lunes, 14 de diciembre de 2009

¿ALEA JACTA EST?


Houbo un tempo, alá pola zona de Val dos Marcos, no que, despois de un día de caza quedaba leria para contar e mesmo darle o toque persoal de cara a fachendear cos lances da caza. Que si a perdiz ia como un obús, que si o coello non se via, so o movemento do monte, que si os cans cazaban ben que si cazaban mal, en fin, habia leria entre os amantes da venatoria, que facia que un xarrote de viño bebido arredor da lareira fose mais saboroso, é que cara o fin, os coellos fosen lebres, as lebres corzas, e nas tobeiras estiveran agochados os pombos é as perdices (Siverio, dixit).
Fixen todo ese preámbulo, solo para decir que este fin de semana teimei de novo coa caza, e coido que solo podo relatar unha viaxe de Vigo a Brumoso, é viceversa.
Saida de Vigo arredor da unha do sábado, ir a comer ó Don Pepe no Pereiro (esto xa se está a converter nun hábito), chegar a Sancibrao arredor das cinco, co tempo xusto para coller a escopeta e os cans e su subir hata Os Colmeares, pasear polo que algún dia foron leiras de centeo, é o volver para a casa xa ceseque as oscuras, zorregarlle un tiro a un paspallás, mais por intuicion que por visión, e quedar coa dúbida de se esta ave africana, se suicidou ou non. Atopouna a Canaria, mais negouse a traela. Todo vaia por que foi a maneira de que a Lúa puidera morder caza, non de forma demasiado etusiasta, todo hai que decilo.
Domingo pola maña, saimos mei irmán e mais eu, e o único que fixemos foi patear monte. Cadavais, a Xan Macia, cima da caboca das Colmeas, as Rozadas, os Colmeares, Cruz de Pedra e as Carbuizas, donde comímos a merenda, sen mais nada que contar, volta para a casa, enseñandole a meu irmán a Fraga Balastreira; a Estante, Cabeza das Fontes e de novo a Xan Macia, donde cuando menos o esperabamos, é a medio kilómetro de donde estabamos arrancou unha lebre, que marchou a cachondearse de nos seguramente as Latas.
Eso foi todo o dunha xornada de caza, mellor dito de un intento.
Esto cada vez está peor, e os presaxios cada vez o son menos, estanse a converter en certezas: A CAZA ENTRE AS PORTELAS, SE NINGUÉN LE PON REMEDIO, ACABOU.
Eu teño un oitenta por cento de posibilidades de colgar os hábitos cinégeticos. Xuntase todo, a escasez de perdices é o esceso de anos é peso.
Manterei informado a URBI ET ORBI

2 comentarios:

  1. Pois colga a escopeta e segue a dar paseos polo monte, que vente ben a ti e ó meu outro tiu tamén.
    Biquiños!!!

    ResponderEliminar