manolo Xabrés.
 Cuando acabou a xeira, e meu pai subiu a cenar, estando a carón da cociña bilbaina, e coa mesa baixada, a min ocorreuseme preguntar a meu pai:
-         Papá, ¿Nos de onde somos?.
 Algo mosqueado, o carpinteiro, contestoume con outra pregunta.
-         ¿Por qué o dices?
-         Porque o ti  xxxx,  víronle a vaca, uns casteláns, uns galegos, as veces veñen portugueses, e a maioría das veces véndenle a res ó Xabrés. Supoño que nos non somos ningunha desas cousas.
 Miroume o pai con cara de coña, e chiscandome o ollo dixo:
-         Tés razón. Nos somos xente independiente, ainda que naide o sepa.
 En concilio internacional conmigo mesmo, e uns cantos anos mais tarde, eu soliño decidín declarar a zona do Val do Tuela e Gamoneda, A REPUBLICA INDEPENDIENTE DE VAL DOS MARCOS.
 Todos aqueles que queiran apuntarse, que deixen a súa aquiescencia aiqui, tamén se admiten comentários co rechazo, que se o considero oportuno poderei borralos.
 Para algo está a democrácia.