miércoles, 26 de diciembre de 2012

ESTREANDO NOVOS CAMIÑOS




 Xa cheguera o progreso a Val dos Marcos. Ian facer unha atovia pola estrada nova, ou así.
 A estrada vella pasaba, no tramo das Portelas, pola soalleira. Cruzaba polo medio do Padornelo, Hedroso, e Lubian hasta chegar a Vilavella. Os lados quedaban lugares como Acibeiros, Chaos e As Hedradas. Un pouco mais alonxados estaban pola marxe direita camiño de Vigo pola vella estrada Villacastin- Vigo; O axuntamento de Pías e Porto e na outra banda o de Hermisende.
 Como aquela carretera traceran-na con moitas curvas, os politicos do momento decidiran facer unha nova. Seguramente sen tantas curvas.Mais curvas, mais tuneles; eu que adoito ser mal pensado digo, con mais comisións para arreglar a financiación dos partidos e de paso a dos dirixentes (vale, a de alguns).
 Fixose unha variante nova. Polo avesedo, por onde xea mais, con pendentes fortes, así de paso aqueles que teñan a má sorte de ter un accidente, ó mellor xa deixan de dar a tabarra, a aqueles que eles mesmos voteran.
 De súpeto alguen decidiu facer unha autovia. Viña diñeiro pola “jeró” da comunidade económica europea (fixadevos no nome, e o que quere dicir).
 A naide se le ocorreu arranxar o que habia, sacando tráfico por as dúas xa existentes, millorando a vida dos veciños das aldeas e que as vias de comunicación serviran para eso: COMUNICARSE.
 En Val dos Marcos tamén vivian persoas. Eran aquelas que por idade ou porque non quixeron, quedaran a vivir alí.
 Había un amigo meu que non emigrera. Seguia vivindo, daquel xeito no que se vive nas aldeas olvidadas da man de deus e o que é peor, dos politicos.
 Arrincábale todolos dias o sustento a aquelas terras ácidas, cheas de urces, xestas, bituminosa e graníto, con demasiado puco espazo para sacarle a terra algo que mellorera a vida dos que quedaban.
 Cando se enterou que viña a Autovia por aqueles lares ficou todo ledo. Por fin terian o mesmo que en Barcelona coa sua Autopista a Mataró. Igual que os de Madrid polo Guadarrama.
 Por fin xa cheguera o futuro a Alta Xeabra. A partir daquela xa vivirian mellor, pous  xa o decia a TV: As comunicación son fundamentais para a sociedade.(Nunca decian para cual).
 O meu amigo, que nunca usera nada do estado, pous o camiño hasta Lubián era da Diputación (así él estaba) pensou que agora xa eran chegados os tempos de ir mellorando.
 A capital da provincia quedaba, quedaba,…¡carajo!, práticamente a mesma distancia e percorrer esa distancia levaba o mesmo tempo.
 Bueno pensou, polo menos hasta Mombuey, hai Autovia. O mellor poñen unha delegación de todo en Puebla de Sanabria e hasta alí é a carreiriña dun can.(Xá).
 En definitiva él estaba convencido de que a autovia ia ser unha boa cousa para él e os seus veciños.
 Púxose maliño,un día a sangue con colesterol prodúxole un infarto de miocardio. O infarto foi pouco considerado con él. Atizoule un día de inverno cunha nevada daquelas que contaba os vellos. Donde menos neve habia, habia medio metro.
 Saqueron-no o hospital nun helicóptero. Era moi urxente.
 Os tres días, meu amigo estreonou a autovia. A neve xa remitira. A autovia estaba expedita. Desde Lubián a Val dos Marcos pasábase, con dificultad,pero pasabase.
 Así e todo o coche mortuorio era un todo terreno.



domingo, 23 de diciembre de 2012

UN BISPO NEGRO, NON É O MESMO QUE UN ARIO

      

    O BISPO NEGRO.

  Xa sabedes que en Val dos Marcos somos a reostia. Bailando, cantando, traballando pouco, criticando o veciño, axudando o veciño poucos, xogando ós paus en Hermisende, collendo bácoras no Tuela, facéndolle a pelota os “derriba”, e moitas cousa mais que agora non me dá a gana de enumerar, sobre todo aquelas que teñen que ver co “atajaná”, verba inventada polo meu amigo “Milio”, e que o parecer algunha vez fixo nas guindeiras da Costa.
 Nesta leria de inventar verbas, un especialista era o “ti Dario”. Aínda que este era mais amigo de facer frases novas que verbas.
 Sirva como exemplo, aquela vez que no mes de Agosto, baixaba do Camiño Novo, e o chegar a porta da tía Aurora, molladiño de arriba a baixo por mor de unha horrísona tormenta, ó decirle a veciña: ¿Qué Dario, ves mollado?. Ël respondeu: “mollóuseme hasta o mesmisimo Don Quixote”. Frase que non se deberia  despreciar polos lingüistas actuais, por aquelo que ten de recoñecemento do noso famoso “Escritor”. Senón sabedes do que vai, preguntade pola aldea de Cervantes de Sanabria e saberédelo por decir de calquera veciño da.
 Hoxe ésta léria vai adicada ó “TI” Dario.
 Nunha ocasión, naqueles días nos que era obligado ir á misa nas festas de guardar e “diomingos”, adoitaban no lugar , o saír de misa facer concello debaixo do balcón do ti Antoño.
 A min aquelas xuntanzas, ¿Qué queredes que vos diga?, gustábanme moito. Nelas podía coller a palabra calquer veciño, expor as súa ideas ou queixas e todo “quisque” escoitaba e debatíase sobre o asunto.Solo o referido a aldea,por suposto.
 Os que estaban e posesión da palabra, tentaban lucirse diante dos conveciños, e ás veces conseguianho. 
 Despous do concello quedaban corriños de homes (o concello era cousa de homes) falando de calquera cousa.
 Algún dia falaremos daquel matriarcado. Xa veremos.
 Debaixo do castañeiro, enfrente o raigame que o milenario árbore xa tiña o ventestate, e debaixo do meu sentalló, formouse un pequeno corro falando das cousas que se levaban daquela polas festas do Nadal. Había sete ou oito homes, o cura e un carabineiro, e tamén o famoso “ti” Dario.
 De todos é sabido que o cura e os carabineros non eran homes.Eran eso que os definia.
 Chegouse a conclusión de que todo aquelo das festas, era pros ricos das cidades, pous era demasiado caro, e enriba o turrón a hora de comelo facía que as encias boteran sangue. Aquelo era durísimo. Alguén dixo que era como unha pedra das de Rechouso.
 Entonces, o “ti” Dario criticando con moita razón o que pasaba mais alá das portelas e os que facían que todo aquelo dos precios fose como era, nun rauto de rabia forte, querendo criticar de maneira contundente ós, xa daquela, políticos inimigos do pobo, foi e soltou: “Mecago no Bispo, …..” e dándose conta de que o crego estaba diante, tratou de arreglar aquelo que podía ser ofensa e o peor motivo de querela polo representante do Bispado de Ourense, rectificou deste xeito:
 “Mecago no Bispo….Negro”.
 El quedou contente, e o crego tamén, notouse pola risotada que soltou.
 Non é o mesmo un Bispo ario que un Negro, ¡non Señor.!

martes, 18 de diciembre de 2012

¡FELIZ NADAL, BOAS FESTAS É POUCA ENVEXA!




                                                                ¡Xa choveu!


 Baixábamos polas Teixugueiras. A Lua xa estaba a media altura. Diante de nos ia a nosa sombra, remedando todos os nosos movimentos, e a demais, denunciando aquelas cousas que non queriamos que fosen vislumbradas.

 As manxoeiras ian agachadiñas nun saco de esparto para que non fosen vistas. Mais a lua, que non entendia de agochamentos, reflexábaas en negativo, xusto diante dos nosos pés.

 Eu,a medida que camiñaba, xa nos eidos do Prado Grande, andaba case a brincos tentando pisar na miña sombra, a ver se era capaz de deixala detrás de min. ¡Non o intentedes, sempre é tempo perdido!

 Meu pai, que ia a carón de min, díxome que él xa intentera noutra ocasión acompañando o seu, e non o conseguira. Sabia ben o que eu estaba tentando.

 Eran tempo de Nadal,.Habia que tentar ás camelas, pous dentro da frixideira serian a ledicia de toda a familia. Os peixes nas serras dos montes baixos leoneses, que eran aqueles, non por ser de mares de terra adentro eran peores que aqueles que viñan en camións, camiño de Madrid, e que o pasar polas portelas deixaban o seu arrecendo nada mais.

 Cheguemos a raia, no fondo de Cancelada, e nos prados de Parada, xa deixemos a primeira manxoeira. Eu, non deixei descalzar ó pai, crucei o Tuela a marxe esquerda e no fondo do prado do ti Salvador, armei a manxoeira.

 Cando íamos a cambiar de postura, berrounos o ti Marceneiro da Moimenta, que o parecer tamén andaba no mesmo. Charlemos un pouco de case todo. Fundamentalmente do mal que andaban as cousas. A xente pasaba fame. O que habia e Tras os Montes faltaba polas Frieiras e a Xeabra, e o revés. Encima os guardinhas e os carabineros tiñan demasiado celo polas cousas dos governos, e non facían a vista gorda.

 Se alguén queria que fixeran a vista gorda, deberia ter algo do que acusalos, cousa non demasiado dificil, pous eles tampouco nadaban na abundancia.¡Os que pasabas grandes cousas, nunca os collían!

 Seguimos hacia arriba, e a segunda, armémola no vello paso do fondo de Veigadiz a As Mendreiras. Era un lugar abenzoado polos Fados do riu daquel recuncho, pous alí como a sorte fose propicia é a primeira en entrar fora unha bácora, seguro que a manxoeira se enchía.

 No fondo das Callostra de Veigadiz armémola terceira, a cuarta debaixo do prado do ti “Lias” de Vilares, e hasta o Prado Grande non estaquemos a cuarta, que xunto coa da preseira do fondo de Penacoba, foron as dúas últimas.

 Cuando volviamos otra vez para a casa, volveu a sombra a porse diante de nós. Según meu pai, perderamos tanto tempo que le deramos tempo a lua a porse sobre as terras da Moimenta, e polo tanto facia que a sombra se puxera o reves da ida.

 O dia vintecatro pola mañá, cando íamos a levantar as manxoeiras, o empezar na de Cancelada, xa pensemos que nos levanteran a pescata, pous no fondo das leiras habia duas persoas. Menos mal que era o ti Marceneiro e o Marcelino da Moimenta, que estaban a guardar a nosa manxoeira. O parecer outro individuo xa quixera levala. Eles non le deixeron. Como despous me dixo meu pai ¡Eran uns bós amigos! 
  Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.

 Aquel Nadal, polo menos tres familias, celebremos con trutas as festas.

 O menú foi, mais ou menos: Caldiño de berzas. Alleiras. Chourizas. Trutas fritidas con pemento, allo e ben salgadas. Esterroxas a esgalla e despous do café un bon grolo de aguardente, despous dun bon café, pasado de contrabando desde Portugal.
¡Foi todo moi ben gorentado!

 ¡QUE APROVEITEN OS MANXARES DESTE PRÓXIMO NADAL, AMIGOS!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

¡ELES NON PINTAN NADA!




 Decian que non avisaba .Parece que é certo. Veu de repente e sen demasiado esforzo separoume da pesada carga dun corpo  de terra.
 Non fora nada dificil, incluso foi algo bastante agradable. Aquelo de deixar o corpo era agradable. Desaparecía a peasadez, e sentíase ún liberado de todo.
 Aquel acidente, nun primeiro momento produciume unha grande dor. Mais ó sentirme separado do corpo sentin un pracer enorme. Todo estaba ben.
 Todo indicaba que acababa de morrer. Xa escomenzaba a facerme a pregunta de por qué non acaecera aquelo antes.
 Estaba un pouco, mais ben un muto, desorientado. Non sabia que facer, nin hacia onde marchar.
 Decidí alonxarme da terra, como decian que o ceo estaba “arriba”, pensei en ir hacia alí. Pronto descubrí que o de ir hacia arriba era complicado. Simplemente non sabía onde era arriba, abaixo, esquerda e direita. Estaba noutra dimensión.Non tiña referencias polas que guiarme. Hasta que descubrí que o de ir de un sitio a outro solo era cuestión de pensalo, pasou un pouco de tempo.
 Pensei en ir o ceo, e de sútaque atopeime nas portas. Alí estaba un home cun feixe de chaves, que abrian as portas.
 Díxenle que quería entrar alí, e él pediume o certificado de boa conduta. Pregunteile que qué era aquelo, e dixo que sin él non podia entrar. Mirou nun ordenador pequeniño, mais de unha rapidez instantánea, viuse a miña vida relixiosa, e díxome que o tiña crú, nunca pagara nada a igrexa, e as veces falara mal dos cregos, o que era un grande impedimento. Deberia volver, pagar todo e entonces os representantes eclesiasticos darianme un certificado co que, unha vez abonadas a taxas correspondentes xa podía entrar.
 Decidí marchar a outro lado. Iria o inferno, pensei. Atopeime na porta e ó meu carón estaba un home ben vestido, con chapeu de copa, chaqué, unha enorme gravata e moitos aneis nos dedos. Debia ser o demo, ou un deles. Díxenle que quería entrar alí e él respostoume decindo que tiña que abonar a miña parte alícuota da hipoteca que os politicos en nome de todos os homes fixeran  sobre a estadía no inferno. Habia que pagar as infraestruturas. Eu non sabia nada daquelo, mais non me chamou demasiado a atención aquelo. Estaba acostumado as estupideces dos politicos e as súas maneiras de enguedellar ,os demais e sobre todo ás cousas.
 Dixen que non.
 Quedei un pouco, alí no medio da nada, pensativo. Decidín ver a Deus. Automáticamente estaba o seu carón. Mellor dito, sentíao cerca, vélo non o vía, so cambiu o meu entorno, decidin que era alí onde quería quedarme.
 Sonou a voz de Deus: ¿Qué queres?
 Quero quedarme aiquí con vostede, nun currunchiño pequeno  onde non estorbarei nadiña.
 ¡Non te deixeron entrar no ceo nin no inferno ¿Non sí?!. Amiguiño ahí, eu pouco teño que facer, deile liberdade e agora usanha so no seu proveito. Por min poderias quedar aiquí, mais terías demasiados problemas, o contacto coa miña enerxia, nun momento de descuido serias eliminado, e non foi esa a idea da creación.
 ¿Qué podo facer logo?- preguntei.
 ¡Tomar unha decisión!- Respondeu
 Decidin quedarme alí. Preferia desaparecer por un golpe de ENERXIA nun decuido antes que darle satisfación a demos, banqueiros, politicos e cregos.
 ¡Qué carallo, a fin de contas fóra a enerxía quen me creara ¡ Mal seria que non se me pegara algo, e se non era posible, sempre me quedaba a posibilidade de reencarnarme, nalgunha galaxia perdida nalgún lugar do universo futuro.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS, POR ANTICIPADO.





 Llegan los tiempos de fin de año. Son tiempos, eran, en los que las familias acostumbraban e repartirse entre sí, la miseria en la que estaban inmersos.
 Eran años duros en algunos sentidos, no en todos. Salvo deshonrosas excepciones, la gente era solidaria con el vecino. Claro que ya de aquella había los falangistas y los que vendían a su padre por absolutamente nada, solo por quedar bien con las llamadas fuerzas vivas.
 Bien situados los amigos lectores, (como decía alguien, tú desocupado lector), vamos a lo que queríamos ir.
 Llegan estas fiestas, y pensando en aquellos tiempos, la memoria de un viejo que todavía la conserva y quiere hacer buen uso de la misma, pensando en aquello, recuerda:
 Día veinticuatro de Diciembre. En Val dos Marcos había caído una nevada en los días precedentes, que para caminar por “os camiños”, hiciese falta ponerse leguis o borceguíes como también les llamaban. Los Chavales cuando salíamos hasta “As Airas das Pirlas”, o a la “Escaleira da tia Inxinia”, debíamos ir pisando sobre las huellas de los mayores, enterrando nuestra piernas hasta un poco mas de las rodillas.
 Llegaba la noche de Navidad. Era noche de cena fuera de lo común. Se hablaba de algo llamado turrón que al parecer se comía en las mesas, algunas, de las grandes ciudades. Ya digo se hablaba de él, pero nadie sabia como era. Decían que lo había duro y blando, que era dulce y que era típico de la Navidad. Se nos llenaba la boca de agua pensando en él y en aquellas mesas pantagruélicas en las que había de todo.
 A la hora de cenar, nos conformábamos, y Dios nos las diera ahora, con unas buenas “chouriças” algún otro producto de aquellos cerdos cebados con castañas. y, sobre todo, con aquellas “esterroxas”, recién fritas por nuestras madres, normalmente con pan de “centeo” anormalmente con “pantrigo” y con el aditivo de aquellas gallinas que eran capaces de volar mas de cien metros seguidos. Cosa vista por un servidor, su progenitor y un tío. Cierto es que la “pita”, escapaba de las garras de una águila que la quería de aperitivo.
 ¡Nunca he comido ningún postre que hubiese satisfecha tanto mi paladar!
 Cuando llegaron las fechas de Reyes, la cosa también tenia su… aquello. Se hablaba siempre de lo que traerían, cosa fomentada por “las maestras” de la época.(Eran todas de la sección femenina)
 Todos los años, sin excepción, siempre pasaba lo mismo. Los hijos de los Guardias Civiles presumían de que le iban a traer esto y aquello, cosa que se quedaba siempre en lo mismo de cada año; una imitación de un camión de hojalata, que sus padres guardaban de un año para otro. A mi lo que más me gustaba eran un par de gallinas de latón pintadas con los colores de las plumas muy vivos, y puestas de una manera muy ingeniosa de forma que parecía que estaban picoteando sobre un recipiente con grano, y que gracias a un artilugio que las hacia moverse, parecía que comían, pero lo mas de los más, era que hacían el mismo ruido que una gallina cuando comía entre pasillos y sobre el piso de madera de castaño.
 Con aquellas cosas éramos felices y al día siguiente ya todo había sido olvidado. Volvíamos a nuestras rutinas.
 De aquello ha quedado una cosa; que éramos amigos. Estábamos dispuestos a cualquier cosa por los amigos y nosotros, de manera personal, no importábamos nada. El importante era el amigo.
 Con el tiempo eso se fue al carajo. Como decía alguien que yo me sé” el que tenga oídos para oir, que oiga”.
 Si se me olvida por aquellas fechas : QUE TENGAIS UN EXCELENTE SOLSTICIO DE INVIERNO Y QUE LOS REYES OS TRAIGAN “ESTERROXAS” DE LAS DE ANTES.

lunes, 3 de diciembre de 2012

O PENEDO DOS TRES REYNOS



 Pasemos outro "finde", nesa terra de transición entre as chairas infindas castellanas e os lombeiros xa medio cansos e redondeados galegos. Esa fermosa terra que todos coñeceis como Sanabria y La Carballeda e que eu denomino como o facían  os meus antergos: A Xeabra. Teño a sorte de ter como lugar escollido pra nacer nun cacho de terruño espetado no medio do linde da Serra Segundera, As Frieiras e Tras os Montes. Unha parte do que se chama a Alta Xeabra.
 Ben, como dicía, este fin de semana pasado foi día de estar na terra da miña infancia e adolescencia.
 Como xa algúns sabedes, desde bastante mozo aprendín con xente xa morta, algúns deles se viviran hoxe terían mais de cento trinta nos, aprendín, decia, a quererle os montes e ladeiras daqueles lugares e tentar  cazar un coello ou unha perdiz. Durante unha época, a caza era a única maneira de levar a boca un cacho de xixa que non fora de porco. Inda que na comarca había moitas vacas, a carne delas comíase noutras mesas, a cambio de que os gandeiros troqueran os vitelos por catro perras gordas pra pagar con elas os impostos, que nunca o seu traballo xeraba.
 Nesta finde estiven paseando por enésima vez aqueles montes, acompañado da oitomesina, inda non, Lupa, unha cadela de raza Perdigueiro de Burgos,
 Desta vez estivemos nun sitio chamado O Penedo dos Tres Reynos.
 É este un punto xeográfico onde converxían tres reinos e inda agora converxen dúas Comunidades Autónomas e unha República.
 No lugar hai unha marra no alto dun penedo granítico onde, según a tradición popular, nunha ocasión  xunteronse  a firmar un tratado os reis de Galicia León e Portugal.
 Dí a tradición que a componenda dos reis foi tan larga que se le fixo de noite. De madrugada escoitaron cantar os galos de tres aldeas: Cádavos de Ourense, Moimenta de Portugal e Castromil de León
 En recordo daquela xuntanza quedoulle o nome o sitio como O Penedo dos Tres Reynos.
 Pódovos dicir que a Lupa progresa algo mais que adecuadamente, mais penso que en sentido inverso vai a progresión do seu amo. Ela xa empeza a ser os ollos e ouvidos naquela parte que le empezan a fallar o seu dono.
 Espero que entre os dous pasemos inda, unhas cuantas andainas tanto pola Cachena como polo Catrapeiro e a Escusaña.
 Outro día falaremos do governo, quero dicir das perdices.