lunes, 9 de mayo de 2011

DE CANCELADA A COVA DE LÚA (O TI PEDRO)


.........................
 A mañá seguinte madrugou, non tanto como a mai, que xa le tiña unha cunca de leite quente, despois de muxir unha das cabras, e xa as deixera xunto coas ovellas, na chousiña que tiñan arrendada cerca da casa.
 Acabou de comer o xexún  e agarrou o machado, un par de cuñas de ferro e o mazo pequeno e marchou o fondo dos prados a partir no carballo caido e facer uns rachos pro lume. Se os facia pronto, inda teria tempo de subir o monte e arrincar un cesto de torgos.
 Cando ia baixando pola canada, na beira dos prados, a Coimbra, saiu disparada e latindo seguido. Acababa de arrancarle unha lebre dos fuciños, que non a trabou por moi pouquiño. A lebre meteuse no monte e o rapaz chamou pola cadela. Non era ben deixala correr detrás da caza, pois podía remontarse, e no tempo de cazar teria problemas.
 Cortou tres cachos do carballo, ós que rachou coa axuda das cuñas despous de bourar coa madeira durante catro horas, chegou súa mai e entre os dous acarexeron a leña o lombo hasta a casa.
 Estaba collendo un aixadon para ir a sacar uns torgos, cuando a mai o chamou  decindole que habia alguén na beira do rio que preguntaba por él.
 Cando mirou paro o pasadeiro do rio, deu un berro de alegria e saiu correndo, e decindole a mai:
-         Hoxe sí que imos coller trutas, e vaime a ensinar a facer un tesón. Faille café para cando acabemos.
-         Bueno-dixo súa mai- ten coidado e dile o teu amigo que vos espero para tomar café.
 A mai quedou toda contenta, pois da aldea na que ela nacera, aquel home era o único que de vez en cando se acercaba por alí para ver como les iba, e pasaba horas e horas co rapaz. Ëste non sabia que aquel home, xa maior, rondaria os sesenta anos, era o único parente de súa nai que seguira falando con ela despois de haberse casado con seu pai.
 O abó do neno non quixo conocelo, a aboa tampouco, e desde que casara con Freitas, caseque naide queria saber nada dela, agás seu tiu. Era o carpinteiro da zona, e estaba viudo desde facia moito tempo. A muller morrera no primeiro parto xunto coa criatura que traia o mundo.
  O amigo do rapaz era irman do pai da súa mai. Él non tiña problemas de ricos e pobres, consideraba a todo mundo por ugual, solo via nos seus semellantes persoas coma el encima a sobriña sempre le querera sobremaneira, seguramente por ser auténtica.
  O Cigano non perdía ripio do que le decia e do que facia o carpinteiro. Xa sabia como tiña que coller o tesón dependendo de que houbera que tentar unha arraigada ou una pedra. Outra cousa era se a troita estaba asoada. Sempre habia que cercala de frente e a unha distancia prudente. Cuando están asoadas son perezosas, pero seguen a ser rápidas e non parvas.
 O vello carpinteiro vira meterse unha truta na pedra cabeceira dos Olmos, pouca xente sabia que alí sempre se agachaba algunha, e se o pescador o facia ben, caia no morral.
Entonces dixolle ó rapaz :
-         Mira, ven a tentar nesta pedra. Colle o tesón como te dixen pras pedras. Ten coidado, que, se hai unha truta, podete saltar por enriba do varal esquerdo, levantao mais que o outro.
 Entón o rapaz todo contento e algo nervioso, fixo todo o que le dixera, e cando cerrou o tesón tiña dentro unha truta de medio kilo, a que le tivo que axudar o seu amigo a sacar, pois entre o peso do tesón e os zapexos da bácora caseque que cai o rio.
-         Veña vamonos para a casa, xa temos trutas dabondo,-dixo o carpinteiro- temos que deixar trutas para outro día.
-         ¡Vale!, hoxe levamos mutas. A mamá vaise enfadar, pous caseque non ten graxa conque fritilas.
 Recolleron as cousas e a roupa e subiron a casa.
 O visitante trai un fardelo enriba do ombreiro, do que, cando estaban na casa saiu un cacho de pernil, unha botella de aceite e algunha outra cousa de comer. O que mais ilusión le fixo o rapaz foi unha auguaza de pan de trigo,feita naquela mañá  na “panadería” pois naquel día tocárale o vello o racionamento-.
 Tamen le traia uns zamancos, que él mesmo fixera para o rapaz, decindole que os tiña que probar por se non le servian, decindole de broma
-         A ver oh!,deixa de estirar os pés, pois cada ano tes que ter zamancos novos.
 O rapaz e a mai escacheron de risa, e ésta dixo.
 - ¡Válanos Deus!, ainda le quedan moitos anos, para deixaren de crecerle.
 Aquela noite, o tiu da Xabela, tal era o nome da mai do Cigano, ficou a dormir con eles, dormirian xuntos os dous na cama da mai do neno e ésta no camastro dél.
 Antes de irense a cama, deiteronse no poulo da entrada da casa, espereitando as estrelas. Nos finales do Setembro, o ceo parece que ten mais estrelas que nunca, e antes de aparecer a lúa no horizonte vense milleiros e milleiros delas facendo figuras, que o Pedro carpinteiro, tentaba enseñar ó rapaz pondole nome a cada figura. Ensinoule a Osa Maior e Menor, tamen a distinguir a estrela Polar, amosandole rectas imaginarias desde Casiopea, que tamen foi localizada
-         ¡Tiu Pedro!- dixo o rapaz-todo eso que hai arriba ¿fixoo Deus?
-         Creo que sí-respostou o vello.
-         Entonces-voltou o rapaz- Deus podeo todo, ¿Verdai?
-         ¡Cala neno!-dixo a mai- Non le faga caso leva uns dia coa mesma teima.
-         Deixao que pregunte, eso é bo.  Está na idade de averiguar cousas-dixo o ti Pedro. O problema é que nos saibámos contestarle ben. Mira, Xe Freitas, -tal era o nome  polo que o vello o chamaba- Chámese Deus, Natureza, ou como se queira, vendo as estrelas, ten que haber algo ou alguen que o fixera, pois senon todo eso non teria senso. E para nos os humans, se non houbera Deus, teriamos que inventalo.
-         Vale, xa é tarde-dixo Xabela- debemos ir a cama que o tio, mañá ten que voltar o pobo.
 Antes de irse a dormir, Pedro sentouse na fontiña, e botando mao da petaca púxose a liar un cigarro, ainda que xa apenas fumaba, de cando en vez debecía por  facer un cigarro con xeitiño, encendelo co chisqueiro de mecha, e mentras se ia desfacendo en fume, ensimismabase e perdiase nos seus pensamentos, que sempre acababan na súa falecida muller, e o neno non nacido.
 Carafio, pensou, a vida levanos e traenos para donde le peta, ainda que pensemos que nos a controlamos, é ela a que nos controla a nos.
 Alonxou os pensamentos fóra de sí, o escoitar pola banda do Cunqueiro aluar un lobo, cando os poucos segundos contestoule outro na zona da caleira. A vida de estes bichos tampouco era de desexar, ainda que a liberdade ben vale os sufrimentos que pode producir a fame e  o traballo de buscar con que quitala.
 Ergueuse, para ir a cama, e entonces douse conta de que a lúa xa ia alta, e que o reflexo da luz da mesma, nas follas dos chopos da beira do rio, mesmo parecia que eran de prata.Naquela época do ano caseque metidos no outono, dábale un color amarelante as follas, que a tardiña dos días a semellanza era como se fosen de ouro.
 Indo cara a cama pensou que de todolos xeitos, ainda que solo fora por aquelas cousiñas, xa merecia a pena vir a vida. Non comprendeo nunca a aqueles homes que todo o basaban en ter cousas, que o único para que le servian, era para sufrir por elas cando deixaban de existir. Coñecia demasiados casos de xente que na hora do pasamento solo tiña pena polo que deixaba.

 Continuará………..

2 comentarios:

  1. Boa historia xabrés!Sin qerer meter presión...creo que deberías escribir uma novela ambientada na epoca,nas xentes ya na zona que tu mellor conoces ya que si non queda escrita tal vez non tarde muto en olvidarse;ya sería uma pena.
    Fernikón.

    ResponderEliminar
  2. Algunhas das cosas que escribo, levan esa idea, outra cousa é que o consiga.
    Detodolos xeitos, pensei neso, mais pode dar demasiado choio, e xa sabes que son algo perguiceiro.

    ResponderEliminar