sábado, 1 de septiembre de 2012

A MOZA QUE ESCACHOU E FIXO ESCACHAR


    
 AMOZA QUE ESCACHOU.

Estamos a pasar este fin de semana en Vigo. Revisións de médicos mandan, Esas cousas de rutina que, o peor, pronto nos quitará. O estado e os políticos que o manexan (¿?) son insaciables.
 Hoxe sábado fúmos a praia das Cunchiñas, en Baiona.
 Aconteceron várias cousas que tratarei de cotarvos, se son capaz e non escacho eu.
 Cheguemos a praia e cando tentei meter os nocelos na auga do Atlántico, case se me converte nunha “misión imposible”. A marea estaba tan baixa que a auga escapera para as Illas Cíes.
 Preguntei os veciños que se tostaban a carón noso, e dixéronme que o fenómeno ocorria todolos días desde mediados de Agosto. A auga liscaba cara América, por mor da profecía Maia que dí que o doce de Decembro fina o mundo.
 Un día destes teño que ler eso.
 Menos mal que unha muller que pasaba por alí, dixo que non era por iso. Era-dixo-porque acababa o vrao e ela tamén collía vacacións.
 Aquela muller escachou de risa, e marchou hacia o castelo abaneando as cadeiras e movendo ós pés dun xeito que un xa coñecia. Os dous pés o camiñar formaban un co outro un ángulo de casi cento oitenta graos.
 ¡Ese camiñar eu coñeciao!
 De súpeto caí na conta. E acordei daquela moza de Val dos Marcos.
 O que mellor sabia como camiñaba e bailaba era o Silverio. Parece ser que bailando e poñendo os pés daquela guisa o asunto movía a leria e mofa por parte do personal.
 O Silverio fixo unha demostración de cómo bailaba, unha vez no Navallo, diante de outros vaqueiros. Colleo postura, compuxo os pés e escomenzou a froxar. Detrás del estaba a caldeira chea de auga que regaba os prados, e froxa que froxa acabou chapuzando nela. Alí e nese intre acabaou escachando todo quisque.Mais foi de risa.
 Alguén, mais tarde, contoume como a moza que nos ocupa aiquí, escachera de xeito definitivo e cheo de xolgorio.
 Forón, nun domingo daqueles de antes, varias mozas o Barrio de Santa María de Hermisende desde o Barrio de San Ciprian de Hermisende, a mercar algunha cousa, pous todo o que se podía mercar etaba alí e vendian-no sempre os mesmos. Os mai novos podedes indagar a traves dos vosos pais.
 Chegueron as mozas o comercio xusto cando a xente saía da misa. Como de costume arremolinábanse arredor do comercio e moitos entraban nel a pelar a pava. Entreron, merqueron e xa se marchaban cando a nosa moza voltou o mostrador, e pregutoule o tendeiro :
-         Milio, ¿Tés pelotas?
-         O Milio coa rapidez dun lóstrego respostou- ¡Teño é boas!
A risotada dos mirois foi tan forte que se escoitou na Bergalonga.
A moza entonces caeu na conta, e o sair, parece que sobrepasou os cento oitenta graos de abertura dos pes, cimbreou en demasía os cadrís e ficou escachada desde aquela.
 Eu so a ví bailar unha vez. ¡Era certo!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario