viernes, 7 de octubre de 2011

VIÑOS EN VAL DOS MARCOS


Estaba un adegueiro no seu leito de morte, e vendo que ia deixar este mundo, chamou o seu fillo e único herdeiro, para despedirse e contarle o segredo do negocio do viño.
-         Mira, fillo, parece que eu xa estou apurando o último trago. Quéroche contar como se fai o viño.
-         Xa o sei, papá, non te canses.
-         Escoita- respondeu o pai- vouche pasar os segredos da familia, que foron pasando de pais a fillos desde moi antergo, e que tanto diñeiro nos fixo gañar. Hai varias maneiras de facer o viño. Empezarei pola primeira e mais primitiva. O viño faise de uvas nos lagares…
-         Carai papá,- contestou o herdeiro- ¿Tamén se fai de uvas?.
Este é un chiste moi vello, que corre entre a xente que se dedica o mundo do viño, e ainda que pareza mentira, inda hai quen pensa que, o mellor o viño tamén se fai de uvas.
 Oxe quérovos falar aiquí, da importancia de disfrutar de un bon viño, de cómo se fan e dos estupendos viños que se facian en Val dos Marcos, cando eu era rapaz.O disfrute sempre con moderación
 Eu estou de acordo con aqueles adegueiros que din que o bon viño faise na viña. Teño un amigo enólogo que sempre dí: con boas uvas  os enólogos, se non escarallamos o proceso, podese facer bon viño, regular, escarallando o proceso mau. Pero se a viña non foi ben traballada, solo se pode facer un mal viño.
 Cuando eu era rapaz, como xa dixe, en Val dos Marcos facíanse uns viños bastante xeitosos.
 Para conseguir aqueles viños, sobre todo para os mais novos, direivos que habia bastente veñedo e tamén parreiras, ainda que estas últimas non era as que facian os bos caldos.
 Habia viñas e Vilares, eran as mellores, tamén nas Mioquiñas , Trasil, e Outeiro.
 Das castas de uva que houbera dependia que os viños fosen mellores ou peores, tamén da inxerta dependia que as enfermedades ataqueran mais ou menos a colleita.
 Falareivos daquelas viñas e uvas que eu mais coñecín. Estas eran as da familia dos Marcelinos, que como suporeis eran os meus antepasados.
 Un dos que mellor viño facia era o ti Marcelino, casado cunha irmá de meu avó e probablemente o que mellor viño facia daquela.
 Entre él e meu pai contaronme, varias veces o que eles facian, na viña e na adega.Tamén participei nos traballos con meu pai.
 Desde tempos anteriores ós deles, xa tiñan unha selección de castas de uva nas viñas, e poucas parreiras, salvo para comer. Era o que oxe se fai na adega despous de vinificar a parte as distintas castes de uva, e que os expertos chaman “coupage”. Daquela estaba feito na viña.
 As castas que usaban eran: Mencia, tinta fina, tinta madrid, merenzao, malvasía pouca, e malaga puca tamén. Estas como tintas e brancas, verdello, albillo, e xerez tamen pouco.
 Procuraban que es vides estiveran inxertadas sobre sarmento do chamado fruto directo ou americano. Este, desde a aparición da filoxera a principios do século pasado. Salvo en moi raras excepcións de anos moi complicados nese senso, nunca trataban a viñas, incluso decian que era mellor non ter viño que envenenar a uva.
 Esperaban a que a maduración fora a mellor para vendimar, procurando que aquelas uvas mais tardias, polo menos estiveran casi apunto.
 Cuando se vendimaba habia que facelo no menor tempo posible, sen que se estrulleran as uvas e non inicieran unha fermentación non desexada. Procuraban que o proceso fose o mais limpo e aseptico posible.
 Antes de chegar a este punto, xa tiñan lavado, desinfectado e tratado todas as cubas e as tinas nas que fermentaría o viño. Sempre decian que a limpeza era fundamental. Agora eso está solventado cos recipientes de inox.
 Continuará…………………………………

2 comentarios:

  1. "decian que era mellor non ter viño que envenenar a uva" ¡Ojalá se siguiese ese consejo, Xabres!
    Muy interesante. Yo conocí algo del proceso del vino en la zona de Valdeorras, aunque entonces era muy crío para apreciarlo.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. ¡Que razón tiñan,amigo!
    Ahí é nada, viños de Valdeorras.Eses brancos que se fan agora coa godello, son do pouco que hai en Galicia. Vouche recomendar dúas marcas, do mellorciño, para min: Guitian e Godeval.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar