sábado, 28 de mayo de 2011

¡XA QUEDAMOS MENOS, EN VAL DOS MARCOS!


 Nesta semana que está a piques de acabar, en Val dos Marcos morreu a muller dun amigo, nai dun amigo.
 Coido que, ainda que tiña un fillo vivo, botaba de menos o home e o otro fillo. Dous son mais que un, e cando xa se teñen mais de noventa anos, tiran mais o mortos que os vivos.
 O marido da nosa amiga Edelmira, o “Milio” fillo do ti Laudio, era un bon amigo. Era un excelnte compañeiro na sega da herva e na seitura, e ainda que nada mais fose pola súa aficción a deixar sen viño os patróns, xa merecia a pena. Amigo, cando vou a aldea e paso por as Rozadas, moito me acordo de ti.Dixechesme algo, que teño en conta, e como unha boa sentencia coido que sempre tiveches razón.
 Quen queira averiguar do que estou falando, deberá  pasar o outro bando e preguntarte, ou esperar a que eu vaia, e o mesmo.
 Tampouco me quero olvidar daquelas xornadas cavando as viñas, e as paroladas na beira do Fervenzón. Alí caseque solo habia xente que gora xa non está, salvo eu. ”Tempo fugit”que creo que decian os romanos. Unha aperta.
 O fillo da nosa amiga, o Vidal, home moi parecido o seu pai, cunha vida chea de traballos, dentro e fora do pais, tamén era amigo, gran rapaz, honesto e moi bon compañeiro para o que se terciara.
 Tampouco me quero olvidar dos días de caza, cando habia que sacar un porco montés desde a media ladeira do Piñeiro, a “pulso”, hasta as Malladicas, e daquel día que estando de caza, ó día seguinte leveste unha chouriza feita pola “Delmira”, para que o meu fillo Hector, probera as chourizas  “dantes”
 Moitas gracias os dous.
 Da “Delmira”, ¿Qué podo decir? Nada mais que polo simple xeito de ser a mai e a muller de dous bos amigos, ela non podia ser menos que miña amiga.
 Non quero olvidarme de “Ladito”, que agora fica solo. Que todo le vaia ben.
 Tanto ó Céfiro como o Teófilo, xa les darei unha aperta cando nos vexamos e as irmás, acompañóas no sentimento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario