martes, 21 de mayo de 2013

¡ COMO ESQUECER UN IDIOMA!




Queridos amigos, amigas e lectores despistados que as veces entran neste blog, que trata de transmitir unha pequeniña e sinxela arela sobre unha terra, que deu acubillo os meus antergos, e de cuxos zumes inda eu estou a gorentar: O VAL DOS MARCOS. Neste dia quero deitar eiquí, negro sobre branco, a miña amnesia xa definitiva a prol dunha das linguas que se falan na Península Ibérica.
 Antes de falarvos da miña amnesia, cumpre que detalle como na miña nenez, cando escomenzei a ir a escola e aqueles maestros, grandes maestros, no meu caso estou a falar de Don Julio, e con libros que sobreviran da República, decian, con relación os idiomas falados na Peninsula : “Fálanse na Península, cinco idiomas a saber; Castelán, Catalán, Galego Portugués e Vascuence. Existen unhas formas dialectais derivadas de outros idiomas en desuso, como poden ser o Bable, o Mallorquín, Valenciano e Andaluz.” Esto era o que nos ensinaban, esto era o que aprendiamos, e con esto, algúns crecimos e vimos e vivimos cousas, que non son de leria agora.
 Eu sempre tentei de compaxinar o noso Galego característico, co resto dos idiomas ou dialectos, nunca tiven ningún problema a hora de expresarame, se tiña que falar e Castelán, facíao, se había que facerse entender en Catalán intentábao, en Portugués igual. Co Vascuence a cousa era mais complicada, pous facíase francamente difícil, e salvo ardúa, egunon, e Ongui etorri, casi nada mais. Mais era por culpa miña, non do idioma.
 Hoxe, aquí en na Galiza, acabo de ler que as concesionarias das autoestradas, puxéronlles unha multa de tres mil euros, por ter en galego a verba “peaxe”, en Lugar de  “peaje”, nembárgante non din nada da verba “toll” que tamén anda por alí.
 A multa en sí as concesionarias impórtame un carallo, pous seguro que xa teñen dabondo gañado, pero que un INDOCUMENTADO, desde MAGERIT, veña a decirnos como carallo temos que falar ou escribir, xa me toca as gonadas.(O outro dixo que podia bebr o que quixera)
 Esta casta política que estamos a sufrir, que nos espolia por tódolos lados, que manda os nosos titulados a traballar o estranxeiro, dicindo eufemisticamente que así coñecen mundo ou unha parida similar, xa me está, fartando.
 Algunha vez vinnos presumir de Alfonso X o Sabio, sen pensar, eles, que o bon home escribiu en Galego. Presumen de Cervantes sen decatarse que era dunha terra, A Sanabria, onde se falaba tanto o Galego coma o Portugués ou o Castelán.
 Este Wertice Obtuso, pensa que inda está metido en tertulias de sitios que deberían sufrir esas reválidas que agora él propón. ¡No tribunal tiña que estar eu.!
 Sei que todos aqueles e aquelas, que as veces me leen, seguiran-no a facer inda que sexa neste galego Altoxabrés. Algúns Catalanfalantes e Portugueses como de outros idiomas ou dialectos, sei que me entenderán perfectamente.
 Por eso deixo eiquí  Sinwertguenza algunha a miña renuncia o idioma que algúns tratan de chamar español, e desde xá teño-o esquecido. AMEN.
 

5 comentarios:

  1. Respira hondo y serénate, me parece que la va a pagar quien no tiene culpa alguna. Como dice el cantar esto nos pasa por un gobierno facha

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Querido Xabres nunca as linguas teñen culpa. Téñénna quen as utiliza pros seus intereses.
    Neste caso é un novo aldraxe que sofre o galego na súa casa. Pois hala! que poñan peaxe e peaje non vaia ser que non entendan os españois, jajaja.
    Bicos e aperta.

    ResponderEliminar
  4. Temos que alongarlle a vida ao galego escribíndoo e falándoo...polo menos mentres non nos multen !.

    ResponderEliminar
  5. As linguas, unhas viven e reviven e outras van dereitas a morte. A lingua "española" xa se troca noutra nas américas e fórmase na nova "espanglis"; tócalle coma o vello latín, a campás de morte. Pola contra a nosa, está máis viva que nuca e ainda foderan ao Rai Sabo que cando compunha as Cantigas en Xinzo xa andaban a voltas os sucesores de ir sometendo as outras. Pois mira ti o que son as cousas que con isto da mundalización das microculturas e as súas costumes o galaico, o galaicolusitano, o xabrés e lubianés, o lusitán o bable, o mirandés, o aranés o esquera o vasco, valeçiá, catalá, teñen unha boa saúde que ainda lles toca os coións a estes caciques de pandeiro.
    E digo ue coma ti dis, a parola "toll" non será que fai referenza o susto que te das a hora de pagar o peaxe? Non estará errada e deberían ter posto "TROLL"?
    Unha cousa é unha cousa e outra é outra; máis penso que son chamadas de atención a poboazón pra axustarlle o cinto e presionalos con fallas notizas. Exprícome; a notiza é certa máis xa é perdida a multa ao ser recurrida polas comparativas que agravan o dereito equitativo. E máis parece un tirar foguetes o ar pra que a xente se entere do que costa os seus peites...Dame que estes merdans que pertenecen a sectas son os que por miota cultura que teñan no deixan de ser uns fillos da pulisa e demostran que terán ou non título universitarios mais son ven supertizosos e iso deixa moito que pensar e que están baixo as ideas doutros que moven os fíos das súas vidas, non son ceibes; sonche monecos e testaferros que ainda creen nos deuses e nos miragres. Unha pena, un Sinwertgonha, un fillo de...
    [Alegreime moito coma uns rapaces adiantados foron capaces de pagarlle con millores moedas das que él deu. Fódase o pantapaxaros baixo da nova dictadura]
    Pois iso...

    ResponderEliminar