lunes, 3 de diciembre de 2012

O PENEDO DOS TRES REYNOS



 Pasemos outro "finde", nesa terra de transición entre as chairas infindas castellanas e os lombeiros xa medio cansos e redondeados galegos. Esa fermosa terra que todos coñeceis como Sanabria y La Carballeda e que eu denomino como o facían  os meus antergos: A Xeabra. Teño a sorte de ter como lugar escollido pra nacer nun cacho de terruño espetado no medio do linde da Serra Segundera, As Frieiras e Tras os Montes. Unha parte do que se chama a Alta Xeabra.
 Ben, como dicía, este fin de semana pasado foi día de estar na terra da miña infancia e adolescencia.
 Como xa algúns sabedes, desde bastante mozo aprendín con xente xa morta, algúns deles se viviran hoxe terían mais de cento trinta nos, aprendín, decia, a quererle os montes e ladeiras daqueles lugares e tentar  cazar un coello ou unha perdiz. Durante unha época, a caza era a única maneira de levar a boca un cacho de xixa que non fora de porco. Inda que na comarca había moitas vacas, a carne delas comíase noutras mesas, a cambio de que os gandeiros troqueran os vitelos por catro perras gordas pra pagar con elas os impostos, que nunca o seu traballo xeraba.
 Nesta finde estiven paseando por enésima vez aqueles montes, acompañado da oitomesina, inda non, Lupa, unha cadela de raza Perdigueiro de Burgos,
 Desta vez estivemos nun sitio chamado O Penedo dos Tres Reynos.
 É este un punto xeográfico onde converxían tres reinos e inda agora converxen dúas Comunidades Autónomas e unha República.
 No lugar hai unha marra no alto dun penedo granítico onde, según a tradición popular, nunha ocasión  xunteronse  a firmar un tratado os reis de Galicia León e Portugal.
 Dí a tradición que a componenda dos reis foi tan larga que se le fixo de noite. De madrugada escoitaron cantar os galos de tres aldeas: Cádavos de Ourense, Moimenta de Portugal e Castromil de León
 En recordo daquela xuntanza quedoulle o nome o sitio como O Penedo dos Tres Reynos.
 Pódovos dicir que a Lupa progresa algo mais que adecuadamente, mais penso que en sentido inverso vai a progresión do seu amo. Ela xa empeza a ser os ollos e ouvidos naquela parte que le empezan a fallar o seu dono.
 Espero que entre os dous pasemos inda, unhas cuantas andainas tanto pola Cachena como polo Catrapeiro e a Escusaña.
 Outro día falaremos do governo, quero dicir das perdices.

3 comentarios:

  1. "O Penedo dos Tres Reynos", moi moi curioso.
    Unha testemuña oral do Reino de Galicia.
    Unha forte aperta, querido Xabres, e gracias por manter viva a nosa língua.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a tí pola túa atención.
    A lingua na que eu trato de expresarme, con pouco éxito a maioría das veces, é a que se fala nunha cincha pequena nos límites de Galicia, ou, se se quere da Sanabria. Como pasa con todalas falas arraianas as influencias dos límites son inevitables. No noso caso o antiguo LLyonés xunto co Galego e Portugués configuran unha maneira de falar caracteristica,á que penso que non deberia perderse.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. No debería perderse, de ninguna manera. Ya me gustaría a mi poder manejarla como tú, aunque el sanabrés de mi zona siempre fue un poco más "castrao" :)
    Y por cierto: yo siempre he querido creerme la leyenda de O Penedo.

    Abrazos

    ResponderEliminar