domingo, 18 de septiembre de 2011

¿MORRERÁN ALGUNHA VEZ OS LIBROS?

.

                                                             " UN  LIBRO"

 Desde que a Internet se enseñorou de parte do noso tempo libre, a min, cada vez con mais forza, éntrame unha espécie de trambelique o pensar na desaparición do libro. Ese libro que podemos levar a cama, o monte, ler no tren etc.. Ese bendito trebello feito de pasta de madeira (por desgracia), con pastas duras ou brandas, grande ou pequeno, de luxo ou barato. Esa cousiña marabillosa, que cuando te engancha, non eres capaz de soltar, léelo a toda presa, e despous se non te defraudou acabalo releendo varias veces, e se é unha cousa que te interese e estea ben escrita, acabas por casi aprendendolo de memoria, sempre sacándole cousas novas e descoñecidas que están perdidas entre a escrita, as comas e os puntos.
 A miña relación cos libros ven dunha época na que por desgracia non abundaban. Coido que ún dos grandes erros da miña primeira escolarización, foi empezar a ler o Quixote con moi poucos anos, seis ou sete.
 Cando enpezei a ir a escola xa sabia ler. Alá meu pai se encargara de aprenderme, e unha curiosidade grande por miña parte (que por certo moitos problemas me trouxo, o querer descubrirle as tripas a todo cuanto trebello cai nas miñas mans), fixo que cando cheguei a escola xa me puñan a ler cos “grandes” nuns Quixotes que habia na escola, seguramente das normas da ensinanza da república.
 As miñas primeiras lecturas, agás as da escola, eran as das follas do almanaque, que tiñan por diante o dia do mes e o da semana, un minuto de filosofía, o santoral e as horas da saida do sol da lua e as súas fases.
 Outro libro, que por certo inda conservo, era un libro en latín. Deumo o cura Don Manuel para que aprendera a axudar a misa. Xa digo, estaba todo en latín, na primeira metade, e na segunda o mesmo traducido o castelán. Alí estaban , aparte de misa, todalas oracións que daquela se rezaban: Credo, Salve, Pai noso, etc., etc..
 Inda hoxe, se algunha vez o meu espiritu necesita paz e rezar, digo o “Pater Noster”, en latín que é como mellor o coñezo igual que outras oracións.
 Tamén a Severina, a irmá de Don Manuel, prestoume un que despous soupe que o leian os seminaristas : Bertoldo, Bertoldino y Cacaseno. Libro co casí perneo coa risa.
 O primeiro libro, que me fixo estar casi vintecatro horas lendo sen apenas respiro, prestoumo o noso veciño Modesto “Vicho”. Era un de Xules Verne: Unha Viaxe o Centro da Terra.
 Descubrir a quel mundo foi abraiante, e o mesmo tempo abriume un monton de camiños e conocimentos que hasta aquela eu non tiña. Coido que daquela tiña uns dez anos, e o lugar mais lonxano ó que viaxara fora desde a Teixeira a San Ciprián, pasando por Hermisende.
 Eu sabía que mais alá do Monte Muga, había Castela, mais non sabia como era. Hacia o sur estaba Portugal, mais o primeiro contacto co pais veciño foi na Moimenta. Leveime unha sorpresa o pasar a raia, e non ver por alí nigún guardinha. Galicia tamén me quedaba moi lexos a pesar da súa cercanía. Os lombeiros é o que teñen, aillan.
 Tamén recordo o primeiro que merquei : O Decamerón, porque o ví na estación do tren e tiña para mercalo. Unas poucas pesetas. Se alguén leéo este libro pode imaxinar a cantidade de veces que le fixen visitas o señor Onane.
 Agora os libros teño que guardalos. Nestas altura témolos apilados,pous nas pequenas estanterias, tanto de Vigo como de Val dos Marcos xa non collen. Haberá que alargalas.Xa case se converteron nun fetiche.
 Non sei se as novas xeracións perderán o costume de lelos, agora cos dixitais, mais para min eso de telo entre as mans, sobalo, e cando leo na cama me caia enriba da cara, é unha ledicia.
 Seuro que un dixital deixariame algunha marca na testa.
 ¡TENTADE A QUERERLE A UN LIBRO, NUNCA VOS DEFRAUDARÁ!

2 comentarios:

  1. Al final de todo, lo importante son los contenidos: que sigan existiendo, que se sigan transmitiendo.
    Pero... yo también soy un enamorado del libro como "objeto" Y no creo que desaparezca nunca, siempre quedaremos locos como nosotros.
    Parte del afán acumulador se me curó precisamente al venir a vivir aquí: una serie de desgracias diezmaron mi biblioteca. El disgusto, te lo puedes imaginar. Ahora pienso que es una oportunidad de volver a comprarlos.
    Aunque no haya estantería que de a basto!

    Abrazos.

    Tengo que ponerme y mandarte aquello en que quedamos. A ver qué hago con los blogs al final

    ResponderEliminar
  2. Lo de que me mandes esa información, cuando tú quieras. Aver si me acerco otra vez por ahí y charlamos con un vino delante.
    Unha aperta

    ResponderEliminar