miércoles, 29 de mayo de 2013

FALEMOS DE VIÑOS



 Días atrás, deambulando eu polas rúas de Vigo descubrín unha cantina daquelas de antes, nas que os clientes da mesma achéganse a beber o cuartillo, dun viña barato, mais no por iso malo.
 Co dos viños o mellor é probalos, e se che gustan: están bós.
 Esas mamonadas de sacarlle cousas que solo algúns detectan neles, tales como aroma a esencia de non sei que, sabor a tabaco (co traballo que eu levei para deixar de fumar), ou a “maracuyá”, no caso dalgúns albariños e non sei cantas caralladas mais, que a fin de contas solo serven para que o prezo que piden por él sexa xustificado.
 Igual que esa moda xa vella, de clasificar os viños polo tempo: xoven, crianza, reserva e gran reserva, que nestes últimos casos chegan a ter varios anos.
 Un amigo adegueiro con varias marcas de viño no mercado, e viños saborosos, e según os que os beben, bós viños, antes de morrer, falando na súa propiedade da elaboración de viños, dicía que o bon viño está nas viñas, e que se os que o cuidan non o escarallan, será un viño de fácil venta se non ten un prezo desorbitado.
 Nun momento determinado, comentemos o dos viños de reserva, o porqué deles e como se fixeron famosos. Entón él coa súa excelente retranca de bon conversador díxome.
 “Mira amigo, os reservas ainos porque as adegas non son capaces de vendelos na mesma temporada”
 Coido que tiña moita razón.
 De tódolos xeitos, cando empecei a escribir isto, non era sobre a crianza ou non do viño. Era sobre os toneles, bocois ou barriles, como queirades chamarlle. Seguro que alguén coñece algún nome mais 
 Non sei se vos tedes fixado nos bocois, barriles ou toneles, onde descansa o viño durante unha boa parte da súa vida, como están feitos. Son abombados no seu ecuador, dicíndoo en linguaxe campechano, diremos que son panzudos. Son como esas mozas, que as veces están de moda, que presumen de cadeiras abondosas. So hai unha diferencia que as mozas teñen medidas de 90- 50-90, cuando nos pipotes solo hai esta medida é sobre un 150 de panza e igual medida na cabeza que nos pés, pero mais pequena .
 Mais, eu, vendo os parroquianos da cantina de marras, cheguei a conclusión que, non foron precisamente os barriles que teñen esa forma os primeiros en adoptala. Os barriles teñen esa forma porque en vista das medidas dos grandes e bós catadores de viño, copiáronna deles por estética de colegas.
 Fixádevos neses cuadros de grandes pintores da historia, cando abordan o tema do viño, como retratan ós bos bebedores. Igualiño que Rubens a aquelas fermosas señoras, sonrosadas, e cos ósos ben cubertos, como medida estética. Benditas sean elas.
 Eu quero deixar constancia de que primeiro foi o bebedor, e logo, por mimética, naceu o tonel.
 Cando vexais un, fixádevos que tamén levan cinto. Iso sí, sempre mais de un.
 Un dia falaremos das maneiras que existen de facer viño. Dicen que tamén se fai de uva.
 Apertas e bós tragos, eu vos desexo a tod@s.

6 comentarios:

  1. Claro que sí non son mais ca mamonadas,caralladas pra sacar un bo salario como catador, jeje, seguro que tí es millor catador ca eses moinantes.
    Aposto un cuartillo deses a que entendes moito de viño.
    Respecto aos corpos bocois, qué che hei dicir!
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Cando te acerques por vigo, avisa, e enton iremos a darle a xerra, pola banda do Baixo Miño.As veces atopanse bos albariños, ou senon, algún viño de trincadeira portugués.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Cando vaia faremos a rolda do viño logo.
    :)
    Gracias, Xabres.

    ResponderEliminar
  4. Tamén estaba o nome de pipas e pipotes, coma xa nombraches, segundo fora o tamaño; os de medio, os de cuarto, os de oitocentos, unha cántara, un quintal. 400 500 litros, 250 350 litros, 16 litros, etc.
    Sendo fillo de sastre e bodegueiro produtor, toneleiro poido dicir que movín tastismas pipas polos paus que pra voltalos se non fora por ese xeito no bandullo non podería un home so darlle o empuxón preciso e polo de pe. Con xeito miudo e tentando polos lados sen trincar as maus cara as paredes pódense por de calquera forma. As pipas que andaban sempre empretadas e tiñan unha medida ao longo da que dan os brazos tentidos dun home adulto, máis ou menos un oitenta.
    Meu pai dicía coma bos, un viño é bo seica sabe ven e se ademáis ten algo de pos é que é máis natural.
    Do Rosal, de Goián, do Condado, de Arbo ou As Neves, de Sanxenxo, ou tomado na Guía cunhas ostras ou ameixas pódese dicir que un vinho donde millor envellece é no colo, no colo de un. Sen esquencer os do Avia, ou do Támega ou do Sil.
    Caralladas que tiveron algúns señoritos pra subir os precios as cousa ruins.
    Agora pra que non se piquen bótanlle "sulfitos" de máis, un veleno que mata o vinho e a nós
    Breves saúdos.

    ResponderEliminar