martes, 21 de febrero de 2012

COUSAS QUE SE PERDEN NA ALTA XEABRA( Y EN LA BAJA)


O chapapote, agora, na Alta Xeabra xa chega hastas as serras. ¡Sempre se viviu mal na zona, mais agora damosle posibilidades o gran capital!. ¡Pobriño capital e capitalistas, ¡que  ia ser deles se non asoballeran nos lugares onde non hai nin policia nin guardia civil que defendan os intereses daquele descendentes daquelas persoas que un dia, xa lonxano, se hipotequeron pedindo diñeiro para pagar, primeiro os terreos ós feudais, e logo para pagar os impostos dos de sempre.
 Bueno, non era desto do que queria falar. Hoxe toca falar dunha cousa, que espero  non sexa a única da que me faga eco.
 Quero falar daquelo que xa se perdeu ou se está perdendo na nosa comarca. Hoxe vou falar da perda do CARRO DAS VACAS.
 Hoxe pola banda do Val do Tuela, concretamente en Val dos Marcos, xa non cantan os carros. Nin na acarrexa, nin na herba, nin na leña, nin en levar esterco as leiras.
 Acarrexa xa non hai, no hai sementeira, non hai vacas, polo que a herba non fai falla, leña tampouco, pous non se fai lume para quentarse nin pra facerle de comer os porcos, nin as persoas. A leña traen-na de fora, o xamón tamén igual que os chourizos as patatas e todo o resto de cousas que había. Todo elo sen falar de cuando habia liño que servía para facer roupa, tanto de camas como de abrigo para a xente que alí VIVIA. Hoxe mercase todo. ¡Problema! dentro de nada o diñeiro non chegará. ¿Seremos capaces de volver a pór a andar toda aquela maneira de vivir?.
 Houbo épocas nas que os carros cantaban polos camiños sinuosos e torcidos, con subidas e baixadas, nas que para subir necesitábase cuártia e para baixa apretar as terraxas.
 Coido que cuando mellor cantaban os carros era na acarrexa. De todo era sabido que a palla cargada de grau pesa. Eso facia que os eixes se queixeran, aparte de que cuando, diante das vacas as ia “chamando” un mozo, ó chegar o Camiño Novo paraba a xunta e aprteba ben as terraxas para facer que cantase mais e mellor.
 Antes facíanse os carros; a aixeda de negrillo e o eixe de afreixo. Os negrillos enfaderonse por pensar que xa non sirven para nada.
 Dise por ahí que hai un hongo que fai que os negrillos morran. Eu creo que non é certo, morren, sobre todo en Val dos Marcos,. Os negrillos morren por que pensan que xa non sirven para facer aixedas de carros. Un ser vivo cando pensa que xa non sirve, decide morrer. Ë o que le pasou os negrillos. Veremos mais.

   Seguiremos informando.

2 comentarios:

  1. Cómo reavivas mis recuerdos más infantiles, Xabrés. (O demo te leve....) Me hace recordar, cuando la "acarrexa", desde el balcón de mi abuela, la tia Juana, oía cantar los carros en el Camiño Novo, con las "terraxas" apretadas. Por el sonido mi abuela sabía de quién era el carro. --Escuta, fillo, xa vein os do ti Costantino. Logo pasarán por diante de nos, pras airas. Justo, después de un rato ocurría. ¡Qué oido tenía la abuela.... ¡Y vista!, Se tapaba "o ollo mau" y con el otro reconocía al que venía por La Cruz del Mato. Estoy viendo las aixedas de negrillo sujetas con estacas al suelo en el patio del primo Xico, camino de la Scoira, aguantando la intemperie durante todo el invierno. El ferrado de las ruedas, con los aros al fuego. El taller del "Lagargo" de Hermisende, donde muchos se construyeron, con el agradable olor a virutas y serrín.
    Otro recuerdo que has ayudado a relembrar es el olor al lino, olor inconfundible y único, cuando se "mayaba" o "escarrapizaba" en la escalera, durante el "fiadeiro". Y el frío de las sábanas del mismo lino en invierno. Y el crujido de "as follas das mazarocas de millo dos xergois". Se iban todas para un lado y había que estar recolocándolas. Todos estos recuerdos nos producen una gran añoranza pero, no te hagas ilusiones, Xabrés; no hay marcha atrás. Le comentaba a nuestra amiga Rosalía, que cuando estamos en el pueblo y contemplamos la decadencia de todo lo que fue vida y actividad, llegamos a compender que el pasado, el presente y el futuro, como en el "big bang" sideral, se van separando lenta pero inexorablemente. Nuestro pasado, cada vez más emocional y cada paso más irreal, es ya sólo una ilusión.

    ResponderEliminar
  2. ¡Uii, amigo Catrapeiro.! ¡A tia Juana,Unha institución no barrio de Sanciprián de Hermisende.! Algunha vez falaremos dela por aiquí. O reloxio de parede, cunha cantarina campaiña de son cristalino, que soaba cada vez que daba as horas, namentras estábamos sentados na escaleira da tia Francisca.
    Do liño xa se falou pr aiquí algunha vez. Solo un apunte; xa en tempos dos romanos, o liño xabrés era apreciado, pola súa blancura, en Roma. Concretamente o liño dos Zoelas.
    Con relación a volta a terra, deciao pensando na crise actual. Tamén xa deixei por este humilde blog,as miñas impresións ó respecto. Esto e a final dunha época ou sistema económico. Nunca as cousa volveran a fudamentarse nun crecemento infindo. Son, eu, dos que opinan que a partir de xa, cada un vivirá daquelo que sexa capaz de facer e vender. O vivir por enriba das posibilidades acabouse. Incluso creo que aqueles que agora amontoan diñeiro, chegará un día en que tamén éstes terán problemas.
    Algún día falaremos do Big Ban.¡Solo especular!

    ResponderEliminar