martes, 31 de agosto de 2010

¡UY QUE LERIAS!

Dia vintécinco do mes de Santamariña do caledário Xuliano de dousmil dez. Pasada a metade do segundo tercio do mes, xa se pode falar das andanzas estivales e de folga. Non confundir con greva.
As festas, polas beiras de Val dos Marcos, Val do Tuela e da zona de Bouzas de Cristo, xa pasaron. Neste ano, non sei como le quedaria o corpo o persoal. Xuntéronas todas entre o dia seis e quince, o que supoño foi unha enchente de festas para todos o vellos. Oin a algúns queixarse de que a tropa nova non se via por ningures; ¿Cando se daran conta de que fan as festas sen pensar na tropa, e sí neles mesmos?.
Con relación o punto anterior teño que decir, que onte, cando volvia da zona das Frieiras, parei a escoitar os galos desde o Penedo dos Tres Reinos e cando estaba a ver esa lúa chea coa que a Natureza nos obsequiou estes dias, apareceu por alí unha procesión de vellos con manto largo, barbudos e báculos como se fosen pelegrinos camiño do Fin do Mundo, cos farois apagados, pois a lúa plateaba todos os lombeiros, camiños e regueiros, que facia que os farois non foran necesários.
Nun primeiro momento non fun quen de enterarme de quen eran aqueles, vellos vagabundos, vestidos a usanza da época en que o Musulman era o que se levaba os impostos da peninsula das Hespérides. Acerqueime a procesión a preguntar quen eran e se ian camiño do Fin da Terra, leveime unha sorppresa cando se identifiqueron: Eran os santos patronos dos pobos da comarca, incluidos algúns da zona de Tras os Montes, que andaban dando voltas perdidos por mor dos cambios de data dos seus dias de celebración.
Dixeronme que se ivan a marchar a outros lugares do planeta, onde a xente fose mais respetuosa coas súas celebracións.
Tamén dixeron que o que mais les daba pola parte amarga dos pepinos, era que as decicisións viñeran de ateos, agnósticos e xentes de moral maleable, mentras aqueles que vivian de predicar as súas andanzas neste mundo non dixeran nin pio. O parecer falaban daqueles que so se preocupan de que os contribuintes poñas unha X na casiña onde le pode caer pastizarra.
Pedironme a Fraga do Rolo, coa idea de usala de barca na que saltar o charco camiño de Pernambuco, onde algún deles fixera a “mili”.
Convencinos de se quederan na Mallada Grande, en Montesinho pois alí teñen casas, un fermoso lago, feiro por unha barragem, e o que é mellor estan caseque en terreno de nadie.
Se hai sorte e se corre a voz, o mellor empezan a visitar a zona os homes e mulleres que gusten de milagres. Por alí descubrimos unha Virgen, bastante bonitiña nunha cova dunha gran fraga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario