lunes, 22 de marzo de 2010

UNHA DE PORCOPISCOS


Neste fin de semana, aproveitando un festivo que alargaba os dias de folgar fumos á capital de Val dos Marcos. (Algún dia que teña ganas contarei aiqui mesmo, por que Vicente Risco le chamaba así).
A idea cando fumos era de plantar uns castañeiros na Cova de Frade, e facer algún inxerto. So puiden facer esto último pois ó tempo doulle por soltar auga a reo e os castañeiros fiqueron sen plantar.
Os inxertos, fixen algúns, inclusivamente (ti Dario dixit) puxen un no dedo gordo da man esquerda. Cousas das distracións.
Estando na Porteliña, tentando trasplantar unhas parreiras, acercouse a min un bonito porcopisco, que por alí tamén se chama porquiño do rei, non deixou de obsequiarme cos seus trinos cada vez mais cerca de min. Esto levoume a pensar que estes pequeniños páxaros gostan moito de compañía humana, cousa que mais tarde volveuse a reptir no castro de Trasil, cando estaba dandole unha clase de arqueloxia “Zoelorum”, as miñas sobriñas, e a Miguel, o mozo dunha delas.
Estábamos no que, na parte oeste do castro, fora un foxo de defensa, parloteábamos debaixo de un castañeiro inda noviño, cando por enriba de nós escomenzou a trinar un porcopisco, e de súpeto voou e pousouse a menos de dous metros das nosas cabezas, dando uns asubios que coido que querian decir : Estou eiqui, facedeme caso.
Outra cousa da que me decatei foi de que a primevera xa está enriba, escoitei cantar on Ruxiñol, un zorzal, e outra cousa foi que encima do galiñeira da Esther xa estaban de novo os pardais. Lin vai punco que os ornitólogos queixabanse de que estaba a desaparecer. Botarianse moito de menos estes espabilados, roubapensos.
Como choveu a reo, e seguramente nas serras habería un feixe de neve, o Tuela viña de monte a monte ou como diria meu pai, traia un sorbo de carallo. Espero que esto sirva para que nesta temporada, podamos coller algunha “camela” que pasar pola “cricadeira”
Todo foi ben, so unha tristura nos arrepiou, son esas cousa que non teñen remedio, e que a Natureza ten como costume levar a diante sen contar con nós : Deixounos a Xon Tomela. Que descanse en paz.
Non quero mentar mais isto pois teño para min que poido converterme no relator dos decesos da terra, e xa empeza a ser duro.
Despois de todo o dia dezanove era o santo de meu pai e o cumpleanos de meu irman Xéria. Foi un bon dia para recordalos e falar algon con eles.

2 comentarios:

  1. Terías que facer unha listaxe de paxariños pequeniños para saberlles os nomes a todos!!
    Bicos

    ResponderEliminar