lunes, 2 de diciembre de 2013
INDICIOS DE ARQUEOLOXIA NA SERRA SEGUNDEIRA
SUBO UNHAS FOTOGRAFIAS QUE NO SEU DIA FIXEN NA SERRA SEGUNDEIRA. (Non indico o lugar concreto pra non animar os buscadores de tesouros)
Todas estas cazoletas, e algunha mais, estan nun radio de tres ou catrocentos metros. Ben poderia ser o sinalamento dun linde, pois hai linde de duas aldeas, mellor dito dos montes cercano.
De todolos xeitos é algo que seguro que se algún experto en grafia litica visitara a zona, a algúnha teoria chegaría.
Estou a disposición de algún Arqueologo ou similar que queira visitar a zona. Solo ten que porse en contacto conmigo, a través deste medio no que publico esto, e tamén pensar en que vivo en Vigo (Pontevedra), por aquelo de quedar de acordo nas datas.
domingo, 1 de diciembre de 2013
OS LOBOS DA PORTELA DE REBORDELO
Era o segundo domingo de Febreiro pola
noite. Durante o día os cazadores, fóramos, hasta as Baliñas
(Valiñas?) a tentar as corzas, coma todolos anos desde tempos
inmemoriais, pra facer unha farra de despedida da caza, acompañada
dunha cena da carne das ilustres saltarinas, carne, que despous de
ser posta no alto dun louxado, lonxe do alcance dos gatos, o ralente
das noites, nas que as xeadas eran capaces de encarouxar hasta o
aceite, era cociñada polas maus expertas no asunto da Celia ou de
miña tia Cecilia, dependendo da cAsa onde se despedira a caza.
Aquel ano tocaba manducar en casa dos
do ti Carlos, polo tanto era a Celia a encargada de estofar unha corza
macho, non demasiado vello.
Antes da cena, fóronse reunindo
todolos cazadores e os non cazadores invitados a pitanza. Incluso
apareceron por alí, por casualidade dous homes das Frieiras, que
foron invitados a cenar. Estes homes cando entreron na casa, levaban
unhas botellas de Terry, daquel barateiro, que agora dariamos algo bó
por gorentalo.
A hora da cena todo marchou como
estaba previsto, bon guiso con cachelos, bon estofado, bon viño das
viñas de Vilares, bon aguardente, feita nos potes as agachadas dos
carabineros, un bon café portugués pasado de trelo pola fronteira
de Cancelada e mercado en casa Neves da Moimenta, que xunto co Terry,
aportado polos frieireses, facian que dentro da casa fixera calor e
no louxado e xeada derretera.
Co comedor cheu de barullo das voces,
cantos e lerias, xunto co fume dos cigarros, a baraúnda era de pai e
señor meu. Cada quen contaba as suas aventuras. Se alguen poidese
escoitar e contar as distintas versións sobre a mesma cousa, sería
de premio. O mesmo lance xinegético contado por varias persoas,
transportaban ao ointe a lugares e momentos distintos. Eso era o que
mellor definia aqueles tempos nos que inda non habia o embarullamento
dos medios actuais de comunicación. So habia dúas radios na aldea,
a do Caxera e a do ti Dario.
Estando nesas apareceu por alí o
pastor, decindo que na baixada da portela de Rebordelo hacia o
Carballal, os lobos debian estar comendo algún becerro ou algo
parecido pous o bicho gorgolexaba forte, sempre coa mesma intensidade
e ruido. Díxo que todo se sentia dentro da matugueira de urces e
silvas vellas do cimo de Falgueiroá. Os cais das carrancas- decia- o
chegarense alí sairon correndo espavoridos e co rabo entre as patas.
Sen pensalo mais todos os alí
presentes tomaron a decisión de ir a escorrentar os lobos, e se era
preciso defuncionalos alí mesmo.
Cada quen foi polo seu trabuco, e
xuntándose no xogo dos paus, atendéronse as indicacións dos cazadores
mais vellos, que insistiron sobre todo na precaución de non pegarlle
un tiro o compañeiro, ou no espetalo nun pé propio, pois xa é
sabido que de unha escoba pode sair un tiro.
Cercouse a matugueira de marras, mais
alí non se escoitou nada, non se viu nada, nin sinal algunha tanto
de lobos coma de becerros mortos. Res de res.
Cando todos voltaban a aldea, os
últimos, que se entretuveran facendo un cigarro, escoiteron o famoso
gorgolexo que dixera o pastor. Aviseron o resto, e volveron sobre os
seu pasos, mais a cousa foi infructuosa, alí non habia nada nin
naide. Houbo quen dixo que, seguramente era cousa da mestura da
aguardente con viño e mailo coñac.
Entre risotadas, todos volveron a
quentar as cadeiras e bancos arredor da mesa, na que inda quedaban
restos dos brebaxes.
Durante as semanas seguintes, seguíanse
comen- tando os gorgolexos, que de cando en vez se escoi- taban. Xa case
era toda a aldea a que os escoitera, sempre sen saber quen o
producia. Aquelo era un verdadeiro mistério. O medo escomenzou a
adueñarse da comarca. As autoridades enpeceron a investigar,
viñeron especialistas da capital, os carabineros non foron quen de
dar cunha explicación o fenomeno que levaba camiño de convertirse no
misterio mais gordo da época.
Mais,.. un día....
Continuará.....
jueves, 28 de noviembre de 2013
OS XENIOS (E II)
Continuación...
Xa, acabada a frugal cena do caído na
regueira da porta do ti Pedro, e inda esperando o secado dos pantalóns
e do capote, sentados, todos arredor da lareira, pregueronle o home
que les contara a súa andanza polo castelo do Mouros.
“ Foi pouco tempo de reloxio o que
estiven dentro-dixo- Nembargantes mentras estiven alí, percorrin case
todo o que me foi dado coñecer. Mais tarde, cando saí, o Xenio
díxome que o tempo dentro, non tiña relación co de fora. A
relación seria de cada minuto de fora, aproximadamente unha hora
dentro.
Antes de deixarme entrar, o
Xenio, levome pola única entrada que o parecer servía para que os
humanos puideran introducirse dentro das entrañas do castelo e por
ende nas da Terra. Na beira do riu Gamoneda estaba un home cun
caxato, arrequedando os lobos da serra, que o empezar a nevar forte
nos altos buscaban algo de refuxio, ainda que aqueles eran lobos que
estaban o coidado do Santo Antonio, cual era o home do caxato, que
non os deixaba sair daquela zona pous eran os que tiveran que deixar
soltos os rixelos, despous de que fosen “arresponsados” polas
mulleres con poderes das aldeas dos arredores.
Cheguemos a entrada, a cual estaba
disimulada polas louxas da zona e as urces e xestas que a cubrian, non
deixando nin adiviñar que alí podia haber unha entrada.
Díxome o Xenio que dentro dos
subterráneos babia varios tipos de seres que os habitaban, que non
pasaria nada mentras él estivera conmigo, e que fora das galerias
subterráneas eran totalmente inofensivos, solo podian facer trasnadas
que as veces asustaban as xentes.
No que era o recinto do castelo, xa se
vian grandes cantidades de tesouros formados por moedas de ouro e
prata, dunhas civilizacións descoñecidas. Eran os famosos tesouros
dos Mouros, dos que falan as lendas. Estaban alí guardados e vixiados polos
Gnomos que eran os encargados deles, e tamén de ilos recollendo
daqueles lugares nos que estaban olvidados dos seus donos.
O Gnomos, eran os seres mais perigosos
de todolos que baixo a terra estan. Se te collen dentro sen alguen a
quen teñan respeto ou medo, entretéñense incordiando o incauto de
tal xeito que acaba toleando, e o fin morrendo de angustia e
desesperación.
Entre outros seres que pululaban por
debaixo da terra, os que mais me chameron a atención foron os
produtores dos metales, os que facian que as augas regueran a terra
por dentro e que tamén facian que abrollera na superficie, polas fontes.
Estes seres eran moi traballadores,
en realide non descansaban nunca. Por exemplo os que estaban
encargados de trransformar a enerxia da terra nos distintos metales,
hasta chegar o estado de ouro. Puiden ver unhas trabes enormes deste
metal, da que de cando en vez esparexian por distintos puntos case a
flor da terra para que os homes o puidesen encontrar, a maioria das
veces asociado a outros metais.
Os que tiñan como cometido o coidado
da auga, eran incansables, pous debian recoller a auga, unha vez
selecionada, despous das choivas e tormentas, canalizandoa por canles
preexistentes, ou creando-os de novo en caso contrário, filtrando de
novo aquela que volveria a superficie, facendoa pasar polos distintos
metais dependendo da función que logo teria.
Tamén estaban os espirius negativos,
eran algo así como os politicos, opuñanse a case todo, mais case
naide les facia caso. Como espiritus solo podian meterle medo no
corpo os mais inocentes e incautos.
O mais arrepiante de todo foi ver, o
volver a superficie, uns exercitos de esqueletes armados con escudos
e espadas, estas en forma de curz, e nos escudos outra cruz marcada.
Eran o famosos exercitos dos Templarios, que andaban as liortas cos
outros fanaticos do Islam, coñecianse polos seus alfanxes e
babuchas. Deles,en ambolos dous bandos solo quedaban os esqueletes, mais inda
alí facian ruxir con forza e xenio os seus ferros.
Habia representantes de outras relixions, mais naide
destas facia as mesmas cousas que as xa relatadas. Esas dúas xa
parecia que andaban cansas, pous contemplando os que non pelexaban,
as veces sentian envexa.”
Chegado a este punto, xa cos pantalóns
enxutos asi como o capote, o aparecido, entrou no cuarto a cambiarse
de roupa. Saiu xa vestido coas suas roupas.
Estando dandole as gracias os donos da casa, escomenzeron as campas a tocar a “maitines”. Etonces sonou un estampido, e arredor do xigante fixose unha fumareira e o Xigante desapareceu.
Estando dandole as gracias os donos da casa, escomenzeron as campas a tocar a “maitines”. Etonces sonou un estampido, e arredor do xigante fixose unha fumareira e o Xigante desapareceu.
Alguen dixo que os xenios do castelo
dos mouros, acababan de volver a facer burla dos veciños, coma
sempre.
Mais, o mais vello de todos dixo: Os Xenios non van nuca as igrexas dos cristiáns.
Mais, o mais vello de todos dixo: Os Xenios non van nuca as igrexas dos cristiáns.
martes, 26 de noviembre de 2013
OS XENIOS
Era unha noite do inverno do ano cristián de mil novecentos cincuenta. Había fiadeiro,coma sempre na casa do ti Pedro e da tía Xabel na aldea da Teixera, aldea que está a mil cen metros de altitude sobre o nivel do mar.
Polos camiños da aldea apenas se mantiñan de pé os veciños , pois xa facía unha semana que a neve se enseñorara de todo,e, polas noites, que quedaban estreladas con estrelas que bulían co friu, a xeada noite tras noite fora endurecendo a neve que o pisar nela era coma se fose cristal engraxado-As nádegas do persoal xa case que estaban coma as dos monos nalgunha época da súa vida, de tanto visitar a neve de maneira pouco amistosa.
Arredor do lume da lareira estaban os de sempre xente habitual daquel fiadeiro, lume que o ti Pedro non deixaba esmorecer achegándolle torgos e rachos de carballo cada vez que facía falta, colocándoos contra un trasfogueiro, que no seu dia debera ser un bo carballo.
A xente sentábase no escano que estaba arredor do lume, e que nunha parte facía tamén as veces de tabique que dividía a cociña doutra parte da casa, que estaba dividida con paredes de estuque. Desde a cociña casi se acedía o camiño. Sentíase a regueira da auga que pasaba por diante. Pra entrar na casa había unha pequena ponte para rebasar o cachón de auga.
Nun momento determinado sentiuse un ruído como se caese un cacho da casa, e ó mesmo tempo unha voz forte e rouca, que xuraba en mandingo ó mesmo tempo que se abría a porta e púñase diante de todos unha figura impresionante. Un home de case dous metros de alto embrullado nun capote de liño chorreando de auga pous resbalera na ponte da entrada e marchara de fuciños a caldeira, que pola neve e o carouxo que tiña o querer levantarse volveu resbarar (algunha das dúas formas verbais, terá que ser certa) e rebozouse por tódolos lados con aquela auga casi conxelada.
Pido por favor- dixo o recien chegado- que me deixen estar un pouco a carón do lume pois estou a punto de quedarme teso coa friaxe.
Levantouse rápido a tía Xabel e acercouse o home dicíndolle que se quitara o capote para tentar secalo, e que se acercara o lume. Colleule o capote ó home e colgouno na gramalleira, quedando as vistas uns pantalóns tamén de liño moi mollados e uns zamancos que case parecían barcas do xeito. En vista do cal o ti Pedro díxolle que le deixaba uns pantalóns, pra por a secar os que tiña postos, foron a unha das alcobas e cando volveron as risotadas sentíronse en case toda a Alta Xeabra. Os pantalóns dábanlle polo medio das canelas a aquel casi xigante, pous o ti Pedro apenas debería chegar os cento sesenta centímetro de alto.
Fíxolle sitio o forasteiro nun tallo, que acercou o lume e púxose a quentar as maus e frotabase todo o corpo para ir entrando en calor, cousa a que axudou moito uns grolos de aguardente dunha botella que le arrimou a tía Xabel.
Cando entrou en calor o recien chegado, a preguntas dos presentes contou o que le pasara alí onde o riu Gamoneda entra en terras portuguesas, mais abaixo de Bouzadecristos, no famoso e encantado castelo do rei Bamba.
Viña eu, camiño de Castrelos desde Bragança- dixo o que agora parecía un espantapaxaros- e o chegar a aldea portuguesa de Cova de Lúa, o cabalo que traia, quebrouse unha pata, entón tratando de entablillarla para deixalo quedar alí, fíxoseme de noite e trabuquei os camiños, acabando rendido e moi cansado na beira do castelo, alí onde están os vestixios das minas nas que en tempos os xenios arranqueron tesouros que había enterrados, aínda que agora din que si as minas as fixeran os romanos, cousa que non é certa. Xa non podía case camiñar, pois por alí xa a neve era de certa espesura, e empecei a laiarme e clamar a Deus pola miña situación, todos sabemos que en apuros facemos iso, e El apiadouse de min mandándome un intermediario; era un Xenio dos que habitaban no castelo, que según me dixo, aínda que él era adorador de Alá, recibiu a orden do Deus dos cristiáns, e él non podía desobedecelo, seria como desobedecer a Alá. Despous de ensinarme o castelo por dentro e amosarme a vida dos seus moradores e todas as cousas que alí hai, nun abrir e cerrar de ollos deixoume eiquí na súa porta. Agora se puidera ser, como xa estou entrando en calor agradecería unha taciña de caldo se non fose demasiado pedir.
Caldo que con toda a dilixencia do mundo le serviu a tía Xabel dicíndolle que era requentado pous era do que eles cenara aquela noite. Caldo que según o forasteiro, era o mellor que gorentara na súa vida.
Prometeu referir as súas andanzas co xenio dentro do Castelo dos Mouros, mal chamado do rei Bamba ou do Mau Veciño.
Continuará o relato.........
lunes, 11 de noviembre de 2013
¡DEVUELVAME MI VOTO, ISIDORO!
Uno, que está convencido de que la
evolución de la humanidad existe y es irreversible, se encuentra con
los altibajos de esa evolución sobretodo en lo que respecta a las
individualidades de esa humanidad.
La evolución es y existe a pesar de
lo hombres y mujeres, que con demasiada frecuencia intentan
aprovecharse de sus congéneres y, consciente o inconscientemente, a
lo mejor solo hacen que esa evolución se retrase.
Este pequeño preámbulo, creo-lo
necesario para poder reafirmar mi teoría, en este caso relacionada
con el momento actual en el que se encuentra la relación de esa
casta política y nosotros: el pueblo llano.
Cuando se inició el cambio y nos
vendieron que aquí se había instalado la democracia, uno que es
bastante ingenuo, se lo creyó y se ilusionó pensando que a lo mejor
el pasado, pasado estaba y que a partir de entonces todos íbamos a
colaborar unos con otros para que la vida individual dentro de la
colectividad fuese digna, y que nadie se pusiese sobre nadie, ni se
aprovechase.
Desde aquella han pasado por La
Moncloa seis o siete presidentes de gobierno, sobre los que ahora no
voy a criticar aquí, salvo a uno que tengo todo el derecho del mundo,
pues en mi ingenuidad le voté y supongo que mi voto también sumó
para auparlo, lo que me da ese derecho.
Estoy hablando del señor González,
don Felipe. La última vez que se presentó decidí no volver a
votarlo y eso que no conocía lo que sé ahora.
Ya me llamó la atención una ocasión
en que se desplazaba en un Mercedes, y un periodista le preguntó
como se podía ser socialista y desplazarse en un coche de alta gama.
No cuadraba, como casi siempre, lo predicado con lo hecho. Él se salió
por la tangente diciendo que él lo que quería era que todos los
españoles tuviesen uno. No sé si sabia que estaba inmerso en una
sociedad capitalista, que para nuestra desgracia era lo que era,
gracias a un consumismo feroz y provocado.
Ahora resulta que se monta una
fundación cuya razón de ser es el estudio de su figura. Seguramente
a mayor honra y gloria suya. Yo mas bien la llamaría “Fundación
para la contemplación del ombligo, de un ególatra”
Otros presidentes también tienen sus
fundaciones. Todos deberíam explicar de donde salen sus fondos y en
muchos casos como son recaudados, pues todos aquellos que salgan del
erario pública deberían ser puestos en conocimiento de los
ciudadanos que son los que en definitiva son víctimas de los
impuestos.
Llegado a este punto, y como a uno de
esos presidentes le di mi confianza y mi voto, por lo que prometió,
es por lo que ahora desde aquí quiero decir:
“Señor González , la confianza
depositada hace mucho que la perdí. Ahora me gustaría que me
devolviese el voto, por mí, mal gastado, ya que no puedo hacer nada
para evitar ese embolsamiento de dinero, que aunque legal, no lo
considero ético, me refiero a esos sueldos a los que se han
apalancado ustedes, expresidentes, aparte de las fabulosas pensiones
que se han asignado, que cuando ustedes quieran se las cambio por la
mía”
De otros presidentes no puedo decir
nada pues nunca les he votado.
sábado, 9 de noviembre de 2013
XA ESTÁ
Tíñanme falado moito do avó
Perfeuto de Lubián. Seguramente quen me falaba del, tíñale un
cariño especial, non en van, comera con él as mellores sopiñas alá
no alto da serra, nas lindes cos montes de Porto de Sanabria.
Un dia no que eu andaba a percorrer o
nascente do Tuela, ese que baixa pola serra de Chaos, lamendo as
ladeiras con morrenas da de Lubián, deime de bruces co espiritu do
avó Perfeuto. Ainda que non o acrediteis, sabede que os espiritus
libres e amantes da terra na que se desenroleron desde pequerrechos, unha
vez que finan, adoitan visitar aquelas paraxes nas que transcurriu
parte da súa vida, cando o espiritu andaba loitando por desenrolarse
hacia un estadio mais elevado. Tal era o caso.
Encontreime con él no alto do Moncalvo,
acercandome o Moncalvillo, desde onde vislumbraba o Alto da
Mermiñeira , o Tormo, o Llombo, O Castillón, Cabril e Valdecasares,
e divisando ao lonxe os serpenteares dos rios Tuela, Tera, Castro e
Bibey (Vivei), que nas súas ribeiras alimentaban os corzos, ese
animal tan escurridizo e o mesmo tempo tan babeco cando vei a un
humano.
Tamén vos teño que decir que os
espiritus dos antepasados, non se deixan ver a todo o mundo, coido que
solo por aqueles que tamén aman as serras dos seus antepasados e que
tentan de manter o recordo deles un pouco na memoria das xentes
actuais.
Na relación que, arredor, de un par
de horas mantivemos, decateime que él era consciente da miña
admiración pola súa figura, fomentada polo seu neto Xusto.
Nas relacións que se manteñen cos
espiritus dos devanceiros, que evidentemente nunca é falada, mais
ben de xeito telepático, e'moi curioso o que eles chegan a saber de
un, sen necesidade de contarlo. É como sé se levera tatuado na
testa. Saben-no todo, ou adiviñan-ho.
Sabendo do meu interese tanto pola
Pala dos Albardeiros como polo Caneiro das Bruxas, guioume hacia eles
para ensinarmos. Como inda naide vestido con pel e ósos coñecera.
Ó primeiro que me guiou foi a Pala
dos Albardeiros, notábase o seu cariño espcial polos montes de
Lubián, a terra que le dera a forma, na vida pasada del.
Cheguemos os fuciños da pala dos
Albardeiros. (Non dubido que non fai falla describir unha pala. A do
pan é Pá.) e unha vez introducidos dentro, eu quedei un pouco
sorprendido, pous aquelo xa o vira na ocasión que tiven
anteriormente, seguindo as instrucións do Xosé, hirmán do Xusto.
Daquela a Pala era poco profunda, non tiña inscripcións por
ningures, a pesares de que eu pensaba que a vereda da idade media
adiante podia ter algo que ver na sua orixe. Non era así, o parecer.
No fondo, e a man direita, habia un
crollo grandisimo (grandismo, según meu sogro) e o avó insinuoume
que resbalera por detrás del.
Resbalei polas costas da fraga e caín
nun espacio amplo e diferente a todo o coñecido onde parecia que o
tempo estaba detido. Tiña unha grande vantaxe aquelo, pous podias
desplazarte por cousas. Tempos e circunstancias que se te ocorreran.
Cousa que era como facer “zaping” na TV soamente co pensalo.
Amoséronseme cousas que algún dia relatarei, cando teña gana e me
pete.
Eu xa estaba lixeiramente acollonado
pous empezaba a pensar como sairia dauqela especie de pazo
subterráneo no que estaba. Dtro da miña caluga, sen saber como,
decateime de que o avó chiscabame o olloen. Cando me decatei de que
estaba no pozo da Moura, tratando de sacar da auga unha “bácora”
salmo fario, daquelas de antes, negras coma chamizos e pelexonas hasta
deixarse sacar por esgotamento, e xa case mortas.
Mirei hacia arriba, onde están as
Muradellas, e como se fose de noite pecha, vin unha estrela guiñando
coma os chisques do avo. Prometinlle que logo iriamos a Canada das
Bruxas, se él me contaba algo. Dixo: ESTA FEITO.
domingo, 27 de octubre de 2013
¿DEJAREMOS A LOS POLITICOS QUE NOS DEJEN ESCLAVIZAR?
Queridos amigos: Hay veces que uno
quiere denunciar lo que cree una injusticia, pero no sabe por donde
empezar.
En el siglo pasado, un profesor o
mejor un Maestro que tuve, me decía siempre: empieza por el
principio. El problema es que no sé cuando fue el principio.
Veréis; vivo en un barrio de Vigo
llamado Teis. Barrio de gentes trabajadoras que hasta no hace mucho
tenían en los astilleros, industria auxiliar, y Citroen en la otra
punta de Vigo, donde ganarse el sustento, comprar un pisito e ir
tirando camino de ese lugar al que todos algún día llegaremos.
No hace mucho, también por aquí,
comenzó a hablarse de ese monstruo que nadie conocemos, pero que
vistos los resultados, debe existir. Me refiero a LA CRISIS.
Decía que comenzó a hablarse, pero
no parecía afectarle al bario. Bueno decía yo, a lo mejor por aquí
no ha llegado, o los vecinos tienen alguna reserva para estos casos,
a fin de cuentas por aquí hay varias iglesias y también están los
jesuitas con su colegio, y a lo mejor todos conocen aquello de la
Biblia de las vacas flacas y las vacas gordas, y han obrado en
consecuencia.
La curiosidad hace que uno indague el
por qué de las cosas, hablando por aquí y por allí, legué al
convencimiento de que muchas familias sobrevivan gracias a que en
muchas casas vivían “los abuelos”, seres que tienen una pensión,
no de demasiado holgada, pero que con la casita pagada, podían
aguantar los gastos de la misma e ir arreglando la despensa
diariamente, gracia al buen saber y hacer de aquellas mujeres
habituadas a salir adelante con sacrificios y a veces haciendo casi
milagros.
Pero la cosa parece que se ha agravado
de un tiempo a esta parte. Las entidades financieras han colaborado
lo suyo, y creo que los políticos mucho mas.
Primero se empezó a advertir el
cierre de los pequeños comercios. No tengo datos reales, pero a ojo
de mal cubero, en la zona del barrio, casi podría decir que el 40%
han cerrado, y un buen porcentaje tienen el letrero de se alquila o se
vende.
Los indigentes empezaron a abundar,
sobretodo por las mañanas y a las puertas de los supermercados,
plazas y bancos.(De estos han desaparecido, pues se habrán dado
cuenta de que a lo mejor les piden dinero a ellos)
Hablando con gestores de bancos de
alimentos para necesitados, uno de ellos me aseguró que están
proporcionando comida a unas dos mil familias en Vigo. Solo cuentan con la
aportación voluntaria de los ciudadanos. Ya sabeis que los políticos
en este caso miran para otro lado.(Sinó mirar la que hace la
alcaldesa de Madrid, multando con hasta 750 €, a los que se vean
obligados a dormir en la calle. Si tuviesen ese dinero me imagino que
podrían dormir en el mejor hotel de Madrid).
Desde hace un mes vengo observando
algo que me horroriza, me llena de angustia, frustración e
impotencia; Todos los días, desde hace ya demasiados, veo hombres de
mediana edad, vestidos con dignidad, a veces necesitarían algo mas
de ropa porque ya empieza a refrescar. Estas personas buscan algo que
comer en los contenedores de basura, supongo que para llevar a casa, si
encuentran algo.
Esta mañana he visto visitar al mismo
contenedor a tres personas distintas.
Me pregunto ¿en que tipo de
civilización estoy inmerso?, ¿Porqué cada día hay mas millonarios
y mas pobres, sin que los políticos tomen cartas en el asunto?.
Claro que no me extraña viendo o leyendo lo que dos expresidentes de
este país están llvandose por no se sabe muy bien la razón, cerca
del millón o más de € al año. Y lo que mas me jode es que el
Sr. F. Gonzalez (socialista), haya creado una fundación para mirarse el ombligo.
Por si no lo sabeis una fundación es algo creado para evadir
impuestos legalmente.
Yo, que en otros tiempos hice la
“mili” cuando era obligatoria, que allí me enseñaron a manejar
armas, dinamita y otros explosivos, le digo a los políticos que si
me veo en la necesidad de buscar comida en los contenedores, la
buscaré por otros medios mas contundentes allí donde exista, y no
la de mis convecinos. Si sale bien tendré comida abundante y si sale
mal en la trena me darán de comer. ¡Es una pista!.
jueves, 24 de octubre de 2013
NOITE DE SAMAIN
APROVEITANDO A FUNCIÓN DAS ÁNIMAS
O saír da escola todos apalabrémonos para ir a esperar a “res” as Touzas, e mentres esperábamos faríamos un magosto
A maneira de facer o magosto, daquela, era sinxelo, apañábamos unhas cuantas ducias de castañas, tirabámolas enriba dunha carqueixa grande e espesa, chegabámoslle lume e a esperar a que se asaran.
Mandaban os cánones do bon magosto, amordicar as castañas, para que non estouparan, aínda que sempre había un “gracioso” que as botaba enteiras.
As castañas o estar enteiras, cando lles apertaba o lume, inchaban e estoupaban, o problema non era que estouparan, era que desfacían o lume e mandaban pro nabizo o resto de castañas.
Sempre se repetía a mesma leria, un lume que se desfai, e, como xa era sabido, estaba preparada outra carqueixa na que xa naide tentaba esbaragallar, tanto o lume como os bullós.
Provistos cada un co seu pauciño escarbábase na carqueixa e íanse sacando as castañas e facendo e limpando os bullós, que case sen solución de continuidade ían escaldando as gorxas de cada un.
Dentro da pandilla de magosteiros había unha representación da fauna rapacil do lugar, desde os pequenos de sete ou oito anos hasta os de quince ou dezaseis. Estes últimos xa estaban case en “capilla”, para formar parte da mocidade, tamén eran os que levaban a voz cantante e sobre todo falaban de cousas que unhas veces escoitaban con ledicia os mais pequenos, sobre todo se as faladuras eran de mozas ou mulleres, e aterrorizaban cando escomenzaban a falar de cousas truculentas.
Naquela tardiña, antes de que chegara o pastor coas ovellas e cabras, escomenceron a falar dos mortos, das súas ánimas e dos seus lamentos e aparicións. Na noite habería unha “función” na igrexa, onde o cura e mailo sancristán cantarían latinaxos, e recadarían diñeiro para poder sacar algunha alma do purgatorio.
Había poucos dias que finara un veciño, como de costume a maioría dos rapaces estiveramos vendo como facían a cova no sagrado, e contando as caliveras que dela saian. Saíran catro en perfecto estado de revista, e unha tiña todiños os dentes e ben blanquiños. O faltarlle os morros e as fazulas de carne, mesmo parecía que estaba a rir.
Chegou a noite, e despois da cea, as campas tanxeron a morto como era costume na noite dos defuntos. Aquelo xa arrepiaba bastante.
Todos queriamos ir o cemiterio, pous era alí onde o cura e o sancristán facían a función, chamaban polo seu nome os mortos, previo pago por parte dos familiares, e así de sepultura en sepultura, case sen deixar ningunha. Digo case, porque algunhas, poucas, saltábanas. Mais tarde entereime que era por falta de soltar algo o cura ou porque xa non había parentes que le re-ceran.
No medio da función, ben sexa por necesidade real ou por que o medo chegaba hasta as orellas, a min entroume unha necesidade enorme de facer algo que ninuén podía facer por min. Como o asunto cada vez ía a mais, tomei a decisión de ir a baixar o pantalón, como se decia daquela, e con unha dose de medo raiando no pavor, metinme nas ruínas dunha palleira cerca-na.
A palleira tivera dúas entradas, unha para os carros e outra mais pequena por onde sacaban a herba. Fun pola dos carros. As pernas xa ca-seque no podían comigo, tremían como as follas de chopo no outono.
A necesidade era imperiosa, e case na mesma porta agacheime a descargar. Estando nesas sentí dentro da pallarega uns pequenos lamentos, e xa non quixe descargar mais, cos pantalón case no fondo das pernas, e estas elarafuzadas saí correndo e malvestidome dereitiño a onde estaban os parentes cos que fora a función.
O verme chegar tan alporizado inquiriron o porque daquel sofoco, e eu solo soupe dicirlles: hai algunha ánima na pallarega, e debe estar pasándoo mal pous queixase de seguido.
Solo le escoitei dicir : Ten moito coidadiño, non sexa que esteamos a facer un neno, sen alma.
martes, 22 de octubre de 2013
O MALUCO
O Maluco.
Chegáramos alí como podiamos facelo
noutro lugar. Pero fora alí mesmo e naquel mesmo día.
A romaria era a de todolos anos .
Xente dando voltas por todolos lados, orquestas e músicas en cada
corruncho. A xente nova bailando, a menos nova bebendo e comendo
algunha cousa nos diferentes postos onde se vendian viandas e viños
da comarca.
Na entrada do atrio no que se facia a
romaria, daban un pequeño folleto cos distintos aconteceres
previstos na xornada.
Chamoume a atención, que, no apartado
dos discursos politicos, (haberia eleccións os poucos días,) chamoume
a atención, decía, un “spyker” ó que le chamaban o Maluco.
Preguntei por aquel Maluco, e
dixeronme que o nome cuadrabale porque según a maioria, estaba doudo
ou louco, polas cousa que decia.
O parecer chegara o lugar un par de
meses atrás, facendo profecias e decindole a todo aquel que queria
oilo que o dia da festa el desapareceria dalí e que como non
aprenderan as lecións que levaban recibidas, acabarian todos de
esclavos, de uns deuses descoñecidos, mais moi tidos en conta por
todos.
Parecia, tamén que tiña moitos
detractores, a maioria, e moi pocos que le fixeran caso. Era bastante
incordio escoitalo pois non deixaba títere con cabeza.
Unha das cousa que mais repetia era
que todos tiñan que sacar a cabeza que tiñan enterrada na terra,
como os avestruces, e coller cada quen o seu destino na súa man e non
deixar que ninguen os dirixira cara a algún precipicio sen retorno.
As autoridades vivas tenteron facelo
calar, e mesmo deportalo fora do lugar, mais non foron quen de facelo.
A sua vida era exemplar. Tiña alugada unha pequena casiña na saida
do lugar, pagaba puntualmente o convido co dono, axudaba a todo o que
le pedia axuda e sermoneaba a todos.
Pra o dia da festa, o periodico do
lugar conseguira que puidera subir o estrado onde ian falar os
aspirantes a politica da comarca, decindole que poderia falar se
mencionaba o Diario local, como o mellor sitio onde informarse de
todo.
Cando foi a quenlla do Maluco, o revés
dos aspirantes ós postos politicos, él abroncou os votantes
dicindoles que todos os males que les acaeceran terian eles a culpa
por no votar con sentidiño, pois xa debian ter demostrado e saber que,
aqueles de sempre o único que querian era manter o seu “estatus”
e o dos seus, sen necesidade de que houbera advenedizos que le fixeran a
conpetencia.
O Maluco faloules no mesmo idioma que
as xentes falaban, os aspirantes a politicos no idioma dos ricos é
dicir no idioma da capital do reyno.
O balbordo que preparou foi monumetal,
chegou unha compañía de axentes comandado polo mandamais da comarca e do dono do periodico (non falara deles)
co ánimos de prendelo e darle un escarmento, pous non se podian
decir aquelas falsedades. Todos vivian ben porque eles os de sempre
estaban a velar polos seus intereses.
Non atoperon o Maluco por ningures,
parecia que o traguera a terra.
Polos montes colindantes, nos altos,
alí nas serras, escoitabase forte a clara a voz de alguén que
recitaba parte dos versos do afamado poeta de lixeiro equipaxe:
Por un camino en la árida llanura,
entre álamos marchitos,
a solas con su sombra y su locura,
va el loco, hablando a gritos.
…........................
. ….......................
Huye de la ciudad...pobres maldades
misérrimas virtudes y quehaceres
de chulos aburridos y ruindades
de ociosos mercaderes.
….........................
…...................................
Huye de la ciudad. ¡El tedio urbano!
¡Carne triste y espiritu villano!
No fue por una trágica amargura
esta alma errante desgajada y rota;
purga un pecado ajeno: la cordura,
la terrible cordura del idiota.
A.M.
sábado, 12 de octubre de 2013
jueves, 10 de octubre de 2013
QUERENNOS QUEIMAR, E MINTEN-NOS (Y 2)
Iglesia de San Ciprián, antes.
A Ladeira antes de arder.
Puente romano y catedral e Salamanca
¿Se salvaría en Los Arribes?
CONSUMATUM EST
Decíamos ayer:
Empezaron a moverse con un frente de mas de dos kilómetros de monte ardiendo. Con la orografía del terreno nunca se sabe que rumbo tomará el viento, pero hay algo que siempre sucede; si algo puede salir mal, saldrá mal.
Fué lo que sucedió. El viento no hizo ni puñetero caso de las predicciones de los técnicos, y mucho menos del delegado de la Junta en Zamora. Se empeñó en meter el fuego en la aldea y así fué, casi.
A las tres de la madrugada las autoridades debieron de asustarse, pués se corría el peligro de que algunas personas fuesen intoxicadas por el humo, al acercarse tanto el fuego, y arder aquellos hermosos castaños algunos de los cuales debían de ser milenarios, y decidieron salvar su pellejo político dandola orden de desalojar el pueblo. Cosa que fué hecha de forma demasiado imperativa por los agentes de la autoridad que habían recibido las ordenes. Solo diré una cosa, la persona mas joven desalojada tiene sesenta años.
Por cierto se ha hablado de la Cruz Roja. Llegaron cuando ya casi el fuego estaba semi-extinguido, gracias a una tormenta providencial, y traían botellitas de agua y alguna manta. A nadie se le ocurrió que a lo mejor con unos termos de café y leche la cosa iría mejor.
Pasó el susto, volvimos a nuestras casas alrededor de la ocho de la mañana y con el fuego controlado nos dedicamos a dormir unas horas.
Cuando llegó la claridad del dia el desfile de las avionetas y helicópteros, ya no dejaba dormir, y el ruido se alargó durante tres a cuatro dias. Las máquinas no dejaron de trabajar, las cuadrilla deambulaban por la zona, aunque el fuego ya era historia, salvo algunos puntos donde los árboles centenarios daban los últimos estertores resistiéndose a ser convertidos en ceniza.
Cuando pasaron tres o cuatro días, recorrí parte del terreno y me encontré con que esas máquinas y cuadrillas habían hecho unos bonitos cortafuegos, aunque nadie se debió de dar cuenta que sobre lo ardido no puede volver arder por lo menos en unos años. Quiero decir que los cortafuegos están ahora en las orillas de lo quemado, no sé si protegen los carbones, o que significado misterioso encierran esa cantidad de horas de trabajo de maquinas y hombres.
Repito lo que dije en la otra entrada :Estaría muy bien que “quien corresponda” hiciese publicas las facturas correspondientes.
Cinco o seis días mas trade el fuego se reinició en el paraje denominado Lagoas de Baixo, y tambien en el terreno de Castromil ¿¿???..
Yo pregunto, ¿Por qué un fuego que fué controlado, según testigos presenciales, cuatro o cinco veces, continua, describe prácticamente un circulo y arrasa el 90 % del terreno de San Ciprián?
¿Porque el Delegado del gobierno de la Junta está empeñado en poner cámaras, allí donde los vecinos no las quieren?. ¿Por qué hace declaraciones e la TVCyl, en ese sentido, y dice que los otros incendios en la provincia fueron producidos por rayos y el de Hermisende fué provocado por los vecinos?
¿Por que se oculta que el primer incendio y el mas dañino procedía de Portugal? ¿Por que la Tv de CyL, no saca todas las declaraciones de vecinos completas ? ¿Seria por que algunas chocarían con lo apostillado por el Delegado de la Junta?.
No sé, hay tantas preguntas que no han sido contestadas, y que todos nos formulamos, que merecerían una aclaración.
Parece ser que los socialistas han llevado el tema a las Cortes Leonesas. Como en todo,no habrá claridad ninguna sobre el tema.
Creo que en la próximas elecciones, no me quedará mas remedio que votar a Wally.
miércoles, 2 de octubre de 2013
CASI ARDEMOS VIVOS. E MINTEN-NOSI
Bemvidos queridos e desocupados lectores. Xa pasou o tempo no que maduran os cereais, froitos e demais produtos que a Nai Natureza nos da, sen mais traballo que o de axudala un pouco, e pregar porque o temporal tamén axude, sen de masiadas xeadas, falta de chuvias e outras carallados tales como lumes e demais plagas do mundo moderno, que as autoridades competentes- (in), tentan controlar, non se sabe moi ben se con boas ou perversas intencións.
Desta última plaga é da que quero
empezar a falar despous de case tres meses sen meter os fuciños
neste eido da rede. Xa botaba de menos o contacto convosco.
Como case todos sabedes, os meses de
estio adoito pasalos na Alta Sanabria (Alta Xeabra), terra dos meus
pais e tamén na que eu vi por primeira vez a luz. Isto foi na
Curralada dos meus antepasados da Teixeira, terra na que algunha vez,
a xente gustaba de falar o Galego, que eles mesmos foran construindo
coas derivacións daquela lingua que tiña por norma e costume
declinar todalas verbas e verbos. Esta era a terra de miña Nai.
Algún dia falrei das suas raice mais fondas pois eran bastante
estendidas. Chegaban hasta a terra do Apostolo.
Mais tarde pasei a ser parte da terra
do meu pai, San Cibrao (San Ciprián) lugar que nas suas orixes
chamábase Hermisende barrio de San Cirpián en contraposición con
Hemisende barrio de Santa Maria. Desto xa falaremos noutra ocasión.
Ben, neste último lugar, que diría
Cervantes, é donde adoitamos perder o tempo, ou gañalo, según como
se mire, durante a maior parte do estío.
Este fin de estadía, foi un tempo no
que non desexo a naide que o pase, inda que sexa un enemigo.
Veredes, imos falar do lume, das súas
consecuencias, das súas servidumes, e seguramente dos intereses que
para alguén xenera.
Como quiera que voy a hablar de un
problema acaecido en la Alta Sanabria, y por si de casualidad este
humilde escrito fuere o fuese leído por esos personajes que dirigen
o quieren dirigir todo desde un despacho a cientos de kilómetros,
seguramente de maderas nobles, de los administrados, romperé mi
convenio conmigo mismo y escribiré en la lengua de Cervantes, con su
permiso.
A primeros del mes de Septiembre
pasado, un incendio asoló casi todos los castaños de San Ciprián,
y las tierras que rodean el pueblo por la parte sur. No fué
controlado y quemó una buena extensión de terreno. No se supo
quién lo había provocado, pero si se conoció la mala gestión en
la forma y manera de atajarlo. Pasó, el desastre estaba servido y
las cuadrillas, las avionetas y helicópteros junto con una
maquinaria que por allí deambulaba se dieron unos paseítos por
encima del pueblo, sin que nadie se atreviese a decir que carajo
estaban haciendo. La factura de este primer intento de apagar el
fuego, estaría bien que quien corresponda la hiciese publica.
A los pocos días volvió el fuego.
Ahora procedente de Portugal por la zona de los Tres Reynos- Según
algunos testigos el fuego estuvo controlado por tres o cuatro veces,
pero, ¡Hay los peros! El fuego se recrudeció por la zona oeste del
terreno de San Ciprián en el limite con Portugal y el vecino pueblo
de Castromil.
El viento se encargó de azuzarlo en
dirección norte arrasando unas cuantas hectáreas en dirección a
la portilla de La Canda, pero al llegar al Testeiro, el aire cambió
de dirección y comenzó a azuzar el fuego en dirección este
sureste.
A todo esto las sombras empezaban a
alargarse y anunciar la inminente llegada de la noche. El fuego
todavia estaba lejos del pueblo, y no se veia que los medios
contraincendios hiciesen nada por controlarlo, hasta que los aldeanos
nos dimos cuenta de que el pueblo corria peligro si el viento rolaba
hacia el sur de nuevo.
Al lado de la iglesia estabamos
reunidos varios vecinos, cuando aprecieron por allí unos
todoterrenos, con cuadrillas que tambien se dedicaron a contemplar el
fuego desde allí. No hay peligro, dijo uno que parecia llevar la voz
cantante, ha dicho el Delegado del Gobierno de la Junta que
meteorológicamente no hay previsión de que el viento cambie de
rumbo-dijeron. Fué casi una premonición de todo lo contrário. El
viento cambió y el fuego inició su camino monte abajo en dirección
al lugar.
Se les dijo donde se podia detener el
fuego, e incluso algunos se ofrecieron a ir a la Portela de Rebordelo
a intentarlo. Dijeron que ellos se bastaban, que no necesitaban la
ayuda de nadie que eran profesionales y que para eso estaban. Incluso
un Guardia Civil que estaba allí encarandose conmigo me dijo que
ellos eran los expertos, igual que un médico sabe como poner
inyecciones mejor que nadie y él es el que sabe.
Los ánimos entre nosotros no estaban
para bromas y la discusión se fué elevando de tono, tanto que el
que parecia encargado de la cuadrilla de “apagadores”, en un
momento dijo que si los vecinos no prendiesen el fuego aquello no
pasaria, pués según él el fuego habia sido provocado por vecinos.
Como no podia ser menos en aquel
momento le espeté, que si le volvia a decir semejante estupidez,
acusando sin denunciar a nadie o lo que es lo mismo sin pruebas,
acabaria delante de mi en el Juzgado de Puebla de Sanabria.
A raiz de esta discusión todos
empezaron a moverse, creo que sin un objetivo concreto, y como ya la
noche se habia adueñado de todo los “expertos” se fueron hacia
el monte a atacar, supongo, el fuego que ya en aquellos momento tenía
un frente de un par de kilómetros por lo menos.
Continuará....
jueves, 25 de julio de 2013
¡SO UNHA APERTA FORTE!
Chorei, chorei, a
piques de reventar. As bágoas non abrollaban nas fazulas, os ollos estaban
secos.
Primeiro a maldita
noticia. ¡ACCIDENTE!.
Despous a
incertidume. Estaban todos mortos?, ¿Sufriran
moito?. ¿Os feridos, eran moi graves?.
As nais, os pais
irmans, fillos e demais parentes, como estarian. ¿QuéN les ia dar a macabra
noticia?.
As nais, xa estaban
desfeitas. Os pais pechaban os puños, hipaban, mais no eran capaces de soltar bágoas.
Os irmans andaban alelados sen saber que facian nin que decian.
Cuando todos o mortos
e feridos estaban identificados, o que mais agradecian as nais, pais e irmans,
era unha forte aperta sen ningunha verba. ¡So Aperta Forte!.
Cada cual volve o
seu. Hai que soterralos. Hai que velalos, é a última vez para os que non
puideron superalo.
Son tempos duros para
os que quedan. Recordanse todos os momentos pasados e vividos con eles. Tardase
moito en superalo. Olvidar, ¡Nunca!.
Son todos meus irmans,
meus pais, meus veciños, meus amigos, eu salveime. ¡Non ia no tren!.
Os feridos, algúns terán
mais problemas que outros, mai sairan adiante.
Ese pobre maquinista,
¿Qué será del?.
Seguro que él
desearia estar cos mortos. Non creo que
a culpa fora del. A tecnoloxia, oxendia e case infalible, pero solo
casi.
¿Qué pintaba esa
curva tan cerrada ahí?
Sabendo que era
perigosa, ¿Por qué a deixeron estar?.
Meus irmans, pais
fillos e parentes que ahí deixeron a vida, estou seguro que necesitan unha boa
EXPLICACION.
Os que quedan unha APERTA FORTE E MUDA
miércoles, 24 de julio de 2013
¡DURO DESPERTAR!
Erguinme pola mañá
feliz e contento porque pola noite tivera un soño no que todo o deste mundo no
que creemos e no que vivimos, estaba arranxado e a xente estabe leda consigo
mesma o cos seus conveciños. Incluso estaba a piques de dar marcha atrás na
apostasia, despous de ver o que fai este novo Papa, cando, a hora de tomar o xexún
escomencei a ler as noticia, casi olvidadas desde a miña estancia en SANABRIA, e ¡cataplúm!,
deime de fociños coa nova realidade.
O primeiro que me
chmou a atención foi esa especie de amnistia ou amaño dun ex de moitas cousas
incluida a donación a un presunto defraudador, pero con agarradeiras no mais
alto da cúpula deste escarallado estado.Na miña terra chámase ir a salto de Mata,
en plural.
Outra foi a dun xuiz
afiliado a un partido politico, e que este mesmo partido aúpao a presidencia de
algún organo do sistema xudicial, que solo por eso demostra a independencia de
ese sistema. (¡¡JOO!!).
Os grandes partidos
seguen a greña, eu peor que ti, ou o revés, ti mellor que eu no asunto de
levalo crú, presuntamente.
Gurtel, eres, e
demais chanchullos, por non falar dos propios nosos, tanto na miña casa galega,
como na de meus pais e castela-león.
Co asunto da
sanidade, estamos o mesmo senon peor que antes de irme a Xeabra dos meus
amores. Agora teñen ás lesbicas a greña, con toda a razón pola súa parte creo
eu, os estudiantes o mesmo, e dos parados xa nin falemos. Nin dios fai nada por
sacalos do marasmo.
Perdoaime porque, en
realidade queria mandar unha charla sobre a praia de Samil ou de Barra,
incluidas unhas fotos desta última, mais non me da o pancho para elo.
Tamén queria falar
dos pemento, tomates, chícharos e demais cousas de horta, cousa que quedará
para outra vez.
Retorno a Xeabra e
voltarei a subir , seguramente a Peña Trvinca, desde onde mandarei uns
aturuxos.
Apertas a tutti
cuantti..
lunes, 8 de julio de 2013
¿ISTO É O QUE QUEREMOS?
Un, que xa ten canas en case todolos sitios onde poden nacer,e que arrastra un unhas cantas décadas agarradas ós riles, nestes días pasados foi invadido por unha tristura raiana no infindo.
Estes dias estiven no Val do Tuela, lugar onde con mais esforzo que fortuna arrincaron o sustento a aquelas terras e viviron os meus antepasados e os de todos os nacidos por alí.
Destino, cruel moitas veces, que non foi, con aquelas persoas excesivamente agarimoso e os poderes públicos inda menos.
Aquelas xentes, que vivían en terreos que non eran deles, senón reminiscencias dunha época medieval, onde inda os “Señores” tiñan dereito de pernada en case toda a Sanabria, por non dicir en toda.
En definitiva os terreos pertencentes ó dominio dos lugares foi comprado os herdeiros do Conde de Benavente, en moitos casos empeñándose algúns dos veciños, para poder pagar.
As escrituras están no rexistro de Puebla de Sanabria, cousa que parece que os novos dirixente políticos queren obviar, non se sabe moi ben porqué, inda que é de sospeitar que polo medio pode haber movementos de diñeiro, e eles non queren perder ningunha oportunidade.
Pois ben: con estes precedentes, chégase a actualidade e como non pode ser menos o progreso tamén quere pasar por aqueles lombeiros. Dixen pasar.
Volven os tempos de furar os montes como a principios do século pasado, coa única diferencia de que de aquela a vía empregou unhas boas presadas de man de obra, iso si barata, aínda que non sumisa, en contraposición a estes tempos actuais onde o traballo para as persoas escasea, mais non para os grande oligopolios da construción que sempre están acollidos baixo o teito dos gobernos de quenda.
Pous ben, pola bisbarra eu coñezo varias persoas sen traballo, xa con idades algo fodidas preste asqueroso mundo laboral, que intentaron atopar unha pequena saída a súa situación traballando alí onde os quixeran ocupar, pero por unha razón ou outras non foron contratados, e iso que son copropietarios dos terreos por onde vai pasar a ruína dun ave xa morto antes de nacer. Supoño que neste eido as autoridades locais podían facer esforzos por colocar os nativos necesitados dun lugar de traballo.
Para mai INRI, as empresas que por alí andan necesitan pasar polos camiños e estradas veciñais así como espacios para montar graveiras e deitar desterros, previo permiso dos axuntamentos e deputacións, que por certo non faltan nin poñen trabas, e non fan ningunha presión, ou negocian a maneira de axudar os seus conveciños. Tiran polo camiño mais doado.
Tamén me gustaría averiguar para que sirve esa cousa que se chama delegación de medio ambiente, pois unha desfeita que se está a facer enriba do Tuela, cada dia e mais grande e coido que sen remdio.
Como se o pobre riu Tuela no tivera xa bastante cos desfeitos da autovía das Rias Baixas, e con esas cantidades enormes que no inverno deitan na estrada co gallo de evitar accidentes polas xeadas, e ninguén, non xa non poñen couto, senón que non se preocupan. ¡vengan dias y caigan panes!
Como dicía o principio a tristura que teño enriba, so me deixa indignación e carraxe, e un recordo daquelas persoas que no seu día chegaron a pasalas “putas” para xuntar os cartos da compra dos montes e moitas veces os da contribución. ¿Por qué le chamarán impostos?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

