miércoles, 1 de mayo de 2013

MUSAS EN FOLGA, OU ¿EN MANI?







 Hoxe non teño nada sobre que escribir. A Musa encargada deste negocio, deixoume socinho.

 Penso que no mundo das Musas, dos deuses, Herois e demais entes que influen sobre as teimas dos humans, e nos seus anceios e nas suas misérias, as veces abandoan-nos.

 Non creo que se foran de “mandra”, e moito menos que anden polas ruas manifestandose. Estou seguro que andan noutras lerias mais importantes e produtivas para elas. Seguro que andan nunha decrúa para despous facer sementeiras de cousas que necesitaran perante o próximo ano. Xa se sabe que os ciclos de alimentación son anuais. Os anos non foron decididos por un casual, senon por esa teima que ten a Terra de dar voltas arredor do Sol iniciando e cerrando ciclos.

 Eu, cual Musa pobre, tiñosa, e amiga de todo aquelo que non teña nada que ver co establismen actual, e emulandoas nos “quehaceres”, tamén estive por Val dos Marcos (lugar de musas, meigas, almas en pena durante as noites de lúa, etc.), facendo algo de decrúa e enterrando algún tubérculo para ver se sé le ocurre agromar e dar algo comestible, pous o asunto está mais que fodido, se non se ten unha pequena despensa. Eso sí, se facedes despensa, non lo digais a ninguén pois a facenda, e os politicos son capaces de decir que tamén eles tiveron algo no asunto e piden as súas prebendas.¡Capaces son!.

 Non solo enterrei tubérculos, senon que tiven tempo para departir co meu amigo Xetoño, de apreciar os adiantos como adulta da famosa Lupa, a miña Perdigueira de Brgos que xa cumpliu trece meses, e aprendeu algunha cousa nova.

 Tamén descubrin unha cousa que non me gustou nadiña: Estanse a cosntruir pola nosa bisbarra os túneles polos que algún día circulará ese famoso ave, que cando esto suceda será exactamente como o aeroporto de Castellón. Non terá xente que transportar pous aparte que solo para nalgúns lugares, no noroeste peninsular cada vez queda menos xente, a que queda é vella, e os € cada vez escasean mais. A xente non viaxará por falta de “money”, e coma sempre solo viaxaran os privilexiados de sempre, con billetes subvencionados co diñeiro de todos e que solo eles poden usar.

 Ben voltemos o principio, cando dixe que descubrin unha cousa que non me gustou nada. Desde a autopista das Rias Baixas, hai unha pequena estradinha, que leva a Hermisende, e enlaza con outra de Portugal, en definitiva son trece ou catorce kilómetros, feitos nos anos noventa, hasta entonces era un camiño de “mala muerte”.

 Por esa estrada solo poden circular vehiculos cun máximo de 10 Tm.

 Pous ben, os que fan eses túneles de despilfarro económico do ave, deixan escombros en Rañalobos. Circulan por esa estrada, que os nosos antepasados non coñeceron,  nun treito de tres kilómetros, uns camións de gran tonelaxe, que baixo o punto de vista dun profano coma min, teñen prohibido pasar, pola tonelaxe. Eu cruceime con tres e nos tres casos tiven que meterme casi na cuneta. Con ser esto peligroso, que o é, os fuxancos nunha calzada non preparada para soportar eses pesos, non tardarán en darnos algún disgusto, sobretodo se algún conductor no se da conta.


                                           (Riu Tuela)
  Preguntome, se o caso fose, ¿Quen será o ente responsable?. Xa sei que irresponsables haberá demasiados.

 Outra cousa, ¿Qué dí Meido Ambiente da desfeita sobre o Castro das Muradellas e do Rio Tuela?.

 Noutra ocasión, que as Musas sean propicias, faleremos da morte do Tuela.




2 comentarios:

  1. Coincido polo que tí mesmo dis sobre o fracaso do ave,pero iso a os que mandan non lles importa pois o único que conta é encher os petos os constructores e os políticos que dan o visto bo.
    Aquí non goberna ninguén, só enchen o peto dous "listos".
    Bicos Xabres.

    ResponderEliminar
  2. Parece que, polo menos, tí e mais eu coicidimos na pouca ou nula axuda para Galicia de ese monstruo. Nin tanxiquera crea postos de traballo. Agora as máquinas fan-no todo.
    ¡Que os deuses nos axuden!.
    Unha forte aperta.

    ResponderEliminar