sábado, 21 de mayo de 2011

AMIGOS DE XUVENTUDE



 Queridos amigos, xa sabedes que a mente dos humanos é un mistério insondable. Fai o que quere, viaxa no tempo de diante atrás, é capaz de porte nun instante na lúa, ou de darlle unha volta completa ó universo, saindo desde o alto da Cachena dirección o orto e volvendo simultáneamente polo ocaso, sen que se note nada.
 Toda esta introducción, algo farragosa, ven ó caso porque hoxe sen saber o porqué, veume as mentes unha istória real como a vida mesma, vivida por min e dous amigos meus por Val dos Marcos, e nunha época xa lonxana.
 Vereis, sería alá polo ano 1959 ou 1960. Na aldea caera unha epidémia entre os chavalotes, que co tempo tivo difícil arreglo. Todos sen excepción collimos o vicio de fumar, cousa moi fodida daquela por varias razóns. A primeira razón era o diñeiro, daquela escaseaba casi tanto como o que vai escasear dentro de pouco. Segundo, aquela cousa do respeto os vellos, que non querian vernos fumar, sobre todo se eramos da familia- terceiro, de cando en vez o tabaco escaseaba, mellor dito non chegaba a aldea, cousa que, se me paro a pensar, chegaría a conclusión que entre a Puebla e Hermisende, habia un sumideiro de cuarteróns. Corramos un estúpido velo.
 O meu primo e amigo Eloi, e mais eu fumábamos como carreteros. As nosas mais corrian-nos co barredeiro cada vez que detectaban a infracción.
 Nunha ocasión na que o noso veciño e tamén amigo Amadeo, fora coa res, tocábale comer e dormir en casa da tia Maria Rosa. Era no inverno, o frio metíase hasta os cañotos, e como moitas outras veces, decidimos durmir na casa da tia Maria Rosa, e tamén durmia alí o Amadeo.
 Cuando nos deitemos, xa na cama, puxémonos a fumar un “peninsular”. Era o último do día. Había que aproveitalo pois hasta o dia seguinte xa non había mais, e despois veríamos.
 O Eloy e mais eu acabemos o cigarro, e a cabixa, tirémola pola fiestra ó camiño, e deixemola aberta para que Amadeo fixera o mesmo cando acabara.
 O decirle que cuando tirera a cabixa pechera tanto a ventá como as contras, o noso amigo desde a cama respondeu:
 Non vos preocupedes, pois eu  fumo  o cigarro hasta que me queima nos dedos, e despois chpo o que queda. ¡Non desperdicio nada!
 O amigo Amadeo era un tipo caralludo, xa vai un tempo que decidiu deixarnos, que sea esto unha pequena homenaxe na súa memoria, o mesmo que na do “LOY”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario