sábado, 21 de mayo de 2011

O INCIDENTE III


.
....... Xa paseran un par de meses, e non tivera mais noticias nin oira nada o respecto. Pasera varias veces pola canteira e non vira nada anormal.
 Cando fixen algunha averiguación atopei que os permisos da explotación, cuando menos, non eran de todo fiables, e no departamento correspondente que autoriza ou da informe medioambiental, parecía que non había nada de nada. Alguen se pasera a lei por debaixo do fiel da romana.
 Xa casi tiña olvidado o incidente. Nembargantes a mosca seguía á tela detrás da orella.
 Buscando unha posible derivación da via romana entre Bracara Augusta e a actual Bragança, desplaceime uns días a Vinhais, onde un amigo portugués, tamén afeccionado as cousas da antigüedade e que se ofreceu a acompañarme.
 Como sempre pasa nestas cousas, buscase unha cousa e aparece outra na que non se pensaba. Baixemos a beira do riu Tuela a ver unha ponte ramana reconstruida, en realidade de romana solo quedaba un cacho dun sillar. Acompañounos a sorte, e o sair outra vez pra vila, decidimos non ir polo camiño, senón por un souto de castiñeiros e atravesar unhas viñas. O pasar unha parede de separación de dúas viñas, vimos unha pedra cilindrica que nos chamou a atención. Aproveitando que por alí estaba un home facendo traballos, preguntémosle de quén era a finca e dixo que de él. Deixounos mover aquela pedra e descubrimos que era un miliario romano, cunha inscripción que pola banda enterrada inda puidemos ver o número do mesmo.
 Todos contentos subimos a vila, onde despous de por en coñecemento das autoridades da mesma o achádego, fumos a beber unhas “birras”.
 Estando sentados debaixo dunha figueira, aproveitando a sombra da mesma, vi un tipo que era o mesmo que vira na canteira. Era o que conducia un dos todoterreno no primeiro día.
 Pregunteile o meu amigo se o coñecia e respondeu que sí, que era seu curmán.
 Chamouno a presentoumo, entonces o mozo coñeceume, e díxome se xa se me pasera o enfado do dia en Lagoas.
 Contoume que xa non traballaba con aquela xente, que despediran que inda le debian un par de “xornes”, e pola maneira de expresarse chegueí a conclusión de que estaba moi enfadado cos responsables daquelas idas e vidas a canteira.
 Contoume que o contrateran para conducir, non so o todoterreno, senon unha retroescavadora, nunhas boas condicións económicas, mais que nunca a leveran a canteira e que de momento os traballos tiñanhos parados. Non sabí o porqué.
 Cando xa me ia, díxome: Ustedes deben ter moito coidado coa canteira. Hai un individuo pola zona, que se asentou por alí fai pouco tempo, ten moito diñeiro, e na canteira están tentando facer algo moi gordo e perigoso. Teñen de mau algunhas forzas da comarca e tamén da zona portuguesa. Coido que hai moito diñeiro en xogo, mais tamén moito perigo e mal para os habitantes da comarca, tanto da Sanabria como de Tras os Montes e as Frieiras.
 Non se fie de ninguén que teña capacide de decisión e menos das autoridades. Busque solucións con xentes honradas de España e Portugal.
 Marchouse sen decir nada mais, deixandonos a min e o meu amigo, cunha preocupación. Éste último aproveitei para contarle o que sabia.

 Continuará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario