domingo, 23 de octubre de 2011

UNHA ONÍRICA CAZA


Queridos amigos: Cuando un coma min, aprende a cazar, en época de escaseza no que un musliño de coello, a peituga dunha perdiz, un arroz con pombo gorentábase de tal xeito que, aquel extase atribuido a Teresa de Ävila quedabase pequeniño.
  Xa non era aquelo de que a comida quitara a fame, senon que por exemplo, as patatñas guisadas con coello, tiñan tal atracion e sabor que parecia que a terra deixaba de rolar sobre sí mesma, e unha ledicia percorre o esfamiado corpo.
 Hoxe escomenzou a caza, e como teño por costume cando algo sei que vai ser motivo de polémica mundial, quero contalo eu para que mais tarde non haxa mas interpretacións.
 Téndeis a información de primeira mau.
 Facendo honor o título desta lucubración, empezarei polo principio sen omitir nada, sobre todo do interesante da cacería mais estupenda endexamais relatada.
 Xa a vispera, estiven velando armas caseque toda a noite, cargando cartuchos. Un bon cazador sempre carga os seus cartuchos. Cartuchos feitos no Pais Vasco, pistons de E.Rio Tinto, polvora Diamantina de Portugal e chumbo fundido por un mesmo e pasado polo cribo correspondente. Unha cartuchejra das de badana e feita a mau, con capacidade para doce cartuchos dos que dous son para a caza de vichos grandes.
 Pola mañá despous de almorzar, darle algo o famoso Sagardúa, meter un carolo de centeo cunha chouriza no morral e a pequena bota de viño, agarrar a espingarda de perros vistos, sair en dirección a Rechouso pasando por Rebordelo.
 O chegar os Corzos, atopeime co ti Pedro, e a súa Linda. Xa tiña pendurado un coello, polo que le dixe:
  - Carai, ti Pedro, despous dice que non vei. Ese guipouno ben.
  - Non ho- respostou - ¡Tírole o lugar do ruido!.
 Marchei co sorriso nos beizos. Aquel home era incorrexible. ¡Era da Teixeira!.
 O chegar a purtela de Rebordelo parei un momento con una panda de cazadores; o Manolo, Alipio, Luis, Céfiro e Teófilo. Estaban escarallandose de risa. O parecer cuando subian polo Carballal, o Alipio tiroule a un couello e fallou, detrás tiroule o Luis e matouno. Cachondeo co “bigote” posto. Mais adiante O Luis disparoule a outro coello que tamén marrou. Acercouse o lugar onde disparera e berrou: “Aiquí hai pelos”. Entonces o Manolo coa sua sorna díxo: Si, son os do bigote do Alipio. Cando collí folgos des pous da risotada, subín camiño o Alto da Cachena, camiño da Pedra das Ferraduras, pois tiña idea de ir comer a merenda enriba dela co cazador da idade do ferro que alí deixou a súa imaxe.
 No alto, xusto no alto, na pedra branca de xeixo que alí está, estaba sentado descansando Don Miguel. Xa  levaba unha boa percha de perdices, e estaba a falar co seu fillo o Senderines que estaba xogando coa famosa Milana.
 Desexeile unha boa tarde e cheguei a comer con cazador das Ferraduras. Agradeceume a compaña, incrustouse de novo na pedra. Eu baixei ás Pombeiras cando empardecia. A todo esto sen disparar un solo tiro.
 Cuando cheguei a Fraga da Carantoña, atopeime co Silverio que ó verme sen caza ningunha, díxome: Aa..ana co..comigo. ¡Xa, xa verás!
 Baixemos a caldeira da Aillande e cerca xa da Gurgoza, púxose a cabar nun toco. Sacou del dúas perdices duas lebres e dous pombos,que alí estaban entocados,e como bon amigo partiu a metade conmigo.
 Chegueí a casa mais contento que un allo.
 Xuro por Tutatis que eso foi o que pasou hoxe dia vintetrés de Outubro de dousmil once.

2 comentarios:

  1. Non son mui partidario da caza pero así si que presta: con boas parrafadas, paseo e sen pegar ningún tiro !.

    ResponderEliminar
  2. Seguramente, sen a caza, non houbera pateado o monte do mesmo xeito.Non quero defenderme,,mais,unha andaina polo monte cun bon can é unha ledicia.As veces a caza é o de menos. Coido que eu hoxe prohibiria-a.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar