jueves, 9 de junio de 2011

¡MENUDA SORPRESA!






 Era o dia da festa grande no lugar.
 Todos tiñan os traxes recien feitos. No era festa se non habia algo de estrena.
 O Chimposa, estrenera uns zapatiños, que malaxa sexa a cousa, xa antes de comer, tiñanle esfolado o calcaño. Veise que o contraforte era demasiado forte.
 Despous de comer como outro día calquera e gorentar un estupendo roscón feito no forno da cociña ,era o único que diferenciaba aquel día de festa con outro calquera, volveu ó baile que era nas airas que inda tiñan muiña despous das mallas, nos currunchos.
 Naquel ano a banda de música, era unha que nunca estivera a tocar pola bisbarra. Francamente era unha gran banda, según decian os mais vellos do lugar. Eran oito músicos sen contar os dous do bombo e o tambor. Na aldea consideraban músico a todo aquel que tocaba algún intrumento de aire. Os de percusión, decian, era solo cousa de ritmo.
 Aparecera, pola tardiña, un home moi ben vestido que o parecer coñeciao toda a xente. Era un home que emigrera a Arxentina, xa ia un montón de anos.
 Era a primeira vez que a banda de música, ou orquestra, como xa se empezaban a chamar, tiña altoparlantes. Como non habia inda electricidade, os músicos, para fecer funcionar os altoparlantes levaban unha bateria das que adoitaban levar os camións.
 A eira na que se facía o baile estaba ateigada de xente de toda a bisbarra. Os “altavoces”eran unha novidade grandísima.
 O Chimposa estaba diante dos músicos vendo e escoitando como tocaban. Estaba abraiado do ben que soaban as cantigas, algunhas da cuales coñecia.
 Aquel home que viñera da Arxentina, subiuse o carro onde estana os músicos e agarrou o micrófono, que era como le chamaban o trebello polo que mandaban os músicos ós  altofalantes o son, pedindo un unha atención, dixo que tiña que subir alí o Chimposa vello a tocar como él sabía.
 Despous de moito nsistir, o Chimposa vello subiu o carro. O Chimposa novo, morto de vergoña, agachouse detrás das lastras do fondo da aira.
 Pensou que seu pai estaba peneque, e non quería velo facendo o ridiculo. Que él soubera, non sabia tocar ningún instrumento, polo menos na casa non habia ningún .
 O único que tiña un instrumento na aldea era o gaiteiro, que coa súa gaita amenizaba as tardes dos mozos nos domingos.
 Cuando viu que o pai falaba cos músicos, primeiro pediu que le presteran a trompeta, sacoule unhas poucas notas, e dixo que xa non tiña “labio”. Devolveuna o seu dono e ia a baixarse, cando o arxentino díxole o músico do clarinete, que lo prestera, cousa que o Chimposa vello collendo-o dixo con admiración: “Carajo é de pau santo”.
 Díxole os musicos, despous de facer sonar o instrumento, que si o acompañaban, tocando ·Petite Fleur”. Solo se apunteron dous, un saxo e o da tambor.
 Arranqueron a tocar, e cando empezou a soar o clarinete tocado polo Chimposa, o silencio foi absoluto.
 O Chimposa pequeño foi asomando os fuciños por enriba das louxas, e sen saber moi ben porqué, as bágoas escomenceron a correrle polas fazulas, e cando le chegaban a boca sorbía-as. Nunca nada do que sorbera le soubera tan ben.
 Cuando acaberon de tocar os aplausos foron de tal calibre, que hasta os páxaros que andaban polos arredores levanteron o voo. Non se sabe moi ben se foi polo ruido dos aplausos ou porque querian demostrar a súa ledicia.
 O Chimposa vello nunca mais o sentiron tocar, mais prometeule o fillo enseñarle a facelo e contarle porqué tocaba varios instrumentos.¡A vida está chea de sorpresas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario