lunes, 2 de mayo de 2011

NACIMENTO DUNHA REPÚBLICA DE VAL DOS MARCOS


Aquel día, coma case sempre, baixei ó curral lugar onde meu pai tiña a carpinteria. Estaba fecendo unhas portas pra  casa dun veciño, e pra non faltar a tradicción diaria, estaban de miradores-tertulianos, un par de veciños do lugar e o cabo da Garda Civil, chamada daquela de Fronteiras.
 O Pepe, dale que dale a garlopa e xunteira, e os outros a leriar sobre o acontecido na xeira ou na semana. Alí falabase de case todo, salvo cando habia alguén de uniforme, que entonces a política estaba desterrada das conversas.
 - Vendiste a vaca- preguntou un dos veciños ó outro.-
 - Non- contestou aquel-.
 - ¿Non a estuveron vendo hoxe- dixo o primeiro-.
 . Si, mais non daban o que vale. Terei que levala o dia dezanove a feira da Mezquita. Alí hai mais tratantes e mau será que non a venda. Total o recaudador non ven hasta os primeiros do mes próximo.
 -¿Non etiveran xa os Bejaranos mirandoa?.
 . Sí, mais no houbo trato.
 Eu estaba sentado na parte do banco oposta a onde traballaba o carpinteiro, escoitando, e un pouco abraiado pola confusión que metian no meu caletre cos nomes das orixes dos tratantes que viñan polo lugar a mercar as vacas.
 Cheguei a conclusión de que por alí viñan a mercar, xentes da zona de Salamanca como era o caso dos Bejaranos. Viñan de Galicia, as veces de Portugal, e en Hermisende habia un pequeno tratante-carniceiro, ó que chamaban o Manolo Xabrés.
 Cuando acabou a xeira, e meu pai subiu a cenar, estando a carón da cociña bilbaina, e coa mesa baixada, a min ocorreuseme preguntar a meu pai:
-         Papá, ¿Nos de onde somos?.
 Algo mosqueado, o carpinteiro, contestoume con outra pregunta.
-         ¿Por qué o dices?
-         Porque o ti  xxxx,  víronle a vaca, uns casteláns, uns galegos, as veces veñen portugueses, e a maioría das veces véndenle a res ó Xabrés. Supoño que nos non somos ningunha desas cousas.
 Miroume o pai con cara de coña, e chiscandome o ollo dixo:
-         Tés razón. Nos somos xente independiente, ainda que naide o sepa.
 En concilio internacional conmigo mesmo, e uns cantos anos mais tarde, eu soliño decidín declarar a zona do Val do Tuela e Gamoneda, A REPUBLICA INDEPENDIENTE DE VAL DOS MARCOS.
 Todos aqueles que queiran apuntarse, que deixen a súa aquiescencia aiqui, tamén se admiten comentários co rechazo, que se o considero oportuno poderei borralos.
 Para algo está a democrácia.

10 comentarios:

  1. Pódese un engadir a isa república aínda que non se resida normalmente no Val dos Marcos e se vaia de vez en cando por estar emparentado cunha sobriña dun Xabrés da Teixeira ou algo así. Si se pode, faga o favor de apuntarme.

    ResponderEliminar
  2. Está vostede apuntado, e por ser o primeiro noméo-o primeiro ministro da República. Vaya pensando e facer leises a esgalla, pero solo xustas, e non queremos exercito.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Carallo! Si me vas a nombrar político e ademáis dos da primeira fila non quero que seguro non está remunerado (jajaja). O de facer as leis, non querría porque son persoa e aínda que o intentara algunha habíame de salir inxusta.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Toda una apuesta, Xabres!
    Siempre he considerado tu zona una particularidad... dentro (o junto) a otra particularidad. Lubián y la Tuiza están en pleno Camino de Galicia; Villanueva, Pías y, sobre todo, Porto tenían más relación con la Sanabria Central... y vosotros, cerca y lejos de todos lados - corrígeme si me equivoco.
    Estas son tierras de fronteras difusas. Fuimos provincia de ¡Valladolid! muchos años, nuestras iglesias dependen de Astorga o de Santiago, no de Zamora...
    ... que si sale adelante, contad conmigo :)
    Abrazos

    ResponderEliminar
  5. Particularidad... es verdad, en nuestra zona cada pueblo es una particularidad diferente del de al lado, aunque el lado sean el linde de un río. Leáse Riohonor español y portugués. La Alta Sanabria es en sí una singularidad, tanto por latitud, idioma y autocracia, aunque esto lo considero una virtud, que ha sido aceptada desde siempre.Ojalá que de esto aprendieran quienes tiene que regir los, mejor dicho, administrar los dineros de los españolitos,los que no quiere saber nada deste cambio de ciclo.
    ¡Uffff, perdón por la perorata,! pero escrita está
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  6. Xibelius, se me olvidó. Queda uste nombrado Maestro mayor da la República, para mayor gloria y honra de la misma.

    ResponderEliminar
  7. ¡Acepto encantado tan alto honor, aunque no lo merezca! :)

    ResponderEliminar
  8. Vexo que hai moi poucos republicanos interesados en Val dos Marcos. O manifesto leva mais de duascentas entradas, mais naide se atreve a adherirse.
    ¡Carballo!.

    ResponderEliminar
  9. Eu non me apunto porque xa teño a miña nacionalidade galega pero podo servir como embaixador ou algo do xeito e asino un tratado de paz entre ambas repúblicas.

    ResponderEliminar