lunes, 27 de septiembre de 2010

O ESPELLO



A primeira investigación da miña vida no estudio do espello, foi cando tiña moi poucos anos.

Vereis :

Daquela, en Val dos Marcos aparecía cunha certa cadencia unha serie de personaxes bastante curiosos. Ferragacheiros, paragüeiros, “hojalateros”, “güeveros”, cacharreiros, ciganos e de cando en vez aparecia por alí o quincalleiro.

Este último, adoitaba tratar en cousas que enfrontaban os rapaces coas súas nais. Cando él viña, escomenzaban as peleas nais e fillos:" Quero unha peseta para unha navalla", ou ben, "quero unha peseta para mercar un espello".

Eu queria un espello, pois aquel espello grande colgado na fiestra, sempre tiña a mesma imaxen: a miña cara e os lareiros dos chourizos detrás. Aquel espello debía estar escacharrado, pois sempre era a mesma imaxen, so habia a diferencia da cara, que podia estar limpa ou suxa, o pelo peinado ou enguedellado. Non daba mais de sí.

Eu coidaba que se tiña un de meu, ó mellor aquelo podia cambiar, xa estaba canso da miña cara e dos lareiros do fumeiro.

Despous de muto pelexar, conseguín as dez moedas de dez céntimos, coas que pude facer o troco co tendeiro-quincalleiro.

O espello era bonitiño, parecia un libro. Con pastas de cartón e cuns santiños dibuxados por fora. Seguro que por dentro tamén os tiña, e mellor mundo que o grande. Por algo tiña tapas.

Cando cheguei o curral, abrin o libriño con muto xeitiño, e alí estaba a miña cara, mais ¡oh maravilla”, detrás estaba unha parreira chea de verdello maduriño . Movinme un pouquiño e entonces apareceu detrás de min a escaleira de subida a lareira.

Tentei averiguar o porque daquel milagre, mais por muto que cacheei o espello non atopei nada. Intentei abrilo para ver o que tiña dentro e so conseguí escachalo nun montón de espelliños pequenos que multiplicaban a miña cara, mais o mais bonito era que detrás da miña cara aparecián fondos distintos.

Sacoume da investigación unha lavazada na nuca. Era a nai. ¡Non le gustou velo espello roto desfeito nas tantas partes nas que quedera.

Pasado o tempo deime conta de que o espello sempre amosaba a vida da xente, solo que para que se vira completa habia que cambialo de lugar. Podias ver todo, mais solo se o enfocabas correctamente, cousa que non sempre era posible.

Cheguei a conclusión de que todo aquelo que pasaba polo espello, quedaba arquivado nel, solo habia que buscar a forma de facelo aflorar.

Sempre levaba un espello conmigo e sempre o puña nalgún lugar onde se vira todo o que se facia o meu redor.

Conseguí, co tempo, chegar a ver no espello as cousas pasadas por él. Cando xa empezaba a peinar canas xa conseguia ver tamén aquelo que inda non sucedera. Quei-mérame as cellas investigando no mundo cuático, e conseguí extrapolalo todo as imaxes do espello.

Un día, reunin a toda a familia nun restaurante, co pretexto de celebrar algo do que agora non me acordo. Puxen o espello previamente nun canto axeitado, desde o que se via toda a sala. Ali estaban todos, mais ó velo de novo, dentro da imaxe estaban ademais dos invitados, toda a familia que xa finera ia tempo. Eran moitos, alguns nin os coñecia. Éstes tiñan cara de coña, cando me miraban.

Ocorreúseme mirar no día seguinte. Na imaxe non aparecia ninguén, alí solo estaba o mobiliario do restaurante. O mover o espello decateime de que todos estaban mortos, morreran a media noite.

Habia un espello moi grande no salón. Reflexabame a min, que tiña cara de louco. Tireime sobre él coa idea de esnaquizalo, mais un cacho do crsital, aguzado, cortoume a carótida, o que fixo que morrera desangrado.

Esto podo contalo, pois unha das cousas que descubrira cando estudiaba o mundo cuántico, era a maneira de saltar de adiante para atrá e o revés, no tempo.

1 comentario:

  1. O Héctor vaise facer rico cando faga unha escolma dos teus-seus contos. Moi, moi interesante tamén éste.

    ResponderEliminar